A USC oferta bolsas para cursar microcredenciais universitarias por medio do Programa de Bolsas Santander Microcredenciais 2025

A USC convoca 65 bolsas para estudantes da USC que vaian realizar microcredenciais universitarias ou cursos de formación específica durante o ano 2025, enmarcadas no Programa “Becas Santander I Microcredenciales 2025”, impulsado e financiado polo Grupo Santander co obxectivo de promover a formación o longo da vida para mellorar a empregabilidade dos estudantes.
As bolsas ofrecen un desconto de 300 euros sobre o prezo da matrícula (excluído o seguro de accidentes obrigatorio) e para solicitalas débese:
- Ser maior de 18 anos.
- Ser residente en España.
- Inscribir e matricular nunha das formación ofertadas a través da Secretaria Virtual do Estudante da USC.
- Inscribir no Programa “Becas Santander – Microcredenciales 2025” a través da ferramenta do Santander na plataforma www.santanderopenacademy.com .
- Realizar o test de motivación coa inscrición na plataforma do Santander.
- Non ter sido beneficiario anteriormente do programa de bolsas Santander Microcredenciais 2025.
Polo de agora os cursos que se ofertan son:
- Microcredencial Universitaria en Saúde e Manexo do Peixe Cebra en Investigación.
- Microcredencial Universitaria en Protección de Datos no Eido Sanitario.
- Curso de Formación Específica en Improvisación Teatral.
Aínda que pronto se abrirán novos cursos susceptibles a solicitar ditas bolsas que se publicarán na web do Centro de Estudos Propios (CEP).
Pódese ampliar a información a través do seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/centro/centro-estudos/programa-bolsas-santander-microcredenciais-2025