Resposta das comunidades de diatomeas bentónicas á contaminación por chumbo nun ambiente mariño
Autoría
E.P.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
E.P.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
As rías galegas son ecosistemas especiais, biodiversos e de alto valor socioeconómico, pero están expostas ás contaminacións producidas polas actividades antropoxénicas. Un caso representativo deste problema é a elevada concentración de chumbo nos sedimentos próximos á fábrica de porcelana “Alfares de Ponte Sampaio”, no interior da ría de Vigo. Neste estudo investígase a relación entre este chumbo e a presenza de diatomeas con deformidades neste entorno, avaliando tamén a severidade destas e os posibles efectos na redución da súa biodiversidade. Formúlase a hipótese de que un maior contido de chumbo incrementa a abundancia e gravidade das deformacións nos frústulos das diatomeas e reduce a diversidade das súas comunidades. Para comprobalo, tomáronse mostras de sedimentos en distintos puntos e profundidades próximas á antiga fábrica. Identificáronse e analizáronse as diatomeas presentes baixo o microscopio e aplicáronse probas estatísticas para correlacionar as súas deformidades e a biodiversidade cos niveis de chumbo. Os resultados amosan que as abundancias de diatomeas deformes superan o limiar esperado en condicións sen estrés, pero non se atoparon correlacións significativas entre a concentración de chumbo e a presenza ou gravidade das deformidades. Porén, observouse unha tendencia á redución da biodiversidade co aumento do metal, aínda que sen acadar significación estatística. Este estudo axuda a comprender mellor os efectos que os metais pesados poden ter sobre as diatomeas e subliña a necesidade de considerar outros factores ambientais nestas investigacións.

Dirección
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Titoría)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Titoría)
Tribunal
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)