Evaluación do emprego de Fontinalis antipyretica como biomonitor da presenza de nanopartículas de Ag en cursos fluviais, Parte B
Autoría
I.D.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.D.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Este traballo céntrase en avaliar a capacidade de adsorción de nanopartículas de prata por parte do briófito Fontinalis antipyretica Hedw. Co obxectivo de determinar a evolución da adsorción en función do tempo, propúxose un primeiro experimento no laboratorio que avalía a capacidade de adsorción empregando dúas suspensións de nanopartículas a diferentes niveis de concentración durante dez días de exposición. Unha vez obtidos os resultados e establecido o tempo necesario de exposición, lévase a cabo o experimento no río Sar. Seleccionáronse catro puntos situados antes e despois de dúas depuradoras, co obxectivo de detectar e monitorizar a presenza de nanopartículas de prata no curso fluvial. Determínase a cantidade de nanopartículas de prata adsorbidas polo musgo acuático, así como tamén a cantidade de prata iónica presente na superficie deste.

Dirección
Domínguez González, María Raquel (Titoría)
HERBELLO HERMELO, PALOMA Cotitoría

Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)

Estimación da bioaccesibilidade oral de nanopartículas de Cu, CuO y ZnO
Autoría
I.G.B.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.G.B.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O uso das nanopartículas e nanomateriais está a incrementar cada vez en máis sectores. Unha das industrias onde se empregan sería a alimentaria, na cal as nanopartículas de cobre cobre (NPs de Cu), óxido de cobre (NPs de CuO) y óxido de zinc (NPs de ZnO), empréganse principalmente no envasado de alimentos. Debido á falta de coñecemento sobre os posibles efectos negativos que poden presentar as nanopartículas sobre o noso organismo, é necesario realizar máis estudos para avaliar completamente a súa seguridade e comprender mellor o impacto a largo prazo na saúde humana. Un primeiro paso, seguindo as recomendación da Autoridade Europea en Seguridade Alimentaria (EFSA), sería a realización de estudos de dixestión in vitro para avaliar se estes compostos poden ser absorbidos polo noso intestino e chegar ao torrente sanguíneo. Neste traballo, realizouse un estudo de bioaccesibilidade de NPs de Cu, CuO e ZnO empregando un modelo de dixestión gastrointestinal in vitro. Os resultados obtidos amosan que, no caso das nanopartículas de Cu e CuO, a bioaccesibilidade para niveis de concentración baixos supera o límite do 12% marcado pola EFSA, mentres que a niveis superiores prodúcese a aglomeración durante o proceso de dixestión in vitro. En cambio, as nanopartículas de ZnO degrádanse, obténdose unha bioaccesibilidade moi baixa.

MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO Cotitoría
Domínguez González, María Raquel (Titoría)
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
Caracterización das turbeiras calcáreas de Galicia, hábitats de interese prioritario da Unión Europea: Estudo do contido elemental en augas de turbeiras galegas
Autoría
R.V.S.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
R.V.S.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
A caracterización de turbeiras calcáreas é importante actualmente xa que foron recoñecidas como hábitats esenciais na mitigación do cambio climático. É por isto, que unha correcta caracterización destes hábitats é primordial. O presente traballo estuda o contido elemental (Al, As, Ba, Ca, Cd, Cr, Cs, Cu, Fe, K, Mg, Mn, Na, Ni, P, Pb, Rb, S, Sc, Se, Sr, Th, Ti, U, V, W, Zn e Zr) das augas de turbeiras calcáreas de Galicia en tres zonas amparadas dentro deste hábitat: Begonte, Pantín e o río Eo. O análise da concentración destes elementos realizouse mediante ICP-MS e ICP-OES tras un pretratamento da mostra. Ademais, estudiáronse as características analíticas dos métodos empregados, avaliando a precisión, exactitude e repetibilidade. Os resultados obtidos mostraron unha clara dependencia do valor do pH cos elementos Ca, K, Mg e Na, sendo máis elevada a concentración destes elementos a maior nivel de pH. Demostráronse diferenzas significativas na concentración dos elementos entre as distintas zonas.

BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Titoría)
PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA Cotitoría
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Titoría)
PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
Análise de residuos de sustancias de abuso en xiringas de usuarios de drogas
Autoría
L.D.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.D.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
O consumo de drogas é unha práctica con tendencia crecente que leva asociado un risco sanitario que afecta aos os seus usuarios. Este risco pode incrementarse nos consumidores por vía intravenosa, xa que aumenta a posibilidade de infección con VIH ou hepatite. O risco tamén é maior en grupos específicos como os usuarios que realizan a práctica do Chemsex, onde o consumo de sustancias en contextos sexuais consentidos conleva unha maior incidencia de enfermidades de transmisión sexual. Para ter unha idea obxectiva dos patróns de consumo por vía intravenosa e poder establecer plans de redución do dano adecuado en función do risco asociado ás sustancias, é preciso o emprego de métodos analíticos que permitan identificar as drogas empregadas e os seus adulterantes. Neste proxecto, realizouse unha análise de extractos de xiringas de consumo de dúas poboacións (xeral e Chemsex) mediante UHPLC-QTOF-MS-MS (Ultra High Performance Liquid Chromatography - Quadrupole Time-of-Flight Tandem Mass Spectrometry), para detección de compostos e GC-QTOF-MS (Gas Chromatography - Quadrupole Time-of-flight Mass Spectrometry) para a diferenciación de isómeros específicos. As mostras empregáronse tamén para avaliar as diferencias no patrón de consumo entre consumidores xeral as persoas que practican Chemsex. Desta forma, atopouse que os patróns de consumo de ambos grupos estudados son diferentes, cunha presencia maioritaria de catinonas sintéticas e metanfetamina nas persoas que practican Chemsex, e unha abundancia de cocaína e opiáceos acompañados de diversos adulterantes na poboación consumidora xeral. Tamén se detectou na maioría de xiringas unha presencia conxunta de máis dunha sustancia de abuso.

MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Titoría)
QUINTANA ALVAREZ, JOSE BENITO Cotitoría
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Titoría)
QUINTANA ALVAREZ, JOSE BENITO Cotitoría
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)

Estimulación de rutas metabólicas de produción de ácidos carboxílicos via lactato en fermentación anaerobia
Autoría
X.G.D.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
X.G.D.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
A fermentación en cultivo mixto aberto para producir ácidos graxos volátiles pode chegar a ser unha forma eficaz de recuperar o carbono orgánico presente nas augas residuais e residuos orgánicos, contribuíndo á química circular. Para que esta técnica sexa efectiva é necesario ter un control sobre os produtos xerados. Unha forma de lograr este control podería ser a través do ácido láctico, un intermedio que se produce durante a fermentación dos residuos orgánicos. Deste xeito, poderíanse dirixir as rutas catabólicas que levan a cabo os microorganismos para producir ácidos carboxílicos de cadea impar, ácidos de cadea media mediante a elongación de cadea e, especialmente, ácido propiónico. Para estes cultivos mixtos, deseñáronse e realizáronse experimentos controlados con varias estratexias, como a modificación do pH, a abundancia de carbohidratos e o uso de medios ricos en nutrientes. Desta forma estudouse a conversión e selectividade cara os ácidos carboxílicos e determináronse os factores que favorecen a produción de lactato como intermedio. Os resultados obtidos indican que a relación entre o substrato e o inóculo é un factor crucial á hora de favorecer a produción de lactato, non sendo así o tipo de medio e o tipo de carbohidratos, pese a que estes factores son necesarios para certos microorganismos e facilitan a produción de ácidos graxos volátiles. Ademais, realizouse unha análise da poboación microbiana presente nas distintas condicións. Coñecer os microorganismos responsables da produción de lactato axudará a optimizar o proceso.

MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
Balboa Méndez, Sabela Cotitoría
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
Balboa Méndez, Sabela Cotitoría
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
Indución de organoxénese e embrioxénese somática en vide
Autoría
I.B.G.
Grao en Biotecnoloxía
I.B.G.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
As dificultades para introducir melloras mediante cruzamentos en cultivares de vide nun contexto global de cambio climático obrigan a empregar outros métodos como a modificación xenética. O paso límite neste procedemento adoita ser a rexeneración dos tecidos por embrioxénese ou organoxénese e, en vide, a embrioxénese a partir de follas é un proceso especialmente complexo. Neste proxecto, transformáronse explantos de vide con xenes implicados no desenvolvemento, como WUS ou BBM, para testar o seu efecto sobre estes procesos, xa que demostraron fomentar a rexeneración por embrioxénese ou organoxénese noutras especies. Para isto, empregouse inicialmente un sistema de replicación de xeminivirus. Os resultados amosaron que a expresión de WUS en explantos foliares da variedade ‘Thompson Seedless’ causaba a división e proliferación de células indiferenciadas. Porén, este efecto acadouse sen o sistema de xeminivirus, que demostrou un nivel demasiado elevado de expresión en vide que activaba silenciamento ou morte celular. Por outra parte, clonouse un xene MYB con potencial para ser empregado como marcador para as células transformadas, debido a que provoca a síntese e acumulación de antocianinas, dándolle unha cor violácea a zona transformada. Por último, optimizouse a selección de transformantes con kanamicina, amosando os resultados que unha concentración de 50 ug/ml parece ser a máis axeitada para os explantos de vide.

SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Titoría)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)

Caracterización da actividade fosfatasa en células de músculo liso de aorta
Autoría
I.L.V.
Grao en Biotecnoloxía
I.L.V.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
Segundo a Organización Mundial da Saúde, as enfermidades cardiovasculares son a principal causa de mortalidade no mundo. A calcificación vascular consiste no depósito de fosfato cálcico nos vasos sanguíneos, o cal aumenta a súa rixidez e é clave nestas enfermidades. Este proceso involucra a transformación de células de músculo liso vascular e está mediado por diversas vías de sinalización, incluíndo o metabolismo do pirofosfato no que a fosfatasa alcalina, en especial a fosfatasa alcalina non específica de tecido, desempeña un papel fundamental. Este estudo centrarase en caracterizar a actividade fosfatasa en células de músculo liso de aorta de rata, utilizando diferentes kits de fraccionamento para obter resultados precisos. Analizaranse extractos de membrana, citosólico, nuclear soluble, nuclear unido a cromatina e citoesquelético. A metodoloxía inclúe cultivo celular, fraccionamento subcelular, cuantificación de proteínas e avaliación da actividade fosfatasa con inhibidores específicos. Os resultados suxiren que a fosfatasa alcalina non específica de tecido está presente maioritariamente na fracción de membrana. Non obstante, foi inesperado detectar actividade tamén nas fraccións nuclear e citoplasmática. Para verificar que estas actividades non fosen un residuo experimental, utilizouse un método de fraccionamento máis específico, confirmando así a presenza da fosfatasa e resaltando a importancia de usar técnicas adecuadas de fraccionamento para obter datos confiables. Estes resultados poden abrir novas vías para explorar o potencial terapéutico da fosfatasa alcalina e o seu papel no núcleo no tratamento de enfermidades cardiovasculares.

VILLA BELLOSTA, RICARDO (Titoría)
VILLA BELLOSTA, RICARDO (Titoría)
Tribunal
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
Xeración de ferramentas moleculares para diseccionar funcións de MUS81 e GEN1 en pluripotencia.
Autoría
M.P.P.
Grao en Biotecnoloxía
M.P.P.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
A reparación do ADN é un mecanismo fundamental e evolutivamente conservado necesario para preservar a integridade do xenoma. Existen múltiples vías de reparación do ADN que xogan un papel diferente segundo o tipo celular e a fase do ciclo celular na que se atope. En particular, as células nai embrionarias de rato (ESCs, do inglés embryonic stem cells) posúen unha excepcional capacidade de reparación de alta fidelidade, debido a que a aparición de mutacións no seu xenoma podería ser letal para o embrión que xeran (2). Por iso, a principal vía de reparación que empregan é a recombinación homóloga, que se caracteriza pola utilización dunha cromátide irmá ou cromosoma homólogo como patrón para a reparación da cadea de ADN danada (6). Sen embargo, a recombinación homóloga pode dar lugar á aparición de estruturas secundarias de ADN chamadas unións de Holliday, que representan un intermediario de reparación altamente perigoso dado que poden producir erros na segregación cromosómica durante a mitosis. Estas estruturas requiren un procesamento específico e complexo levado a cabo por endonucleasas como MUS81 e GEN1, ou disolvasas como BLM. Observouse que mutacións nestas proteínas pode chegar a ter implicacións moi relevantes en enfermidades como o cancro (3). Este proxecto de traballo de fin de grao ten como obxectivo xerar ferramentas moleculares para estudar a función de MUS81 en ESCs, así como determinar se MUS81 e GEN1 presentan funcións redundantes nestas células. Para iso, probouse a expresión de MUS81 mediante a súa clonación en vectores de expresión e, por último, avaliouse o seu posible rol de compensación funcional ocasionada pola deleción de GEN1.

GUALLAR ARTAL, DIANA (Titoría)
Ramos Lage, Lucía Cotitoría
GUALLAR ARTAL, DIANA (Titoría)
Ramos Lage, Lucía Cotitoría
Tribunal
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
Técnicas de fabricación de fármacos baseados en ARNm
Autoría
O.F.B.P.
Grao en Biotecnoloxía
O.F.B.P.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
O ARNm situouse como unha opción moi interesante para novas terapias grazas ás súas propiedades. O descubrimento do uso de nucleótidos modificados, entre outros, permitiu disminuir as súas desvantaxes contra o uso do ADN en terapia xénica e vacinas. Coa pandemia da COVID provocouse un desenvolvemento masivo da súa tecnoloxía. Dada a súa rápida evolución, neste traballo búscase explicar as técnicas estándar e as máis recentes e novedosas para a súa fabricación, co fin de establecer unha base de coñecemento para investigadores interesados neste campo e dar unha idea xeral de oportunidades de investigación. Para iso, creáronse dúas ecuacións de búsqueda que se utilizaron en tres bases de datos: Web of Science (WoS), SCOPUS e MEDLINE, facéndose un cribado e selección para revisión dos documentos obtidos. Comprobamos que, pola súa aínda escasa exploración e potenciais áreas de mellora, o proceso da fabricación de ARNm supón novas oportunidades de investigación en áreas como os seus subprodutos, optimización das condicións ou enxeñaría das polimerasas.

GARCIA FUENTES, MARCOS (Titoría)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Titoría)
Tribunal
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)

Comparación da evolución das poboacións microbianas en procesos de vinificación empregando dous compostos con posible actividade antioxidante e antimicrobiana
Autoría
M.D.O.
Grao en Biotecnoloxía
M.D.O.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
Os axentes sulfitantes, como o dióxido de xofre (SO2), foron amplamente utilizados na industria alimentaria ao longo da historia debido á súa capacidade inhibitoria microbiana, que permite a mellora na conservación dalgúns produtos. Con todo, estes compostos poden causar efectos adversos sobre a saúde dos consumidores, polo que actualmente a procura de alternativas é obxecto dun intenso estudo científico. En resposta a esta problemática, este traballo de fin de grao céntrase en investigar o potencial de dúas substancias, Q e E, como substituíntes dos axentes sulfitantes na elaboración do viño. O estudo baseouse en avaliar a capacidade de ambas substancias para a modulación do ambiente microbiano no proceso de vinificación, co obxectivo de obter unhas características do produto final semellantes a aquelas dos viños elaborados mediante métodos tradicionais. Para iso, obtivéronse mostras de viño tinto en diferentes etapas de fermentación. Os mostos iniciais foron tratados con SO2 (control), Q, E ou combinacións destes últimos con SO2. Sobre estas mostras realizáronse análises de detección de ADN mediante qPCR, empregando primers específicos para monitorear cambios nas poboacións microbianas clave durante a vinificación, como Saccharomyces cerevisiae, acetobacterias e Oenococcus oeni. Os resultados indicaron que ambas substancias son capaces de influír na composición microbiana estudada de maneira similar aos métodos que empregan SO2. Adicionalmente, as análises dos parámetros fisicoquímicos mostraron que os viños tratados con Q e E presentaban características comparables aos viños tratados con SO2. Conclúese que as substancias Q e E poderían ser alternativas prometedoras ao uso dos axentes sulfitantes na elaboración do viño, ofrecendo unha opción potencialmente máis saudable e sostible no sector alimentario.

DE MIGUEL BOUZAS, MARIA TRINIDAD (Titoría)
RODRIGUEZ RAMA, JOSE LUIS Cotitoría
DE MIGUEL BOUZAS, MARIA TRINIDAD (Titoría)
RODRIGUEZ RAMA, JOSE LUIS Cotitoría
Tribunal
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Produción heteróloga de enzimas para o reciclado biolóxico de polietileno tereftalato (PET)
Autoría
L.L.F.
Grao en Biotecnoloxía
L.L.F.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
O plástico é un dos materiais máis esenciais e empregados a nivel global; non obstante, a súa característica de non degradabilidade conduce á acumulación de residuos no medio natural, o cal supón un problema de saúde pública e ambiental. En concreto, o polietileno tereftalato (PET) é un tipo de plástico empregado en envases e téxtiles. Os métodos actuais de reciclaxe producen contaminantes e supoñen un importante gasto enerxético, polo que nos últimos anos aumentou o interese polos métodos de reciclaxe biolóxico. A reciclaxe biolóxica mediada por enzimas é un exemplo e, neste contexto, o presente traballo céntrase no estudo de dúas PET-hidrolasas xa descritas na literatura, DuraPETasa e cutinasa LCC-ICCG, co fin de desenvolver un proceso de reciclaxe eficaz e escalable para residuos de PET. Neste traballo realizouse a produción heteróloga dos mencionados enzimas en Escherichia coli BL21, optimizando as condicións (temperatura e concentración do inductor IPTG, Isopropil-beta-D-1-tiogalactopiranósido) do proceso a escala de laboratorio e a actividade enzimática mediante ensaios colorimétricos sobre pNPA (acetato de 4-nitrofenilo) e directamente sobre perlas de PET. As citadas probas demostraron que estes encimas eran activos contra o PET e baixo a súa acción despois de 48 horas, o peso das perlas de PET reduciuse, chegando incluso a perder un 8% de peso no caso da DuraPETase e un 30% no caso da LCC-ICCG. Por outra banda, en canto ñlá concentración de produtos xerados medida en equivalentes de BHET (tereftalato de bis(2-hidroxietilo), destacan os 1500 mg/L xerados baixo a acción da DuraPETase e os case 5000 mg/L xerados polo LCC-ICCG.

EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Titoría)
GALINDO MORALES, SARA Cotitoría
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Titoría)
GALINDO MORALES, SARA Cotitoría
Tribunal
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Modelo celular in vitro para o estudo da sensibilidade a inhibidores de CDK
Autoría
L.P.A.
Grao en Biotecnoloxía
L.P.A.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
O cancro de mama é o tumor con maior incidencia en mulleres, sendo o subtipo luminal o de maior prevalencia. Esta enfermidade pode evolucionar en varios estadios e finalizar coa metástase, que é a responsable da maioría das mortes debidas ao cancro. Os tratamentos combinados con inhibidores de CDK4/6 (Quinasas Dependentes de Ciclina) e terapia endocrina melloraron a supervivencia das doentes luminais metastásicas, pero a resistencia a este tratamento é común. Existen evidencias de que a expresión de STAT3 está relacionada coa resistencia intrínseca a inhibidores de CDK4/6, o que leva a que estas doentes non respondan á terapia e presenten progresión da enfermidade. No presente traballo, modelizouse en células tumorais de cancro de mama luminal unha sobre-activación de STAT3 por indución da vía de sinalización IL-6/STAT3. Confirmouse que esta sobre-activación induce resistencia aos inhibidores de CDK4/6 e, por outro lado, que a inhibición de STAT3 pode ser unha opción para sensibilizar estas células resistentes aos inhibidores de CDK4/6. A posibilidade de dirixirse á vía IL-6/STAT3 abre novas vías de investigación que poderían ter un gran impacto en clínica.

VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Costa Nogueira, Clotilde Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Costa Nogueira, Clotilde Cotitoría
Tribunal
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Regulación de ISG15 e seu impacto en cancro
Autoría
M.R.C.
Grao en Biotecnoloxía
M.R.C.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A proteína ISG15 é unha proteína tipo ubiquitina que é inducida por interferón e que ten un papel importante na modulación da sinalización mediada por interferón, cun impacto tanto na infección viral como no desenvolvemento do cancro. ISG15 pode promover ou restrinxir o desenvolvemento oncoxénico ou a infección viral, dependendo, entre outros factores, do tipo celular, o virus do que se trate ou a especie e cómo se regula a súa actividade, descoñécese. Resultados previos do laboratorio revelaron que a proteína pequena tipo-ubiquitina (SUMO) interacciona con e regula a ISG15. A conxugación de SUMO cos seus substratos é un proceso esencial para a célula que se encontra frecuentemente desregulada en cancro. Por iso, desenvolvéronse inhibidores desta conxugación que están sendo investigados en ensaios clínicos, con resultados moi prometedores. A análise do mecanismo de acción destes inhibidores revelou que promoven a activación da resposta mediada por interferón e que esta función é esencial para a súa actividade anti-oncoxénica. Descoñécese cal é o mecanismo polo cal a inhibición da SUMOilación promove a activación da vía do interferón. Neste traballo, evaluouse a hipótese de que ISG15 podería estar implicado no control da vía do interferón e a actividade anti-oncoxénica do inhibidor de SUMOilación ML-792. Os resultados obtidos revelaron que ISG15 favorece a replicación do virus da estomatite vesicular, altamente sensible a interferón, na liña celular A549 e que ISG15 xoga un papel crítico na actividade anti-tumoral do ML-792 en ditas células. Estos resultados suxiren que a expresión de ISG15 podería ser clave para que o tratamento anti-tumoral co inhibidor de SUMOilación ML-792 sexa efectivo.

Rivas Vázquez, María del Carmen Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Rivas Vázquez, María del Carmen Cotitoría
Tribunal
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Caracterización dunha poboación de picanzo vermello (Lanius collurio Linnaeus, 1758) no noroeste da Península Ibérica
Autoría
A.P.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.P.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
O picanzo vermello é unha ave principalmente insectívora cunha estratexia migratoria de longa distancia, reprodúcese en espazos abertos coma os pasteiros seminaturais. Os cambios a nivel mundial que está a sufrir o sistema agrario, así como outros factores do cambio global, están detrás dos recentes descensos poboacionais detectados nesta especie e outras ligadas ao sistema agrario tradicional a nivel peninsular ou europeo. Neste estudo, pretendeuse recoller o máximo posíbel de información sobre esta especie en pasteiros seminaturais ben conservados do noroeste da Península Ibérica. Isto permitiu coñecer mellor os requirimentos específicos de nicho desta ave. Os resultados da área de estudo amosaron que a especie ten unha clara preferencia por asentar os seus territorios sobre pasteiros seminaturais con presenza de sebes. Estes territorios tiveron uns tamaños máis pequenos que a media europea e tamén unhas densidades poboacionais máis elevadas. Alén disto, definiuse a súa dieta como insectívora (predominando catro ordes: Orthoptera, Coleoptera, Hymenoptera e Lepidoptera). Atopáronse diferenzas significativas no tipo de pousadoiros e as alturas de pousadoiros empregadas entre poliños voadeiros e adultos, e só entre as alturas de pousadoiro empregadas entre femias e machos. Ademais, observouse un retraso fenolóxico tanto na migración como na reprodución con respecto a outras poboacións peninsulares. Por último, os valores do éxito reprodutivo parecen suxerir unha tendencia estábel ou de lixeiro crecemento poboacional.

DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Vogal)

Evolución do hábito anual e recuperación da perennialidade en Jasione montana L. (Campanulaceae)
Autoría
P.R.O.
Grao en Bioloxía (2ªed)
P.R.O.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
O xénero Jasione L. está representado na península ibérica con 12 especies, sendo J. montana L. a máis distribuída, considérandose a única do seu grupo con hábito anual/bienal, polo que a perennialidade sería un carácter ancestral. A poliploidización é un factor que pode favorecer a perennialidade e a reprodución vexetativa nas anxiospermas. J. montana e a especie próxima J. maritima presentan poboacións diploides e tetraploides en Galicia. Este traballo estuda catro poboacións, unha diploide e unha tetraploide de cada especie, desde a perspectiva morfométrica, citotípica e dun experimento demográfico de supervivencia durante 60 semanas en parcelas controladas. O obxectivo foi avaliar se a poliploidización resulta un factor relacionado coa evolución do hábito perenne e da reprodución vexetativa nos grupos estudados, así como identificar que caracteres morfolóxicos e órganos poden estar relacionados con estes aspectos. Neste sentido, resultaron de especial importancia os caracteres subterráneos, relativos a raíces, gromos ou órganos caulinares (semi)subterráneos como os estollos. Estes caracteres son encontrados neste traballo por vez primeira en ambas as dúas especies, e a pesar da súa importancia para a ecoloxía e demografía das poboacións foron pasados por alto nos tratamentos botánicos convencionais. Os resultados deste traballo salientan a importancia de incluír estes caracteres na comprensión biolóxica e evolutiva de Jasione, e relacionan a súa presenza co carácter tetraploide das poboacións. Caracteres como estollos ou a existencia dun banco de gromos subterráneo posibilitan a reprodución clonal e perennialidade dos tetraploides. O seguimento da supervivencia en parcelas corrobora a adopción da perennialidade nos tetraploides de J. montana, mentres os diploides se manteñen como anuais/bienais. O mesmo padrón detéctase en J. maritima, se ben a a especie era considerada globalmente perenne. Este traballo suxire que a poliploidización foi o factor causal na adopción do hábito de vida ancestral perenne por J. montana.

SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Establecemento dun modelo de ablación química en retina de Scyliorhinus canicula.
Autoría
I.F.G.
Grao en Bioloxía (2ªed)
I.F.G.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
As enfermidades neurodexenerativas da retina implican unha perda gradual de neuronas no tecido a medida que avanza a enfermidade ou a idade do individuo. A maior parte dos estudos neste campo está orientada á identificación de xenes ou vías de sinalización que favorezan a neuroxénese durante a vida posnatal. Dado que, en mamíferos, esta capacidade é moi limitada na etapa posnatal, moitos dos estudos sobre neuroxénese se levan a cabo en peixes, que presentan capacidade para formar novas neuronas fundamentalmente a partir dous nichos neuroxénicos: a glía de Müller na retina central, e a zona marxinal na retina periférica. Ademais, a retina de peixes ten a capacidade de rexenerar tras dano mediante o que se coñece como activación da glía de Müller. Trala activación, as células de Müller poden desdiferenciarse e sufrir un proceso de reprogramación celular tralo cal proliferan para dar lugar a novas células. Entre os peixes, o melgacho (Scyliorhinus canicula) parece especialmente adecuado para estudar estes procesos por presentar un período de proliferación estendido e capacidade de rexeneración tras dano. Para poder afondar no estudo da rexeneración, é esencial dispoñer dun modelo experimental de dano neuronal retiniano. O obxectivo deste traballo é establecer un modelo de ablación química mediante tratamento coa toxina ouabaína na retina xuvenil de S. canicula, coa fin de determinar o tempo de incubación necesario para dexenerar o tecido e inducir unha resposta rexenerativa. Os resultados mostran que, en S. canicula, a inxección de ouabaína causa alteracións da estrutura tisular, acompañadas dun aumento da morte celular. Porén, o número de células mitóticas aumenta naquelas capas máis afectadas, salvo na zona marxinal, que mantén unha actividade proliferativa normal.

CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Titoría)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Titoría)
Tribunal
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Caracterización de células amacrinas e fotorreceptoras na retina do peixe elasmobranquio (Scyliorhinus canicula)
Autoría
L.G.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
L.G.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
Nos últimos anos, os estudios transcritómicos a nivel dunha célula permitiron acadar unha mellor comprensión da diversidade celular dentro do sistema nervioso central dos vertebrados e, en particular, dentro da retina. Estes estudos leváronse a cabo en varias especies de mamíferos, polo, peixe cebra e lampreas, pero ata recentemente non se tiña descrito esta diversidade celular en peixes elasmobranquios, a pesar do interese de estudar a retina deste grupo dende o punto de vista evolutivo. Datos preliminares de transcriptómica con resolución de núcleo celular permitiron agrupar as células da retina de Scyliorhinus canicula (representante dos elasmobranquios) en 22 grupos diferentes, que se asignaron a distintas clases celulares segundo a expresión de xenes marcadores destas poboacións noutros vertebrados. Entre estes grupos inclúense sete grupos de células amacrinas que á súa vez poden dividirse en tres grandes categorías segundo as súas características neuroquímicas (células GABAérxicas, glicinérxicas e colinérxicas) e catro grupos de fotorreceptores. O obxectivo deste traballo é validar en tecido os resultados dos datos de snRNA-seq mediante técnicas inmunohistoquímicas para detectar a expresión de marcadores que se expresan diferencialmente nas células amacrinas GABAérxicas e células fotorreceptoras na retina de S. canicula. Os resultados de expresión dos marcadores escollidos para afondar na caracterización destas poboacións celulares correspóndense cos observados no tecido mediante técnicas de inmunofluorescencia e histoquímicas. Estes resultados validan a interpretación da identidade destas poboacións de neuronas e contribúen a afondar na caracterización da diversidade neuronal na retina de S. canicula.

POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Secretario/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Vogal)
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Secretario/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Vogal)
Caracterización da resposta glial na retina de peixes tras un dano neuronal inducido.
Autoría
M.R.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.R.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A diferenza dos mamíferos, os peixes teñen unha capacidade notable para rexenerar neuronas danadas por lesión ou substancias neurotóxicas. Esta capacidade de rexeneración depende en parte de células gliais diferenciadas (a glía de Müller) que, tras dano, volven a entrar no ciclo celular dando lugar a células proxenitoras multipotentes con capacidade de xerar novas neuronas que substitúen ás células perdidas. Os estudos realizados recentemente no peixe cebra parecen indicar que a capacidade de proliferación da glía de Müller depende da activación dun proceso inflamatorio no que interveñen células da microglía que migran ao sitio da lesión. Con todo, o papel da glía de Müller e da microglía durante a rexeneración tras morte neuronal na retina de peixes elasmobranquios non está aínda definido. O obxectivo deste traballo é estudar a resposta da glía de Müller e da microglía tras a morte celular inducida por un dano nas neuronas da retina do peixe elasmobranquio Scyliorhinus canicula. Para iso, induciuse dano neuronal na retina de individuos xuvenís desta especie mediante inxeccións de ouabaína, unha neurotoxina que promove a inflamación e apoptose dos tecidos tratados. A análise da retina 5 e 24 horas tras a inxección (hpi) mostra que o tratamento con ouabaína está asociado con alteracións características dunha resposta inflamatoria activa, incluíndo cambios na estrutura da retina dende as 24 hpi, activación da glía de Müller e recrutamento de células da microglía. Este estudo proporciona unha visión detallada da resposta inmunolóxica na retina tras o dano neuronal, subliñando a importancia das células gliais na rexeneración e reparación tisular.

Efecto do aumento da temperatura na neuroxénese embrionaria en Scyliorhinus canicula
Autoría
M.S.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.S.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A temperatura oceánica foise incrementando considerablemente nos últimos anos debido ao efecto do cambio climático. En consecuencia, os distintos animais que viven en hábitats acuáticos sufriron modificacións na súa fisioloxía e/ou etoloxía. Entre eles atópanse os elasmobranquios, os cales son motivo de especial preocupación polos seus pequenos tamaños poboacionais. A pesar de todo, aínda non se coñece como o estrés térmico crónico ou a longo prazo afecta ao sistema nervioso destes organismos. É por iso que esta investigación se centrou en intentar analizar o efecto do cambio climático sobre a neuroxénese durante o desenvolvemento embrionario de elasmobranquios, empregando como modelo de estudo a retina das quenllas da especie Scyliorhinus canicula. Para iso, estudouse a taxa de crecemento e analizáronse dous marcadores de proliferación: fosfo-histona-H3 (PH3) e antíxeno nuclear de células en proliferación (PCNA) e tres marcadores de diferenciación: dobrecortina (DCX), Ga0 (proteína G alfa, subunidade 0) e paired box 6 (Pax6). Os resultados obtidos suxiren que o aumento da temperatura provoca un incremento na lonxitude destes animais, acompañado dunha aceleración no desenvolvemento retinal dos mesmos.

Análise de toxicidade de agregados de proteína beta-amiloide de orixe sintética e humana
Autoría
M.F.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.F.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
A enfermidade de Alzheimer está caracterizada por un deterioro cognitivo crónico e por ser a principal causa de demencia no mundo. A hipótese da cascada amiloide, que pretende explicar a etioloxía da doenza, considera a agregación da proteína beta-amiloide como principal responsable do desenvolvemento dos síntomas. Este Traballo de Fin de Grao céntrase en analizar a toxicidade dos agregados obtenidos a partir de mostras de cerebros de pacientes de Alzheimer mediante ensaios celulares e microscopía de fluorescencia. Plantéanse varios obxectivos, como a extracción e precipitación de agregados de orixe humano, a obtención de imaxes de microscopía de fluorescencia dos agregados obtidos e a determinación da súa toxicidade, seguindo unha metodoloxía que inclúe a precipitación con ácido fosfotúngstico e a transfección celular mediante liposomas. Obtivéronse precipitados de agregados de proteína beta.amiloide de orixe humana, que induciron a agregación en células YFP-AB42-HEK-293T, observables mediante microscopía de fluorescencia.

RUIZ RIQUELME, ALEJANDRO IVAN (Titoría)
RUIZ RIQUELME, ALEJANDRO IVAN (Titoría)
Tribunal
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Caracterización molecular da cor da baga nunha variante somática de Tempranillo (Tempranillo negro)
Autoría
I.M.G.
Grao en Bioloxía (2ªed)
I.M.G.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
As variacións somáticas producidas de forma espontánea son a principal fonte de variación en Vitis vinifera, que levan á obtención de novas variedades ou clons. Un exemplo de clon é o ´Tempranillo Negro´ ou VN21, que caracterízase por: unha coloración máis intensa nas suas bayas, un desenvolvemento precoz e defectos na formación das sementes. Neste estudo analizouse o perfil fenólico de VN21, en comparación cun clon de ´Tempranillo Tinto´ de uso habitual RJ43, durante 3 estadíos de desenvolvement: guisante, envero e madurez, co fin de determinar se existen diferencias que poidan explicar as características que presenta este clon. Nos resultados obtidos non se atoparon diferencias significativas para a mayoría dos grupos analizados, entre os que se encontran: os ácidos fenólicos, o hidroxitirosol, os flavonoides e os lignanos. Sen embargo, atopáronse diferencias significativas no caso dos estilbenos, cunha maior acumulación para o clon VN21 nas últimas etapas da maduración. As altas concentracións de estos compostos poderían estar relacionadas cos efectos protrectores que posúen contra factores abióticos, como un aumento da radiación UV, a sequía ou a salinidade

FERRADAS RIAL, YOLANDA (Titoría)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Titoría)
Tribunal
REVILLA LOPEZ, MARIA GLORIA (Presidente/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)

Presenza de microplásticos en dúas especies de peixes (Salmo trutta y Anguilla anguilla) do tramo baixo do río Sar
Autoría
P.R.P.
Grao en Bioloxía
P.R.P.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Os microplásticos constitúen, actualmente, unha das maiores crisis ambientais á que se enfrentan todos os ecosistemas do Planeta; sendo os sistemas fluviais un dos máis afectados. Sen embargo, os estudos de microplásticos nos ríos do noroeste de España aínda son escasos. Por esta razón, o principal obxectivo deste estudo é cuantificar e caracterizar os microplásticos atopados nas branquias, tracto gastrointestinal e músculo dorsal dos individuos de Anguilla anguilla e Salmo trutta mostreados no tramo baixo do río Sar, A Coruña. Para iso, dixeríronse os órganos en KOH ao 10 % e filtráronse as mostras obtidas. Seguidamente, realizouse unha caracterización morfolóxica visual é una caracterización química mediante espectroscopía Raman. Tras esto, encontráronse 441 posibles partículas de plástico, sendo 16 delas identificadas como polímeros. Predominaron as fibras oscuras entre 151-3000 micrómetros, sendo o PET o principal tipo de polímero identificado. Estos resultados mostran o grave problema ambiental que representan os microplásticos nos ecosisteimas acuáticos, supoñendo un potencial risco para a saúde animal, ambiental e humana.

OTERO PEREZ, XOSE LOIS (Titoría)
OTERO PEREZ, XOSE LOIS (Titoría)
Tribunal
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN (Presidente/a)
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Secretario/a)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Impacto de diferentes prácticas de manexo sobre a actividade microbiana e a funcionalidade de solos de cultivo de millo forraxeiro
Autoría
A.V.M.
Grao en Bioloxía
A.V.M.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Determinouse o impacto do cambio de uso nun solo de prado permanente no que unha parcela foi transformada a un maizal en rotación con pradería de raigrás. O solo que permaneceu como prado empregouse como referencia para a comparación dos valores obtidos co cultivado. Para ambos os solos establecéronse as súas principais propiedades fisicoquímicas e as propiedades bioquímicas, relacionadas coa abundancia (C pertencente á biomasa microbiana) e coa actividade (respiración basal e actividade da encima deshidrogenasa) dos microorganismos do solo, que se empregaron como un indicador das modificacións sufridas. As mostras dos dous chans foron tomadas a diferentes profundidades (0-10 e 10-20 cm) e en diferentes momentos da rotación ao longo do ano, durante 3 anos consecutivos. A transformación produciu unha redución na parcela transformada tanto do C total como das propiedades bioquímicas analizadas. O descenso do contido en materia orgánica e das propiedades asociadas, así como a perda de estratificación foron causadas en gran parte pola mestura de capas como consecuencia do arado. As diferenzas entre os solos en xeral mantivéronse ao longo dos 28 meses do estudo, aínda que nos momentos da rotación nas que a parcela estaba como pradería detectouse unha estratificación incipiente.

MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Prieto Fernández, María Ángeles Cotitoría
Trasar Cepeda, Carmen Cotitoría
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Prieto Fernández, María Ángeles Cotitoría
Trasar Cepeda, Carmen Cotitoría
Tribunal
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN (Presidente/a)
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Secretario/a)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN (Presidente/a)
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Secretario/a)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Carga alerxénica da familia Oleaceae
Autoría
D.Z.C.
Grao en Bioloxía
D.Z.C.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo de fin de Grado abórdase o estudo da carga alerxénica da familia Oleaceae, concretamente dos xéneros Olea, amplamente cultivado, Fraxinus y Ligustrum, usados con frecuencia en xardinería urbana. O obxectivo principal é coñecer as investigacións máis relevantes que se están a levar a cabo e valorar a repercusión destes alérxenos como desencadeantes de enfermidades respiratorias de tipo alérxico. Aínda que se inclúen algunhas referencias a nivel mundial, o marco espacial do estudio centrouse preferentemente na península ibérica, máis concretamente en Galicia. A metodoloxía para elaborar este traballo foi a revisión bibliográfica de publicacións científicas, libros e material dixital. Nos resultados incluíuse unha síntese das técnicas de obtención de datos aerobiolóxicos e clínicos, e a continuación os principais resultados que se lograron coa súa aplicación. Cómpre destacar o amplo período no que os alérxenos das oleáceas poden afectar ás persoas sensibilizadas, debido á temporalidade da súa floración e a reactividade cruzada dos seus principais alérxenos. Ademais, destácase a importancia de analizar de forma conxunta a totalidade da carga alerxénica atmosférica, é dicir, as proteínas que se transportan na parede externa dos grans de pole e aquelas que se difunden como partículas paucimicrónicas coa apertura das anteras ou dende outras partes da flor. A información sobre a concentración de alérxenos no aire é fundamental para as persoas que sofren de alerxias estacionais, xa que lles permitirá utilizar convenientemente a medicación que lles prescriban dende os servizos de saúde e mesmo tomar medidas preventivas que minimicen a súa sintomatoloxía.

AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Titoría)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Titoría)
Tribunal
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN (Presidente/a)
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Secretario/a)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN (Presidente/a)
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Secretario/a)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Actualización do coñecemento da pteridoflora galega
Autoría
C.T.B.
Grao en Bioloxía
C.T.B.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O traballo consiste nunha revisión da ampliación do coñecemento da pteridoflora galega que produciuse nos últimos 15 anos debido os recentes estudos que introduciron numerosos cambios taxonómicos así como novos rexistros. Elaborando un listado actualizado das especies que se encontran no territoio galego así como os cambios que as afectaron.

ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Titoría)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Titoría)
Tribunal
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN (Presidente/a)
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Secretario/a)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN (Presidente/a)
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Secretario/a)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Revisión e análise das capturas de Alosa alosa e Alosa fallax pola pesca comercial das costas españolas atlántica e cantábrica
Autoría
I.L.A.
Grao en Bioloxía
I.L.A.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
Alosa alosa e Alosa fallax son dúas especies da familia dos Cluepidos, moi similares morfoloxicamente, o que dificulta a súa identificación. O seu rango de distribución tamén é similar, aínda que se viu drasticamente diminuído debido á gran variedade de agresións ás que están expostas, especialmente de orixe antrópico. Son dúas especies Vulnerables que, aínda que non son o obxectivo da pesca comercial, son capturadas en grandes cantidades de xeito accidental (capturas accesorias), o que supón un impacto engadido ós xa existentes. A análise das capturas de cada especie nas costas atlántica e cantábrica españolas ao longo dos anos permitiranos determinar neste traballo onde e cando se realizan as principais capturas e estimar o impacto sobre as poboacións ibéricas de ambas especies, así como o efecto na súa conservación. Para iso utilizaremos os datos dos rexistros das notas de primeira venta dos desembarques realizados nas lonxas de Galicia, Asturias e Cantabria, o que nos permitirá coñecer tamén a zona con máis capturas accesorias de cada especie e a época do ano na que se capturan máis exemplares.

COBO GRADIN, FERNANDO (Titoría)
VIEIRA LANERO, RUFINO Cotitoría
COBO GRADIN, FERNANDO (Titoría)
VIEIRA LANERO, RUFINO Cotitoría
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO (Presidente/a)
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)

Heteroxeneidade espacial e controis do metabolismo nunha conca fluvial Atlántica
Autoría
C.A.N.F.
Grao en Bioloxía
C.A.N.F.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
A través da análise do metabolismo, estúdase a saúde e o funcionamento dos ecosistemas fluviais. Ríos urbáns sofren o impacto das actividades humanas que deteriorar o funcionamento do ecosistema. Políticas ambientais, como a Directiva Marco da Auga da Unión Europea, busca mitigar estes impactos. Comparamos dous tramos do río Tins en Galicia: un antropizado e outro naturalizado avaliar o impacto das actividades humanas no metabolismo do río e da súa comunidade de diatomeas. A hipótese plantexa unha mínima influenza antropoxénica entre tramos. O noso obxectivo é avaliar os impactos antropoxénicos, entender o funcionamento ecosistemico e apoiar a conservación da biodiversidade, proporcionando datos para informar decisións políticas e de xestión. Para medir o metabolismo dos ríos, utilizamos cámaras de incubación estáticas con mostras do substrato fluvial, medindo o O2 disolto e a temperatura antes e despois da incubación baixo luz e escuridade. As mostras de diatomeas recolectáronse segundo protocolos estándar, tratáronse no laboratorio e analizáronse para identificar e cuantificar as especies presentes. Medimos a profundidade e a velocidade da auga en diferentes transectos para calcular o caudal. Tomamos medicións in-situ de pH, condutividade e O2 disolto, e mostras de auga e de biomasa para analizar no laboratorio. Concluímos: 1. A urbanización e o caneiro aumentaron a respiración do ecosistema, alterando o seu equilibrio natural. 2. A zona antropizada é máis heterótrofa que a naturalizada, indicando unha alteración pola actividade humana. 3. A relación entre o metabolismo e a calidade da auga amosa unha maior respiración na zona antropizada ligada a unha maior concentración de materia orgánica e nutrintes, o que suxire un desequilibrio metabólico. 4. Estes cambios poden estar afectando á biodiversidade e explicar a maior dominancia de especies tolerantes condicións alteradas na zona antropizada. 5. Suxerimos a implementación de medidas regulamentarias.

LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO (Presidente/a)
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO (Presidente/a)
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
Avaliación do bosque de ribeira en dous tramos de río en Zona Especial de Conservación
Autoría
D.P.F.
Grao en Bioloxía
D.P.F.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
Empregouse o Índice de Calidade do Bosque de Ribeira (QBR) sobre dous tramos de Zona Especial de Conservación (ZEC) de 700 metros cada un nos ríos Sar e Tambre, nas cercanías de Santiago de Compostela, para coñecer o estado de conservación de estes bosques e comprobar as aplicación que o índice QBR presenta á hora de avaliar os bosques de ribeira. Para elo, realizouse primeiro unha introdución ó tipo de hábitat de estudo, o bosque ripario, e ao índice empregado para abordar os tramos de río estudados, presentouse a metodoloxía a seguir ao facer uso do índice QBR e para rematar expoñéronse os datos obtidos durante o traballo de campo, así como as valoración dos mesmos. O obxectivo será remarcar a utilidade do índice á hora de avaliar cuantitativamente e periodicamente no tempo o estado de conservación das zonas ZEC e o estado dos bosques riparios, cuxa conservación se atopa ameazada polas actividades humanas a pesar do alto valor que posúen.

AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO (Presidente/a)
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO (Presidente/a)
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
Babesiosis canina. Eenquisa epidemiolóxica en Galiza
Autoría
L.P.D.
Grao en Bioloxía
L.P.D.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
A babesiosis canina, causada por parasitos do xénero Babesia, é unha das principais parasitoses graves que afectan ós cans. A súa patoloxía é consecuencia das fases parasitarias intracelulares que causan graves danos pola destrución masiva dos glóbulos vermellos, producindo unha gran variedade de manifestacións clínicas como anemia, fatiga, membranas mucosas pálidas e, nos casos máis severos, a morte do animal. Transmítese principalmente pola picadura de carrachas duras e o seu diagnóstico realizase por microscopia, técnicas moleculares e serolóxicas. O tratamento difire en función da especie infecciosa e para prever a infección é recomendable o uso de medidas profilácticas contra o vector biolóxico. Co fin de coñecer a presenza desta parasitose en Galiza, realizouse un estudo epidemiolóxico en clínicas veterinarias mediante o cumprimento dunha enquisa online ou de forma presencial. Comprobouse unha ampla distribución da enfermidade que afectou principalmente a animais de compañía; cun rango de idade entre 1-5 anos; dun tamaño mediano; procedentes do ámbito rural; con antecedentes de parasitismo por carrachas; sen o emprego de medidas profilácticas nin a presentación de patoloxías previas.

ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Titoría)
Couso Pérez, Seila Cotitoría
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Titoría)
Couso Pérez, Seila Cotitoría
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO (Presidente/a)
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO (Presidente/a)
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
Estudo do mecanismo molecular da técnica de propagación in vitro de prións recombinantes Protein Misfolding Shaking Amplification (PMSA).
Autoría
A.A.M.
Grao en Biotecnoloxía
A.A.M.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Os prións son partículas infecciosas proteicas responsables dunha serie de enfermidades neurolóxicas, as encefalopatías esponxiformes transmisibles. A base do seu mecanismo de acción é que a proteína anormalmente pregada, PrPSc, transforma e converte ao seu confórmero correctamente pregado, que normalmente se expresa na superficie celular, chamado PrPC, dando lugar á aparición de agregados da forma maligna. Buscouse unha técnica que permitise a amplificación in vitro de prións recombinantes, de forma que se facilitase o estudo da estrutura tridimensional da proteína, e así xurdiu Protein Misfolding Cyclic Amplification (PMCA), que daría lugar posteriormente á Protein Misfolding Shaking Amplification (PMSA). Aínda que a eficacia da técnica está comprobada, o mecanismo en profundidade non está tan claro; pénsase que a enerxía mecánica podería fragmentar os polímeros de PrPSc a medida que se van formando, multiplicándoos, pero tamén se valora que estas mesmas forzas puidesen provocar un cambio na conformación do substrato da PrPC, favorecendo o seu despregamento parcial. Este proxecto busca afondar nesta posibilidade e, se é posible, dar unha resposta completa ao mecanismo subxacente. Utilizaranse datos de dicroísmo circular para avaliar a estrutura secundaria da proteína substrato antes e despois de ser sometida a incubación en condicións similares ás da PMSA. Os resultados experimentais mostran que o despregamento parcial asumido non se produce, senón que a súa estrutura inicial de hélice alfa mantense inalterada durante tempos de ata 24 horas. Estes datos permítennos avanzar na comprensión da técnica, facilitando un estudo máis profundo do mecanismo de propagación dos prións.

RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Presidente/a)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)

Modelización in silico da estrutura da proteína RUNX1: un primeiro paso para a xeración de fármacos para o tratamento da AML.
Autoría
J.G.F.
Grao en Biotecnoloxía
J.G.F.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A leucemia mieloide aguda é o tumor hematolóxico máis común e letal cunha taxa de supervivencia media do 24% aos 5 anos. A leucemia mieloide aguda é heteroxénea e causada por mutacións en proxenitores hematopoéticos. As mutacións na proteína RUNX1 están relacionadas coa aparición de células tumorales hematopoéticas. Inhibir as funcións aberrantes de RUNX1 pode eliminar as células cancerosas causantes da leucemia mieloide aguda, convertendo a RUNX1 nun obxectivo potencial para novos fármacos. O obxectivo principal deste traballo é modelizar a estrutura de RUNX1 utilizando métodos de modelado por homoloxía, detectar cavidades e petos na superficie de RUNX1 para sitios de unión de ligandos, seleccionar e preparar unha biblioteca de ligandos coñecidos para estudos de docking, e executar simulacións de dinámica molecular para avaliar a estabilidade das interaccións RUNX1-ligandos. Construíuse un modelo de RUNX1 usando SWISS-MODEL baseado en proteínas homólogas. Logo, analizáronse posibles sitios de unión na superficie de RUNX1. Posteriormente, levaron a cabo simulacións de dinámica molecular para os ligandos máis prometedores, conseguindo predicir interaccións RUNX1-ligandos. Identificáronse cinco posibles petos en RUNX1, dos cales dous demostraron ser estables para a unión de ligandos. Os residuos Tyr113, Ser114, Thr149 e Thr161 foron clave nas interaccións ligando-proteína. A identificación de residuos crave e sitios de unión proporciona unha base para o deseño de fármacos específicos que inhiban a función de RUNX1, ofrecendo potenciais novas estratexias para o tratamento da leucemia mieloide aguda.

GARCIA FANDIÑO, REBECA (Titoría)
Crucitti , Davide Cotitoría
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Titoría)
Crucitti , Davide Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Presidente/a)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Presidente/a)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
O DNA mitocondrial regula a transición epitelio-mesénquima en adenocarcinoma pulmonar
Autoría
S.M.D.L.F.
Grao en Biotecnoloxía
S.M.D.L.F.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A transición epitelial-mesénquima (EMT) é un proceso fundamental para a migración e a metástase das células tumorais. Sábese que as variantes do DNA mitocondrial (mtDNA) xogan un papel esencial na carcinoxénese, podendo alterar o risco de desenvolver varios tipos de cancro. Non obstante, os mecanismos polos que a variación do mtDNA afecta á penetración do cancro e aos marcadores moleculares da oncoxénese non se comprenden completamente. Neste estudo, utilizando un modelo celular de adenocarcinoma de pulmón con diferentes mtDNA, observamos que a variación do mtDNA inflúe nos niveis de proteínas asociadas á EMT como Slug, Snail, cadherinas e beta-catenina. Ao deplecionar o mtDNA ou expoñer as células á hipoxia (1% O2) para inactivar a función mitocondrial, aquí demostramos que a activación da EMT por variantes do mtDNA depende da propia molécula de mtDNA, que regula o crecemento 3D e a morfoloxía celular. Aínda que se necesitan máis investigacións para dilucidar os mecanismos moleculares completos, estes achados subliñan a importancia da variación e sinalización do mtDNA nos procesos da EMT.

GOMEZ DURAN, AURORA (Titoría)
GONZALEZ PEREZ, DIEGO Cotitoría
GOMEZ DURAN, AURORA (Titoría)
GONZALEZ PEREZ, DIEGO Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Presidente/a)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Presidente/a)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
Desenvolvemento dun algoritmo para a valoración da resposta a fármacos en organoides de células tumorais
Autoría
M.M.L.
Grao en Biotecnoloxía
M.M.L.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Os cultivos celulares constitúen unha ferramenta fundamental na comprensión das bases patolóxicas e o desenvolvemento de terapias contra o cancro. Os cultivos bidimensionais son o método máis amplamente utilizado, pero presentan limitacións á hora de replicar as interaccións celulares e microambiente tumorais. Isto leva a que moitos dos fármacos que demostran efectividade nestes cultivos, fracasen en ensaios clínicos. Neste contexto xorden os cultivos tridimensionais, que reproducen fielmente os tecidos in vivo dos que proceden. Os esferoides tumorais son agregados esféricos de células que se autoorganizan e autorrenovan. Estes son estruturalmente simples e estanse empregando para o estudo dos mecanismos de resistencia do cancro e o desenvolvemento de fármacos. Por outra parte, os organoides son estruturas máis complexas, que reflicten con maior exactitude as características histolóxicas e xenéticas dos tumores dos que derivan. Isto convérteos en modelos cun gran potencial para o desenvolvemento de terapias antineoplásicas. A implementación dos organoides en cribado de alto rendemento de fármacos aínda está no seu comezo, pois é necesario optimizar os protocolos de cultivo e desenvolver ensaios específicos para o análise da súa resposta terapéutica. Como complemento aos datos obtidos mediante ensaios bioquímicos, plantéxase o seguimento da morfoloxía e tamaño dos organoides a partir de imaxes dos mesmos. Actualmente, a medición destes parámetros realízase na maioría de laboratorios manualmente, o que representa un obstáculo para o manexo de grandes cantidades de imaxes, e introduce un erro significativo nas medicións. Neste traballo desenvolveuse un algoritmo para o cálculo, dunha forma rápida e precisa, da área e volume de organoides a partir de imaxes dos mesmos. Este está deseñado e optimizado para o procesamento de grandes cantidades de imaxes, o que garante a súa utilidade na valoración do efecto de fármacos en cribado de alto rendemento.

COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Titoría)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL Cotitoría
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Titoría)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Presidente/a)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Presidente/a)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
Monitorización de fermentación acidoxénica mediante espectroscopías infravermella e Raman
Autoría
M.D.L.F.M.
Grao en Biotecnoloxía
M.D.L.F.M.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
As estratexias de recuperación de residuos orgánicos baseadas na fermentación anaerobia son de gran interese debido á obtención de ácidos graxos volátiles, compostos que poden transformarse noutros produtos de valor engadido como produtos químicos ou biocombustibles. O emprego de cultivos mixtos como inóculo neste proceso permite operar en condicións non asépticas e empregar residuos orgánicos complexos como substrato. O principal impedimento de utilizar cultivo mixto é a variabilidade no espectro de produtos obtido. Así, a produción selectiva destes ácidos orgánicos é de gran interese, o que a súa vez fai necesario o seguimento rápido e rigoroso da súa dinámica, favorecendo o control e a automatización da fermentación anaerobia. Técnicas de espectroscopía vibracional, como as espectroscopías infravermella e Raman, son potencialmente aplicábeis para este propósito, ao seren altamente específicas e operables en tempo real. Este traballo ten como obxectivo a aplicación de espectroscopías infravermella e Raman para a monitorización de ácidos graxos volátiles durante a fermentación acidoxénica. Proponse un deseño experimental baseado en diferentes modelos quimiométricos (Projection on Latent Structures (PLS)) adestrados mediante disolucións de ácidos acético, propiónico e butírico (individualmente e de maneira combinada, rango 0,10-20,0 g/L), que se utilizan para predicir a concentración dos compostos. Os resultados indican que ambas técnicas son candidatas para a monitorización en tempo real de produtos de fermentación, dada a súa eficaz implementación para a determinación das concentracións dos tres compostos en matriz acuosa e para o seu seguimento en ensaios de fermentación en discontinuo. Con todo, a espectroscopía infravermella demostrou ser superior á espectroscopía Raman para os analitos examinados. Estudos futuros deberían incluír novos compostos nos modelos (como ácidos valérico ou caproico), así como validacións en diferentes reactores para xerar modelos máis robustos e xeneralizábeis, favorecendo a súa implementación para conseguir unha maior produtividade e selectividade dos procesos baseados en fermentación anaerobia.

Cubero Cardoso, Juan Cotitoría
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
Cubero Cardoso, Juan Cotitoría
Tribunal
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Vogal)

Estudo da ferramenta de desmetilación do ARN dirixida dCas13b-TET2
Autoría
I.D.R.P.
Grao en Biotecnoloxía
I.D.R.P.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
O sistema CRISPR-Cas constitúe unha das ferramentas de edición xenética de maior importancia debido á súa capacidade de poder ser dirixida a secuencias concretas no xenoma. Ao sistema inicial constituído pola Cas9, que actúa sobre o ADN, súmanselle novidosos sistemas capaces de ser dirixidos a outras dianas, como o ARN. Estas nucleasas como a Cas13, están a ser amplamente modificadas mediante enxeñería xenética xerando, entre outras, versións sen actividade de corte ás que se lles fusionaron diferentes dominios catalíticos de encimas que catalizan ou depositan marcas no ARN. Entre a gran variedades delas, destacan aquelas capaces de catalizar a adición ou eliminación de grupos metilo en adenosinas (m6A), adición de metilación en citosinas (m5C), e a desaminación de adenosinas (edición A-to-I). Porén, ata a data de inicio desde TFG, non existía ningún sistema que permitise a hidroximetilación de citosinas (hm5C), unha marca de gran relevancia para a regulación transcriptómica. Neste traballo propoñemos a xeración dunha ferramenta baseada no sistema CRISPR-dCas13b, que fusionarase á proteína TET2, un dos encimas responsables da xeración de hm5C. Durante o desenvolvemento deste traballo conseguiuse transferir con éxito a ferramenta dCas13b-TET2, previamente xerada no laboratorio, a un novo plásmido retroviral que permitirá xerar liñas estables con expresión constitutiva da ferramenta. Por outra banda, tamén se realizou unha validación funcional da ferramenta, permitindo mellorar a optimización do protocolo que levará, en curto prazo, a unha exitosa implementación desta. Esta ferramenta permitirá mellorar o estudo da actividade do encima TET2 sobre secuencias concretas no ARN, representando un sistema moi versátil que permitirá ampliar o coñecemento das modificacións no ARN e a súa implicación no transcriptoma celular.

FUENTES IGLESIAS, ALEJANDRO Cotitoría
GUALLAR ARTAL, DIANA (Titoría)
FUENTES IGLESIAS, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Vogal)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Vogal)
Xeración de iPSCs a partir de fibroblastos de doentes con lipodistrofia parcial familiar tipo 2
Autoría
R.D.D.
Grao en Biotecnoloxía
R.D.D.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A lipodistrofia parcial familiar é un trastorno xenético causado por variantes en distintos xenes e caracterizado pola falta de graxa subcutánea e por distintas alteracións metabólicas. A máis común é a de tipo 2, que, actualmente, non ten cura. Para investigar a enfermidade, o ideal sería poder traballar con células do tecido adiposo dos pacientes, pero estas son moi escasas. Unha alternativa a este problema sería obter células nai pluripotentes inducidas (iPSCs) para despois rediferencialas a preadipocitos e adipocitos maduros. Obtendo células de pacientes lipodistróficos e reprogramándoas a iPSCs, teríamos unha fonte potencialmente ilimitada de células coas características xénicas da patoloxía, e que despois poderían diferenciarse a células do tecido adiposo. Por tanto, o obxectivo consiste en reprogramar fibroblastos obtidos de biopsias dos pacientes a iPSCs. Unha vez feitas as biopsias, vanse cultivando os fibroblastos. Acadada unha confluencia adecuada, faise un pase nunha placa previamente preparada, e os fibroblastos inféctanse con lentivirus especificamente deseñados, un para empregar como control, e outros dous para a reprogramación inducible por doxiciclina, composto que tamén debe engadirse. Feito isto, realízase un seguimento ao microscopio, así como lavados e cambios de medio, todo diariamente. Os fibroblastos foron correctamente transfectados e experimentaron claros cambios morfolóxicos, pero non presentaron nin a conformación nin as características visuais propias das iPSCs maduras. Necesítase máis tempo para identificar as causas que impediron a axeitada formación de colonias e rematar de poñer a punto esta técnica.

ARAUJO VILAR, DAVID Cotitoría
SANCHEZ IGLESIAS, SOFIA Cotitoría
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Titoría)
ARAUJO VILAR, DAVID Cotitoría
SANCHEZ IGLESIAS, SOFIA Cotitoría
Tribunal
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Vogal)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Vogal)
Análise transcriptómico das células de Schwann na neuropatía diabética: implicacións na función mitocondrial.
Autoría
P.F.R.
Grao en Biotecnoloxía
P.F.R.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A diabetes e as súas complicacións, entre as que destaca a neuropatía diabética, son unha preocupación crecente polo elevado impacto na calidade de vida dos pacientes que as sofren. O papel das células de Schwann neste contexto está ampliamente establecido, mais non se coñecen con exactitude os mecanismos moleculares implicados, aínda que se cre que a función mitocondrial podería ter un rol fundamental. Mediante a aplicación de técnicas bioinformáticas de análise da expresión diferencial analizáronse diversos conxuntos de datos públicos de transcriptómica, cuxos resultados confirmaron a existencia dunha desregulación da expresión xénica nos nervios afectados por neuropatía diabética, tanto en modelos animais de diferente tipo coma en mostras de pacientes humanos. Finalmente, estes achados comparáronse con varias bases de datos que recollen funcións moleculares e rutas metabólicas, onde se comprobou como algúns dos xenes diferencialmente expresados están relacionados con funcións específicamente mitocondriais, como o metabolismo de especies oxidantes.

Woodhoo , Ashwin (Titoría)
RIOBELLO SUAREZ, CRISTINA Cotitoría
Woodhoo , Ashwin (Titoría)
RIOBELLO SUAREZ, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Vogal)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Vogal)
Dinámica das poboacións de tecamebas dunha turbeira da Serra do Xistral nos últimos 2000 anos
Autoría
M.R.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.R.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
As turbeiras son humidais caracterizados pola acumulación de turba, composta principalmente por restos de plantas mortas pouco descompostas debido á baixa actividade microbiana. Estes ecosistemas, presentes na Serra do Xistral (NO da Península Ibérica), son ambientes húmidos e frescos que proporcionan importantes servizos ecosistémicos e refuxio para unha biodiversidade única. Debido á súa sensibilidade ás variacións climáticas, son ferramentas valiosas para a reconstrución paleoambiental e paleoclimática. O presente estudo centra a súa análise nas comunidades de tecamebas, protistas ameboides unicelulares que habitan en tecas e que se conservan ao longo do tempo nas turbeiras. A investigación realízase mediante a toma dunha testemuña dunha turbeira de cobertor, illando e identificando as tecamebas nas mostras recollidas. Os resultados obtidos permiten reconstruír a evolución do réxime de humidade dos últimos 2000 anos na Serra do Xistral. Os principais descubrimentos inclúen unha alternancia entre períodos húmidos e secos, que resulta consistente con outros rexistros paleoambientais ibéricos. Durante a Pequena Idade de Xeo, detectouse un incremento nas taxas de humidade, mentres que nos últimos 50 anos obsérvase un cambio drástico cara a condicións máis secas. Ademais, observouse un incremento significativo na biodiversidade de especies na superficie da turbeira. As conclusións deste estudo subliñan a importancia das turbeiras como arquivos ambientais sensíbeis aos cambios climáticos e a necesidade de conservación destes ecosistemas ante o contexto do cambio climático actual.

PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Titoría)
CARBALLEIRA COEGO, AMABLE RAFAEL Cotitoría

ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Presidente/a)
Cruz de la Fuente, Óscar (Secretario/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Vogal)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Presidente/a)
Cruz de la Fuente, Óscar (Secretario/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Vogal)
Estudo do impacto da contaminación por metais pesados na capacidade de reprodución sexual da alga parda Fucus vesiculosus
Autoría
P.H.S.
Grao en Bioloxía (2ªed)
P.H.S.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
Fucus vesiculosus é unha macroalga parda capaz de tolerar ambientes hostís e contaminados con metais pesados. Os individuos desta especie poden bioacumular elevadas concentracións destes metais nos seus tecidos. Este feito permítelles actuar como biomonitoras da calidade da auga en ecosistemas costeiros. Sen embargo, sábese moi pouco sobre as consecuencias que ten a exposición crónica a metais pesados na eficacia biolóxica destes organismos. Tendo isto en conta, con este traballo pretendemos determinar se a exposición crónica á contaminación por metais pesados ten un impacto negativo na capacidade de reprodución sexual da alga parda F. vesiculosus. Para acadar este obxectivo, recolléronse 20 individuos reprodutivamente maduros de F. vesiculosus por localización, nun total de 4 poboacións presentes nas rías galegas. Tres destas poboacións presentaban metais pesados, mentres que outra foi utilizada como referencia. Para cada poboación cuantificouse a biomasa tanto vexetativa como reprodutiva, para determinar se o esforzo reprodutivo difería entre as poboacións. Documentar a capacidade reprodutiva de F. vesiculosus en poboacións con diferentes niveis de exposición a metais pesados permítenos comprender mellor o posible impacto da contaminación na dinámica das poboacións desta especie. Asemade, medíronse diferentes variables morfolóxicas (lonxitude do talo, SLA...) coa finalidade de buscar novamente diferenzas en relación cos metais pesados. Os resultados obtidos non nos permitiron confirmar que o esforzo reprodutivo varíe en relación co grado de exposición a metais pesados, aínda que si se observaron diferenzas morfolóxicas potencialmente influenciadas por este factor. A importancia deste estudo radica na conservación dos ecosistemas. Algas como F. vesiculosus son a base da cadea trófica nos ecosistemas mariños. Se diminúe a reprodución, redúcense as poboacións podendo rematar na desaparición e colapso das cadeas tróficas que sustenta. A presenza destes metais nas nosas rías é unha realidade, debemos comezar a medir o efecto que isto supón.

BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Titoría)
DIAZ TAPIA, PILAR Cotitoría
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Titoría)
DIAZ TAPIA, PILAR Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Presidente/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)

A biofumigación e biosolarización como alternativa para a produción sostible de pemento
Autoría
S.M.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
S.M.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
O aumento na demanda de alimentos, debido ao crecemento da poboación nas últimas décadas, propiciou unha expansión de terras agrícolas e o desenvolvemento de novas técnicas de cultivo baseadas na mecanización e o uso de insumos, co fin de aumentar a produción. Os efectos negativos destes procedementos impulsaron a necesidade de técnicas de cultivo sostibles, como son a biofumigación e a biosolarización. A biofumigación consiste na trituración e incorporación de residuos vexetais con actividade antimicrobiana, xeralmente brásicas, nos cultivos. A biosolarización é un método que combina a biofumigación coa solarización. Nos terreos hortícolas do sur de Galicia existe unha gran abundancia e diversidade de fungos e outros patóxenos, o que conleva grandes perdas de rendemento en numerosos cultivos, entre eles, o pemento de Padrón (Capsicum annum L.). Debido a que nas últimas dúas décadas acadáronse resultados prometedores na utilización destas técnicas para a eliminación de patóxenos, hipotetizamos que o seu uso podería ser beneficioso en Galicia, mellorando a produtividade deste cultivo. O obxectivo deste traballo é determinar se a biofumigación e biosolarización mostran un efecto positivo sobre a produción e calidade de pementos. Para iso, leváronse a cabo dous ensaios con parcelas control e parcelas tratadas con Brassica oleracea e Brassica napus. Tomáronse datos relacionados coa produción en campo (altura, contido de clorofila, número e peso de pementos por planta) e leváronse a cabo análises de calidade no laboratorio (actividade antioxidante e contido de antocianinas e carotenoides). A biosolarización incrementou significativamente os caracteres agronómicos. Pola contra, as análises de calidade mostraron un maior contido de antioxidantes nas parcelas control, o que pode estar relacionado cun maior nivel de estrés. Isto indica que a biofumigación pode propiciar unha mellora na produción dun xeito sostible dende o punto de vista ambiental e económico, o que é de vital importancia no contexto actual.

RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Titoría)
LEMA MARQUEZ, MARGARITA Cotitoría
Soengas Fernández, María del Pilar Cotitoría
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Titoría)
LEMA MARQUEZ, MARGARITA Cotitoría
Soengas Fernández, María del Pilar Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Presidente/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Presidente/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
Influencia da vexetación sobre unha comunidade de coleópteros epífiticos.
Autoría
I.O.L.
Grao en Bioloxía (2ªed)
I.O.L.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
As interaccións entre as comunidades de plantas e o substrato xeolóxico son ben coñecidas, porén, a influencia da xeoloxía nas comunidades animais está aínda pouco estudada. Os substratos serpentiníticos orixinan asociacións vexetais únicas, ricas en endemismos e disxuncións, que poderían dar lugar a comunidades de herbívoros igualmente exclusivas. Neste traballo avaliáronse as diferenzas entre as comunidades de crisomélidos (Coleoptera: Chrysomelidae) desenvolvidas sobre as rochas ácidas e ultrabásicas da Galicia central. As comunidades serpentiníticas resultaron ser diferentes e máis diversas ca as que habitan substratos ácidos, ademais de presentar unha maior proporción de especies termófilas, se ben estas diferencias non foron significativas. A transformación da vexetación natural da zona serpentinítica en prados leva a unha reestruturación da comunidade existente, pero non se puido comprobar que as comunidades orixinadas sexan asimilables ás existentes en pradarías sobre substratos ácidos. No futuro, un estudo máis extenso da zona permitiría conclusións máis robustas e podería dar lugar ao descubrimento de novas especies ou poboacións illadas de grande interese bioxeográfico.

BASELGA FRAGA, ANDRES (Titoría)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA Cotitoría
BASELGA FRAGA, ANDRES (Titoría)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Presidente/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Presidente/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
Comparación do cambio da biodiversidade de crisomélidos ao longo dun gradiente altitudinal da Serra dos Ancares en dous períodos de tempo distintos.
Autoría
M.S.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.S.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao analiza a variación das comunidades de crisomélidos ao longo dun gradiente altitudinal e temporal na Serra de Ancares durante dous períodos de tempo distintos. A hipótese establecida expón que a variación climática e ambiental asociada á diferenza altitudinal e temporal afecta significativamente a distribución destas especies. Os obxectivos empregados inclúen a identificación das variacións altitudinales/temporais na distribución das especies e a análise da influencia de factores ambientais nestas variacións. A metodoloxía consistiu en colleitar mostras en tres localizacións distintas (Liber, Vos Cabaniños e Degrada) utilizando unha manga entomolóxica e preservando os especímenes en etanol para a súa posterior identificación. Empregáronse análises morfolóxicas para a clasificación e identificación de especies. Os datos obtidos foron analizados mediante índices de disimilitud, estimacións de riqueza, análise dos patróns de presenza/ausencia e curvas de acumulación de especies. Os principais resultados mostran unha redución na diversidade de especies ao longo do tempo, con importantes diferenzas entre as altitudes estudadas. Desta maneira, este estudo resalta a necesidade de levar a cabo un esforzo de mostraxe adecuada para caracterizar de maneira correcta a comunidade. Finalmente establécense diferentes hipóteses que tratan de explicar a posible asociación entre as diferenzas na riqueza de especies entre as dúas datas coas variacións na altitude.

GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
FORMOSO FREIRE, VICTORIA Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
FORMOSO FREIRE, VICTORIA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Presidente/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Presidente/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
Papel de p63 no desenvolvemento de ARLD
Autoría
B.L.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
B.L.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
p63 é un factor de transcrición da familia de p53, amplamente coñecido por xogar un papel no desenvolvemento da epiderme e extremidades. Recentemente, descubriuse que xoga un importante papel no control do metabolismo lipídico no contexto da enfermidade hepática esteatósica asociada a disfunción metabólica (MASLD, Metabolic dysfunction-Associated Steatotic Liver Disease) relacionándose un aumento dos seus niveis cun aumento do contido lipídico nos hepatocitos. Con este coñecemento previo, desenvolveuse a idea de se este factor de transcrición tamén se vería involucrado no desenvolvemento da enfermidade hepática relacionada co alcohol (ARLD, Alcohol Related Liver Disease). Para confirmar isto, analizáronse os niveis transcricionais de p63 en modelos animais e cultivos primarios de hepatocitos tratados con alcohol, nos cales se confirmou previamente o dano hepático. Con este traballo demostrouse que p63 está aumentado en modelos in vivo e in vitro de ARLD, e que o seu silenciamento específico nos hepatocitos prevén do dano hepático inducido polo alcohol. En conxunto, os resultados indican que p63 xoga tamén un papel importante no desenvolvemento de ARLD.

NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Titoría)
Nóvoa Deaño, Eva María Cotitoría
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Titoría)
Nóvoa Deaño, Eva María Cotitoría
Tribunal
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Estudo dos sistemas de secreción en bacterias mariñas
Autoría
N.R.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
N.R.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
Edwardsiella piscicida é unha bacteria Gram negativa, moi ubicua, pertencente á familia Enterobacteriaceae e que causa grandes pérdidas en acuicultura. Un dos mecanismos principais de patoxenicidade desta bacteria son os sistemas de secreción, distribuidos en 10 grupos e que xogan un papel fundamental na patoxenicidade dalgunhas bacterias. E. piscicida posúe os sistemas de secreción de tipo I, III, V e VI, aínda que algúns estudos indican a posibilidade de que tamén puidera posuír os de tipo II e IV. Para elucidar esta incógnita, buscáronse xenes ortólogos de ambos sistemas na cepa de E. piscicida ACC35.1. A pouca cantidade de xenes obtidos para o sistema de secreción de tipo IV non permitiu continuar co seu estudo. Pola contra, atopáronse todos os xenes do sistema de secreción tipo II o que nos fixo centrar o estudo neste sistema. Os xenes presentes amplificáronse en 14 cepas de E. piscicida, mediante parellas de cebadores específicos deseñados neste traballo, así como a optimización do protocolo de amplificación. Estas amplificacións revelaron que non todas as cepas conteñen todos os xenes implicados no T2SS. Posteriormente deseñouse un fragmento de inserción para xerar mutantes de gspD, pola súa importancia no sistema. Dito vector está composto por un xene de resistencia a cloranfenicol flanqueado por dous segmentos da secuencia do xene gspD. A pesar das múltiples modificacións do protocolo orixinal, non foi posible xerar correctamente o inserto para poder iniciar o protocolo de mutación. Para poder continuar a investigación e obter resposta aos obxectivos plantexados é necesario profundizar na análise exhaustiva dos posibles erros no protocolo.

ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Titoría)
BUJAN GOMEZ, NOEMI Cotitoría
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Titoría)
BUJAN GOMEZ, NOEMI Cotitoría
Tribunal
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Papel do lnc-RNA Dnm3os no dano hepático por colestase
Autoría
L.A.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
L.A.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 16:00
18.07.2024 16:00
Resumo
As enfermidades hepáticas crónicas, caracterizadas pola fibrose hepática, representan un importante problema de saúde pública a nivel mundial. Nelas teñen lugar respostas celulares complexas de varios tipos de células hepáticas, entre elas os hepatocitos e células estelares hepáticas. Estas patoloxías conlevan profundos cambios na regulación da expresión xénica, á súa vez controlada por unha complexa interacción de mecanismos reguladores. Ata o presente prestouse moita atención ao papel dos factores de transcripción e dos mecanismos epixenéticos, pero outros mecanismos como o exercido polos ARNs longos non codificantes (lnc-RNA, polas súas siglas en inglés), foron menos estudados. Os lnc-RNA poden interacturar co ADN, o ARN e as proteínas para regularen os patróns de expresión xénica global. Porén, a súa función na colestase hepática permanece en gran parte inexplorada. En experimentos preliminares chave do grupo de investigación, detectouse que centos de lnc-RNAs estaban desregulados no tecido hepático durante o desenvolvemento da colestase. Usando enfoques computacionais, contruiuse unha firma clinicamente relevante de 54 lnc-RNAs na lesión hepática inducida por colestase, entre eles atopábase o Dnm3os. Describiuse que o lnc-RNA Dnm3os é un reservorio de fibromiR (micro-ARNs cunha función importante na fibrose pulmonar e renal), e resultados previos do laboratorio suxiren que tamén podería exercer un efecto pro-fibroxénico no fígado danado. Porén, o seu rol na colestase hepática segue a ser descoñecido. Co seguinte traballo, búscase examinar a función biolóxica do Dnm3os, empregando sistemas de silenciamento in vitro para modular os seus niveis de expresión e examinar o seu efecto sobre a activación de marcadores de dano celular en hepatocitos aislados de ratos tras a indución de colestase. Comprobouse que o Dnm3os podería ter un rol relevante na resposta dos hepatocitos ao dano hepático. Ademais, os resultados obtidos sinalan a que Dnm3os podería funcionar como un lnc-RNA hepatoprotector na enfermidade hepática por colestase.

VARELA REY, MARTA MARIA (Titoría)
RIOBELLO SUAREZ, CRISTINA Cotitoría
VARELA REY, MARTA MARIA (Titoría)
RIOBELLO SUAREZ, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
BLAZQUEZ CAEIRO, JOSE LUIS (Presidente/a)
BARCA MAYO, OLGA (Secretario/a)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Vogal)

Implicación dos neurotransmisores no desenvolvemento da fibromialxia
Autoría
M.M.A.R.
Grao en Bioloxía
M.M.A.R.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
12.09.2024 10:30
12.09.2024 10:30
Resumo
A fibromialxia (FM) é unha enfermidade crónica caracterizada por unha dor musculoesquelética xeneralizada que adoita ir acompañada de fatiga, perda de memoria e trastornos do estado de ánimo e do sono. Aínda que a día de hoxe segue a ser descoñecida a súa etioloxía, os estudos realizados ata a data indican que a súa orixe é multifactorial, sendo as principais causas as alteracións da función do sistema nervioso e do sistema de percepción da dor. Moitos destes estudos apuntan ao mal funcionamento dalgúns neurotransmisores e dos seus receptores como unha das posibles causas dos síntomas clínicos da FM. O obxectivo desta revisión bibliográfica é determinar que neurotransmisores están implicados no desenvolvemento da FM e a súa relación cos posibles tratamentos que poidan reducir os seus síntomas. Tras analizar a información dispoñible ata o momento, pódese concluír que a serotonina, a noradrenalina, a dopamina, a substancia P e o glutamato son os principais NT relacionados co desenvolvemento da FM e o tratamento máis eficaz para tratar de paliar Os síntomas provocados pola disfunción. destes NT son multidisciplinares e individualizados, aplicando tanto o uso de fármacos como alternativas non farmacolóxicas.

ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Titoría)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Titoría)
Tribunal
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Presidente/a)
POLO MONTERO, DAVID (Secretario/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Vogal)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Presidente/a)
POLO MONTERO, DAVID (Secretario/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Vogal)
Arqueas de Asgard, o eslabón perdido na evolución eucariota.
Autoría
P.R.F.
Grao en Bioloxía
P.R.F.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
12.09.2024 10:30
12.09.2024 10:30
Resumo
Trátase dunha revisión bibliográfica sobre as recentemente descubertas arqueas de Asgard, un novo filo que contén especies de arqueas con presenza de proteínas con orixe eucariota que poderían explicar a orixe dos mesmos. Caracterízase o seu metabolismo e se describen as mais relevantes, ademais de relacionar o traballo de Lynn Margulis co sistema filoxenético de dous dominios.

GOMEZ MARQUEZ, JAIME JOSE (Titoría)
GOMEZ MARQUEZ, JAIME JOSE (Titoría)
Tribunal
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Presidente/a)
POLO MONTERO, DAVID (Secretario/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Vogal)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Presidente/a)
POLO MONTERO, DAVID (Secretario/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Vogal)
Despolimerización enzimática do polietileno e do polipropileno
Autoría
L.I.G.
Grao en Bioloxía
L.I.G.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
13.09.2024 10:00
13.09.2024 10:00
Resumo
A acumulación de residuos plásticos converteuse nun problema global que require solucións alternativas. Actualmente os principais métodos de reciclaxe son os métodos físicos, onde destacaría a incineración. Por iso se estudan outras alternativas, como a reciclaxe biolóxica ou a biodegradación. Neste traballo realízase unha revisión bibliográfica sobre os principais microorganismos (tanto bacterianos como fúngicos) con capacidade para despolimerizar PE e PP, ademais de destacar algunhas das enzimas que se coñecen neste proceso e as súas principais limitacións.

ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Titoría)
Kravetz , Humberto Cotitoría
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Titoría)
Kravetz , Humberto Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)

Itinerario Botánico dun espazo da Mariña Lucense.
Autoría
A.I.R.A.
Grao en Bioloxía
A.I.R.A.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
13.09.2024 10:00
13.09.2024 10:00
Resumo
As dunas costeiras son formacións de relevo eólico situadas en áreas costeiras con sedimentos areosos. Estas dunas forman ecosistemas únicos que actúan como barreiras naturais contra a erosión costeira e ofrecen hábitats críticos para diversas especies. Este estudo céntrase nas dunas da Praia de Covas, en Viveiro, utilizando unha clasificación biolóxica para identificar e describir a vexetación característica de cada franxa dunar dende a costa cara o interior. Este traballo quere demostrar que as dunas costeiras na Praia de Covas teñen uhna importancia ecolóxica destacable, e que ao estar suxeitas a diversas ameazas (ambientais e antropoxénicas) que poñen en perigo a súa estabilidade e biodiversidade, é fundamental implicar á poboación na súa conservación e coidado.

Modelización de nicho ecolóxico de Dryopteris guanchica Gibby et Jermy (Dryopteridaceae)
Autoría
P.R.G.
Grao en Bioloxía
P.R.G.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
13.09.2024 10:00
13.09.2024 10:00
Resumo
A maior parte da xeoflora Paleotropical que se atopaba na zona Paleártica occidental durante o Terciario, tería desaparecido ou diminuído a súa área de distribución como consecuencia do deterioro do clima subtropical que comeza a finaios do terciario. A principal hipótese é que algúns elementos desta flora permaneceron como relictos en distintos refuxios climáticos conservando o seu nicho até a actualidade. En contrapartida existe a hipótese que considera que as poboacións da península poderían terse orixinado a partir de eventos dispersivos durante o cuaternario, posiblemente desde a rexión macaronésica. Neste traballo infírense as variables bioclimáticas mais relevantes para explicar a distribución de D. guanchica, unha especie de pteridófito considerada relíctica, actualmente presente no noroeste ibérico e nas Illas Canarias (Tenerife, La Gomera, La Palma e El Hierro), mediante a elaboración dun modelo de nicho ecolóxico que alimenta modelos de distribución da especie para as condicións actuais e pasadas, reconstruíndo os rangos xeográficas potenciais en distintos momentos e condicións climáticas do pasado durante o Pleistoceno e o Holoceno, co fin de comparar os padróns de distribución da especie, suxerindo que a especie podería ter desaparecido da península ibérica durante a última glaciación. Este traballo xera un marco hipotético onde só Canarias ou algún outro arquipélago macaronésico podería ter funcionado como área refuxio durante a glaciación. A análise do solapamento de nicho entre as poboacións da península e de Canarias conclúe que existen nichos diferenciados, o que pode apuntar a procesos adaptativos en curso. Tamén se abordan proxeccións para o ano 2080 para analizar a súa distribución potencial en escenarios de mudanza climática global que apuntan a unha retracción na súa área actual ibérica, o que pode ter implicacións para a conservación da especie.

PONCE FONTENLA, SARA Cotitoría
SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
PONCE FONTENLA, SARA Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
A placenta humana: revisión actualizada e posibilidades da súa xeración in vitro
Autoría
M.A.B.
Grao en Bioloxía
M.A.B.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A placenta é un órgano transitorio pero esencial no desenvolvemento embrionario, encargándose de dirixir o crecemento do feto ao longo do embarazo. Non obstante, os mecanismos que rexen a súa formación permanecen pouco estudados. Así, este traballo centrarase en afondar nos procesos que rodean a placentación en humanos e nas posibilidades de xeración de placentas in vitro como modelos experimentais. Para isto, levouse a cabo unha revisión bibliográfica empregando a base de datos PubMed. Os resultados obtidos amosan que a liñaxe de células trofoblásticas é a responsable da creación das pilosidades coriónicas, as cales son a unidade funcional da placenta. Estas median o aporte de nutrientes e o intercambio de gases na interface maternofetal. Tamén formarán o sincitiotrofoblasto, que contribúe á súa actividade endócrina. En canto á xeración in vitro, a tecnoloxía dos organ on a chip ofrece unha alternativa interesante para o estudo da fisioloxía placentaria. Ademais, tanto o illamento de células nai trofoblásticas humanas, como a formación de organoides trofoblásticos e o seu cultivo en 3D, pronto deixarán obsoletos os modelos empregados ata o momento.

RODRIGUEZ-MOLDES REY, MARIA ISABEL (Titoría)
RODRIGUEZ-MOLDES REY, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
A extensión do paradigma evolutivo vixente, a Síntese Moderna
Autoría
N.F.E.
Grao en Bioloxía
N.F.E.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
O proceso de selección natural descuberto de maneira independente por Charles Darwin e Alfred R. Wallace a mediados do século XIX proporcionou unha explicación á adaptación e a estruturación da biodiversidade. A combinación formal da teoría darwiniana centrada neste proceso coa teoría da herdanza de Mendel, síntese teórica que se levou a cabo durante a segunda década do século XX, sentou as bases da xenética de poboacións teórica, basicamente nutrida polos traballos de Ronald A. Fisher, John B. S. Haldane e Sewall Wright. A mediados de século, ten lugar a estruturación das distintas áreas da bioloxía polo coñecemento derivado da xenética evolutiva, dando forma ao paradigma evolutivo aínda vixente que coñecemos como Síntese Moderna. Non obstante, xa entón se formularon desafíos á teoría dende áreas como a bioloxía do desenvolvemento ou a paleontoloxía, particularmente á concepción da evolución como cambio da frecuencia dos xenes no seo das poboacións, que suxerían a necesidade de ampliala. No presente traballo revísase a bibliografía máis relevante respecto a conveniencia de ampliar o núcleo teórico da bioloxía evolutiva a través da emerxente Síntese Evolutiva Estendida, facendo fincapé nos traballos recentes sobre o impacto evolutivo da bioloxía evolutiva do desenvolvemento, a herdanza extraxenética, a selección multinivel e a teoría de construción de nicho co fin de xustificar dita extensión.

VILAS PETEIRO, ROMAN (Titoría)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
Xenética do cromosoma Y humano
Autoría
A.F.L.
Grao en Bioloxía
A.F.L.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
O cromosoma Y humano caracterizase principalmente polo proceso de dexeneración ao que está sometido, e a súa función na determinación sexual en humanos. Os obxectivos de esta revisión bibliográfica é recompilar a información referente a estrutura, xenes e funcións do cromosoma Y humano. Estruturalmente o cromosoma Y presenta múltiples peculiaridades resultantes de o proceso de dexeneración, que o separa do seu homólogo, e a falta de recombinación co mesmo en gran parte da súa lonxitude. Entre estas e a presencia de xenes característicos do cromosoma Y que se expresan en testículos. De todos eles o máis destacable é SRY, determinante sexual masculino. A presenza de este xen, entre outros, fixo que a maior parte dos estudos iniciais sobre as función do cromosoma se centrasen no seu papel na determinación do sexo e no desenvolvemento e diferenciación de células xerminais. Estudos máis recentes toman un novo ángulo, buscando relacionar o funcionamento anómalo dos seus xenes, ou a perda en mosaico do propio cromosoma, con patoloxías que presentan maior incidencia no sexo masculino.

ZAPATA BABIO, JOSE CARLOS (Titoría)
ZAPATA BABIO, JOSE CARLOS (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
Os peixes como biomarcadores do efecto do quentamento dos océanos sobre centros nerviosos: bases anatómicas e moleculares.
Autoría
A.S.F.
Grao en Bioloxía
A.S.F.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
Os animais interactúan co ambiente a través do seu sistema nervioso. O cambio climático está a provocar un incremento da temperatura dos océanos que modifica o ambiente dos organismos acuáticos. As estruturas nerviosas dos peixes son sen dúbida os primeiros detectores deses cambios. De feito, en peixes hai evidencias de que a acidificación do medio acuático causada pola transición climática pode causar unha perda da capacidade para a discriminación olfactiva que permite recoñecer presas, depredadores ou activar o escape por parte das presas. Neste traballo executouse un deseño experimental cunha especie modelo para tiburóns: Scyliorhinus canicula, co obxectivo de detectar as posibles vulnerabilidades das estruturas nerviosas do sistema olfactivo fronte o aumento da temperatura do medio acuático. Esta identificación é o paso previo á busca de solucións de adaptación e mitigación ante o cambio climático. Tras demostrar nunha primeira fase do estudo a fiabilidade dos anticorpos usados para as técnicas inmunohistoquímicas, observouse que individuos sometidos a condicións de quentamento oceánico presentaron máis proliferación celular e desenvolvemento a nivel xeral que aqueles mantidos a condicións estándar. A pesar do carácter cualitativo deste traballo, estudos futuros poderían avaliar cuantitativamente a intensidade destas diferenzas. Por último, paralelamente aos obxectivos do traballo, obtivéronse por primeira vez datos sobre a presenza de neuronas receptoras olfactivas en embrións no estadio 29. Isto amplía os coñecementos existentes e abre a porta a investigacións futuras sobre aspectos da maduración no sistema olfactivo de S. canicula.

CANDAL SUAREZ, EVA MARIA Cotitoría
RODRIGUEZ-MOLDES REY, MARIA ISABEL (Titoría)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
Evaluación de xenes de referencia para a análise da resposta inmunitaria do linguado frente ao virus da necrosis nerviosa viral.
Autoría
L.R.N.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.R.N.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
O linguado (Solea senegalensis) é unha especie relevante no campo da acuicultura. Con vistas a optimizar a análise da súa expresión xénica por RT-qPCR para poder aplicalo en estudos de evaluación da resposta inmunitaria frente a infección producida polo virus da necrosis nerviosa ou á vacinación frente ó mesmo, neste traballo testáronse oito xenes de referencia. Os xenes candidatos son: beta actina (ACTB1), un parálogo da beta actina (ACTB2), gliceraldehido-3-fosfato deshidroxenasa (GAPDH2), hipoxantina fosforribosiltransferasa 1 (HPRT1), ubiquitina (UBQ), factor de elongación I alfa (eEF1A1), ARN ribosómico 18S (18S) e a proteína ribosomal S4 (RPS4). Como xene de interés empleouse a proteína Mx de unión a GTP inducida polo interferón (mx). Con este fin analizáronse mostras de ril de linguados control e inoculados co virus da necrosis nerviosa. O software BioRad CFX Maestro1.1. Vers. 4.1.2433.1219 sinala que todos os xenes de referencia testados neste traballo son aceptables, aínda que os máis estables son GAPDH2 e ACTB2, seguidos de RPS4 e UBQ. Tamén indica que é suficiente incluir dous xenes de referencia para unha adecuada normalización. En resumo, este estudo recomenda o uso de GAPDH2 e ACTB2 como xenes de referencia para a correcta normalización da análise por RT-qPCR de mostras de ril de linguados infectados co virus da necrosis nerviosa. Serán necesarios futuros estudos para comprobar que estes xenes son adecuados para a análise doutros órganos.

BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
LOPEZ VAZQUEZ, M. DEL CARMEN Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
LOPEZ VAZQUEZ, M. DEL CARMEN Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)

Estudo de metabolismo in-vitro de substancias relacionadas coa produción do caucho. Parte B
Autoría
B.A.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
B.A.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A N-(1,3-dimetilbutil)-N'-fenil-p-fenilendiamina-quinona é o produto de oxidación do antidegradante de pneumáticos N-(1,3-dimetilbutil)-N'-fenil-p-fenilendiamina, e xera unha grande preocupación por estar presente na inmensa maioría de matrices ambientais e ter sido recentemente detectada en mostras humanas. Se ben a letalidade deste composto se ten demostrado no salmón coho, pouco se sabe sobre o seu efecto na saúde humana. O nivel de exposición e o seu potencial risco poden avaliarse mediante biomonitoraxe, utilizando a urina como unha matriz axeitada. Isto require coñecemento previo sobre os compostos que son excretados tras a exposición a esta substancia. Neste estudo, realízanse experimentos de metabolismo in-vitro de Fase I e Fase II para identificar os potenciais metabolitos, empregando microsomas hepáticos humanos para as reaccións de Fase I e glucuronidación, e fraccións citosólicas de fígado humano nos experimentos de sulfatación, co coencima correspondente en cada caso. Posteriormente, os potenciais metabolitos identifícanse a través dun Suspect Screening mediante cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas en tándem. Con esta estratexia conséguese a identificación de 4 metabolitos da N-(1,3-dimetilbutil)-N'-fenil-p-fenilendiamina-quinona e, tras o estudo das súas tendencias de incubación, proponse unha posible ruta de biotransformación. Os metabolitos xerados poderían ser biomarcadores aptos para futuros estudos de biomonitoraxe humana.

RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO Cotitoría

RODRIGUEZ-MOLDES REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)

Optimizar Novas Plataformas Biolóxicas para novas Reaccións Bioortogonais
Autoría
M.G.A.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.G.A.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A química biolóxica é un amplo campo que estuda os mecanismos biolóxicos dende un punto de vista químico. Unha das ramas da química biolóxica é a química bioortogonal, que se centra no deseño de transformacións químicas non naturais en sistemas biolóxicos sen interceder no funcionamento destes. Os avances nesta rama abriron a posibilidade de desenvolver novos mecanismos de actuación de fármacos, por exemplo, estratexias baseadas no recoñecemento específico de proteínas de membrana das células afectadas, dando lugar a unha selectividade innovadora que mellora a actuación dos devanditos fármacos e axuda a reducir o número de efectos secundarios, o que podería supoñer unha ampliación das ferramentas con fins biomédicos. A pesar do gran interese e potencial deste novo campo, desenvolver novos modelos biolóxicos para estudar estas reaccións é prioritario. Neste traballo, estudáronse novos modelos biolóxicos para a optimización de reaccións bioortogonais in vivo e in vitro. En primeiro lugar, levouse a cabo o deseño dun novo buffer baseado en moléculas enerxéticas e sales citoplasmáticas, chamado Cell-free, que mimetiza a composición do citoplasma como ferramenta de estudo de reaccións bioortogonais in vitro. En paralelo, caracterizáronse liñas celulares nas que se podería empregar unha reacción bioortogonal que emprega o péptido RGD como transportador. Os resultados obtidos neste TFG son o primeiro paso para optimizar e desenvolver novas reaccións bioortogonais dirixidas a tipos celulares específicos. O deseño da especie fotocatalizadora e da reacción atópanse detallados no TFG de Química.

OROSA PUENTE, BEATRIZ (Titoría)
Mascareñas Cid, Jose Luis Cotitoría
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
OROSA PUENTE, BEATRIZ (Titoría)
Mascareñas Cid, Jose Luis Cotitoría
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ-MOLDES REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRIGUEZ-MOLDES REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Estudo do papel do ácido lisofosfatídico na evasión inmunolóxica do cáncer a través da simulación computacional.
Autoría
U.L.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
U.L.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
O cancro segue sendo unha das principais causas de mortalidade a nivel mundial, con impactos significativos na calidade de vida dos pacientes e nos sistemas de saúde. A evasión inmunolóxica das células tumorais representa un desafío crítico no desenvolvemento de terapias eficaces. Neste contexto, a presente investigación explora a hipótese de que o ácido lisofosfatídico contribúe á evasión inmunolóxica ao competir cos péptidos antimicrobianos. O principal obxectivo deste traballo foi estudar a interacción entre os péptidos antimicrobianos e diferentes membranas celulares modelo para comprender como o ácido lisofosfatídico pode afectar a estas interaccións. Para tal fin, executáronse simulacións de dinámica molecular utilizando CM15 como modelo de péptido antimicrobiano e membranas compostas por fosfatidilserina e ácido fosfatídico en diferentes estados de protonación (carga neta -1 e -2). Os principais resultados indican que os péptidos antimicrobianos teñen unha maior afinidade polos lípidos de ácido fosfatídico, especialmente cando este presenta unha maior carga negativa (a pH baixos, característicos de entornos cancerosos). Isto suxire que o ácido lisofosfatídico no microambiente tumoral pode competir efectivamente cos péptidos antimicrobianos, diminuíndo a súa eficacia. A análise estrutural da membrana tamén revelou unha baixa inserción dos péptidos durante o tempo de simulación, destacando que as condicións nas que se levaron a cabo as simulacións poden limitar a penetración dos péptidos. A importancia deste estudo radica en proporcionar novas evidencias sobre o papel do ácido lisofosfatídico na evasión inmunolóxica das células cancerosas. Estes achados poden guiar o deseño racional de novos péptidos antimicrobianos con mellores propiedades terapéuticas, contribuíndo ao desenvolvemento de estratexias máis eficaces na loita contra o cancro. Sen embargo, recoméndase realizar simulacións máis longas e réplicas adicionais para asegurar a robustez e reproducibilidade dos resultados obtidos.

Mobilidade e biodispoñibilidade de metais pesados en solos de mina: cambios inducidos tras a aplicación de fitotecnoloxías para a súa rehabilitación ambiental.
Autoría
L.D.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.D.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
A minaría é unha actividade antropoxénica que leva asociado un impacto no solo debido principalmente á acumulación de metais pesados que dificultan o desenvolvemento vexetal. O risco asociado a esta contaminación ven determinado pola especiación dos metais, directamente relacionada coa súa potencial mobilidade e biodispoñibilidade. Para mellorar as condicións do solo de mina aplícanse técnicas de recuperación, entre as que destacan as fitotecnoloxías, nas se empregan especies vexetais en combinación con emendas edáficas (p. ex. compost orgánico), que modifican a mobilidade e biodispoñibilidade dos metais no solo. Neste proxecto estudouse o posible efecto dos tratamentos de recuperación na mobilidade e biodispoñibilidade de metais nunha mina de Pb/Zn. Para isto, realizouse unha análise de fraccionamento de Fe, Mn, Zn, Pb e Cd, que permite avaliar as formas metálicas dominantes no solo e a súa mobilidade/biodispoñibilidade potencial. Os resultados permitiron relacionar os tratamentos coas variacións na mobilidade, destacando a redución na mobilidade e biodispoñibilidade de metais inducida pola adición de compost, e o efecto contrario (aumento de mobilidade) provocado polo establecemento e crecemento de especies forestais de ciclo curto.

Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Emprego de Fontinalis antipyretica Hedw. como biomonitor activo de nanopartículas de prata
Autoría
I.D.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.D.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo céntrase en avaliar a capacidade de adsorción de nanopartículas de prata por parte do briófito Fontinalis antipyretica Hedw. Co obxectivo de determinar a evolución da adsorción en función do tempo, propúxose un primeiro experimento no laboratorio que avalía a capacidade de adsorción empregando dúas suspensións de nanopartículas a diferentes niveis de concentración durante dez días de exposición. Unha vez obtidos os resultados e establecido o tempo necesario de exposición, lévase a cabo o experimento no río Sar. Seleccionándose catro puntos situados antes e despois de dúas depuradoras, co obxectivo de detectar e monitorizar a presenza de nanopartículas de prata no curso fluvial, ademais de avaliar o correcto funcionamento das correspondentes EDAR.

FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL Cotitoría
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Titoría)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL Cotitoría
Tribunal
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Caracterización de partículas plásticas presentes en niños, egagrópilas e plumas de Ciconia ciconia e análise de variables asociadas
Autoría
A.F.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
A.F.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
Os plásticos son materiais actualmente presentes en todos os medios, tanto no solo, coma na auga, aire e incluso dentro dos organismos. Os seus efectos na saúde dos ecosistemas está aínda por descubrir en detalle, especialmente as partículas de menor tamaño, denominadas microplásticos, as cales sábese que teñen a capacidade de bioacumularse no interior dos organismos. Neste traballo realizouse un estudo e caracterización de partículas plásticas atopadas en mostras de cegoñas, concretamente en niños (e nas súas proximidades) e egagrópilas. Para iso recolléronse as mostras e realizouse unha dixestión química das mesmas, co fin de illar os posibles microplásticos presentes, así como unha caracterización utilizando espectroscopía FTIR. Tras a identificación e clasificación de todas as partículas atopadas, chegouse á conclusión de que nos niños de cegoña hai unha cantidade significativa de partículas plásticas, mentres que nas egagrópilas non parece acumularse plásticos. Por outro lado, non parece haber unha relación entre a cantidade de partículas atopadas nos niños e a súa antigüidade, así como a súa proximidade a distintos focos de contaminación.

VARELA RIO, ZULEMA (Titoría)
LAZZARI , MASSIMO Cotitoría
VARELA RIO, ZULEMA (Titoría)
LAZZARI , MASSIMO Cotitoría
Tribunal
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Caracterización das turbeiras calcáreas de Galicia, hábitats de interese prioritario da Unión Europea: Parte A - Análise das súas propiedades edáficas
Autoría
R.V.S.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
R.V.S.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
Os hábitats de turbeira calcárea de Cladium mariscus e Carex davalliana (7210) foron recoñecidos como prioritarios e son esenciais na loita contra o cambio climático. Por iso mesmo, unha correcta caracterización é primordial, polo que se levou a cabo a súa caracterización en tres localidades de Galicia (Begonte, Pantín e Eo). As turbeiras calcáreas están definidas por un contido en carbono orgánico superior ao 15% en espesores maiores a 30 cm en condicións de hidromorfía. Neste traballo analizáronse as propiedades fisicoquímicas e os contidos totais dos elementos presentes nestes solos, o análise da concentración destes elementos realizouse mediante unha análise por fluorescencia de raios X (XFR). Os resultados obtidos reflicten distribucións e patróns entre as propiedades e os elementos. Observouse unha correlación positiva entre o valor do pH (determinante para a clasificación das turbeiras) e elementos como o calcio ou o magnesio. Ademais, mostráronse diferenzas significativas entre as tres localidades. Tras analizar e ter en conta a clasificación existente para a determinación de turbeiras, púdose concluír que unicamente podería clasificarse como hábitat 7210 á presente na localidade de Pantín.

GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO Cotitoría
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Titoría)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO Cotitoría
Tribunal
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Xenoma sintético de Saccharomyces cerevisiae
Autoría
A.S.F.
Grao en Bioloxía
A.S.F.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A bioloxía sintética, orixinada a finais do século XX, avanzou significativamente, especialmente a xenómica sintética, que se encarga da creación de xenomas artificiais. Este traballo centrase no proxecto Sc2.0, cuxo obxectivo é a creación do primeiro xenoma sintético completo de un eucariota, Saccharomyces cerevisiae. Iniciado en 2007, ten como obxectivos alcanzar un fenotipo similar ao salvaxe e realizar diversas modificacións do xenoma que poderán ser usadas para o avance da investigación. Actualmente completouse o deseño de 16 cromosomas e un neocromosoma, sendo ensamblados in vivo todos eles en liñaxes independentes, e foi consolidado máis do 50% do ADN sintético nunha sola liña celular con 7.5 cromosomas artificiais. Entre as innovacións descritas destaca o sistema SwAP-In para a integración secuencial do ADN sintético, as marcas de auga xenéticas PCRTags e o sistema SCRaMbLE, que permite a indución de alteracións xenómicas permitindo realizar experimentos de evolución dirixida, moi prometedor para a investigación en bioloxía e xenómica sintética. Estes avances prometen aplicacións numerosas tanto en biotecnoloxía como en industria e investigación, ofertando novas ferramentas para a compresión, creación e manipulación de xenomas eucariotas.

GARCIA SUAREZ, CARLOS (Titoría)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
A ruta de sinalización da dopamina no coñecemento e tratamento do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH)
Autoría
X.V.P.
Grao en Bioloxía
X.V.P.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
O trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) é unha condición neurolóxica que constitúe un desorde do neurodesenvolvemento. Aínda que se trate dunha condición que comúnmente é máis visible en nenos e adolescentes, o TDAH preséntase tamén na poboación adulta. A ampla variación fenotípica coa que se presenta este trastorno ao longo da poboación, a comorbilidade con outras afeccións psiquiátricas e a falta de criterios diagnósticos obxectivos sumado ao seu carácter multifactorial supón un reto á hora de realizar un diagnóstico inequívoco nos pacientes. Por outra banda, existen evidencias de cales son as rexións cerebrais danadas, sábese que cobra especial importancia neste caso o córtex prefrontal. Isto, que supón unha aproximación á comprensión desta condición e que acouta a busca para escoller tratamentos efectivos que se dirixan aos mecanismos moleculares implicados nestas rexións, é o que se expoñerá no presente traballo. Aínda que os tratamentos existentes para o TDAH son efectivos, non sempre dan resultados en todos os individuos. As dianas terapéuticas máis utilizadas para ditos tratamentos forman parte da ruta de sinalización de neurotransmisores como a dopamina e a noradrenalina, desta primeira molécula falaremos a continuación co obxectivo de facer unha revisión bibliográfica enfocada a coñecer o aprendido da relación de dito neurotransmisor no trastorno por déficit de atención e hiperactividade.

BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Titoría)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
González Blanco, Miguel (Secretario/a)
PEREZ COMUÑAS, MARIA JOSE (Vogal)
Caracterización de células progenitoras na retina postdata de Scyliorhinus canicula
Autoría
A.C.C.
Grao en Bioloxía
A.C.C.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
A pesar da gran cantidade de información que hai sobre a neuroxénese, o desenvolvemento da retina de melgacho e acerca da presenza de células proliferativas tanto na retina central, como na CMZ; non se coñece a proxenie derivada destas células proxenitoras. Neste estudo, empleamos a marcaxe con 5-etinil-2´-desoxiuridina (EdU; un análogo de timidina que é captado polas células en proliferación durante a fase S do ciclo celular e se incorpora no seu ADN, permitindo a identificación de células diferenciadas despois do tratamento) en combinación ca detección inmunohistoquímica de marcadores de células proliferativas (PCNA), gliais (GS) e neuronas (HuC/D, rodopsina) para caracterizar o potencial neuroxénico das células proxenitoras presentes na retina xuvenil do melgacho. A inxección de EdU seguida de dous periodos de seguemento de distinta duración (3 e 14 días) permitiu observar a xeneración postnatal de novos bastóns (rodopsina-positivos), glía de Müller (células GS-positivas) e células amacrinas e/ou ganglionares (HuC/D-positivas). Aínda que son necesarios máis estudos, estos resultados mostran que as células proxenitoras que persisten na retina postnatal do melgacho xeneran activamente distintos tipos de células neuronales e gliais, dun modo semellante ao descrito noutros vertebrados.

GOMEZ MARQUEZ, JAIME JOSE (Presidente/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Secretario/a)
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Vogal)

Modificación do lipopolisacárido (LPS) como mecanismo de resistencia a antimicrobianos en Pseudomonas aeruginosa
Autoría
P.F.R.
Grao en Bioloxía
P.F.R.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Pseudomonas aeruginosa é unha bacteria Gram- negativa que actúa principalmente como patóxeno oportunista en individuos inmunocomprometidos. É unha das bacterias máis virulentas dentro do grupo ESKAPE e é capaz de provocar diversas patoloxíias relacionadas cos pulmóns, as vías respiratorias, as vías urinarias, ou as infeccións xeneralizadas (sepsis) entre outras. Uns dos principais problemas asociados a P. aeruginosa é a súa gran capacidade de adaptación ós distintos ambientes dentro do hospedador (de ahí a súa diversidade patolóxica) e a súa resistencia á maioría de antibióticos convencionais. Sábese que certas modificacións na estructura do LPS bacteriano interveñen na resistencia deste microorganismo a os distintos antibióticos, entre eles, as polimixinas. Co fin de coñecer cales son ditas modificacións e cómo actúan no proceso de resistencia a polimixinas, levouse a cabo unha búsqueda bibliográfica de información en PubMed e Scopus. O uso de palabras clave axudou na recopilación de resultados que suxiren que a adición de residuos con aminas ou de cadeas acilo afectan na interacción das polimixinas cas bacterias. Actualmente, estanse investigando distintas estratexias que melloren a actividade das polimixinas para facer fronte a este patóxeno resistente.

LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
Tribunal
GOMEZ MARQUEZ, JAIME JOSE (Presidente/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Secretario/a)
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Vogal)
GOMEZ MARQUEZ, JAIME JOSE (Presidente/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Secretario/a)
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Vogal)
Variabilidade xenética humana e a súa relación con enfermidades mentais.
Autoría
M.V.O.G.
Grao en Bioloxía
M.V.O.G.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Nos últimos anos, o foco mediático estivo especialmente sensíbel a cuestións relacionadas coa saúde mental. A prevalencia de trastornos do neurodesenvolvemento (Trastorno do espectro autista (TEA); esquizofrenia (EZ), trastorno do déficit de atención e/ou hiperactividade (TDHA), trastorno do aprendizaxe, intelectual, motor, do fala e a linguaxe), ou, trastornos relacionados có estrés (trastorno obsesivo compulsivo, ansiedade, trastorno depresivo maior, somatización, de pánico...), levou a unha preocupación global. O propósito deste traballo é explorar a variación xenética humana e a súa relación con enfermidades mentais. Neste estudio centrarémonos en comprender as razóns da existencia de patoloxías dende un punto de vista integral, examinando factores evolutivos e fisiolóxicos, ademais da interacción do entorno a través da regulación epixenética mediante impulsores como o estrés. Desta forma, exploraremos o contexto histórico no que ocorreron os grandes eventos na evolución do Homo sapiens, especialmente relacionadas có desenvolvemento cerebral. Analizaremos como a variabilidade ambiental interaccionou có xenoma, permitindo ao liñaxe Homo desenvolver estratexias de supervivencia baseadas na flexibilidade cognitiva, ecolóxica e unha forte dependencia do grupo e entorno social. Por último, intentaremos responder a como ditas estratexias evolutivas poden xerar vulnerabilidades xenómicas que predispoñen ao desenvolvemento de patoloxías e trastornos neuropsiquiátricos na actualidade

RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Titoría)
RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
GOMEZ MARQUEZ, JAIME JOSE (Presidente/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Secretario/a)
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Vogal)
GOMEZ MARQUEZ, JAIME JOSE (Presidente/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Secretario/a)
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Vogal)
Bacterias: mecanismos de resistencia a antibióticos
Autoría
R.P.B.
Grao en Bioloxía
R.P.B.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
En este trabajo se realizará una revisión bibliográfica sobre los principales mecanismos de resistencia empleados por las bacterias para generar resistencias a antibióticos. Se expondrán brevemente los problemas sanitarios, económicos y sociales causados por el desarrollo de mecanismos de resistencia frente a estos. El trabajo comentará los dos principales tipos de resistencias que emplean las bacterias, la intrínseca y la adquirida. Después, se clasificarán los mecanismos empleados por las bacterias para conseguir estas resistencias en 5 grupos distintos dependiendo de su lugar de acción. Adicionalmente, se expondrán los principales grupos de antibióticos (aminoglucósidos, b-lactamidos, tetraciclinas, sulfonamidas, quinolonas, macrólidos, glucopéptidos, afenicoles y polimixinas) y se describirán los principales mecanismos de resistencia exhibidos por los microorganismos para resistir sus efectos. Finalmente, se explicarán algunas de las alternativas en desarrollo para sortear estas resistencias como son el uso de fármacos complementarios o el desarrollo de nuevos tipos de antibióticos

LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Titoría)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
GOMEZ MARQUEZ, JAIME JOSE (Presidente/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Secretario/a)
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Vogal)
GOMEZ MARQUEZ, JAIME JOSE (Presidente/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Secretario/a)
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Vogal)
Base xenética das enfermidades humanas comúns
Autoría
A.P.R.
Grao en Bioloxía
A.P.R.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
A contribución da xenética, en conxunción co ambiente, as enfermidades humanas comúns é unha área de estudo en constante evolución marcada polo rápido desenvolvemento de tecnoloxías de secuenciación e edición xenética. Realizando unha revisión bibliográfica, neste traballo exploráronse os diversos achados neste campo resaltando os avances na identificación de variantes xenéticas asociadas a estas enfermidades así coma os desafíos na validación funcional destas e na exploración do crebacabezas da herdabilidade destas enfermidades complexas. Explícanse tamén as técnicas de vangarda utilizadas no análise xenético destas enfermidades. A discusión céntrase nos avances na medicina personalizada permitidos pola dispoñibilidade actual dos GWAS e polo desenvolvemento de novas terapias de precisión. Indícanse os posibles avances a corto-medio prazo en diferentes ámbitos destacando o desenvolvemento das técnicas de secuenciación do xenoma completo (WGS) e de novos fármacos grazas ao descubrimento de novas dianas terapéuticas. Trátanse os diversos obstáculos a superar na actualidade, destacando a falta de validación dos numerosos GWAS que se están levando a cabo así coma a herdabilidade non explicada por estes estudos. Descríbense diversas técnicas en desenvolvemento utilizadas para arranxar estas problemáticas coma a secuenciación do xenoma completo ou a aplicación das novas tecnoloxías de long reads. Conclúese coa importancia da inversión nesta área da xenética para permitir unha ulterior mellora na saúde e benestar humanos.

Revisión bibliográfica e metaanálise da contaminación por mercurio nos compartimentos dos ecosistemas a escala global
Autoría
P.C.T.
Grao en Bioloxía
P.C.T.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O mercurio (Hg) é un metal pesado amplamente distribuído no planeta e nos distintos compartimentos dos ecosistemas, como a hidrosfera, a atmósfera, a pedosfera e a biosfera. As actividades humanas provocaron o aumento da concentración de Hg nos ecosistemas, o que pode repercutir negativamente neles e na saúde ambiental dada a súa coñecida toxicidade para os organismos vivos. Por isto, é importante entender como a concentración de mercurio varía tanto entre distintos compartimentos dos ecosistemas terrestres onde se acumula, como son o solo e a biosfera, como a variación xeográfica destas concentracións. Para isto, primeiro realicei unha revisión bibliográfica e, a continuación, un metaanálise (68 artigos seleccionados), analizando a variación xeográfica das concentracións de Hg a escala global e entre compartimentos (pedosfera e biosfera). Os resultados revelan que as concentracións de Hg varían entre compartimentos, habendo unha maior acumulación de Hg na pedosfera que na biosfera. As concentracións de Hg aumentan coa latitude (cara ao norte) e diminúen coa lonxitude (cara ao leste), independentemente do compartimento analizado. Con todo, a acumulación de Hg aumenta nos solos localizados a latitudes máis altas. Estes resultados melloran o noso coñecemento da distribución do Hg nos ecosistemas terrestres, o que sería o primeiro paso para previr ou minimizar os efectos nocivos que este metal pesado produce nos ecosistemas e nos seres vivos.

MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Titoría)
SOBRAL BERNAL, Mº MAR Cotitoría
Losada Cuquejo, María Cotitoría
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Titoría)
SOBRAL BERNAL, Mº MAR Cotitoría
Losada Cuquejo, María Cotitoría
Tribunal
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN (Presidente/a)
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Secretario/a)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN (Presidente/a)
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Secretario/a)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Hidroxeles transportadores de antibióticos
Autoría
N.R.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
N.R.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O estudo dos xeles emerxiu como un campo fascinante na química dado que estes materiais destacan pola súa flexibilidade, illamento térmico, baixa densidade e alta superficie específica, cualidades que os fan atractivos para múltiples aplicacións que van desde a cociña ata as misións espaciais. No contexto da biomedicina, a súa capacidade para reter outras substancias, a súa biocompatibilidade e a súa biodegradabilidade están transformando a forma en que se desenvolven e administran medicamentos, permitindo unha liberación controlada e regulada. Este Traballo de Fin de Grao enfócase na síntese e avaliación de catro axentes xelantes orgánicos de baixo peso molecular (LMWOGs), derivados de ácidos 2-aminociclohexanocarboxílicos. Investígase a súa síntese, a súa capacidade para formar xeles en diferentes disolventes e o seu potencial como sistemas liberadores de fármacos, especialmente para aplicacións en biomedicina, onde problemas como a resistencia aos antibióticos formula desafíos significativos. Os resultados preliminares suxiren que estes LMWOGs poderían ser prometedores para a administración local prolongada de fármacos antimicrobianos, aproveitando as propiedades únicas dos xeles para satisfacer as demandas clínicas actuais.

ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Titoría)
ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Fotocatálise con luz visible en medios biolóxicos. Parte A
Autoría
M.G.A.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.G.A.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Nos últimos anos, a Química Bioortogonal adquiriu importante relevancia no campo da medicina. Os estudos recentes amosan a posibilidade de levar a cabo transformacións químicas con metais de transición en medios biolóxicos e no interior de células vivas sen interferir coas biomoléculas presentes, permitindo a manipulación selectiva dos procesos biolóxicos. Por iso, os avances relacionados co descubrimento de novos procesos bioortogonais cobran importante relevancia en campos de estudo como a química biolóxica ou a biomedicina, permitindo o desenvolvemento de novos tratamentos baseados en fármacos selectivos. Neste traballo, propóñese a adaptación dunha reacción traballada anteriormente polo grupo de investigación do profesor J.L. Mascareñas co obxectivo de transformala en selectiva para liñas celulares canceríxenas con sobreexpresión de proteínas de membrana integrinas. Paralelamente, como parte do TFG homólogo de Bioloxía, caracterízanse os niveis de integrinas de diferentes liñas celulares. Por outra banda, obxectívase o estudo dunha reacción en tándem, que combina unha reacción fotoquímica cunha transformación baseada en fotocatálise metálica, permitindo o desenvolvemento de novos procesos coordinados no interior celular. Preséntase o deseño e síntese dun novo catalizador de rutenio, que conta cun motivo RGD, que lle dota de propiedades selectivas para células. Tamén se detalla a síntese dunha sonda fluorescente, que contén as posicións reactivas que permiten a reactividade mencionada, para a monitorización do proceso en tándem en cuestión.

Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)

Affidendrons: Recoñecemento Multivalente para Diagnóstico Avanzado
Autoría
N.M.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
N.M.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os axentes de diagnóstico por imaxe que incorporan proteínas de recoñecemento como affitinas ou affibodies facilitan a detección temperá de enfermidades. Se ben estas biomoléculas destacan por un menor tamaño, maior solubilidade e facilidade de produción a gran escala fronte aos anticorpos, presentan un hándicap bastante importante: unha menor afinidade polas súas dianas. Para solventar esta problemática, o noso grupo de investigación describiu recentemente os “affidendrons”, bioconxugados de affitinas e dendrímeros que aumentan exponencialmente a afinidade das proteínas polas súas dianas ao dispoñerse sobre a superficie multivalente do dendrímero, facéndoas desta maneira competitivas fronte aos anticorpos. Non obstante, a imposibilidade de controlar o número de affitinas de unión ao dendrímero limita o desenvolvemento desta tecnoloxía. En consecuencia, o presente proxecto, enmarcado nun macroproxecto que ten como finalidade a síntese estratéxica de affidendrons, aborda a síntese dun dendrímero biocompatible de brazos longos, etiquetable, estable e cun número limitado de posicións de unión para as affitinas. A síntese do dendrímero realízase mediante química “click” verde, sendo as reaccións utilizadas cicloadicións azida-alquino en ausencia de catálise metálica e o procedemento de síntese dendrimérica diverxente.

FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Titoría)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Estudo de metabolismo in-vitro de substancias relacionadas coa produción do caucho. Parte A
Autoría
B.A.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
B.A.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O antidegradante de pneumáticos N-(1,3-dimetilbutil)-N'-fenil-p-fenilendiamina (6PPD) e o seu produto de oxidación N-(1,3-dimetilbutil)-N'-fenil-p-fenilendiamina-quinona (6PPDQ) xeran unha gran preocupación, xa que están presentes na inmensa maioría de matrices ambientais e foron recentemente detectados en mostras humanas. Se ben a letalidade da 6PPDQ se ten demostrado no salmón coho, pouco se sabe sobre o efecto destes compostos na saúde humana. O nivel de exposición e o seu potencial risco poden avaliarse mediante biomonitoraxe humana, coa urina como unha matriz axeitada. Isto require coñecemento previo sobre os compostos que son excretados tras a exposición a 6PPD e 6PPDQ. Neste estudo, realízanse experimentos de metabolismo in-vitro de Fase I e Fase II para identificar os seus metabolitos. Empréganse microsomas hepáticos humanos para as reaccións de Fase I e glucuronidación, usando o coencima correspondente. Utilízanse fraccións citosólicas hepáticas humanas nos experimentos de sulfatación. Obtéñense metabolitos potenciais de ambas substancias a analízanse, grazas a listas de sospeitosos creadas previamente, a través de screening mediante cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas en tándem (LC-MS/MS). Aplícanse tanto ionización positiva coma negativa no modo de adquisición dependente de datos. A interpretación dos espectros MS/MS destas substancias permite a elucidación de sete compostos derivados de 6PPD e catro metabolitos de 6PPDQ. A análise complétase co estudo das súas tendencias de incubación. Propóñense rutas de biotransformación dende os seus compostos de partida en ambos casos. Os metabolitos xerados poderían ser biomarcadores aptos para futuros estudos de biomonitoraxe humana.

RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA Cotitoría

ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Estudo de microplásticos modelo
Autoría
A.F.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
A.F.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os plásticos son considerados un dos maiores contaminantes actuais, debido á súa ampla distribución e durabilidade. Concretamente, o efecto dos microplásticos, así como o seu comportamento, é un campo de estudo moi recente, polo que a súa investigación é enormemente necesaria. Neste traballo realizouse unha caracterización dos mesmos, así como un estudo de fotoenvellecemento acelerado, co fin de simular o seu proceso de degradación no medio ambiente e estudar o seu mecanismo. Para facer o seguimento desta degradación utilizáronse distintos métodos de identificación tradicionais, como a espectrometría FTIR ou a calorimetría diferencial de barrido. Tras a análise de resultados, propúxose un mecanismo de oxidación para as principais unidades funcionais de cada polímero estudado. Para acabar, chegouse á conclusión de que o PS é máis resistente á foto-oxidación ca o ABS e o SBC. Ademais, a menor tamaño de partícula, a radiación parece ter un menor efecto degradativo.

LAZZARI , MASSIMO (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
LAZZARI , MASSIMO (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Estudo do efecto da exposición a nanopartículas de TiO2 no contido elemental de algas mariñas
Autoría
L.R.N.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.R.N.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O aumento na produción de nanopartículas de dióxido de titanio (nTiO2) conleva un incremento da súa concentración na natureza. Múltiples estudos demostraron que a presenza de nTiO2 afecta ós seres vivos, pero seguen existindo grandes lagoas no coñecemento. Neste traballo estudiouse o efecto de nTiO2 de 5nm no contido elemental de algas verdes (Ulva sp.) mediante análise multielemental empregando ICP-MS. Mediouse o contido elemental en mostras de Ulva sp. expostas a diferentes concentracións de nTiO2 (0, 0,1 e 1 mg/L) durante 0, 7, 14, 21 e 28 días de exposición. Os elementos medidos (As, Cd, Ce, Co, Cr, Cu, Mo, Ni, Pb, Rb, Sb, Se, V e Zn) foron elixidos por ser os que presentaban maior variación na análise semicuantitativa preliminar realizado tamén en ICP-MS. Demostrouse que o aumento da concentración de titanio provocaba un incremento no contido elemental de As, Cd, Ce, Co, Cr, Cu, Mo, Ni, Rb e V en Ulva sp. A altas concentracións de nTiO2, o tempo de exposición mostrou efectos distintos en función do elemento analizado. Co, Cu e Mo aumentaron a súa concentración co tempo de exposición, mentres que As, Cd e Ce sufriron unha diminución. Rb e V non sufriron variación. Polo tanto, conclúese que a presenza de nTiO2 afecta ó contido metálico de Ulva sp.

PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA (Titoría)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN Cotitoría
PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA (Titoría)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN Cotitoría
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
A importancia das membranas celulares na loita contra as infeccións: Unha visión a través da química computacional
Autoría
U.L.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
U.L.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os péptidos antimicrobianos (AMPs) poden dirixirse especificamente a certas membranas en función da composición lipídica, motivo polo que se consideran potenciais alternativas dos axentes antimicrobianos actuais. As simulacións computacionais de Dinámica Molecular (MD) poden ser útiles para obter unha visión máis detallada do mecanismo de acción dos AMPs sobre as membranas e facilitar o seu deseño. Neste traballo, leváronse a cabo simulacións MD de CM15 -AMP catiónico- en disolución acuosa e en membranas modelo de mamífero e de bacteria. Para comprobar a reproducibilidade das simulacións, realizáronse 50 réplicas de cada tipo de sistema. A análise revelou unha boa reproducibilidade de CM15 en disolución acuosa, que se agrega debido a súa natureza anfipática. O agregado formado contacta inicialmente coas cabezas polares de ambos tipos de membrana a través dos seus residuos cargados positivamente. A continuación, expóñense os residuos hidrofóbicos cara as colas lipídicas da membrana, diminuíndo a estabilidade do agregado e dando lugar a súa segregación en dúas posibles conformacións finais: (i) clústeres de dous péptidos dispostos antiparalelamente ou (ii) péptidos individuais. Os resultados suxiren que as tendencias observadas non son artefactos aleatorios, senón características inherentes ao comportamento dos péptidos en presenza das membranas. Estes achados subliñan a importancia de realizar múltiples réplicas en estudos de MD para garantir a validez dos resultados e permitir o deseño de novos AMPs con mellorada selectividade.

Suárez Lestón, Fabián Cotitoría
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Titoría)
Suárez Lestón, Fabián Cotitoría
Tribunal
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)

Vectores dendríticos para terapia génica: relación estructura-actividad. PARTE B
Autoría
N.M.P.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
N.M.P.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
La terapia génica representa una esperanza revolucionaria para el tratamiento de numerosas enfermedades. A pesar de los grandes avances en el desarrollo de vectores virales, su elevado costo de producción y los severos efectos adversos asociados han impulsado la búsqueda de alternativas no virales. En este contexto, los vehículos poliméricos aparecen como una opción prometedora para superar estas limitaciones. Sin embargo, los sistemas poliméricos se enfrentan a otros desafíos, destacando la captura endosomal. En este trabajo, se explora la funcionalización de sistemas dendríticos para enfrentar esta problemática. La combinación entre las propiedades de los dendrímeros con la química de los ácidos borónicos permite la funcionalización específica de los estos sistemas mediante variaciones en las subunidades que se unen de forma reversible a los ácidos borónicos. En el presente trabajo, el foco está en la búsqueda de vectores que logren el escape endosomal. De esta manera, se estudió el efecto de distintas subunidades moleculares en la eficacia del sistema, esperando que pudieran servir como potenciadores del escape endosomal y, por tanto, de la expresión génica. La síntesis de las subunidades, funcionalizadas con grupos catecol, se llevó a cabo siguiendo dos estrategias sintéticas, en función de la naturaleza del producto final. Tras su obtención y caracterización, se ensamblaron en el sistema diseñado previamente por el grupo, mediante la unión por enlaces boronato sensibles a pH, y se evaluó su capacidad de tra nsfección in vitro. Los resultados alcanzados no fueron satisfactorios, por lo que se requerirán estudios posteriores para poder optimizar el sistema.

Desentrañando o papel de p107 hepático no metabolismo lipídico e estrés do RE nun modelo de rato con esteatose inducida por dieta.
Autoría
L.O.V.
Grao en Biotecnoloxía
L.O.V.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A enfermidade do fígado graxo asociada ao metabolismo (MAFLD) e a súa evolución a estados máis graves como esteatohepatite asociada ao metabolismo (MASH), son trastornos hepáticos cunha gran prevalencia na poboación occidental actual, manifestándose coma obesidade, aumento da presión arterial e resistencia á insulina, conformando a síndrome metabólica. A proteína p107 pertence á familia das 'pocket proteins' xunto con Rb (retinoblastoma) e p130; está implicada ademais de na regulación do ciclo celular, no metabolismo enerxético e na diferenciación adipocitaria. Resultados previos do equipo demostran que a deficiencia de p107 global e específica de fígado en ratos sometidos a dieta alta en graxa (HFD), diminúe o peso corporal e a cantidade de tecido adiposo branco (WAT). Ademais, prevén a acumulación lipídica en fígado de ratos, impedindo ou atrasando o avance da enfermidade hepática a estados severos, pola mellora do metabolismo hepático. Por todo isto, o obxectivo deste traballo de fin de grao é investigar as accións de p107 na progresión de MAFLD a MASH e fibrose. Concretamente baséase en cómo a recuperación de p107 en fígado de ratos p107 knockout (KO) globais, afecta ao desenvolvemento de MAFLD en modelo de rato con esteatose. Os resultados obtidos confirman a participación de p107 na aparición e progresión a MAFLD xa que, o seu rescate incrementa a lipoxénese de novo e estrés do RE, e diminúe a beta-oxidación.

TOVAR CARRO, SULAY A. (Titoría)
TOVAR CARRO, SULAY A. (Titoría)
Tribunal
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Vogal)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Secretario/a)
COSTOYA PUENTE, JOSE ANTONIO (Vogal)
Estratexias de modulación da neuroxénese adulta e terapia celular para o tratamento da enfermidade de Parkinson
Autoría
R.C.R.
Grao en Biotecnoloxía
R.C.R.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
A neuroxénese é o proceso de xeración de novas neuronas no cerebro adulto, sustentado pola existencia de células nai neurais -NSCs- en localizacións específicas. Este proceso é clave para a plasticidade cerebral, memoria e saúde mental, e pódese ver afectado en procesos neurodexenerativos como a enfermidade de Parkinson -EP-. De feito, parte dos síntomas asociados con esta patoloxía están relacionados cunha redución na neuroxénese e a morte das neuronas dopaminérxicas da substancia negra. A día de hoxe non existen tratamentos que deteñan o curso da enfermidade, polo que resulta imprescindible a busca de alternativas terapéuticas neurorreparadoras. Neste traballo propuxémonos realizar un estudo sobre as estratexias actuais baseadas na estimulación da neuroxénese así como avaliar o uso de NSCs e outros tipos de células nai como fonte de tecido para terapia celular como opcións terapéuticas para a EP, así como identificar os desafíos futuros. Os nosos resultados mostran que as terapias que modulan a neuroxénese, como a administración de factores de crecemento para a súa estimulación ou a mobilización de proxenitores neurais cara a áreas danadas, poden frear o declive na neuroxénese ou compensar a perda de neuronas dopaminérxicas en modelos animais de EP, mellorando síntomas motores e cognitivos. Por outra banda, o transplante de células nai para a reposición das neuronas danadas ou perdidas mostra resultados positivos en modelos animais de EP, aínda que enfronta desafíos relacionados coa orixe da fonte celular, a resposta inmunolóxica e o risco de formación de tumores pendentes de solucionar. Estratexias como encapsulación celular ou a modificación xenética das células poderían mitigar estes riscos. En conclusión, as terapias baseadas na estimulación da neuroxénese e o transplante de células nai son estratexias prometedoras para tratar a EP, pero requiren superar desafíos para a súa aplicación clínica efectiva. A combinación con outros tratamentos e a colaboración interdisciplinaria son cruciais neste ámbito para mellorar a calidade de vida dos pacientes.

PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Titoría)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE Cotitoría
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Titoría)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE Cotitoría
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)

Caracterización das quinasas PAK como potenciais dianas senolíticas
Autoría
S.G.S.
Grao en Biotecnoloxía
S.G.S.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
A senescencia celular é un estado de detención estable do ciclo celular. As células senescentes tenden acumularse co tempo e propiciar un estado inflamatorio implicado en alteracións asociadas á idade. Recentemente, cobrou interese a senoterapia, que consiste en aproveitar as características e vulnerabilidade das células senescentes para, eliminando ou modificando estas células, tratar multitude de enfermidade. Os senolíticos son compostos que matan selectivamente ás células senescentes. No laboratorio, identificouse un composto, G-5555, con potencial actividade senolítica. O seu potencial mecanismo de acción é a inhibición da familia de serina/treonina quinasas PAK, as cales están involucradas no envellecemento e a senescencia, e cuxo silenciamiento relacionouse cun aumento da esperanza de vida en modelos animais. Neste traballo, estudouse a actividade do composto G-5555 e o efecto do silenciamiento da expresión dos xenes PAK1 y PAK2 mediante ARN de interferencia. Realizáronse estudos de citotoxicidade in vitro con células A549 proliferativas e senescentes. Os resultados evidenciaron que o composto G-5555 non presentaba actividade senolítica a baixas concentracións, mentres que a altas concentracións mataba a ambos tipos celulares, polo que non é específico do estado senescente. A xeración por separado de dúas líneas celulares cos xenes PAK1 y PAK2 silenciados realizouse mediante transducción lentiviral; o silenciamiento analizouse con PCR cuantitativa e western blot. A inducción de senescencia nestas líneas celulares non resultou en morte celular xeneralizada. Tampouco se observaron diferenzas notables entre as células proliferativas e senescentes e os sus correspondentes controis sen silenciamiento nos ensaios de tinción con X-gal ou nos ensaios de clonoxenicidade, ainda que detectouse unha diminución significativa da expresión dun marcador do fenotipo secretor característico da senescencia. Conclúese que o composto G-5555 ou o silenciamiento xenético das quinasas PAK1 e PAK2, nas condicións experimentais empregadas neste traballo, non parecen ter o efecto senolítico esperado.

Collado Rodríguez, Manuel Cotitoría
DA SILVA ALVAREZ, SABELA Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Collado Rodríguez, Manuel Cotitoría
DA SILVA ALVAREZ, SABELA Cotitoría
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
Alternativas dos productos cárnicos
Autoría
D.V.M.Z.
Grao en Biotecnoloxía
D.V.M.Z.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
As preocupacións ambientais xeradas pola intensificación da gandería crearon na poboación unha demanda de alternativas cárnicas. A proteína obtida do fungo filamentoso Fusarium venenatum é a principal candidata entre as proteínas unicelulares. Este traballo bibliográfico realiza unha revisión sistemática da literatura actual sobre a micoproteína apta para consumo humano co obxectivo de presentar os valores nutricionais e impacto na saúde do seu consumo e analizar a viabilidade ambiental e económica da produción. No presente traballo exponse á micoproteína como un complemento nutricional ideal nunha dieta básica debido ao seu alto contido en proteína e fibra, ademais dos múltiples beneficios á saúde que se lle atribúen. Tamén, a produción a gran escala de micoproteína posúe unha menor pegada ambiental en comparación ás fontes convencionais de proteínas coa posibilidade de substituír fontes de carbono provenientes de refugallos agroindustriais. Por último, exponse a viabilidade e comparación económica respecto a as proteínas cárnicas existentes. A micoproteína é un excelente substituto cárnico polos seus valores nutricionais e textura deseñada pero non posúe un prezo competitivo que o faga accesible a toda a poboación.

DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Titoría)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
Entendendo o impacto da función mitocondrial na formación de esferoides de adenocarcinoma de pulmón. Un modelo 3D de medicina personalizada
Autoría
S.S.C.
Grao en Biotecnoloxía
S.S.C.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
O metabolismo mitocondrial é impulsor do cancro. As súas funcións organízanse en dous xenomas: nuclear e mitocondrial (mtDNA). O mtDNA é propenso a sufrir mutacións somáticas asociadas con diversos prognósticos, pero descoñécese se estas actúan como condutoras ou teñen un impacto funcional. O mtDNA evolucionou acumulando modificacións adaptativas, creando grupos filoxenéticos poboacionais chamados “haplogrupos mitocondriais”. Os diversos fondos de mtDNA relaciónanse con diferentes riscos de sufrir varios tipos de cancro, pero os mecanismos moleculares subxacentes ao seu efecto na oncoxénese aínda se descoñecen. Para analizar como regulan a formación de tumores, modulamos (en diferentes condicións metabólicas); crecemento, viabilidade, compactación celular e número de células nun modelo 3D de esferoides de adenocarcinoma de pulmón con diferentes haplogrupos de mtDNA, así como a frecuente mutación heteroplásmica m.3243A-G. Observamos que as variantes no mtDNA afectan ao crecemento 3D e compactación dependendo do fondo mitocondrial, independentemente do número de células e viabilidade. Do mesmo xeito, dada a importancia da mitocondria na resposta a hipoxia (1% O2) característica do microambiente tumoral, estudamos o impacto da mesma na formación de esferoides. Percibimos unha compactación de esferoides en hipoxia dependente das variantes de mtDNA. Tamén observamos o impacto dos niveis de heteroplasmia de m.3243A-G na formación de esferoides, modulándoa a través da activación da autofaxia con inhibidores do complexo 1 da diana mecánica da rapamicina e analizándoa mediante extracción, amplificación e secuenciación de ADN. Atisbamos unha modesta redución en niveis de heteroplasmia, que foi suficiente para modificar a morfoloxía do esferoide. En conxunto, este estudo pon de manifesto unha relevancia crucial das variantes de mtDNA na formación de esferoides tumorais, sendo este modelo 3D unha ferramenta útil no seu estudo.

DE JESUS SEN, CRISTINA Cotitoría
GOMEZ DURAN, AURORA (Titoría)
DE JESUS SEN, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
Identificación de dominios funcionais nunha helicasa de reparación do ADN en eucariotas.
Autoría
M.B.V.O.
Grao en Biotecnoloxía
M.B.V.O.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
A estabilidade xenómica é fundamental para a viabilidade celular e o desenvolvemento normal dos organismos, xa que defectos nas vías de reparación do ADN están implicados na aparición de múltiples trastornos e enfermidades. Describiuse que as helicasas da familia PIF1, moi conservadas evolutivamente, contribúen ao mantemento da integridade xenómica tanto a nivel nuclear coma mitocondrial en múltiples organismos. A pesar de que os mamíferos codifican para unha única helicasa desta familia, o lévedo Saccharomyces cerevisiae expresa dous: ScPif1 e Rrm3. O mecanismo polo que esta última se despraza ao núcleo, lugar onde realiza as súas funcións, non está totalmente claro. Resultados e investigacións preliminares do laboratorio suxeriron a existencia dunha sinal de localización nuclear no extremo N-terminal de Rrm3. Para testar esta hipótese, construíronse varios vectores integrativos con dúas versións do xene fusionadas a eGFP e baixo o control dun promotor inducible por galactosa: unha silvestre e outra truncada, carente dos aminoácidos 3-230. Estos vectores usáronse para transformar cepas de S. cerevisiae co xene RRM3 silvestre eliminado, para poder observar a ubicación da helicasa Rrm3 mediante microscopía de fluorescencia. Tras inducir os xenes, visualizáronse as células transformadas in vivo e observouse que as que contiñan a versión completa de RRM3 localizábanse no núcleo; sen embargo, as que contiñan a versión truncada, permanecían no citoplasma. Os resultados obtidos neste traballo apuntan á existencia dunha sinal de localización nuclear no extremo N-terminal de Rrm3, aínda que a súa posición exacta está por determinar. Comprender o mecanismo de importación de Rrm3 ao núcleo será importante para esclarecer os procesos nos que intervén esta helicasa para contribuir ao mantemento da integridade do xenoma.

González Blanco, Miguel (Titoría)
Crugeiras Ríos, María Cotitoría
González Blanco, Miguel (Titoría)
Crugeiras Ríos, María Cotitoría
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
Rexeneración da pel con células nai
Autoría
S.A.A.
Grao en Biotecnoloxía
S.A.A.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
A rexeneración da pel é un proceso biolóxico complexo no que se substitúe e restaura o tecido da pel danado ou perdido. Baséase na capacidade inherente do corpo para reparar e renovar a estructura da pel. Neste proceso participan múltiples factores, como as células nai que forman a pel, que destacan polas súas capacidades de autorrenovación e proliferación. No contexto da medicina rexenerativa, prestouse especial atención ao desenvolvemento de terapias que impliquen fibroblastos, células nai pluripotentes inducidas e células nai mesenquimatosas. A importancia do desenvolvemento destas terapias baséase no feito de que estas células poden ser utilizadas para substituír as células da pel perdidas ou danadas, o que favorece a cicatrización de feridas, mellora a textura da pel e axuda a combater os signos do envellecemento, así como as enfermidades cutáneas.

NOIA GULDRÍS, MANUEL (Titoría)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Titoría)
Tribunal
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
Caracterización da fosfatasa alcalina nun contexto fisiopatolóxico
Autoría
A.A.C.
Grao en Biotecnoloxía
A.A.C.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
A fosfatasa alcalina non específica de tecido (TNAP) é unha enzima crucial para a mineralización ósea, aínda que tamén está asociada coa calcificación vascular. Proponse para este estudo que a actividade da TNAP varía co pH, e que o magnesio é esencial para a súa actividade. Avaliouse a actividade da TNAP en diversos pHs, o impacto do magnesio e do calcio, e calculáronse as constantes de afinidade (Km) a distintos pHs e en comparación co plasma de rato. Nos ensaios enzimáticos utilizouse para-Nitrofenol Fosfato (pNPP) como substrato. Os resultados mostran que a actividade da TNAP aumenta co pH, alcanzando o seu máximo en condicións alcalinas. A actividade enzimática a pH 7,5 é aproximadamente un 5% da observada a pH 10,5. O magnesio é esencial para a actividade enzimática en todos os pHs estudados, que sofre unha diminución de entre o 52% e o 60% ao eliminar o magnesio. A constante de afinidade (Km) diminúe a pH fisiolóxico en comparación con pHs máis alcalinos: 0,2154 mmol/L a pH 7,5; 0,3183 mmol/L a pH 8,5; 0,4206 mmol/L a pH 9,5 e 0,6519 mmol/L a pH 10,5, indicando unha maior afinidade por pNPP en condicións fisiolóxicas. Non se atoparon diferenzas significativas na afinidade polo substrato da TNAP recombinante e o plasma de rato, suxerindo que a principal fosfatase que hidroliza o pNPP en sangue é a fosfatase alcalina non específica de tecido. Considerando os resultados, é conveniente que a actividade da TNAP se avalíe en condicións fisiolóxicas (pH 7,4) para obter resultados clínicamente relevantes.

Estratexias de medicina personalizada para superar a resistencia as terapias tumorais de tumores sólidos de cabeza e pescozo.
Autoría
S.F.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
S.F.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 16:00
18.07.2024 16:00
Resumo
O tratamento estándar para os tumores de cabeza e pescozo combina quimioterapia e radioterapia, pero non é sempre efectivo debido a resistencia nalgúns pacientes. Neste proxecto, buscamos identificar novas combinacións farmacoxenómicas para superar esta resistencia, enfocándonos nos mecanismos que a causan, co obxectivo de desenvolver unha terapia personalizada. Propoñemos a hipótese de que, ao analizar a resistencia a tratamentos estándar, pódense identificar combinacións farmacoxenómicas que a superen. Para probar esta hipótese, realizamos varios experimentos. Primeiro, analizamos a resistencia a tratamentos antitumorais con inhibidores da enzima nicotinamida fosforribosiltransferasa (NAMPT). Logo, estudiamos a resistencia a fármacos quimioterapéuticos en tres liñas tumorais. Seguidamente, investigamos si a resistencia a inhibidores da vía de sinalización Wnt/b-catenina debíase a mutacións nesta vía. Finalmente, avaliamos a eficacia antitumoral de combinacións de fármacos quimioterapéuticos e inhibidores da vía Wnt/b-catenina, así como dunha nova molécula identificada por screening e os seus derivados. Para estes experimentos utilizamos diferentes materiais e protocolos de laboratorio, incluíndo diversas liñas celulares, medios para o seu coidado, técnicas de illamento e amplificación de RNA (protocolo TRIzol, cuantificación y qPCR), y tratamentos de viabilidade (ATPlite). Os resultados mostraron que as células tumorais poden desenvolver resistencia a tratamentos con inhibidores específicos. Ademais, confirmamos que as terapias combinadas poden ser efectivas para superar esta resistencia e que algúns derivados da nova molécula identificada poderían ser unha alternativa aos tratamentos estándar.

DOMINGUEZ MEDINA, EDUARDO Cotitoría
ZAPATA BABIO, JOSE CARLOS (Titoría)
DOMINGUEZ MEDINA, EDUARDO Cotitoría
Tribunal
BLAZQUEZ CAEIRO, JOSE LUIS (Presidente/a)
BARCA MAYO, OLGA (Secretario/a)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Vogal)
BLAZQUEZ CAEIRO, JOSE LUIS (Presidente/a)
BARCA MAYO, OLGA (Secretario/a)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Vogal)
Identificación dos perfís de expresión proteica do receptor acoplado a proteínas G 39 no adenocarcinoma ductal pancreático humán.
Autoría
L.Z.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
L.Z.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 16:00
18.07.2024 16:00
Resumo
O cáncro de páncreas representa unha das principais causas de morte por cáncer en España a pesar de que a súa incidencia sexa relativamente baixa respecto a outras formas de cáncro. O adenocarcinoma ductal representa o tipo máis predominante de cáncro de páncreas e na actualidade, a resección quirúrxica é o único tratamento potencialmente curativo para o PDAC en estadio temperán, aínda que so é aplicable a unha pequena porcentaxe dos pacientes. O feito de que o sistema obestatina/GPR39 actúe coma sistema regulador de cambios na morfoloxía celular, proliferación, migración e invasión das células de cáncer de páncreas, permite postular a súa aplicabilidade para antagonizar os mecanismos fundamentáis asociados o desenvolvemento do cáncro de páncreas. Se a isto engádeselle a súa posible relación coa patoxénese e/ou o desenlace clínico dos adenocarcinomas pancreáticos humáns, ábrense novas vías para a detección e o tratamento do cáncro de páncreas. Sen embargo, o modo de acción do sistema obestatina/GPR39 precisa unha maior dilucidación para determinar o seu potencial coma diana terapéutica para o tratamento do cáncro de páncreas. A investigación e o desenrrolo de terapias dirixidas a regular este sistema proporcionarán novas vías de actuación para o desenvolvemento de tratamentos dirixidos a conter os mecanismos de activación endóxenos e frear así a progresión desta patoloxía. O principal obxetivo do presente traballo é estudar a expresión do receptor GPR39 en cáncro de páncreas. Para elo, realizouse un estudo observacional da expresión de GPR39 en texidos de adenocarcinoma de páncreas humán.

POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Titoría)
PAZOS RANDULFE, YOLANDA Cotitoría
Leal López, Saúl Cotitoría
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Titoría)
PAZOS RANDULFE, YOLANDA Cotitoría
Leal López, Saúl Cotitoría
Tribunal
BLAZQUEZ CAEIRO, JOSE LUIS (Presidente/a)
BARCA MAYO, OLGA (Secretario/a)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Vogal)
BLAZQUEZ CAEIRO, JOSE LUIS (Presidente/a)
BARCA MAYO, OLGA (Secretario/a)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Vogal)
Avaliación de fotosensibilizadores na mellora da desinfección solar da auga de bebida fronte a Cryptosporidium
Autoría
M.D.D.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.D.D.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
No ano 2022, máis de 1.700 millóns de persoas empregaron fontes de auga contaminadas fecalmente. Unha solución para mellorar a calidade microbiolóxica da auga en países de baixos e medios ingresos sería aplicar métodos sinxelos, accesibles, sostibles e económicos, como a desinfección solar (SODIS). Trátase dunha opción que emprega botellas transparentes de 1,5-2 L de tereftalato de polietileno (PET) para expoñer a auga contaminada á radiación solar durante, polo menos, 6 horas, coa fin de aproveitar o efecto sinérxico da radiación ultravioleta coas elevadas temperaturas na inactivación de patóxenos. Con todo, presenta limitacións, como a reducida eficacia ante protozoos, a cal se intenta mellorar coa incorporación de fotosensibilizadores, compostos que reaccionan coa luz solar e xeran especies reactivas do osíxeno. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é avaliar o emprego de azul de metileno, eritrosina e riboflavina na mellora do método SODIS para inactivar os ooquistes de Cryptosporidium parvum, un protozoo enteroparasito de transmisión hídrica. Para iso, reactores de cuarzo de 3 mL contendo auga destilada e os fotosensibilizadores anteriormente indicados xunto coas formas infectantes de C. parvum expuxéronse a radiación solar simulada a 40 W/m2 (290- 400 nm) e 40 ºC durante 6 horas baixo unha lámina de PET. A 1, 2, 4 e 6 horas de exposición, determinouse a viabilidade ooquística mediante unha técnica de RT-qPCR fronte ao ARNm da proteína de choque térmico de 70 KDa (hsp70) do parasito. Ademais, cuantificouse a fotodegradación que sufriron os fotosensibilizadores medindo a absorbancia a distintas lonxitudes de onda. Os resultados indican que o emprego destes compostos incrementan a eficacia do método SODIS, sendo as concentracións de 50, 1 e 100 microM de riboflavina, azul de metileno e eritrosina, respectivamente, as máis prometedoras ao proporcionar unha protección intermedia-alta fronte a enfermidades diarreicas causadas por protozoos de transmisión hídrica.

GOMEZ COUSO, HIPOLITO (Titoría)
GOMEZ COUSO, HIPOLITO (Titoría)
Tribunal
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Identificación de bacterias potencialmente patóxenas na microbiota de ameixa asociadas a mortalidade por descenso da salinidade da auga.
Autoría
M.F.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.F.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A produción de moluscos bivalvos en Galicia, concretamente de ameixas, rexistrou un importante descenso en 2023 debido ás intensas choivas que reduciron a salinidade da auga, provocando altas mortalidades por estrés fisiolóxico e infeccións microbianas. A variación deste parámetro ambiental podería provocar un desequilibrio na microbiota das ameixas, provocando a proliferación de bacterias oportunistas que desenvolven enfermidades como a vibriose, provocadas por especies do xénero Vibrio como Vibrio neptunius. Este traballo centrouse na identificación e caracterización de bacterias potencialmente patóxenas na microbiota de ameixa babosa (Venerupis corrugata) durante un brote de mortalidade inducido no laboratorio por unha diminución da salinidade da auga. Para iso, durante o brote obtívose unha colección de illados da microbiota e analizáronse fenotípicamente as actividades enzimáticas relacionadas coa virulencia (xelatinase, lipase, hemólise e produción de sideróforos). Os resultados mostraron un aumento da frecuencia e intensidade destes, o que é característico dunha microbiota rica en bacterias potencialmente patóxenas. Ademais, a presenza de dous xenes descritos en V. neptunius (vnpA que codifica unha metaloprotease de tipo vibriolisina e colA unha colagenasa) foi estudada mediante PCR como posibles marcadores moleculares da vibriose. Descubriuse que só vnpA sería eficaz como indicador para previr eventos de mortalidade. Finalmente, mediante a secuenciación do xene do ARNr 16S, identificáronse 2 illados positivos para os xenes mencionados como especies de Vibrio e Pseudoalteromonas.

BALADO DACOSTA, MIGUEL Cotitoría
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
BALADO DACOSTA, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
Balboa Méndez, Sabela (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
Balboa Méndez, Sabela (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Detección de Salmonella spp. en alimentos
Autoría
S.L.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
S.L.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A salmonelose, causada por Salmonella spp., representa un grave problema a nivel mundial. Afecta a saúde humana e animal, así como as industrias alimenticias causando fortes perdas económicas. Nas mostraxes realizadas no ano 2022 pola Autoridad Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), obtuvose o maior porcentaxe de positivos nos alimentos non listos para consumo cun 2.1%, presentando a maior contaminación a categoria de carne e productos cárnicos de polos de engorde. Por isto, o obxectivo do traballo é a detección de Salmonella spp. en pechugas de polo de supermercados e carnicerías locais da zona de Santiago de Compostela. Buscamos información de diferentes fontes oficiais levando a cabo o procedemento microbiolóxico clínico recomendado pola Sociedad Española de Enfermedades Infecciosas e Microbioloxía Clínica (SEIMC), así como as probas bioquímicas, moleculares e proteómicas necesarias. Os resultados obtidos de todas as mostras mediante ensaios microbiolóxicos foron negativos, tamén se realizou a PCR en tempo real e EM-MALDI-TOF dalgunhas mostras para confirmar que o resultado obtido foi correcto. Esto indícanos que se esta levando a cabo de forma correcta o Reglamento (CE) Nº2160/2003 do Parlamento Europeo e do Consello nos supermercados e carnicerías locais, evitando así a aparición de mostras positivas por contaminación de Salmonella spp. en carne fresca de aves de corral, o que presenta gran relevancia para a saúde pública española.

SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Adaptación do virus VNNV ao cambio climático: análise de ressortimento a 15 e 25ºC entre RG e SJ, mediante ddPCR.
Autoría
C.C.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
C.C.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
A problemática do cambio climático é incipiente no campo da acuicultura, obrigando e acelerando en certo modo o estudo de virus con afectación en peixes. O virus obxecto deste estudo é o Virus da Necrose Nerviosa Viral (VNNV), o cal na última década resultou ser o centro de numerosas experimentacións debido á sospeita dunha relación positiva entre a replicación do virus e a Tª. Os illados deste virus da familia Nodaviridae clasifícanse en 4 xenotipos: SJNNV, RGNNV, BFNNV e TPNNV. O VNNV caracterízase por posuír un xenoma bisegmentado, de tipo RNA (RNA 1 e RNA2) e describíronse virus con xenomas reordenados dos tipos SJNNV/RGNNV, RGNNV/SJNNV. Polo tanto, mediante PCR cuantitativa e a novidosa PCR dixital trátase de dilucidar a correspondencia entre o poder replicativo das mencionadas cepas, a posible recombinación dos fragmentos RNA 1 e RNA 2 de RGNNV e SJNNV e a súa relación co cambio de temperatura da auga. Os resultados obtidos indicaron que ambas cepas posúen unha temperatura de replicación óptima de 25º C, mentres que aos 15º C a capacidade replicativa reducese considerablemente. En canto aos recombinantes, despois da coinfección obtivéronse con maior probabilidade recombinantes SJNNV/RGNNV a 15º e tanto SJNNV/RGNNV como RGNNV/SJNNV a 25º, grazas ás diferenzas significativas entre o número de réplicas de RNA1 e RNA2 de ambas cepas

PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Titoría)
SOUTO PEREIRA, SANDRA Cotitoría
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Titoría)
SOUTO PEREIRA, SANDRA Cotitoría
Tribunal
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
FEIJOO JUARROS, SERGIO (Vogal)

Detección e cuantificación de virus entéricos emerxentes en augas residuais.
Autoría
C.T.L.
Grao en Bioloxía (2ªed)
C.T.L.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Introdución: O xénero rotavirus (familia Reoviridae) é un conxunto de virus cuxo xenoma está composto por 11 segmentos xenómicos de ARN de dobre cadea (1), descuberto en 1973, e causa a maioría das gastroenterites non bacterianas en nenos de todo o mundo (2) . Hipótese: é posible utilizar as mostras de augas residuais como ferramenta no seguimento de virus humanos, unha estratexia coñecida como epidemioloxía das augas residuais. Obxectivos: este traballo ten como finalidade avaliar os niveis deste virus nas augas residuais non tratadas procedentes da toma de mostras na estación depuradora da cidade de Santiago de Compostela. Metodoloxía: Analizáronse 126 mostras durante os meses de xaneiro de 2021 a xaneiro de 2022. Procesáronse as mostras e realizáronse extraccións de ARN viral para posteriormente, mediante RT-qPCR, detectar e cuantificar a presenza de RV. Resultados: das 126 mostras analizadas, 100 resultaron positivas (79,37%). Obsérvanse 3 picos nas concentracións, correspondentes aos meses de xaneiro, xullo e agosto de 2021 e xaneiro de 2022. O número medio de copias xenómicas/L de augas residuais é de 6,04E+05, o valor mínimo foi de 5,38E+03 e o máximo. 1.51E+07. Conclusión: Podemos utilizar a detección en augas residuais para poder prever e, polo tanto, previr futuros brotes de infeccións virais.

POLO MONTERO, DAVID (Titoría)
POLO MONTERO, DAVID (Titoría)
Tribunal
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
FEIJOO JUARROS, SERGIO (Vogal)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
FEIJOO JUARROS, SERGIO (Vogal)
Dinámica da rexeneración da vexetación tras lume nunha matogueira de Ulex europaeus L. no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Autoría
L.M.L.
Grao en Bioloxía (2ªed)
L.M.L.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
Os incendios son unha perturbación necesaria en certos ecosistemas, especialmente naqueles adaptados á súa ocorrencia. Non obstante, tamén poden provocar danos, alterando hábitats ou diminuíndo a biodiversidade. Os ecosistemas das illas son especialmente vulnerables ás perturbacións e, en numerosas ocasións, posúen un importante valor ecolóxico, acollendo individuos ou especies con características diferentes ás do continente. Nesta investigación, estudarase a dinámica de recuperación da vexetación tras un incendio causado por un raio en outono de 2020 na Illa de Ons, que pertence ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Ademais, procurarase entender o efecto da severidade do incendio, previamente determinada, sobre a recuperación vexetal. O ecosistema queimado foi unha matogueira atlántica de Ulex europaeus L. en etapa climácica e as variables usadas para cuantificar a recuperación foron a cobertura horizontal global, a estrutura vertical da vexetación e a altura media das especies leñosas, que se estimaron visualmente. A recuperación da vexetación non foi completa tras os 33 meses que durou este estudo e esta resultou claramente influenciada pola severidade do incendio. A vexetación das áreas afectadas por unha severidade menor mostraron unha maior recuperación nas 3 variables analizadas. Estes resultados achegan un maior entendemento da dinámica de recuperación de matogueiras costeiras de Ulex europaeus, necesario para a xestión e aplicación de plans de conservación e manexo destas comunidades.

REYES FERREIRA, OTILIA (Titoría)
Cruz de la Fuente, Óscar Cotitoría
REYES FERREIRA, OTILIA (Titoría)
Cruz de la Fuente, Óscar Cotitoría
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Vogal)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Vogal)
Impacto da planta invasora Tradescantia fluminensis no chan: un problema para a xerminación das especies vexetais autóctonas?
Autoría
P.S.S.
Grao en Bioloxía
P.S.S.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
Tradescantia fluminensis é unha planta exótica invasora que afecta á biodiversidade de zonas riparias, causando cambios bióticos e/ou abióticos no chan. Con este traballo preténdese coñecer se estes cambios poderían comprometer a xerminación de plantas herbáceas nativas e, desde un punto de vista de xestión, pescudar se en chans nos que se retire a invasora podería chegar a rexenerarse a comunidade vexetal a través de seménta directa de plantas nativas. Ao mesmo tempo, avaliarase se o efecto da invasión sobre o chan podería favorecer o establecemento da propia invasora. Para iso, recolléronse chans naturais en zonas invadidas por T. fluminensis e non invadidas adxacentes en dez puntos ao longo da ribeira do río Tins (Outes, A Coruña). Estes chans foron distribuídos en sementeiros onde se sementaron catro especies de plantas herbáceas: dúas nativas, Dactylis glomerata e Iris pseudacorus; e dúas exóticas invasoras, Paspalum dilatatum e T. fluminensis. Previamente a seménta, a un terzo destes chans aplicóuselle fungicida, outro terzo esterilizouse (en autoclave) e os restantes mantivéronse como control (chan vivo). Os resultados obtidos mostraron que a presenza de T. fluminensis, en xeral, non afecta significativamente ás características químicas do chan. As posibles modificacións causadas no chan por T. fluminensis non aparentan ser un problema para a xerminación e crecemento de D. glomerata, pero si para a xerminación de I. pseudacorus e P. dilatatum. Por outro lado, observouse que T. fluminensis favorece a súa propia invasión, aumentando de biomasa e lonxitude en chans previamente invadidos. Estes resultados proporcionan información valiosa para tomar decisións de xestión, onde a sementa directa de herbáceas como D. glomerata pode ser efectiva para favorecer a recuperación da cuberta vexetal tras a retirada da invasora.

Optimización de métodos serolóxicos para diagnóstico de enfermidades bacterianas
Autoría
M.B.G.
Grao en Bioloxía
M.B.G.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
20.02.2024 09:30
20.02.2024 09:30
Resumo
A furunculosis é unha enfermidade de gran relevancia na actualidade debido ao seu elevado impacto sobre a acuicultura, sector da industria alimentaria en auxe en España nos últimos anos. O seu axente etiolóxico é a bacteria Aeromonas salmonicida subsp. salmonicida. Esta pode causar unhas características úlceras de tecido necrosado na forma crónica ou provocar unha morte rápida na forma aguda. Existen diversos métodos de detección deste organismo, entre os que se atopan probas fenotípicas, inmunolóxicas e moleculares. O obxectivo xeneral do presente estudo é desenvolver un sistema de detección serolóxico de A. salmonicida subsp. salmonicida que sexa específico e sensible. Con este propósito púxose a punto un ensaio de inmunoadsorción encimática tipo sándwich, e avaliouse a súa sensibilidade e especificidade empregando cultivos puros e mostras clínicas. Unha vez desenvolvido este ensaio, contrastouse a súa eficacia con técnicas baseadas na reacción en cadea da polimerasa. Os resultados obtidos mostraron que existe certa concordancia entre ambas as técnicas, con todo, non no 100% das mostras clínicas analizadas. Esto evidencia que é necesario continuar realizando ensaios neste campo para alcanzar resultados máis concluíntes.

CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)

Estudo do poboamento de Europa dende unha perspectiva xenético-evolutiva
Autoría
A.M.C.
Grao en Bioloxía
A.M.C.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
20.02.2024 09:30
20.02.2024 09:30
Resumo
Dende hai varias décadas levaronse a cabo infinidade de estudos relacionados coa historia do poboamento de Europa por parte dos humanos anatomicamente modernos. Mediante a utilización de datos xenéticos, paleontolóxicos, lingüísticos e arqueolóxicos desenvolveronse diversas hipóteses co fin de explicar devandito poboamento. Dende a súa chegada ao continente europeo durante o Paleolítico superior, ata a actualidade, cómpre entender este proceso como un conxunto de eventos migratorios, interaccións entre poboacións e transformacións culturais que darán forma á diversidade xenética das poboacións europeas actuais. Neste traballo realizarase unha revisión bibliográfica cuxo obxectivo é recopilar e integrar os coñecementos actuais, de maneira que nos axude a reconstruír a historia de devandito poboamento. Para iso, intentaranse resolver cuestións como: ¿O poboamento de Europa prodúcese a partir dunha única gran migración fóra de África ou é o resultado de múltiples migracións? ¿Houbo contacto cos humanos arcaicos durante ou antes deste poboamento? ¿Cales son os principais movementos dos humanos modernos dende a súa chegada a Europa?

Efectos da psicofarmacoloxía sobre o sistema inmune.
Autoría
D.P.F.
Grao en Bioloxía
D.P.F.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
20.02.2024 09:30
20.02.2024 09:30
Resumo
O estrés pode ser equiparado a unha alarma natural interna que prepara a un determinado organismo para a acción. Este estrés pode ser positivo (eustrés), xa que nos permite responder de forma determinada ante un estímulo estresante, ou negativo (distrés), xa que nos provoca un malestar e nos impide responder de forma correcta ao estímulo estresante. Cando estamos ante unha situación de estrés actívase o eixe neural e, se continua, acábase por activar o eixe neuroendocrino e posteriormente o endocrino, liberándose diferentes hormonas, como o cortisol ao torrente sanguíneo, que repercuten sobre o sistema inmune. Dependendo da concentración dalgunhas substancias poden ter unha acción ou outra e, no caso do cortisol, ten un efecto antiinflamatorio en condicións basais, pero cando o estrés faise crónico, as células inmunes vólvense resistentes producíndose inflamación. Por outro lado, a psicofarmacoloxía tamén vai ter unha repercusión sobre o noso sistema inmune. Dentro dos psicofármacos podémonos encontrar con: antidepresivos, ansiolíticos, psicoestimulantes, antipsicóticos e estabilizadores do humor. Pero en cada grupo, encontramos diferentes fármacos con accións diversas e según o psicofármaco escollido, teremos un efecto ou outro sobre o sistema inmune. No caso dos antidepresivos viuse que, entre outras accións, aumenta a sensibilidade a corticoides, diminue a interleucina-1 (IL-1), a interleucina-6 (IL-6), o factor de necrosis tumoral (TNF), o interferón gamma (IFN-gamma) e, en último lugar aumentan a síntesis de interleucina-10 (IL-10). Por outra parte, os ansiolíticos soen causar inmunosupresión. Os antipsicóticos aumentan a actividade humoral e celular. Os psicoestimulantes, no caso da cocaína, provocan un aumento no número de células NK ou natural killer. Por último, viuse que o litio (estabilizador do humor) tamén ten efectos inmunomoduladores.

REY MENDEZ, MANUEL (Titoría)
REY MENDEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
Papel de Klf15 no efecto protector da lactancia materna prolongada sobre a obesidade
Autoría
A.R.L.
Grao en Bioloxía
A.R.L.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
20.02.2024 09:30
20.02.2024 09:30
Resumo
A prevalencia da obesidade tanto en nenos como en adultos nas últimas décadas resulta alarmante. Esta patoloxía pode ter graves consecuencias na saúde das persoas e mesmo causar a morte. Está demostrado que a persistencia da lactancia materna supón un factor protector fronte á obesidade. Para estudar os posibles efectos da lactancia utilizouse un modelo murino de lactancia prolongada no que os animais sometidos a dieta alta en graxa reducían o seu risco a ter obesidade. Realizouse un estudo RNAseq que mostraba modificacións nalgunhas proteínas ao engadir leite materno; unha delas era Klf15, a proteína a estudar. Klf15 é unha proteína presente en tecidos metabólicamente activos, como o hepático, adiposo ou o musculo esquelético, que exerce un importante papel regulador no metabolismo da glicosa e dos lípidos. Co seguinte traballo quérese contrastar o efecto da lactancia na obesidade estudando, á súa vez, a presenza de Klf15 no leite materno e comprobando os seus niveis en tecidos humanos como o plasma ou as células mononucleares. Comprobouse que Klf15 atopábase no leite materno e que ademais os seus niveis incrementaban nesta co paso do tempo. Observouse así mesmo a presenza da proteína nas células mononucleares, inferior significativamente nas mostras con obesidade. Estes estudos abren a posibilidade á creación de fármacos que axuden a reducir o risco de padecer obesidade, aínda en condicións de dietas con graxas elevadas.

Seoane Camino, Luísa María Cotitoría
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Titoría)
Seoane Camino, Luísa María Cotitoría
Tribunal
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
Caracterización de Yersinia ruckeri: métodos de prevención e control
Autoría
B.R.B.
Grao en Bioloxía
B.R.B.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
20.02.2024 09:30
20.02.2024 09:30
Resumo
A yersiniosis ou enfermidade da boca vermella é unha enfermidade de vital importancia na acuicultura continental, debido á elevada mortalidade que causa, afectando a salmónidos, especialmente a troita arco da vella (Onchorynchus mykiss). O axente patóxeno desta enfermidade é Yersinia ruckeri, unha enterobacteria gramnegativa que causa unha infección septicémica de forma aguda en estadios temperáns e de forma crónica en etapas adultas. Na actualidade coñécense 4 serotipos-O (O1, a e b; O2, a, b e c; O3 e O4, sendo o serotipo O1a o máis virulento. Para a identificación desta bacteria existen probas morfolóxicas, fisiolóxicas, bioquímicas, serolóxicas, xenéticas e proteómicas, as cuales permiten a confirmación da caracterización do organismo. O presente estudo céntrase na caracterización fenotípica, serolóxica, proteómica e xenética desta bacteria co fin de esclarecer as causas de erro na vacinación de troitas arcos da vella que tivo como consecuencia a aparición de brotes da enfermidade en distintas instalacións. Os resultados revelaron que o axente causal de mortalidades en troita arco da vella é Y. ruckeri e que todos os illados pertencen ao serotipo O1a mostrando perfís proteicos e de LPS similares.

Análise de Listeria monocytogenes en alimentos para o consumo humano
Autoría
M.S.C.
Grao en Bioloxía
M.S.C.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
20.02.2024 09:30
20.02.2024 09:30
Resumo
A listeriose é unha enfermidade provocada pola infección da bacteria Listeria monocytogenes, contraída principalmente por vía alimentaria. Os grupos máis susceptibles de padecer esta infección e de presentar cadros clínicos graves son neonatos, mulleres embarazadas, persoas de idade avanzada e inmunodeprimidos. Os métodos de detección actuais son longos e custosos, de aí a necesidade de desenvolver métodos máis rápidos e específicos. No presente estudo avaliouse a utilidade dun protocolo de detección baseado no enriquecemento da mostra no medio LEB e centrifugación seguido da análise mediante espectrometría de masas MALDI-TOF para a detección de L. monocytogenes en alimentos listos para consumo e materias primas. Os resultados comparáronse cos obtidos por métodos microbiolóxicos e mediante a reacción en cadea da polimerasa (PCR) en tempo real. Aínda que a metodoloxía baseada en EM-MALDI-TOF non resultou adecuada para a detección de L. monocytogenes nos alimentos analizados, a bacteria si foi detectada polo método de referencia e PCR en tempo real. Ademais, só en dúas mostras de materias primas detectouse presenza de L. monocytogenes a concentracións que superaban a dose mínima infectiva.

Estudo da relación existente entre a concentración de metais pesados en transplantes de Fucus vesiculosus e a da auga
Autoría
P.L.B.
Grao en Bioloxía
P.L.B.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
19.02.2024 16:00
19.02.2024 16:00
Resumo
A contaminación mariña por elementos potencialmente tóxicos supón unha serie de riscos para os seres vivos e polo tanto é necesario manter un control sobre ela, sendo un dos métodos de control o uso de biomonitores. Os transplantes de F. vesiculosus (exposición da alga en sitios diferentes ao de orixe) úsanse en estudos de biomonitorización dende os anos 70; sen embargo, descoñécese se existe unha relación entre a concentración de elementos na auga de mar e os tecidos desta especie. Ademáis, hai tratamentos preexposición como a desvitalización sobre os que se descoñéce cómo cambia a captación de elementos de F. vesiculosus. Coa intención de coñecer as respostas a estas preguntas, expuxéronse transplantes vivos e desvitalizados en zonas marítimas potencialmente contamiñadas á vez que se tomaron mostras da auga, e determináronse as concentracións de 7 elementos potencialmente tóxicos nas mostras de algas e de auga. Os resultados mostraron que non existe unha relación lineal entre a concentración de elementos na auga e nos tecidos excepto para o V, caso no que a relación é inversamente proporcional, de xeito que tampoco resulta adecuado para a biomonitorización. Por outro lado, as algas desvitalizadas demostraron ter unhas concentracións de elementos entre 1,5 e 7,4 veces maiores que as algas frescas, excepto para o Mn, que resultaron entre 2,4 e 15,7 veces menores. Como conclusión, F. vesiculosus non resulta un biomonitor axeitado posto que non permite inferir as concentración de elementos na auga a partir das concentracións nos seus tecidos dunha forma fiable e precisa, aínda que si permite detectar a súa presencia. Por outro lado, a desvitalización de transplantes causa alteracións fisiolóxicas no organismo que permiten unha maior captación da mayoría dos elementos.

VAZQUEZ ARIAS, ANTON Cotitoría
BOQUETE SEOANE, MARIA TERESA (Titoría)
VAZQUEZ ARIAS, ANTON Cotitoría
Tribunal
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
Preparación e caracterización de PrP recombinante liofilizada para experimentos na Estación Espacial Internacional
Autoría
A.M.G.
Grao en Biotecnoloxía
A.M.G.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
O experimento ZePrion busca atopar un suposto intermediario de pregamento da proteína priónica (PrP) predicido mediante o algoritmo PPI-FIT (Inactivación Farmacolóxica de Proteínas de maneira Dirixida a un Intermediario de Pregamento). Para isto, o grupo PrionLab é o encargado de preparar a proteína recombinante. En experimentos previos, a inestabilidade no ciclo conxelación/desconxelación foi un factor limitante, que afecta á loxística de envío da proteína ao punto de preparación final e carga no módulo experimental para a súa entrega á NASA (Administración Nacional de Aeronáutica e o Espazo) para ser enviado á ISS (Estación Espacial Internacional), onde en condicións de microgravidade se atope un co-cristal formado polo ligando dun intermediario de pregamento de PrP e o seu agonista SM875, o que confirmaría a eficacia do método PPI-FIT. Isto traería consigo un avance significativo á hora de reducir os niveis de PrPC no encéfalo e no tratamento de enfermidades priónicas. A liofilización prantéxase como unha posible solución ao problema. Para comprobar a súa eficacia, realizáronse varias expresións, que posteriormente se purificaron utilizando unha columna de afinidade, se dializaron e se liofilizaron. Observouse que a proteína conservaba o espectro CD (Dicroísmo Circular) correspondente a unha hélice alfa, o que suxire un pregamento axeitado. Mediante RMN (Resonancia Magnética Nuclear) observouse que a maior parte da súa estrutura se mantiña constante antes e despois do liofilizado; non obstante, atopáronse pequenos cambios conformacionais reproducibles, o que podería indicar lixeiras variacións en certos dominios da proteína. Os resultados suxiren que a liofilización é unha técnica axeitada para o almacenamento e envío da proteína á ISS, aínda que será necesario profundizar na estrutura da proteína tras os lixeiros cambios observados para confirmar a súa validez. Isto permitirá continuar co experimento ZePrion de maneira correcta e evitando o problema de inestabilidade presente no ciclo conxelación/desconxelación da proteína.

LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Secretario/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Vogal)

Identificación de biomarcadores proteicos de resposta ao tratamento con Adalimumab en pacientes con uveíte non infecciosa
Autoría
P.R.F.
Grao en Biotecnoloxía
P.R.F.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
A uveíte non infecciosa é unha enfermidade inflamatoria intraocular da úvea, a miúdo de orixe autoinmune e que pode estar asociada a enfermidades sistémicas. A terapia principal inclúe corticosteroides e inmunosupresores, pero nalgúns pacientes estes non conseguen controlar a inflamación intraocular e é necesario recorrer a outros tratamentos. Recentemente, axentes biolóxicos anti-TNFalfa como o Adalimumab demostraron eficacia, aínda que un 40% dos pacientes continúan sen responder adecuadamente, enfrontando unha brecha terapéutica. Este estudo céntrase no uso da proteómica lagrimal cuantitativa, unha disciplina emerxente e prometedora, para identificar biomarcadores de resposta a tratamento e guiar novas opcións terapéuticas en pacientes con uveíte non infecciosa non respondedores a Adalimumab. Analizáronse mostras de bágoas de 35 pacientes tratados durante polo menos seis meses, agrupados en respondedores e non respondedores. As proteínas foron procesadas e os péptidos resultantes identificáronse mediante cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas. Realizáronse análises bioinformáticos e estatísticos dos datos para determinar diferenzas significativas na expresión proteica entre respondedores e non respondedores e avaliar o seu potencial como biomarcadores de resposta. Atopáronse 29 proteínas moduladas significativamente, implicadas en procesos relacionados coa actividade inmunolóxica e a resposta a especies reactivas do osíxeno, aínda que só tres destas proteínas (DEF1;DEF3, Biotinidasa e ABCA1) mostraron potencial como biomarcadores de resposta ao tratamento con ADA. Estes descubrimentos poderían contribuír ao desenvolvemento de tratamentos máis efectivos e personalizados para os pacientes con inflamación persistente.

GARCIA ALONSO, ANGEL (Titoría)
Rodríguez Martínez, Lorena Cotitoría
GARCIA ALONSO, ANGEL (Titoría)
Rodríguez Martínez, Lorena Cotitoría
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Secretario/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Secretario/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Vogal)
Busca de sinaturas xenéticas preditivas para o tratamento con infliximab en pacientes con colite ulcerosa
Autoría
P.C.P.
Grao en Biotecnoloxía
P.C.P.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
A enfermidade inflamatoria intestinal, composta principalmente por colite ulcerosa e enfermidade de Crohn, é un conxunto de trastornos crónicos e recorrentes que afectan ao tracto gastrointestinal. Actualmente non existe unha cura definitiva para esta enfermidade, pero utilízanse diferentes tratamentos sintomáticos. O infliximab é unha terapia biolóxica segura e eficaz que se usa en pacientes con colite ulcerosa de moderada a grave, e baséase na súa acción antagonista do factor de necrose tumoral. Non obstante, unha porcentaxe importante de pacientes non responde ao tratamento. Por este motivo, o obxectivo deste traballo é o illamento dunha sinatura xenética preditiva da resposta ao infliximab en pacientes con colite ulcerosa. Para iso, analizáronse conxuntos de datos transcriptómicos de biopsias de colon recollidas nun repositorio público. Os resultados da análise bioinformática mostran patróns de expresión de proteasas asociados á resposta ao tratamento con infliximab. Definíronse seis biomarcadores específicos de infliximab: xene 3, xene 5, xene 6, xene 7, xene 8 e xene 9. A implantación destes biomarcadores na clínica como método de predición permitiría o tratamento personalizado dos pacientes con colite ulcerosa, aínda que son necesarios máis estudos para comprobar a súa fiabilidade.

Balboa Méndez, Sabela (Titoría)
Conde Aranda, Javier Cotitoría
Balboa Méndez, Sabela (Titoría)
Conde Aranda, Javier Cotitoría
Tribunal
PEREIRA LORENZO, SANTIAGO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Vogal)

Impacto do arsénico sobre interactores celulares e virais do supresor de tumores PML.
Autoría
U.P.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
U.P.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 16:00
18.07.2024 16:00
Resumo
O arsénico é un composto carcinoxénico presente na natureza que pode ser tóxico para os seres vivos. Porén, algunhas formas de arsénico teñen propiedades medicinais e empréganse para o tratamento de diversas enfermidades como por exemplo a leucemia promielocítica aguda. Esta enfermidade débese a unha translocación que dá lugar a unha fusión entre o xen da leucemia promielocítica (PML) e RAR-alpha. Unha das actividades do arsénico é inducir a unión covalente de proteínas pequenas similares a ubiquitina (SUMO) a PML, o que favorece o recrutamento da proteína do dedo anular RNF4 e a posterior degradación da fusión PML-RARa vía ubiquitina-proteasoma. Outro mecanismo que favorece a degradación de PML-RARa é a conxugación da proteína estimulada por interferón 15 (ISG15). Resultados previos do laboratorio revelan que ISG15 tamén pode ser modificada por SUMO. Descoñécese se o tratamento con arsénico induce a degradación de ISG15 a través da SUMO-ubiquitinación ou afecta á relación entre ISG15 libre e PML. Este traballo analiza ambas cuestións. Para contestar estas preguntas, leváronse a cabo experimentos de inmunofluorescencia e ensaios de SUMOilación. Os resultados amosan que o arsénico non parece alterar a SUMOilación de ISG15, pero semella promover a translocación de ISG15 libre do citoplasma ao núcleo e periferia nuclear. Tamén se observou unha translocación de ISG15 libre ao núcleo celular cando ISG15 se expresou xunto con PML. Neste caso, observamos que PML se vía translocado ao citoplasma en resposta ao tratamento con arsénico. O impacto desta translocación na actividade de PML será obxecto de futuros estudos. A comprensión do papel de ISG15 e da súa SUMOilación no efecto terapeútico do arsénico podería axudar a deseñar estratexias para o tratamento da leucemia promielocítica aguda ou para a regulación doutras actividades de PML.

Uso de células nai mesenquimáticas como estratexia terapéutica na rexeneración de tendóns e ligamentos tras unha lesión.
Autoría
J.C.O.
Grao en Bioloxía (2ªed)
J.C.O.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 17:00
12.09.2024 17:00
Resumo
Os tendóns son as estruturas que unen o músculo esquelético aos osos e os ligamentos son aquelas estruturas que unen osos adxacentes entre si. Ámbalas dúas estructuras, formadas por tecido conectivo denso, carecen dunha boa vascularización, o que dificulta a súa recuperación tras unha lesión. As estratexias terapéuticas actuáis solen implicar unha intervención cirúrxica e tediosos tratamentos que non resultan efectivos a longo prazo. Para tratar de mellorar estes tratamentos e acortar o tempo de recuperación, recentemente propúxose o uso de células nai mesenquimáticas (CMM) como estratexia terapéutica e lograr rexenerar o tecido danado, debido a que posúen a capacidade de autorrenovarse e de diferenciarse en tipos celulares de distintos tecidos conectivos (fibroblastos, condrocitos, osteoblastos, adipocitos). Ademais, numerosos estudos realizados in vivo e in vitro, demostraron que estas células nai aceleran o proceso de reparación tisular en tendóns e ligamentos lesionados de mamíferos, debido a que inducen a proliferación celular e secretan numerosas moléculas implicadas na rexeneración celular, reducen a inflamación, e promoven a vascularización na zona lesionada. O obxectivo desta revisión bibliográfica é coñecer o papel das CMM (e os mecanismos moleculares implicados) na rexeneración celular tras unha lesión tendinosa ou ligamentosa, e os avances obtidos ata o momento cos tratamentos en que se utilizan estas células. Tras analizar a información dispoñíbel, pódese concluír que as CMM son útiles na rexeneración de tedones e ligamentos tras unha lesión e os tratamentos nos que se empregan estas células resultan efectivos na maioría dos pacientes observándose unha mellora estrutural, a recuperación da forza mecánica e unha reducción do tempo de recuperación respecto ó proceso natural de curación do tecido.

Estudo dunha posible interacción entre Pif1 e RPA mediante ensaios de dobre híbrido en S. cerevisiae
Autoría
L.C.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
L.C.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 17:00
12.09.2024 17:00
Resumo
Pif1 é unha enzima que pertence á familia das helicasas. Estas enzimas separan as dúas hebras de ADN permitindo procesos tan fundamentais como a replicación ou a transcrición. Neste contexto, sábese que Pif1 interacciona a través do seu dominio carboxilo terminal con outras proteínas para realizar as súas funcións. Este traballo céntrase no estudo do dominio amino terminal, que foi menos estudado. Moitas das tarefas que cumpre Pif1 implican a formación de ADN monocatenario, que é fortemente recoñecido por RPA. O obxectivo principal do estudo foi determinar se pode existir unha interacción entre Pif1 e RPA (proteína asociada a ADN monocatenario) e, de existir, determinar se depende do extremo N-terminal de Pif1. Para este labor, decidiuse utilizar un sistema de dobre híbrido en lévedo, un sistema amplamente empregado para o estudo de interaccións entre proteínas in vivo. Os resultados obtidos indican que os problemas na viabilidade das cepas requiridas para este ensaio, causados pola toxicidade da sobreexpresión de Pif1, impiden determinar se existe dita interacción entre as dúas proteínas con esta metodoloxía.

Caracterización bioquímica e estrutural de agregados de proteína beta amiloide
Autoría
D.L.D.G.
Grao en Bioloxía (2ªed)
D.L.D.G.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 17:00
12.09.2024 17:00
Resumo
Segundo a hipótese da cascada amiloide no contexto da enfermidade do Alzheimer, a agregación e acumulación do péptido beta amiloide no cerebro sería o evento inicial que desencadearía a patoloxía asociada a esta enfermidade neurodegenerativa. Esta proteína pasa por diferentes estados: monómeros, oligómeros, protofibrillas, fibras e por último, deposítase formando placas amiloides extracelulares. Caracterizar aos agregados de beta amiloide é esencial para desenvolver terapias efectivas que logren previr a enfermidade. Sobre todo, e é o branco deste TFG, describir a nivel estrutural e bioquímico os oligómeros, formas relativamente descoñecidas debido á súa heteroxeneidade e natureza transitoria, pero que se manifestan como os agregados máis tóxicos e que actúan promovendo a agregación e propagación de beta amiloide polo cerebro. En primeiro lugar, xeramos oligómeros sintéticos para analizalos mediante microscopía electrónica de transmisión e así obter o modelo de estrutura; en segundo lugar, logramos illar agregados de beta amiloide presentes en mostras de tecido cerebral mediante precipitación con fosfotungstato de sodio e distinguimos aos oligómeros presentes utilizando as técnicas de análise Western Blot e tinción de Coomassie.

Micro-topografías para previr a adhesión bacteriana a superficies
Autoría
H.J.A.
Grao en Bioloxía (2ªed)
H.J.A.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 17:00
12.09.2024 17:00
Resumo
As biopelículas microbianas son comunidades que viven embebidas nunha matriz extracelular que lles confire tolerancia a substancias antimicrobianas. Esta forma de vida dificulta a súa eliminación, especialmente no contexto clínico onde a colonización de dispositivos médicos afecta principalmente a pacientes con implantes. O estudo da prevención da formación de biopelículas en biomateriais aportou estratexias baseadas na modificación superficial dos materiais, como o uso de recubrimentos antimicrobianos ou o desenvolvemento de novos materiais inherentemente resistentes á fixación bacteriana. A modificación da superficie dos materiais a través da introdución de patróns topográficos emerxe como un campo de investigación prometedor debido ao seu impacto significativo na adesión microbiana. Con todo, a falta de comprensón das interaccións entre as células bacterianas e a superficie topográfica limitou o desenvolvemento dun modelo universal de topografías antiadherentes efectivas. No presente traballo intégrase unha revisión bibliográfica coa adquisición de datos provenientes de imaxes reais de fixación bacteriana a superficies topográficas, seguido dun análise preliminar destes datos co obxectivo de investigar a viabilidade de utilizar microtopografías na elaboración de biomateriais. Os resultados obtidos corroboraron a existencia de topografías antiadherentes para bacterias, o que podería ampliar o noso coñecemento sobre a influencia das topografías superficiais na colonización microbiana e abrir novas vías de investigación no deseño de dispositivos médicos antibiopelícula.

ROMERO BERNARDEZ, MANUEL (Titoría)
ROMERO BERNARDEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
Biopelículas de Listeria monocytogenes: evaluación de métodos de prevención e control.
Autoría
M.O.F.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.O.F.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 17:00
12.09.2024 17:00
Resumo
Listeria monocytogenes é unha bacteria gram positiva, que se atopa sobre todo en alimentos. Esta bacteria forma biofilms, o que lle confire resistencia fronte os desinfectantes. Un dos principais focos de contaxio de L. monocytogenes atópase na contorna industrial relacionada co procesamento de alimentos, sendo os alimentos que non pasaron por un tratamento térmico previo os que poidan xerar esta problemática. Para evitar isto, débese de priorizar a limpeza das instalacións con programas específicos de limpeza e desinfección. Tal e como se demostra en diversos estudos, os produtos máis eficaces son os compostos por amonio cuaternario (QAC), o ácido peroxiacético (PAA) e o hipoclorito sódico (SH). O obxectivo deste traballo foi determinar a eficacia de distintos desinfectantes para inhibir o crecemento ou reducir a viabilidade da bacteria, mediante a determinación da concentración mínima inhibitoria (CMI) e da concentración mínima bactericida (CMB). Para o desinfectante máis eficaz determinouse a capacidade para inhibir a formación de biopelículas por L.monocytogenes. Dos compostos probados, cinco cuxa formulación inclue amonio cuaternario resultaron ter unha maior eficacia. No lado oposto, o desinfectante a base de enzimas non inhibe o crecemento de L.monocytogenes nin de Escherichia coli. O desinfectante a base de amonio cuaternario máis eficaz (menor CMI e CMB) tamen inhibiu a formación de biopelículas por L.monocytogenes e esta capacidade era dosis dependente.

TORRES CORRAL, YOLANDA Cotitoría
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
TORRES CORRAL, YOLANDA Cotitoría
Tribunal
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
Efectos dos ambientes climáticos maternais na planta anual Rumex bucephalophorus
Autoría
R.L.A.
Grao en Bioloxía (2ªed)
R.L.A.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 17:00
12.09.2024 17:00
Resumo
Os efectos maternais son a influenza que ten o ambiente no que se desenvolve a planta nai sobre as características dos seus descendentes, independentemente da contribución xenética directa. Estes teñen importantes implicacións ecolóxicas e evolutivas. Neste estudo traballouse con Rumex bucephalophorus, unha especie vexetal anual que medra en diferentes ambientes, entre eles os dunares. Extraéronse sementes dunha poboación parental que creceu nunha parcela de experimentación, na Illa de Sálvora, que simula o escenario de cambio climático previsto para 2050. R. bucephalophorus ten a característica de presentar heteromorfismo nas súas sementes, facéndose diferenciación neste estudo entre diásporas de dispersión a longa e curta distancia. O obxectivo deste traballo é determinar a existencia de efectos maternais na especie de estudo, e se estes favorecen a un tipo ou outro de semente. Para isto analizáronse diferentes parámetros de xerminación, fisioloxía foliar e crecemento. Os resultados mostraron a existencia de efectos maternais significativos, así como unha relación co tipo de diáspora.

SANCHEZ VILAS, JULIA (Titoría)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
Determinacións fluorométricas relacionadas cos episodios de floracións de cianobacterias no embalse de Belesar.
Autoría
C.V.R.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
C.V.R.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
12.09.2024 17:00
12.09.2024 17:00
Resumo
As cianobacterias, tamén coñecidas como cianofíceas ou algas verde-azuis, poden proliferar de maneira explosiva dando lugar a floracións (“blooms”). Certas especies de cianobacterias son tóxicas ocasionando diferentes problemas ambientais e de saúde humana. Neste traballo buscouse determinar a porcentaxe de grupos algales nos períodos: anterior, durante e posterior ao “bloom”, a diversidade morfoespecífica e que especie era dominante. O estudo realizouse no encoro de Belesar (río Miño) no que se muestrearon 5 puntos na cabeceira e outros 5 na cola durante os meses de xuño/xullo, setembro e novembro nos anos 2022 e 2023. Preséntase a metodoloxía e os resultados da investigación. Realizáronse análise fluorométricos para determinar os grupos algales, análise física-químicos e identificáronse as diferentes morfoespecies separadas por técnicas de flotabilidade. Estes resultados permítennos concluír que o encoro de Belesar é susceptible a albergar “blooms” de cianobacterias ao final do verán, que a especie de cianobacteria dominante no mes de setembro en ambos os anos foi Woronichinia naegeliana e que a biomasa algal distribúese de maneira desigual no tempo.

BARCA BRAVO, SANDRA Cotitoría
COBO GRADIN, FERNANDO (Titoría)
BARCA BRAVO, SANDRA Cotitoría
Tribunal
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
Desenvolvemento da comunidade vexetal das dunas de Quiaios (tras o incendio do 2017)
Autoría
R.R.J.
Grao en Bioloxía
R.R.J.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
19.02.2024 16:00
19.02.2024 16:00
Resumo
Este estudo tivo como obxectivo analizar o desenvolvemento da vexetación nun ecosistema de dunas costeiras no centro este de Portugal, 4 e 5 anos despois do último gran incendio. Para acadar este obxectivo realizouse a recollida de datos en parcelas queima das, diferenciando dúas posicións topográficas e dous anos de estudo diferentes. A información biolóxica obtida referiuse a estrutura da comunidade biolóxica: cobertura dos estratos vexetais e das especies individuais, composición florística, alturas e diá metros de copas das especies dominantes no ano 2022 e situación vital das especies dominantes no 2022. Empregando os datos de cobertura das especies individuais calculáronse varias medidas de diversidade e comparáronse as dúas posicións topográficas e os d ous anos de estudo. Detectáronse diferenzas entre a vexetación das posicións topográficas e n canto a número de individuos, diámetros de copas e alturas. Este estudo ofrece perspectivas valiosas sobre a resiliencia ecolóxica e a dinámica de rexeneración en ecosistemas afectados polos incendios.

Fernández Riveiro, Sheila Cotitoría
Aquino Maia, Paula Alexandra Cotitoría
REYES FERREIRA, OTILIA (Titoría)
Fernández Riveiro, Sheila Cotitoría
Aquino Maia, Paula Alexandra Cotitoría
Tribunal
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
Comparación ecofisiolóxica de plantas procedentes de poboacións nativas e invasoras do xénero Carpobrotus fronte ao ataque do caracol Theba pisana
Autoría
A.S.B.
Grao en Bioloxía
A.S.B.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
19.02.2024 16:00
19.02.2024 16:00
Resumo
Neste traballo realizouse un experimento de invernadoiro con 80 plantas do xénero Carpobrotus pertencentes a oito poboacións, das cales tres son nativas de Sudáfrica e cinco exóticas invasoras introducidas noutras rexións. Basándonos nun estudo previo, sabemos que as plantas das poboacións introducidas pertencen a dous grupos xenéticos diferentes (categorizados como A e B) e outras corresponden a un conxunto híbrido cunha mestura de tres grupos xenéticos identificados (A + B + C). Estas plantas sometéronse a estrés biótico mediante a súa exposición ao gasterópodo xeneralista Theba pisana. O obxectivo é evaluar o crecemento das poboacións de Carpobrotus sp. de grupos xenéticos e procedencias distintas baixo as mesmas condicións abióticas e ante o ataque de T. pisana. Así, poderíase valorar o potencial invasor do xénero e se este caracol podería usarse como parte dun control biolóxico contra Carpobrotus. Os resultados obtidos mostraron que as poboacións presentan unha biomasa aérea prácticamente igual entre elas, pero con respecto á lonxitude, a poboación de Nova Zelanda do grupo A e a sudafricana híbrida son as que menos aumentan en xeral. En relación coas raíces, a poboación híbrida sudafricana é a que presenta a menor biomasa e lonxitude radicular de tódalas poboacións. Ademais, os resultados das plantas expostas a T. pisana indican que o caracol non parece influir na súa biomasa ou lonxitude radicular ou aérea das plantas, excepto na poboación italiana do conxunto híbrido. Os individuos desta poboación presentan un incremento aéreo moi pequeno en comparación ao seu control. Estos resultados indican que Carpobrotus non se ve afectada polo ataque de T. pisana e, polo tanto, este caracol non serviría como método de control.

Rodríguez Parra, Jonatan Cotitoría
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Titoría)
Rodríguez Parra, Jonatan Cotitoría
Tribunal
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
Estratexias de supervivencia ao frío en insectos.
Autoría
F.S.R.
Grao en Bioloxía
F.S.R.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
19.02.2024 16:00
19.02.2024 16:00
Resumo
Os insectos desenvolveron unha serie de mecanismos fisiolóxicos para facer fronte aos efectos prexudiciais das baixas temperaturas. A medida que avanza o outono, utilizan sinais ambientais como o acortamento da duración do día e o descenso gradual das temperaturas para desencadear adaptacións estacionais de endurecemento por frío. A maioría destas adaptacións desencadéanse na diapausa, un estado fisiolóxico de inactividade. O obxectivo principal deste traballo é expoñer de forma sintética os mecanismos mediante os cales os insectos poden soportar as baixas temperaturas e lograr a súa supervivencia e/ou a da súa proxenie ata a seguinte época favorable. A bibliografía utilizada consiste en documentos científicos sobre os mecanismos fisiolóxicos implicados, así como estudos en especies concretas, e pódese chegar á conclusión de que os mecanismos utilizados inclúen cambios na función celular, a bioquímica e a expresión xenética, así como cambios no comportamento que permiten mellorar a función celular e a viabilidade a baixas temperaturas. Estes mecanismos podense levar a cabo nun período de tempo prolongado, consistindo nunha adaptación lenta e gradual ou unha adaptación máis rápida. A adaptación rápida permite aos insectos mellorar a súa tolerancia ao frío de forma case instantánea, para facer fronte a exposicións repentinas. Existe tamén un terceiro tipo de adaptación que se produce ante exposicións repetidas. Desde un principio, pensouse que ditas adaptacións compartían os mesmos mecanismos de acción, pero estudos recentes cuestionaron algunhas das hipóteses aceptadas con anterioridade. A pesar dos avances alcanzados na comprensión das adaptacións a baixas temperaturas nos insectos, as adaptacións cruciais seguen sen identificarse, e un obxectivo principal dos estudos futuros debe ser esclarecer estes mecanismos. Tamén se debe facer fincapé en proporcionar unha comprensión integrada das adaptacións utilizadas por especies particulares e como estas impactan e son impactadas pola ecoloxía do organismo.

IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Presidente/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Vogal)
Impacto do uso humano sobre a comunidade de aves acuáticas presentes en praias do litoral cantábrico
Autoría
S.B.P.
Grao en Bioloxía
S.B.P.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
O cambio climático e a crecente presencia do ser humano nas áreas costeiras conlevan importantes impactos sobre o conxunto do ecosistema praia. En concreto, as aves acuáticas fan uso dos areais para o descanso, alimentación e reprodución, conductas que se ven alteradas pola presencia humana, asociada a diversas actividades, e de animais de compañía, entrañando a perda de hábitat e diminución da supervivencia, entre outros efectos. No presente estudo abordouse a descrición da ornitofauna acuática estacionada en praias do litoral cantábrico xunto cos usos humanos das mesmas e as interaccións entre aves, persoas e cans. Mostreáronse, dende marzo ata xullo de 2023, dúas praias da provincia de Lugo e unha asturiana. Realizáronse censos de aves, persoas e cans a cada hora dende a chegada ao punto de observación, coincidindo co orto, ata o ocaso e medíronse as perturbacións causadas por humanos e cans ao longo do día. Censáronse un total de: 8.651 aves, predominando a gaivota de patas amarelas (Larus michahellis), gaivota escura (Larus fuscus) e pilro tridáctilo (Calidris alba); 18.583 persoas e 607 cans, maioritariamente soltos. Rexistráronse un total de 862 perturbacións sobre as aves estacionadas predominando as ocasionadas por paseantes e cans. Expóñense diferentes liñas de manexo orientadas a optimizar a acollida de aves acuáticas nas praias e facilitar a coexistencia cos usos humanos.
O cambio climático e a crecente presencia do ser humano nas áreas costeiras conlevan importantes impactos sobre o conxunto do ecosistema praia. En concreto, as aves acuáticas fan uso dos areais para o descanso, alimentación e reprodución, conductas que se ven alteradas pola presencia humana, asociada a diversas actividades, e de animais de compañía, entrañando a perda de hábitat e diminución da supervivencia, entre outros efectos. No presente estudo abordouse a descrición da ornitofauna acuática estacionada en praias do litoral cantábrico xunto cos usos humanos das mesmas e as interaccións entre aves, persoas e cans. Mostreáronse, dende marzo ata xullo de 2023, dúas praias da provincia de Lugo e unha asturiana. Realizáronse censos de aves, persoas e cans a cada hora dende a chegada ao punto de observación, coincidindo co orto, ata o ocaso e medíronse as perturbacións causadas por humanos e cans ao longo do día. Censáronse un total de: 8.651 aves, predominando a gaivota de patas amarelas (Larus michahellis), gaivota escura (Larus fuscus) e pilro tridáctilo (Calidris alba); 18.583 persoas e 607 cans, maioritariamente soltos. Rexistráronse un total de 862 perturbacións sobre as aves estacionadas predominando as ocasionadas por paseantes e cans. Expóñense diferentes liñas de manexo orientadas a optimizar a acollida de aves acuáticas nas praias e facilitar a coexistencia cos usos humanos.
Dirección
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Potenciais novas cepas para a biorremoción de xenobióticos do Patrimonio
Autoría
J.L.F.
Grao en Bioloxía
J.L.F.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
A biorremoción ou biolimpeza é o uso de (micro)organismos vivos para eliminar substancias non desexadas (contaminantes), polo xeral presentes no medio polas actividades humanas. Na área de patrimonio cultural, desde 1990 ata hoxe, identificáronse, seleccionado e utilizado microorganismos para a eliminación biolóxica de substancias de orixe natural como sales e materia orgánica, sendo Pseudomonas stutzeri e Desulfovibrio vulgaris as especies de bacterias máis utilizadas. Estes avances non son completamente extrapolables á biolimpieza de xenobióticos (i.e., substancias químicas sintéticas dificilmente alterables), campo no que houbo pouca e moi recente investigación. Para avanzar neste sentido, neste TFG, enmarcado dentro do proxecto BIOXEN, téñense identificado potenciais cepas para a biolimpeza de xenobióticos, como resinas, grafitis e materiais bituminosos artificiais. Para iso tomouse mostra do branco de chumbo e do pan de ouro do tímpano central da fachada principal do Pazo de Raxoi. Ao tratarse de pinturas ricas en metais pesados como chumbo e ouro son potenciais hábitats de novas cepas de bacterias con capacidade biorremediadora. In-situ fregáronse pequenas zonas non moi expostas (protexidas da choiva e o vento) con hisopos húmidos para o illamento das cepas e a súa posterior identificación mediante secuenciación do ADNr 16S. Ademais, pequenos fragmentos de material foron caracterizados por MEB-EDX, FTIR e Raman. Un total de 73 cepas foron illadas, 32 delas bacterias e a maioría (13) illadas de branco de chumbo negro, seguido de pan de ouro (8), branco de chumbo branco (6) e branco de chumbo gris (5). As especies, identificaronse empregando as bases de datos GenBank e EzBioCloud, pertencen maioritariamente aos xéneros Pseudomonas e Frigoribacterium, e ao redor da metade delas parecen ter capacidade para biodegradar compostos químicos sintéticos segundo os estudos revisados.

SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Titoría)
MENDEZ VILLAR, ANXO Cotitoría
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Titoría)
MENDEZ VILLAR, ANXO Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Cambios altitudinais na diversidade animal asociados ao cambio climático.
Autoría
E.P.B.
Grao en Bioloxía
E.P.B.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
O cambio climático está a ameazar os ecosistemas de montaña, obligando ás especies a desplazarse altitudinalmente co fin de sobrevivir. Mediante o análisis bibliográfico de diferentes artículos, optouse por analizar individualmente a resposta ao cambio climático de cada grupo biolóxico e finalmente dar un análisis conxunto acerca do comportamento da diversidade ante este fenómeno. Atopouse un claro desprazamento cara a altitudes maiores, provocando un desaxuste entre as especies e o seu entorno, con graves consecuencias para o conxunto do ecosistema. Existen grupos máis vulnerables dependendo da súa fisioloxía e comportamento, como poderían ser os invertebrados, os anfibios e os reptís, mentes que nos mamíferos e as aves estos impactos non se apreciarían con tanta claridade. A súa vez, existe un sesgo no coñecemento destes grupos e, en consecuencia, dificulta a realización de proxeccións futuras. É evidente a urxencia en investigación e en medidas de conservación, co fin de atenuar os efectos negativos do cambio climático sobre a biodiversidade do noso planeta e evitar una extinción masica de especies de alta montaña.

BASELGA FRAGA, ANDRES Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
BASELGA FRAGA, ANDRES Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Análise da variabilidade morfolóxica, molecular e cromosómica no complexo Matthiola fruticulosa (Loefl.) Maire na bacía mediterránea.
Autoría
U.P.L.
Grao en Bioloxía
U.P.L.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
O complexo Matthiola fruticulosa presenta ampla distribución na bacía mediterránea e na Macaronesia. Consta de dúas subespecies (Matthiola fruticulosa subsp. fruticulosa e Matthiola fruticulosa subsp. valesiaca) e un taxón afín (Matthiola perennis). Analízanse a variabilidade morfolóxica, cromosómica e molecular a través de diversos métodos estatísticos e filoxenéticos. Os resultados clarifican as características morfolóxicas de cada grupo, mais non sempre coincidindo coas obras de referencia de taxonomía do grupo. As contaxes cromosómicas só identifican o nivel diploide nas distintas poboacións estudadas, nalgún caso por vez primeira, como as poboacións do Pirineo de Matthiola fruticulosa subsp. valesiaca. As análises filoxenéticas non parecen respaldar os tratamentos taxonómicos actuais, puidendo ser necesaria unha reconsideración taxonómica do orófito M. perennis e das poboacións pirenaicas de Matthiola fruticulosa subsp. valesiaca.
O complexo Matthiola fruticulosa presenta ampla distribución na bacía mediterránea e na Macaronesia. Consta de dúas subespecies (Matthiola fruticulosa subsp. fruticulosa e Matthiola fruticulosa subsp. valesiaca) e un taxón afín (Matthiola perennis). Analízanse a variabilidade morfolóxica, cromosómica e molecular a través de diversos métodos estatísticos e filoxenéticos. Os resultados clarifican as características morfolóxicas de cada grupo, mais non sempre coincidindo coas obras de referencia de taxonomía do grupo. As contaxes cromosómicas só identifican o nivel diploide nas distintas poboacións estudadas, nalgún caso por vez primeira, como as poboacións do Pirineo de Matthiola fruticulosa subsp. valesiaca. As análises filoxenéticas non parecen respaldar os tratamentos taxonómicos actuais, puidendo ser necesaria unha reconsideración taxonómica do orófito M. perennis e das poboacións pirenaicas de Matthiola fruticulosa subsp. valesiaca.
Dirección
SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Microbiota Oral e Intestinal de Migrantes no Corredor Andino: Posibles Implicacións.
Autoría
C.C.A.
Grao en Biotecnoloxía
C.C.A.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
A migración venezolana, que levou a máis de cinco millóns de persoas a escapar da crise económica e da violencia no seu país durante os últimos cinco anos, constitúe un fenómeno extraordinario en América Latina. Este éxodo presenta preocupacións críticas sobre como as alteracións nos microbiomas oral e intestinal, relacionadas cos cambios na dieta e nas condicións sanitarias durante o proceso migratorio, poden fomentar a colonización por superbacterias e a adquisición e desenvolvemento de mecanismos de resistencia antimicrobiana. Todo iso ten lugar nun contexto de mobilidade humana que facilita a súa diseminación entre diferentes países. Para abordar esta problemática, este estudo empregará tecnoloxías de secuenciación masiva para analizar os cambios no microbioma bacteriano oral e intestinal dos migrantes no corredor andino, e realizará un análise preditivo do resistoma destes microbiomas ao longo do proceso migratorio. Todo iso realizarase a través do estudo das secuencias do xene ARNr 16S, estimándose riqueza e diversidade microbiana. Os análises realizados permiten observar diferenzas entre os microbiomas orais e intestinais en canto á súa composición de microorganismos, así como tamén se poden apreciar as diferenzas presentadas polos microbiomas orais entre xente migrante e residente. Isto último non se pode afirmar de maneira categórica xa que se considera necesario realizar o estudo cun tamaño da mostra maior.

CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Titoría)
Quintela Baluja, Marcos Cotitoría
CALO MATA, MARIA DEL PILAR (Titoría)
Quintela Baluja, Marcos Cotitoría
Tribunal
PEREIRA LORENZO, SANTIAGO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Vogal)
PEREIRA LORENZO, SANTIAGO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Vogal)
O eixo microbiota-intestino-cerebro e a posible utilización de probióticos e prebióticos como tratamento para aliviar os síntomas da depresión e ansiedade.
Autoría
I.G.F.
Grao en Biotecnoloxía
I.G.F.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
O eixo microbiota-intestino-cerebro constitúe un sistema de comunicación bidireccional que conecta a microbiota intestinal co cerebro, exercendo profundas influencias en varias funcións fisiolóxicas, incluíndo a saúde mental. Investigacións recentes suxiren que a alteración na composición microbiana, denominada disbiosis, pode contribuír ao desenvolvemento da ansiedade e depresión. Neste eixo están implicadas rutas como o nervio vago, o sistema nervioso entérico e o sistema de sinalización inmune. A hipótese de partida desta revisión bibliográfica baséase en que a utilización de tratamentos que teñan como diana a microbiota intestinal, como os probióticos ou prebióticos, pode ser potencialmente útil para mellorar os síntomas ansiosos e depresivos tanto en persoas sas como en pacientes con eses trastornos. A través de bibliografía actual, búscase comprobar esta hipótese e coñecer os mecanismos maiormente implicados nesta asociación. Os principais resultados obtidos indican que a disbiosis exerce efectos sobre a ansiedade e depresión a través do incremento do estado inflamatorio do corpo e a disrupción das comunicacións intestino-cerebro. Ademais, algúns estudos suxiren que certas cepas probióticas e prebióticos (oligosacáridos principalmente) poden mellorar o estado anímico e reducir a ansiedade a través da produción de metabolitos antiinflamatorios ou neurotransmisores. Con todo, é necesaria máis investigación para identificar cepas específicas, doses e duración do tratamento óptimos para cada individuo.

Barros Velázquez, Jorge (Titoría)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR Cotitoría
Barros Velázquez, Jorge (Titoría)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR Cotitoría
Tribunal
PEREIRA LORENZO, SANTIAGO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Vogal)
PEREIRA LORENZO, SANTIAGO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Vogal)
Enriquecemento dun cultivo complexo anaerobio en favor da produción de Ácidos Grasos Volátiles de cadea impar
Autoría
A.M.R.
Grao en Biotecnoloxía
A.M.R.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
A produción de plásticos biodegradables competitivos en custo e calidade é un obxectivo importante nunha economía consciente dos seus impactos. Unha alimentación rica en ácidos graxos volátiles de cadea impar sería un bo substrato para conseguir polihidroxialcanoatos con boas propiedades físicas. Obter este tipo de alimentación a partir de residuos orgánicos permitiría abaratar moito os custos de produción, ó tempo que se valoriza o tratamento de residuos. Neste traballo, usouse un modelo matemático que simula as dinámicas dunha fermentación mixta para deseñar un protocolo de enriquecemento nos microorganismos e consorcios de microorganismos que producen selectivamente ácidos graxos volátiles de cadea impar. Partimos, neste caso, de substratos ricos en glicosa e aminoácidos. Tras poñer en práctica estes cultivos, realizouse unha análise metaxenómica das comunidades implicadas empregando secuenciación por Illumina e o tratamento bioinformático dispoñible en QIIME 2. O resultado foi a identificación dun grupo de organismos que crecera desproporcionalmente durante un cultivo de alta selectividade por ácidos graxos de cadea impar. Este contaba cos xéneros Streptococcus, Paraeggerthella, Morganella e varios tipos de Clostridia entre outros. Os resultados suxiren a conversión de boa parte do substrato a ácido láctico como produto intermedio

Sarcopenia: Mecanismos moleculares, tratamentos actuais e perspectiva de futuro
Autoría
C.M.M.
Grao en Biotecnoloxía
C.M.M.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
19.02.2024 15:00
19.02.2024 15:00
Resumo
A sarcopenia é un síndrome relacionado principalmente co envellecemento que provoca a perda de funcionalidade debido a unha diminución progresiva da masa muscular. A sarcopenia está asociada a un maior risco de mortalidade por todalas causas e, ante a tendencia actual de envellecemento poboacional, aumenta a preocupación por atopar un tratamento directo que sexa efectivo. Polo tanto, o obxectivo deste traballo consiste na busca e análise de diferentes estudos e revisións que teñan como finalidade a investigación de potenciais tratamentos, ben para a actualidade ou ben para un futuro. Como metodoloxía, os artigos científicos obtivéronse mediante unha revisión bibliográfica de algunhas das principais bases de datos científicas da Internet, como Google Scholar ou PubMed. Os artigos analizados presentan os resultados do estudo de diferentes métodos actuais e futuros para combater a sarcopenia, tales como o consumo de proteínas, adestramento de forza, suplementación, terapia con testosterona e terapia xenética. A maior parte das investigacións mostran efectos positivos para a prevención da sarcopenia como consecuencia do uso das diferentes opcións, aínda que os métodos actuais non parecen totalmente efectivos para tratar a enfermidade ao completo. Como conclusión, o adestramento de forza deféndese como a mellor ferramenta actual para o manexo da sarcopenia e a súa prevención. Con todo, a terapia farmacolóxica e a terapia xenética parecen mostrar un maior potencial como tratamentos efectivos, aínda que se require unha maior investigación en todos os campos, especialmente para o estudo de efectos adversos das terapias e a procura das mellores estratexias de tratamento.

Síntese e caracterización de cremalleras de leucinas clusteroluminiscentes
Autoría
M.A.P.
Grao en Biotecnoloxía
M.A.P.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 16:30
17.07.2024 16:30
Resumo
A microscopia de fluorescencia converteuse nunha ferramenta ampliamente empregada para estudar procesos celulares debido ao desenvolvemento de proteínas fluorescentes codificables. A fluorescencia convencional destas proteínas orixínase pola presenza de residuos aromáticos conxugados que mostran lonxitudes de onda de excitación e emisión no ultravioleta. Ademais desta fluorescencia convencional, destaca a fluorescencia innata de proteínas como a GFP. Numerosos estudos describiron unha emisión anómala coñecida como clusteroluminiscencia. Este fenómeno, observado inicialmente en dendrímeros de PAMAM (poliamidoamina) e posteriormente en solucións de poli-L-lisina e en fibrillas de tipo amiloide, caracterízase por emitir luz sen necesidade de fluoróforos aromáticos convencionais. A clusteroluminiscencia, producida por fluoróforos chamados clusteroluminóxenos, pode explicarse mediante varias teorías, sendo unha das máis importantes a deslocalización electrónica a través de grupos funcionais ricos en electróns, como os grupos amino, carbonilo e hidroxilo. Para investigar esta clusteroluminiscencia in vitro, sintetizouse un péptido cunha secuencia específica, deseñado para formar estruturas de tipo coiled-coil con potenciais propiedades de clusteroluminiscencia. Isto realizouse mediante a técnica de síntese en fase sólida Fmoc/tBu, seguida de purificación mediante cromatografía líquida en fase reversa e caracterización mediante técnicas de espectrometría de masas e cromatografía líquida. Finalmente, realizouse a transfección dunha liña celular específica cun plásmido que codifica o péptido de interese, co obxectivo de detectar fluorescencia en sistemas biolóxicos. Isto permitirá investigar cómo interactúa o péptido co medio celular e estudar as súas propiedades fluorescentes nun contexto biolóxico máis relevante.

VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
LOPEZ BLANCO, ROI Cotitoría
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
LOPEZ BLANCO, ROI Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Vogal)
Avaliación do uso de cianobacterias para frear a propagación da RAM na auga
Autoría
M.L.C.
Grao en Biotecnoloxía
M.L.C.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 16:30
17.07.2024 16:30
Resumo
A presenza no medio acuático dos denominados contaminantes emerxentes xunto coa ineficiencia de eliminación dos métodos fisicoquímicos convencionais levou á Comisión Europea a redactar unha proposta de modificación da Directiva sobre o tratamento de augas residuais (2022/0345/COD). Nela, esíxense rendementos de eliminación do 80% para 13 contaminantes emerxentes e a necesidade de aplicar tratamentos terciarios e cuaternarios que permitan alcanzar estes ratios. Neste traballo estudouse a capacidade de biorremediación das cianobacterias (algas verdes-azuis) por constituír unha alternativa sostible aos tratamentos convencionais. Concretamente, seleccionáronse 6 cepas do xénero Nostoc basándonos nas características dos seus exopolisacáridos debido á súa implicación nos procesos de biorremediación. Neste estudo evaluouse a sensibilidade e o rendemento de eliminación de 4 dos contaminantes descritos pola directiva (venlafaxina, irbesartán, claritromicina e amilsulprida), así como a actividade antiviral destes microorganismos. Os resultados mostraron ausencia de sensibilidade aos compostos, agás para a cepa PCC6310, así como elevados niveis de degradación. Concretamente, a cepa PCC7413 presentou os mellores rendementos, alcanzando valores máximos do 100% para a venlafaxina e mínimos do 58% para o irbesartán. No referido á actividade antiviral, a excepción das cepas PCC6310 e PCC7416, todas demostraron unha redución logarítmica da carga viral de 4. Ademais, observouse inhibición viral en ausencia de células suxerindo que esta actividade reside nalgún composto secretado ao medio, posiblemente exopolisacáridos. Como vemos, as cianobacterias posúen propiedades que as convirten nunha alternativa prometedora para o tratamento de augas residuais. Porén, para asegurar un emprego eficiente son necesarios máis estudos que evalúen a súa aplicabilidade a nivel industrial, ademáis de ensaios con outras cianobacterias e contaminantes.

OTERO CASAL, ANA MARIA Cotitoría
ROMERO BERNARDEZ, MANUEL (Titoría)
OTERO CASAL, ANA MARIA Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Vogal)
Estudo do papel do receptor de sinais de quorum SdiA na regulación da virulencia en Klebsiella pneumoniae
Autoría
P.M.F.
Grao en Biotecnoloxía
P.M.F.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 16:30
17.07.2024 16:30
Resumo
Os sistemas de Quorum Sensing regulan a expresión de xenes de virulencia bacteriana en múltiples especies. Coñecer os mecanismos responsables da comunicación en Klebsiella pneumoniae acercaríanos á identificación de novas dianas terapéuticas para o tratamento deste patóxeno de alto risco. Estudos previos describiron a existencia dun receptor de N-Acil Homoserina Lactonas (AHL) similar a LuxR en K. pneumoniae, denominado SdiA, aínda que non se coñece a súa influencia na virulencia debido á falta de traballos ao respecto. Neste estudo empregouse a cepa KLEB-33 de K. pneumoniae, multirresistente e con calidades de cepas hipervirulentas, para xerar un mutante sdiA, caracterizar a súa virulencia e dilucidar o papel regulatorio do receptor en ausencia ou presenza de sinal AHL. En xeral, parece que SdiA exerce un efecto nos fenotipos estudados en K. pneumoniae KLEB-33, xa que inhibe a formación de biopelícula mentres que a súa ausencia diminúe a resistencia a soro humano e fagos. Por outra parte, comprobouse que a N-Hexanoil-L-Homoserina Lactona (C6-HSL) promove o crecemento en biopelícula en presenza de SdiA. Aínda así, os experimentos suxiren que a C6-HSL non é o principal ligando de SdiA xa que gran parte dos efectos observados para SdiA e C6-HSL son independentes entre si, entre eles a falta de efecto da adición da C6-HSL sobre a resistencia a fagos. Tamén se detectou que a C6-HSL potenciaba a resistencia a soro en ausencia de SdiA. Ademais, esta maior resistencia non parece deberse a un aumento na síntese macroscópica de cápsula porque se comprobou que esta se mantiña constante sen importar a presenza de SdiA ou C6-HSL. Requírese continuar coa caracterización das vías de actuación de SdiA e C6-HSL para clarificar o seu papel na regulación da virulencia de K. pneumoniae.

SILVA BEA, SERGIO Cotitoría
ROMERO BERNARDEZ, MANUEL (Titoría)
SILVA BEA, SERGIO Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Vogal)
Estudo da capacidade dos lodos activos para formar unha biopelícula capaz de degradar tereftalato de polietileno (PET) con diferentes niveis de cristalinidade
Autoría
A.S.D.
Grao en Biotecnoloxía
A.S.D.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 16:30
17.07.2024 16:30
Resumo
O plástico é o gran protagonista da vida moderna debido ás súas propiedades ideais e a enorme versatilidade nos seus uso. O incremento exponencial do seu uso e produción nos últimos anos deu lugar a un problema de preocupación mundial. Dentro dos plásticos destacan os microplásticos (MP), fragmentos plásticos de tamaño inferior a 5 mm, carcaterística da cal deriva a súa ubicuidade, así como a posibilidade de bioamplificación a través da cadea trófica e a adsorción doutros contaminantes. As estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) son unha gran fonte de MP. É por este motivo polo que xorde a hipótese de que as EDAR constitúen unha posible fonte de microorganismos degradadores de plásticos. O obxectivo deste estudo é estudar a degradación de tereftalato de polietileno (PET) de alta e baixa cristalinidad tanto por parte da comunidade microbiana de augas residuais, como por parte das bacterias illadas da devandita comunidade, de forma individual. Para iso empregouse un biodisco, que se atopa en contacto continuo cos lodos de depuradora, no que se promoveu a formación dun biofilm sobre estes dous tipos de PET. Posteriormente illáronse as bacterias formadoras de devandito biofilm, e identificáronse mediante a extracción do ADN bacteriano e a posterior secuenciación do xene que codifica para o ARNr 16S. Finalmente levou a cabo o estudo de degradación do PET mediante espectroscopía de infravermellos por transformada de Fourier (FTIR). Os resultados mostran diferente predominancia de xéneros bacterianos en función da cristalinidad do PET, pero en canto á degradación, os FTIR non revelan ningún pico de degradación.

Vijande Álvarez de Linera, Carlota Cotitoría
Balboa Méndez, Sabela (Titoría)
Vijande Álvarez de Linera, Carlota Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Vogal)
Papel de Trim28 na formación da mielina e na capacidad rexenerativa do sistema nervioso periférico despois das lesións traumáticas.
Autoría
A.A.T.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.A.T.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
A formación do sistema nervioso periférico está regulada por multitude de proteínas que modulan a diferenciación das células de Schwann, desde a súa orixe como célula de crista neural ata unha célula de Schwann madura capaz de mielinizar e nutrir o axón. Nesta última fase, o factor de transcrición Krox20 exerce un control estrito da mielinización. Ademais, no sistema nervioso periférico a capacidade rexenerativa despois da lesión está controlada por cJun, un factor de transcrición que regula a desdiferenciación cara a unha célula de Schwann reparadora, promovendo a rexeneración axonal. A proteína Trim28 é capaz de modular a expresión dun gran número de xenes uníndose aos dominios de represión das caixas asociados a Kruppel. Trim28 tamén é fundamental no alongamento transcripcional xa que estabiliza a pausa da ARN polimerase II. Neste estudo, o noso obxectivo foi verificar se a ausencia de Trim28 provoca algún cambio na morfoloxía dos nervios periféricos e se existen diferenzas a nivel proteico na rexeneración nerviosa despois da lesión. Para estudos morfolóxicos, analizáronse varias imaxes de microscopía electrónica dos nervios ciáticos de ratos de 2 e 12 días de idade que carecen do xene Trim28. Para comprobar se hai efectos na activación do programa de reparación, realizáronse Western blots dos nervios ciáticos 4 e 7 días despois da lesión nerviosa. Nos resultados obtidos en ambos os casos non se observaron diferenzas significativas. Non obstante, estes resultados mostran patróns de cambio que poderían deberse a alteracións noutros niveis aínda non estudados, dando lugar a varios experimentos que poden revelar información relevante sobre o desenvolvemento do tecido nervioso periférico e as funcións que Trim28 realiza nel.

VELASCO AVILES, SERGIO Cotitoría
Woodhoo , Ashwin (Titoría)
VELASCO AVILES, SERGIO Cotitoría
Tribunal
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Papel do sistema obestatina/GPR39 sobre a homeostase mitocondrial na distrofia muscular de Duchenne.
Autoría
L.D.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
L.D.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
Introdución. A distrofia muscular de Duchenne (DMD) é unha enfermidade xenética letal ligada ao cromosoma X, sen cura na actualidade. Diferentes estudos relacionan esta patoloxía cunha disfunción mitocondrial que empeora a debilidade muscular. Nos últimos anos, o grupo de Endocrinoloxía Celular do IDIS, centrou o seu esforzo no estudo do sistema obestatina/GPR39 como unha posible diana autocrina/paracrina capaz de mellorar o fenotipo distrófico, aumentando a forza e atenuando o esgotamento muscular. Hipótese. O feito de que o sistema obestatina/GPR39 actúe como un nodo autocrino regulador da activación/determinación da mioxénese e da homeostase do músculo esquelético, lévanos a postular a súa aplicabilidade para antagonizar os mecanismos asociados á perda de masa muscular na DMD como é a homeostase mitocondrial. Obxectivos. Os obxectivos son determinar o contido mitocondrial asociado á evolución patolóxica, analizar a expresión do sistema obestatina/GPR39 e a súa repercusión sobre a homeostase mitocondrial na DMD e probar as melloras que a administración de obestatina poda ter sobre a mesma. Así, estudarase a eficacia deste sistema para atenuar a patoloxía distrófica. Metodoloxía. Empréganse ratos deficientes en distrofina (C57BL/10ScSnDmdmdx) e mioblastos humanos illados de pacientes con DMD para: (1) análise histolóxica do contido mitocondrial mediante inmunofluorescencia e medición do grao de expresión da preprogrhelina/GPR39 no músculo esquelético dos ratos mediante inmunoblot; (2) silenciado xénico da preprogrhelina nos mioblastos e análise de parámetros de homeostase mitocondrial mediante inmunoblot e (3) estudo da administración local de obestatina sobre esta homeostase no músculo esquelético de ratos por inmunoblot. Resultados. O contido mitocondrial redúcese coa evolución da patoloxía en ratos, igual que a preproghrelina e consecuentemente que a obestatina. En mioblastos, o silenciado da preproghrelina demostrou inhibir parámetros de homeostase mitocondrial e a administración esóxena de obestatina incrementou a expresión de proteínas reguladoras desta homeostase. A obestatina sitúase como un potencial axente terapéutico na DMD.

Perez Camiña, Jesús Cotitoría
Santos Zas, Icía Cotitoría
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Titoría)
Perez Camiña, Jesús Cotitoría
Santos Zas, Icía Cotitoría
Tribunal
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Análise de toxicidade de agregados de proteína beta-amiloide de orixe sintética e humana
Autoría
M.F.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.F.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
A enfermidade de Alzheimer está caracterizada por un deterioro cognitivo crónico e por ser a principal causa de demencia no mundo. A hipótese da cascada amiloide, que pretende explicar a etioloxía da doenza, considera a agregación da proteína beta-amiloide como principal responsable do desenvolvemento dos síntomas. Este Traballo de Fin de Grao céntrase en analizar a toxicidade dos agregados obtenidos a partir de mostras de cerebros de pacientes de Alzheimer mediante ensaios celulares e microscopía de fluorescencia. Plantéanse varios obxectivos, como a extracción e precipitación de agregados de orixe humano, a obtención de imaxes de microscopía de fluorescencia dos agregados obtidos e a determinación da súa toxicidade, seguindo unha metodoloxía que inclúe a precipitación con ácido fosfotúngstico e a transfección celular mediante liposomas. Obtivéronse precipitados de agregados de proteína beta.amiloide de orixe humana, que induciron a agregación en células YFP-AB42-HEK-293T, observables mediante microscopía de fluorescencia.
A enfermidade de Alzheimer está caracterizada por un deterioro cognitivo crónico e por ser a principal causa de demencia no mundo. A hipótese da cascada amiloide, que pretende explicar a etioloxía da doenza, considera a agregación da proteína beta-amiloide como principal responsable do desenvolvemento dos síntomas. Este Traballo de Fin de Grao céntrase en analizar a toxicidade dos agregados obtenidos a partir de mostras de cerebros de pacientes de Alzheimer mediante ensaios celulares e microscopía de fluorescencia. Plantéanse varios obxectivos, como a extracción e precipitación de agregados de orixe humano, a obtención de imaxes de microscopía de fluorescencia dos agregados obtidos e a determinación da súa toxicidade, seguindo unha metodoloxía que inclúe a precipitación con ácido fosfotúngstico e a transfección celular mediante liposomas. Obtivéronse precipitados de agregados de proteína beta.amiloide de orixe humana, que induciron a agregación en células YFP-AB42-HEK-293T, observables mediante microscopía de fluorescencia.
Dirección
RUIZ RIQUELME, ALEJANDRO IVAN (Titoría)
RUIZ RIQUELME, ALEJANDRO IVAN (Titoría)
Tribunal
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Papel de SIRT2 na regulación da neuroxénese medular.
Autoría
A.L.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.L.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
A neuroxénese é o proceso mediante o cal, a partir de células proxenitoras, desenvólvense neuronas maduras e funcionais. É un proceso complexo e aínda se descoñecen moitas vías e compoñentes de sinalización que interveñen. Por ese motivo, o presente estudo pretende investigar sobre o posible papel da proteina desacetilasa Sirtuina2 na neuroxénese das neuronas serotoninérxicas da medula espinal dos peixes cebra (Danio rerio). Con ese obxectivo, sometéronse a dous tratamentos farmacolóxicos independentes (inhibidores de Sirtuina2: AGK2 e SirReal2) larvas de peixes cebra desde 2 días post-fertilización ata 4 días post-fertilización, período crave na xeración das neuronas serotoninérxicas medulares en peixes cebra. Desta forma pódese comprobar se a Sirtuina 2 presenta algunha función no desenvolvemento das células serotoninérxicas estudando os cambios no número de neuronas xeradas ao inhibir a Sirtuina2. Nas larvas de 4 días post-fertilización (control e tratadas) realizouse un protocolo de inmunofluorescencia anti-serotonina para visualizar in toto as neuronas serotoninérxicas medulares. Posteriormente realizouse a contabilización das neuronas serotoninérxicas do extremo caudal dun total de 199 larvas a partir de fotomicrografías tomadas co microscopio láser confocal Stellaris 8 (Leica Microsystems). Sobre os datos obtidos realizáronse análises estatísticas que permitiron confirmar unha redución significativa na xeración de neuronas serotoninérxicas entre larvas tratadas con fármacos con respecto ás larvas control (tratadas con dimetilsulfóxido). Por tanto, a Sirtuina2 promove a xeración de neuronas serotoninérxicas medulares durante o desenvolvemento temperán. En base a estes resultados, no presente estudo especúlase sobre o posible papel que podería ter Sirtuina2 durante a neuroxénese e considéranse diferentes opcións nas que podería intervir nas vías de sinalización e regulación, tanto das células proxenitoras como das células diferenciadas.

BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Titoría)
GONZALEZ LLERA, LAURA Cotitoría
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Titoría)
GONZALEZ LLERA, LAURA Cotitoría
Tribunal
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Análisis de marcadores xenéticos e inferencia de características fenotípicas con fines forenses (Forensic DNA phenotyping)
Autoría
S.M.E.
Grao en Bioloxía (2ªed)
S.M.E.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
Neste traballo, realizouse unha revisión bibliográfica sobre o Forensic DNA Phenotyping (FDP) que permite a inferencia de caracteres externos visibles e da ascendencia bioxeográfica mediante a análise de polimorfismos dun só nucleótido (SNPs). O obxectivo principal deste traballo é investigar o uso do FDP como técnica complementaria na identificación forense. Para iso, buscáronse traballos publicados desde o ano 2000 na base de datos Pubmed e os motores de búsqueda Google académico e IACOBUS. Descubriuse que nos últimos anos desenvolvéronse técnicas de secuenciación masiva paralela que permiten o analisis de SNPs simultaneamente o que é de gran utilidade no FDP. Ademais, explícanse as metodoloxías para levar a cabo a predición de caracteres externos visibles como a cor de ollos pel e pelo e a ascendencia biogeográfica. Por último expoñerase un caso real no que se utilizou unha destas metodoloxías, os atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid, e abordaranse brevemente as implicacións éticas do fenotipado. Conclúese que grazas aos recentes avances en técnicas de secuenciación masiva paralela o FDP poida ser de gran importancia na investigacións criminais nun futuro.
Neste traballo, realizouse unha revisión bibliográfica sobre o Forensic DNA Phenotyping (FDP) que permite a inferencia de caracteres externos visibles e da ascendencia bioxeográfica mediante a análise de polimorfismos dun só nucleótido (SNPs). O obxectivo principal deste traballo é investigar o uso do FDP como técnica complementaria na identificación forense. Para iso, buscáronse traballos publicados desde o ano 2000 na base de datos Pubmed e os motores de búsqueda Google académico e IACOBUS. Descubriuse que nos últimos anos desenvolvéronse técnicas de secuenciación masiva paralela que permiten o analisis de SNPs simultaneamente o que é de gran utilidade no FDP. Ademais, explícanse as metodoloxías para levar a cabo a predición de caracteres externos visibles como a cor de ollos pel e pelo e a ascendencia biogeográfica. Por último expoñerase un caso real no que se utilizou unha destas metodoloxías, os atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid, e abordaranse brevemente as implicacións éticas do fenotipado. Conclúese que grazas aos recentes avances en técnicas de secuenciación masiva paralela o FDP poida ser de gran importancia na investigacións criminais nun futuro.
Dirección
RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Titoría)
RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Efecto da microbiota intestinal no desenvolvemento do cancro de colon: prevención e tratamento mediante o uso de probióticos
Autoría
A.C.A.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.C.A.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
O cancro colorrectal é o terceiro cancro máis común no mundo, e a segunda causa de mortaldiade relacionada co cancro tanto en homes como en mulleres. Entre os factores de risco, atópanse a dieta, o tabaquismo e o papel que certas bacterias da microbiota poidan desempeñar na carcinoxénese. Esta revisión bibliográfica centraráse no papel que pode xogar a microbiota intestinal no desenvolvemento de cancro de colon e no seu posible tratamento. Analizaránse as diferentes especies bacterianas con potencial para desenvolver a carcinoxénese no colon, ademáis doutras especies con carácter supresor deste desenvolvemento maligno. Por outro lado, recolleremos os resultados de numerosos estudos que demostran o potencial tratamento do cancro colorrectal mediante probióticos, prebióticos e postbióticos, xa que aínda que poidan conlevar certo risco, postuláronse como unha boa opción para o tratamento e prevención desta enfermidade. Finalmente, mencionaremos diversos estudos que propoñen o uso do transplante de microbiota fecal, que actualmente se emprega para tratar infecións por Clostridioides difficile, para o tratamento do cancro colorrectal, aínda que tamén se exporán os diversos riscos que pode conlevar.
O cancro colorrectal é o terceiro cancro máis común no mundo, e a segunda causa de mortaldiade relacionada co cancro tanto en homes como en mulleres. Entre os factores de risco, atópanse a dieta, o tabaquismo e o papel que certas bacterias da microbiota poidan desempeñar na carcinoxénese. Esta revisión bibliográfica centraráse no papel que pode xogar a microbiota intestinal no desenvolvemento de cancro de colon e no seu posible tratamento. Analizaránse as diferentes especies bacterianas con potencial para desenvolver a carcinoxénese no colon, ademáis doutras especies con carácter supresor deste desenvolvemento maligno. Por outro lado, recolleremos os resultados de numerosos estudos que demostran o potencial tratamento do cancro colorrectal mediante probióticos, prebióticos e postbióticos, xa que aínda que poidan conlevar certo risco, postuláronse como unha boa opción para o tratamento e prevención desta enfermidade. Finalmente, mencionaremos diversos estudos que propoñen o uso do transplante de microbiota fecal, que actualmente se emprega para tratar infecións por Clostridioides difficile, para o tratamento do cancro colorrectal, aínda que tamén se exporán os diversos riscos que pode conlevar.
Dirección
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
Tribunal
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
FEIJOO JUARROS, SERGIO (Vogal)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
FEIJOO JUARROS, SERGIO (Vogal)
Evidencias experimentais da influencia da microbiota intestinal na enfermidade de Alzheimer
Autoría
E.C.G.
Grao en Bioloxía (2ªed)
E.C.G.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Está demostrado que a microbiota intestinal e o funcionamento neurolóxico están máis conectados do que se pensaba ata hai uns anos mediante o eixo intestino-cerebro. A través de mediadores neuronais, endócrinos e inmunitarios, a composición e actividade das comunidades microbianas presentes no intestino inflúen en diversos procesos neurolóxicos, entre os que se podería atopar a enfermidade de Alzheimer (EA). Neste traballo farase unha análise bibliográfica das evidencias que existen actualmente para relacionar a biodiversidade microbiana intestinal co desenvolvemento desta enfermidade neurodexenerativa. Farase, ademais, un resumo dos datos dispoñibles que pretenden explicar os principais marcadores asociados á EA, ademais de potenciais elementos detonantes e mitigadores na evolución desta patoloxía con efectos na microbiota intestinal, como a dieta, o exercicio e os probióticos. Os pacientes de alzhéimer caracterízanse por presentar fenómenos patolóxicos como inflamación neuronal crónica, acumulación de placas de proteína beta-amiloide no tecido cerebral e hiperfosforilación da proteína Tau, e reflicten claras variacións na súa microbiota intestinal con respecto aos individuos sans á hora de comparar os resultados experimentais. Desta maneira, conclúese que unha situación de disbiose no organismo pode ser un punto de inflexión para esta neuropatoloxía. O coñecemento desta conexión bidireccional intestino-cerebro permite o desenvolvemento de estratexias e tratamentos (por exemplo, o transplante de microbiota fecal, TMF) para mitigar e, no mellor dos casos, bloquear o avance da EA e de moitas outras que actualmente persisten a nivel global con elevada incidencia.

Efecto da actividade antropoxénica sobre a evolucion animal: a seleccion innatural
Autoría
R.A.C.A.
Grao en Bioloxía (2ªed)
R.A.C.A.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 16:00
18.07.2024 16:00
Resumo
Denominase selección innatural a un tipo de selección de orixe antropoxénico realizada de forma involuntaria, xeralmente oposto a outra forma de selección exercida polo home como é a selección artificial de rasgos de interese productivo. Neste traballo de revisión sobre artigos dos últimos 5 anos, con as recentes aplicacions da xenetica á bioloxía da conservación, centrámonos nesta selección e no cambio climático para reforzar a idea de que son forzas capaces de alterar a evolución das especies. Como resposta non so obtivemos que, si son capaces de alterar a xenética poboacional, senón que tamén o fan de maneiras moi variadas, profundas e complexas, ademais de seren capaces de interaccionar entre elas. De maneira que serán esencias os análises xenéticos na conservación de especies no Antropoceno.
Denominase selección innatural a un tipo de selección de orixe antropoxénico realizada de forma involuntaria, xeralmente oposto a outra forma de selección exercida polo home como é a selección artificial de rasgos de interese productivo. Neste traballo de revisión sobre artigos dos últimos 5 anos, con as recentes aplicacions da xenetica á bioloxía da conservación, centrámonos nesta selección e no cambio climático para reforzar a idea de que son forzas capaces de alterar a evolución das especies. Como resposta non so obtivemos que, si son capaces de alterar a xenética poboacional, senón que tamén o fan de maneiras moi variadas, profundas e complexas, ademais de seren capaces de interaccionar entre elas. De maneira que serán esencias os análises xenéticos na conservación de especies no Antropoceno.
Dirección
VILAS PETEIRO, ROMAN (Titoría)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Titoría)
Tribunal
BLAZQUEZ CAEIRO, JOSE LUIS (Presidente/a)
BARCA MAYO, OLGA (Secretario/a)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Vogal)
BLAZQUEZ CAEIRO, JOSE LUIS (Presidente/a)
BARCA MAYO, OLGA (Secretario/a)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Vogal)
Identificación e validación de novas letalidades sintéticas aplicables a medicina personalizada de tumores de cabeza e pescozo
Autoría
M.S.P.
Grao en Biotecnoloxía
M.S.P.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 16:30
17.07.2024 16:30
Resumo
Os cancros de cabeza e pescozo (HNC) acadaron en 2020 o terceiro posto mundial dos tipos de tumores malignos máis frecuentes. Dentro destes, o subtipo con prevalencia máis alta é o dos carcinomas de células escamosas de cabeza e pescozo (HNSCC). A súa vez, estes poden dividirse entre os positivos e os negativos para o virus do papiloma humano (VPH). Se ben os HNSCC poden tratarse con cirurxía, quimio e/ou radioterapia, ao ser habitual que a enfermidade se detecte nun estadio avanzado, é frecuente a aparición de casos de metástase ou recorrencia con resistencia farmacolóxica. Debido a isto e aos efectos adversos que soen experimentar os pacientes, resulta necesario adoptar novas estratexias terapéuticas enmarcadas na oncoloxía de precisión, sendo unha das máis prometedoras a letalidade sintética. A fin de facilitar ese desenvolvemento, postulouse a viabilidade da creación dunha metodoloxía de computación capaz de propoñer novas interaccións letais sintéticas, con relevancia concretamente para os HNSCC. Por tanto, se expuxeron os seguintes obxectivos: o deseño dun fluxo de trabalo flexible, para que puidese utilizarse con outros tipos de cancro; a identificación deses pares letais sintéticos (SL) útiles para o tratamento dos HNSCC e, a avaliación da relevancia biolóxica de ditas dianas. A metodoloxía resultante que desenvolvín empregou o algoritmo DAISY para a predición e as ferramentas blitzGSEA e STRING para o filtrado de candidatos; así como, software complementario programado ex profeso. Como resultado obtivéronse 45 parellas SL candidatas (9 dos seus xenes sustentados por evidencia bibliográfica) e 44 medicamentos (11 deles aprobados en Estados Unidos) efectivos contra parte dos seus xenes. Non obstante, son necesarios futuros estudos experimentais para confirmar a súa relevancia clínica para tratar os HNSCC.

Gómez Tato, Antonio M. (Titoría)
DOMINGUEZ MEDINA, EDUARDO Cotitoría
Gómez Tato, Antonio M. (Titoría)
DOMINGUEZ MEDINA, EDUARDO Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Vogal)
Deseño e Validación In Silico dun Anticorpo Biespecífico para a Prevención da Transmisión Vertical do VIH-1 Durante a Xestación
Autoría
E.R.D.S.O.
Grao en Biotecnoloxía
E.R.D.S.O.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A transmisión vertical do VIH afecta a miles de recentemente nados anualmente, representando un desafío significativo para a saúde pública global. En 2022, aproximadamente 130.000 novas infeccións ocorreron en nenos debido á transmisión vertical do VIH, a pesar dos esforzos de prevención. Este traballo propón o deseño e proba in silico dun anticorpo biespecífico capaz de bloquear a entrada do VIH nas células da placenta ao unirse tanto á glicoproteína gp120 do virus como ao correceptor CXCR4, utilizados polo virus para a invasión celular. Utilizando ferramentas avanzadas de bioinformática como Rosetta, PyMOL e HADDOCK 2.4, xeráronse e analizáronse modelos 3D do anticorpo e as súas interaccións cos antíxenos obxectivo. Implementáronse modificacións na rexión Fc do anticorpo para mellorar as súas propiedades terapéuticas, incluíndo o aumento da vida media e a redución de funcións efectoras, esenciais para o seu uso seguro durante o embarazo. Os estudos in silico revelaron que o anticorpo deseñado foi capaz de recoñecer as rexións críticas dos antíxenos involucrados na transmisión vertical do VIH. As modificacións realizadas no anticorpo non só melloraron a súa estabilidade e vida media, facilitando a súa posible aplicación terapéutica, senón que tamén aseguraron unha produción eficiente e económica. Os resultados prometedores in silico suxiren que este anticorpo biespecífico podería ser unha ferramenta valiosa para reducir as taxas de transmisión vertical do VIH-1, que actualmente oscilan entre o 1% e o 3.9% en mulleres que reciben terapia antirretroviral durante o embarazo. Esta estratexia innovadora ofrece unha nova esperanza na loita contra o VIH, co potencial de protexer ao feto da infección durante a xestación. A continuación dos estudos é crucial para validar a eficacia do anticorpo en modelos experimentais máis avanzados, co obxectivo de avanzar cara á erradicación do VIH mediante enfoques terapéuticos novidosos e efectivos. Este estudo representa o primeiro paso no desenvolvemento dun biofármaco que podería revolucionar a prevención da transmisión vertical do VIH-1.

MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Titoría)
Manieri Tania, Maria Cotitoría
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Titoría)
Manieri Tania, Maria Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Presidente/a)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Presidente/a)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Secretario/a)
VIDAL TATO, MARIA ISABEL (Vogal)
Extracción e caracterización analítica de compostos bioactivos en castaña
Autoría
L.A.C.
Grao en Biotecnoloxía
L.A.C.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
As castañas tradicionalmente utilizáronse tanto para o consumo humano como animal debido ás súas propiedades nutricionais. Con todo, durante o proceso de pelado xéranse abundantes subprodutos que adoitan ser desbotados ou empregados como combustible, o que supón problemas ambientais. Non obstante, estes subprodutos son ricos en compostos bioactivos, como ácidos fenólicos, flavonoides, taninos e vitamina E, que presentan beneficios para a saúde, o que amosa unha alternativa para revalorizalos. Este traballo consiste nunha revisión bibliográfica para identificar os principais compostos bioactivos presentes nos subprodutos de castaña, así como as técnicas de extracción máis relevantes e as súas posibles aplicacións. Para a obtención destes compostos de interese requírense técnicas de extracción axeitadas, destacando as técnicas modernas, máis respectuosas co medio ambiente, como a extracción con auga subcrítica (SWE), a extracción asistida por ultrasóns (UAE), a extracción con CO2 supercrítico (SC-CO2) e a extracción con microondas (MAE). Por outra banda, os estudos non só informaron de actividades antioxidante e antibacteriana destes compostos, senón tamén de actividades neuroprotectora, antiinflamatoria, inmunomoduladora e anticanceríxena. Debido a estas propiedades, os subprodutos de castaña ofrecen unha serie de posibles aplicacións nas industrias alimentaria, cosmética e farmacéutica.

LORES AGUIN, MARTA (Titoría)
GARCIA JARES, CARMEN MARIA Cotitoría
LORES AGUIN, MARTA (Titoría)
GARCIA JARES, CARMEN MARIA Cotitoría
Tribunal
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Presidente/a)
TOVAR CARRO, SULAY A. (Secretario/a)
FREIRE IRIBARNE, FELIX MANUEL (Vogal)

Deseño de un modelo preclínico organoide do epicardio para estudar a modulación da adipoxénese proinflamatoria en pacientes con patoloxía cardiovascular
Autoría
A.C.B.
Grao en Biotecnoloxía
A.C.B.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
A obesidade asóciase cunha maior acumulación de tecido adiposo epicárdico (EAT), que favorece o desenvolvemento de enfermidades cardiovasculares. O EAT é a graxa situada na zona subepicárdica do corazón, sen barreiras biolóxicas que o separen do miocardio. Para poder estudar os mecanismos fisipatolóxicos cardiovasculares e as terapias dirixidas ao EAT requírense modelos preclínicos celulares in vivo e in vitro que mimeticen os procesos biolóxicos do tecido. O noso obxectivo consistiu en deseñar modelos preclínicos organoides a partir de células mesenquimais de EAT de pacientes con patoloxía cardiovascular. Para iso, empregáronse distintos tipos de matrices extracelulares (ECM) baseadas en hidroxeles de agarosa, matrixel e coláxeno. Empregáronse células mesenquimais de EAT e tecido adiposo subcutáneo (SAT) de pacientes sometidos a ciruxía cardíaca. Realizáronse cultivos directos e indirectos (subcultivos) das células illadas dos tecidos e explantes e seguíronse diariamente mediante microscopía óptica invertida, fluorescencia e/ou multifotónica. Realizáronse tincións específicas de inmunoflorescencia e ensaios funcionais, como a captación de glicosa, anxioxénese e adipoxénese, para estudar a viabilidade e funcionalidade dos organoides e explantes do tecido adiposo. Os resultados amosaron que a agarosa non mantiña a viabilidade celular, mentres que o matrixel permitiu a formación de estruturas esferoides viables con adipocitos e outros tipos celulares. O organoide en matrixel demostrou unha correcta captación de glicosa dependente de insulina, formación de redes vasculares e adipoxénese significativa. As matrices de coláxeno formaron estruturas intermedias entre 2D y 3D, favorecendo a adipoxénese. Este estudio destaca a importancia de seleccionar adecuadamente a ECM para o desenvolvemento de modelos preclñinicos de organoides adiposos. Os cultivos esferoides podrían ter un gran potencial para realizar estudos de enfermedades metabólicas asociadas coa patoloxía cardiovascular, desenvolvemento de terapia rexenerativas e probas de fármacos, contribuíndo significativamente á investigación biomédica e a medicina personalizada.

Eiras Penas, Sonia Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Eiras Penas, Sonia Cotitoría
Tribunal
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Presidente/a)
TOVAR CARRO, SULAY A. (Secretario/a)
FREIRE IRIBARNE, FELIX MANUEL (Vogal)
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Presidente/a)
TOVAR CARRO, SULAY A. (Secretario/a)
FREIRE IRIBARNE, FELIX MANUEL (Vogal)
Avances na medicina rexenerativa cardíaca
Autoría
L.F.B.
Grao en Biotecnoloxía
L.F.B.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
O gran número de enfermidades cardíacas, como o infarto de miocardio, son unha das principais causas de morte nos países industrializados. Ademais, hai que ter en conta que o corazón é un dos órganos do corpo humano con menor capacidade de rexeneración. Esta é a principal razón pola que se require o desenvolvemento de novas técnicas de rexeneración cardíaca. Recentemente, producíronse avances relevantes no campo das terapias celulares (células nai: pluripotentes inducidas, embrionarias ou proxenitoras) e da bioenxeñaría de tecidos (hidroxeles e armazóns decelularizados). Neste traballo descríbense estas estratexias: as súas clasificacións, como se fabrican, as vantaxes e inconvenientes dos distintos sistemas; e recompílase o seu progreso en ensaios preclínicos e clínicos. Actualmente, este campo de estudo aínda é moi recente, gañando popularidade na última década, e require máis tempo para integrarse na práctica médica cotiá, con poucas excepcións, como certos hidroxeles (CorMatrix/VentriGel, nos Estados Unidos).

Preparación de vacina recombinante da proteína da cápside dos serotipos RGNNV e SJNNV do betanodavirus (NNV) mediante a tecnoloxía IC-Tagging.
Autoría
B.A.G.
Grao en Biotecnoloxía
B.A.G.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
A encefalopatía e retinopatía viral (VER) é unha das principais enfermidades infecciosas a nivel mundial no medio acuícola, que afecta a máis de 50 especies con alta letalidade en fases iniciais. Os datos epidemiolóxicos do axente causante do VER, o virus da necrose nerviosa (NNV), mostran unha marcada prevalencia dos serotipos A e C nas piscifactorías de España e do Mediterráneo. Só hai dúas opcións de vacinación aprobadas en Europa contra a NNV, aplicables á robaliza e que ofrecen protección contra o serotipo C; Por iso, é necesario acadar unha estratexia de vacinación NNV eficaz e viable para evitar perdas económicas no sector, e a tecnoloxía IC-Tagging é unha excelente solución. A tecnoloxía IC-Tagging permite a encapsulación “in cellulo” de proteínas en nanosferas (NS) compostas por proteínas marcadas co motivo IC e a proteína muNS-Mi (versión truncada da proteína muNS do reovirus aviar). O obxectivo principal deste traballo fin de grao é producir unha vacina candidata bivalente para os serotipos A e C de NNV utilizando esta tecnoloxía. O obxectivo principal alcanzouse mediante o deseño dunha proteína de fusión composta polo dominio P das proteínas da cápside dos devanditos serotipos unidas polo motivo IC, denominada NNVAg. A proteína NNVAg coexpresase correctamente coa proteína muNS-Mi para obter NS mediante o protocolo do sistema IC-Tagging. Avaliáronse a composición, as propiedades, así como a inmuno-reactividade fronte aos anticorpos de ambos os serotipos do NS producidos en diferentes condicións de cultivo para escoller os dous candidatos con mellores resultados. As dúas vacinas candidatas producíronse a maior escala tanto para realizar ensaios análogos que comprobaban a reproducibilidade, como para obter suficientes NS para realizar ensaios con animais, como paso seguinte.

BARREIRO PIÑEIRO, NATALIA Cotitoría
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Titoría)
BARREIRO PIÑEIRO, NATALIA Cotitoría
Tribunal
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Presidente/a)
TOVAR CARRO, SULAY A. (Secretario/a)
FREIRE IRIBARNE, FELIX MANUEL (Vogal)
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA (Presidente/a)
TOVAR CARRO, SULAY A. (Secretario/a)
FREIRE IRIBARNE, FELIX MANUEL (Vogal)
Indución de senescencia celular en cancro de mama mediante o uso de axentes quimioterápicos
Autoría
L.V.V.
Grao en Biotecnoloxía
L.V.V.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
A senescencia celular é un estado estable de detención do crecemento inducido tras diversos factores de estrés e no que as células son incapaces de proliferar. Este fenómeno caracterízase por unha parada do crecemento na fase G1 do ciclo celular, polo que é un proceso clave na interrupción da proliferación celular descontrolada, característica do cancro. A indución de senescencia nas células canceríxenas podería deter a súa división indefinida, protexendo ao organismo do cancro. Neste traballo, propuxémonos estudar a indución de senescencia por quimioterapia en liñas celulares humanas de cancro de mama, a neoplasia maligna máis diagnosticada en mulleres. Para iso, empregamos dous fármacos quimioterápicos, palbociclib e abemaciclib, inhibidores das quinasas dependentes de ciclina 4 e 6, utilizados actualmente como quimioterapia en pacientes. Creando un sistema in vitro de liñas celulares respondedoras (senescentes) e non respondedoras, caracterizamos a indución de senescencia mediante distintas técnicas. Os nosos resultados indican que ambos os fármacos son eficaces á hora de deter o crecemento descontrolado das células tumorais. Con todo, estudáronse dúas liñas celulares con mutacións frecuentemente atopadas en humanos, que desenvolven resistencia á quimioterapia. Ademais, viuse que abemaciclib podería ter unha maior eficacia que palbociclib, tal e como apuntan os últimos ensaios clínicos publicados. Os resultados obtidos poderían contribuír ao estudo do cancro de mama e ao desenvolvemento de novas terapias efectivas contra esta enfermidade.

Betanodavirus e cambio climático: análise da recombinación de segmentos xenómicos en adaptación á temperatura
Autoría
M.G.S.
Grao en Biotecnoloxía
M.G.S.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
O virus da necrose nerviosa viral (VNNV), xénero Betanodavirus, é o axente causal da necrose nerviosa viral, enfermidade que afecta a numerosas especies de peixes en todo o mundo. O xenoma de este virus está segmentado en dúas febras monocatenarias positivas, o ARN1 que codifica a polimerasa viral e o ARN2 que codifica a proteína da cápside. Os betanodavirus clasifícanse en catro xenotipos distintos, barfin flounder, tiger puffer, striped jack e red-spotted grouper nervous necrosis virus (BFNNV, TPNNV, SJNNV e RGNNV, respectivamente); asimesmo, coñécese que son capaces de reorganizar os seus segmentos xenómicos e identificáronse os recombinantes RGNNV/SJNNV e SJNNV/RGNNV. Os catro xenotipos presentan distinta sensibilidade á temperatura da auga, un parámetro que non permanece invariable, senón que está influenciado por diferentes factores, entre os que destaca o quecemento global debido ao cambio climático. Neste traballo estudouse se a temperatura exerce un efecto significativo na recombinación dos segmentos xenómicos dos xenotipos RGNNV e SJNNV. Para o estudo realizouse a coinfección de virus de ambos xenotipos a 20 y 30 ºC, a proxenie resultante clonouse e analizouse mediante técnicas de PCR cuantitativa e PCR dixital en gotas. Os resultados evidenciaron que a temperatura de 20 ºC favorece a produción de ARN1 do xenotipo SJNNV e exerce un efecto significativo na formación de recombinantes SJNNV/RGNNV. Ao contrario, a temperatura de 30 ºC favorece significativamente a replicación de virus RGNNV/RGNNV, pero a formación de recombinantes SJNNV/RGNNV é posible, o que suxire a existencia de modificacións na secuencia do ARN1 de SJNNV que permiten a súa replicación a esta temperatura.

SOUTO PEREIRA, SANDRA (Titoría)
SOUTO PEREIRA, SANDRA (Titoría)
Tribunal
OTERO CASAL, ANA MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
OTERO CASAL, ANA MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Efectos e tratamento do sobrecrecimiento bacteriano no intestino delgado (SIBO) en nenos de comunidades empobrecidas
Autoría
J.C.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
J.C.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Neste traballo trátase o sobrecrecimiento bacteriano no intestino delgado (SIBO), concretamente o SIBO pediátrico en países en vías de desenvolvemento, coa hipótese de que esta patoloxía estaría implicada en problemas tan graves como a desnutrición, o atraso no crecemento e/ou no neurodesarrollo e expoñendo a gran necesidade de estudo que se require neste contexto. Para iso levou a cabo unha procura de artigos científicos nas bases de datos PubMed e Scopus. De acordo con a bibliografía analizada, nestas condicións empobrecidas a prevalencia do SIBO é moi alta, atopándonos estudos que non só confirmaron a hipótese anteriormente proposta, senón que ademais observamos unha patoloxía que traspasa aínda máis fronteiras, estando relacionada cun gran número de enfermidades e factores de risco, que ven potenciados na poboación pediátrica. Comprobamos que, a pesar de todo iso, o descoñecemento e a heteroxeneidade son moi grandes, non habendo metodoloxías estandarizadas nin para o diagnóstico, nin para o tratamento do SIBO. Por iso, neste traballo faise fincapé na magnitude desta síndrome, que debe de ser estudado de forma máis exhaustiva co fin de poder ofrecer as mellores oportunidades de curación aos pacientes que a sofren.

Factores asociados á progresión do cancro de páncreas.
Autoría
E.L.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
E.L.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Durante as últimas décadas, o cancro de páncreas aumentou notablemente a súa incidencia na poboación. Os estudos para o seu diagnóstico e tratamento tamén aumentaron, a pesar de non obter avances substanciais máis aló dalgunhas relacións con factores asociados ao progreso cara a cancro de páncreas e certos marcadores moleculares. Tales factores poden ser unha fonte de evidencias para comprender mellor a enfermidade e axudar a previr mortes mediante o diagnóstico temperán. Este estudo recompilou información e realizou unha análise estatística en base ao cribado da Unidade de Cancro de Páncreas do Servizo de Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela sobre poboación en situación de alto risco para cancro de páncreas. Analizouse unha cantidade de factores asociados para así determinar as relacións entre eles ademais da viabilidade para o diagnóstico de cancro de páncreas. Os resultados, amplamente inconclusivos, amosan asociacións xa coñecidas sobre a esteatose pancreática, contradicións entre a bibliografía existente acerca da afectación por sexo, indicios de novas relacións inversas entre o alcohol e a expresión de determinados protooncogenes e posibles asociacións con suplementos metabólico-vitamínicos.

Actividade antiviral de extractos de cinaobacterias fronte ao virus da septicemia hemorráxica viral (VHSV)
Autoría
E.S.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
E.S.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
As enfermidades de orixe viral supoñen unha grave ameaza para a acuicultura, causando considerables perdas económicas. Debido á limitada eficacia e os riscos asociados aos fármacos que existen actualmente, é urxente desenvolver alternativas que sexan seguras tanto para os peixes como para o medio ambiente. As substancias naturais obtidas a partir de plantas, algas e cianobacterias levan décadas sendo unha fonte de compostos con actividade antiviral. Este estudo avaliou a capacidade inhibidora de extractos de cianobacteria fronte ao virus da septicemia hemorráxica viral (VHSV). Investigouse o efecto de 3 fraccións (I, Ib e I3) obtidas a partir da cianobacteria Sphaerospermopsis sp., sobre a adsorción e replicación do virus na liña celular de carpa (EPC). Ademais, avaliouse o seu posible uso como axente profiláctico, analizando a súa capacidade de protexer as células fronte á infección viral. Determinouse que as 3 fraccións estudadas, e en especial a fracción Ib, presentaron actividade antiviral. Ademais, evidenciouse o seu impacto no proceso de adsorción viral, aínda que demostraron maior eficacia na inhibición da replicación viral. Os altos porcentaxes de inhibición viral obtidos no ensaio de tratamento celular suxiren que estas substancias poderían ter un efecto relevante na protección fronte á infección por VHSV.

Perfil de resistencia a antibióticos das Enterobacterias presentes como contaminantes en augas costeiras
Autoría
A.V.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.V.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O número de bacterias resistentes aos antibióticos de uso habitual en ambientes acuáticos aumenta cada ano, o que supón un grave problema global de saúde e seguridade. A presenza de residuos farmacolóxicos da gandería na auga do mar favorece a transmisión de xenes de resistencia a antibióticos (ARG), convertendo estes ecosistemas en puntos quentes ou hot spots para a transferencia horizontal de xenes (THG), o que favorece a Evolución da resistencia antimicrobiana por presión selectiva. No presente traballo, levouse a cabo o illamento (mediante medios selectivos) e identificación (mediante o sistema API e a secuenciación do xene de ARNr 16S) de Enterobacterias presentes como contaminantes na auga do mar obtida en dous puntos da praia de Agrelo (Bueu, Pontevedra). Illáronse e identificáronse un total de 40 colonias elexidas ó azar e analizouse o seu perfil de resistencia a 10 antibióticos de distintos grupos e antimicrobianos sintéticos de uso clínico habitual. Así mesmo, detectouse mediante PCR a presenza de xenes de resistencia descritos na literatura. Atopáronse diferenzas significativas en canto a variedade, riqueza e perfís de resistencia entre os dous puntos de mostraxe, sendo maiores no punto próximo a un efluente. En xeral, este traballo confirma que a zona mostrada presenta altos niveis de contaminación e as enterobacterias illadas presentan unha gran variedade de perfís de resistencia aos antimicrobianos.

ESCRIBANO RODRIGUEZ, MARIA DEL PILAR Cotitoría
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
ESCRIBANO RODRIGUEZ, MARIA DEL PILAR Cotitoría
Tribunal
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
Balboa Méndez, Sabela (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
Balboa Méndez, Sabela (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Relación entre a proteína CCM3 e a vía de proteínas YAP/TAZ
Autoría
A.D.T.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.D.T.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
As malformacións cavernosas cerebrais (cerebral cavernous malformations, CCM), tamén denominadas cavernomas ou angiomas cavernosos, son unha patoloxía que afecta á microvasculatura do sistema nervioso central, dando lugar a acúmulos de capilares engrosados cunha fisioloxía alterada. Poden xurdir de forma esporádica ou por predisposición xenética. Estes últimos coñécense como cavernomas familiares (fCCM). Os fCCMs están relacionados coa mutación dalgún dos chamados xenes CCM: CCM1, CCM2 e CCM3. En concreto as mutacións na proteína CCM3 dan lugar aos efectos de maior gravidade e a idades máis temperás. Recentemente, estableceuse o papel de CCM3 como inhibidor das proteínas YAP/TAZ. A vía de proteínas YAP/TAZ ten un papel vital en numerosos procesos entre os que destacan a homeostasis tisular, a anxioxénese ou a proliferación celular. Comprender o funcionamento e a regulación destas proteínas permite aumentar o noso coñecemento sobre o desenvolvemento de tecidos e órganos. Isto á súa vez ten un gran potencial para o desenvolvemento de novos tratamentos para diferentes afeccións, entre elas os cavernomas. Con este traballo pretendemos afondar na relación entre estas proteínas, de forma que se amplíe o entendemento da función de cada unha de las e a súa regulación nas células endoteliales. Para iso analizouse a expresión de xenes involucrados na vía YAP/TAZ en células endoteliales mutantes de CCM3, empregando técnicas ómicas e de experimentación in vitro. Nos resultados observamos, como xa estaba descrito noutros tipos celulares, que a confluencia parece exercer un efecto inhibidor sobre a expresión dalgúns dos xenes descritos como regulados pola vía YAP/TAZ, pero non doutros. A análise do efecto da ausencia de CCM3 sobre os niveis de expresión dos xenes valorados cos modelos empregados indícanos que, se existe, é dependente do tipo e estado celular.

ZALVIDE TORRENTE, JUAN BAUTISTA Cotitoría

ZAPATA BABIO, JOSE CARLOS (Presidente/a)
RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Secretario/a)
ARIAS CRESPO, Ma DEL PILAR (Vogal)

O envellecemento da pel
Autoría
A.M.D.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.M.D.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
O envellecemento é a acumulación de danos provocados de forma intrínseca (procesos xenéticos) e extrínseca (factores ambientais destacando a radiación UV) ao longo da vida dun individuo, deteriorando funcións fundamentais do seu organismo. Algúns destes cambios maniféstanse de forma clara no maior órgano do noso corpo: a pel, con imperfeccións como enrugas ou hiperpigmentación. Manter un aspecto xove é un tema central na sociedade, polo que neste traballo analizouse o proceso xeral de envellecemento, así como a fisioloxía e histoloxía da pel para comprender como se produce nela e como combatilo grazas a tratamentos cosméticos, xa que aínda que a pel teña mecanismos de protección endóxenos, a poboación vai un paso máis aláquerendo recuperar un aspecto máis xoven. Por iso, neste traballo, plantéxase a hipótese de se realmente se pode loitar contra o envellecemento con cosméticos e cales son os produtos máis destacables para conseguilo. Finalmente conclúese que cunha skincare (coidado da pel) adecuada poderase lograr. Esta incluirá, por orde de prioridade, produtos para a protección e reparación da pel, para a súa hidratación e para a súa activación e rexeneración.

VIÑAS DIAZ, ANA MARIA (Titoría)
VIÑAS DIAZ, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
ZAPATA BABIO, JOSE CARLOS (Presidente/a)
RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Secretario/a)
ARIAS CRESPO, Ma DEL PILAR (Vogal)
ZAPATA BABIO, JOSE CARLOS (Presidente/a)
RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Secretario/a)
ARIAS CRESPO, Ma DEL PILAR (Vogal)
Aspectos bioquímicos da hipercolesterolemia familiar e do seu tratamento farmacolóxico
Autoría
M.M.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.M.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Neste traballo analizouse o tratamento actual para a hipercolesterolemia familiar, un tipo de hiperlipidemia causada por un trastorno xenético autosómico dominante. É unha enfermidade hereditaria que somete aos seus pacentes á dependencia de fármacos para reducir os niveles de colesterol unidos a lipoproteínas de baixa densidade na circulación sanguínea, co fin de previr unha enfermidade cardiovascular, e con iso, evitar mortes prematuras: senón se diminúen os niveis elevados de colesterol unidos a lipoproteínas de baixa densidade no plasma, poden levar á formación dunha placa denominada ateroma que pode dificultar a corrente sanguínea e dar lugar a eventos cardiovasculares adversos, por iso, o seu control, e con iso, o seu tratamento, é moi importante. O tratamento actual por elección son as estatinas, sen embargo, descoñécese se o uso diario destos fármacos inflúe ou influirá na vida do pacente, como tampoco coñécense otros fármacos alternativos na poboación en xeral. Nesta revisión preténdese dar unha información xeral o máis actual posible sobre os distintos tratamentos dispoñibles para a hipercolesterolemia familiar, e, investigar os posibles efectos adversos que poidan ocasionar as estatinas, así como os seus efectos pleiotrópicos. Ademáis, preténdese dar coñecemento sobre os fármacos máis recentes e menos coñecidos, como o ácido bempedoico, podendo ter outros efectos, todavía moi descoñecidos.

Caracterización do factor de transcripción VvmybA1 e inserción do retrotransposón Gret1 en Vitis vinifera L.
Autoría
L.Q.F.
Grao en Bioloxía (2ªed)
L.Q.F.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
A viticultura é unha actividade histórica que, en Galicia, xerou unha importante diversidade de variedades de Vitis vinifera L. con potencial enolóxico recoñecido a nivel mundial. Un dos fenotipos máis característicos e determinantes enolóxicamente é a cor da pel das uvas, determinada pola capacidade de síntese e acumulación de antocianinas neses tecidos. O fenotipo orixinal da cor de uvas é o vermello, violeta, incluso negro. O xene VvmybA1 é un factor de transcrición chave na ruta biosintética das antocianinas e súa actividade vese alterada pola inactivación do seu promotor pola inserción dun retrotransposón. Iso leva á xerar un alelo non funcional de VvmybA1, responsable do fenotipo das uvas brancas. A análise por PCR do locus do xene VvmybA1 nas variedades galegas mostra, nas variedades tintas, o alelo funcional, VvmybA1c, e un alelo non funcional VvmybA1a, coa inserción na rexión promotora do retrotransposón Gret1 no 77% delas. No caso das variedades brancas, a totalidade delas son portadoras do alelo non funcional VvmybA1a. Entre as variedades galegas foron analizados os datos xenómicos da variedade branca Albariño, Albariño Gris (unha variante con color suave) e a tinta Brancellao. As ensamblaxes xenómicas haploides desas variedades conteñen o alelo VvmybA1a, coa inserción completa de Gret1. Sen embargo, a análise en detalle dos datos brutos de secuenciación masiva de fragmentos largos Nanopore (ONT) permitiu detectar o alelo funcional (VvmybA1c) na variedade tinta Brancellao. No Albariño Gris, a presencia do alelo VvmybA1n constitúe unha variación somática, que representa unha reversión parcial do evento de inserción de Gret1, pero que é suficiente para unha reversión, tamén parcial, ao fenotipo de uva tinta dese cultivar.

Díaz Losada, Emilia Cotitoría
REY MENDEZ, MANUEL (Titoría)
Díaz Losada, Emilia Cotitoría
Tribunal
ZAPATA BABIO, JOSE CARLOS (Presidente/a)
RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Secretario/a)
ARIAS CRESPO, Ma DEL PILAR (Vogal)
ZAPATA BABIO, JOSE CARLOS (Presidente/a)
RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Secretario/a)
ARIAS CRESPO, Ma DEL PILAR (Vogal)
Novos mecanismos implicados na Esteatohepatite Asociada a Disfunción Metabólica: posible papel da O-Glucosil-N-Acetilación
Autoría
A.D.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.D.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A Esteatohepatite Asociada a Disfunción Metabólica é unha das etapas da enfermidade coñecida como Fígado Graxo Asociado a Disfunción Metabólica. A esteatohepatite caracterízase, ademais de pola acumulación de lípidos da nome a todo o espectro clinicopatolóxico, por dano hepatocelular, inflamación e, eventualmente, fibrose. O principal determinante da severidade e avance da enfermidade é precisamente a presenza e grao de fibrose, cuxa evolución depende fundamentalmente das células estreladas hepáticas. Durante a enfermidade, estas células actívanse e transdiferéncianse en miofibroblastos produtores de matriz extracelular. Por outro lado, a O-Glucosil-N-Acetilación é unha modificación postraducional que afecta a unha gran variedade de proteínas. Esta modificación actúa coma un sensor nutricional e a súa desregulación está implicada en diferentes patoloxías. Non obstante, o seu papel na activación das células estreladas hepáticas non está ben caracterizado. O obxectivo deste traballo é estudar a posible implicación da O-Glucosil-N-Acetilación neste proceso. Para isto, determinouse o estado desta modificación nas células estreladas hepáticas activadas. A continuación, analizouse a expresión de marcadores fibróticos en células estreladas hepáticas activadas nas que se inhibira a O-Glucosil-N-Acetilación. Finalmente, determinouse o grao de dano hepático en ratos alimentados con dieta fibroxénica nos que se inhibira a O-Glucosil-N-Acetilación específicamente nas células estreladas hepáticas. Tras analizar os resultados, observouse que a O-Glucosil-N-Acetilación encontrábase aumentada en células estreladas hepáticas activadas e que a súa diminución reduciu o grao de activación das células in vitro e o dano hepático in vivo. Os resultados obtidos neste estudo, xunto coa literatura dispoñible sobre esta temática, apuntan a que a O-Glucosil-N-Acetilación ten un papel importante na activación das células estreladas hepáticas e, en consecuencia, no desenvolvemento de fibrose hepática.

Parracho Martínez, Tamara Cotitoría
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Titoría)
Parracho Martínez, Tamara Cotitoría
Tribunal
REVILLA LOPEZ, MARIA GLORIA (Presidente/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
REVILLA LOPEZ, MARIA GLORIA (Presidente/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
CCR9 como diana terapéutica en cancro de ovario
Autoría
L.F.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
L.F.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
O cancro de ovario representa a quinta causa de morte por cancro na muller e a primeira causa de mortalidade por cancro xinecolóxico. Xunto coa elevada resistencia ás quimioterapias, as dificultades para realizar un diagnóstico precoz contribúen a explicar a alta mortalidade e o gran número de recaídas. Debido a esto, é necesario incrementar os esforzos en investigación neste campo. A sobreexpresión do receptor de quimioquinas CCR9 en distintos tipos de cancro, xunto coa súa activación, resultan nun incremento en propiedades celulares de maior malignidade (incremento na motilidade, invasión, metástase e quimiorresistencia). É debido á presenza, actividade e papel de CCR9 en distintos tipos de cancro, incluido o cancro de ovario, que é necesario continuar investigando este receptor e o seu potencial como diana terapéutica. Neste traballo estudiamos mediante distintas técnicas a expresión de CCR9 e a súa presencia en membrana nas liñas celulares de cancro de ovario (OVCAR3 e CAOV3) nas que inducimos a transición epitelio mesénquima (EMT); empleamos a EMT como modelo para o estudo de CCR9 xa que durante este proceso as células adquiren características de maior malignidade que tamén se relacionan con este receptor. Aínda que mediante citometría de fluxo non detectamos a expresión de CCR9 en células viables, mediante Western blot si observamos uns niveis maiores de CCR9 en células OVCAR3 que sufriron EMT con respecto aos controis. Estos resultados parecen confirmar a relación de CCR9 con fenotipos celulares máis agresivos en cancro de ovario. Tamén estudamos se a inhibición de CCR9 mediante o tratamento con vercirnon modifica a sensibilidad a cisplatino en liñas tumorais de cancro de ovario; non observamos diferencias significativas na mortalidade por cisplatino entre células tratadas e non tratadas co inhibidor. Son necesarios máis estudos para profundizar no coñecemento do papel que CCR9 xoga na sensibilidade resistencia a cisplatino.

CARNEIRO FREIRE, CARMEN Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
CARNEIRO FREIRE, CARMEN Cotitoría
Tribunal
REVILLA LOPEZ, MARIA GLORIA (Presidente/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
REVILLA LOPEZ, MARIA GLORIA (Presidente/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
Accións de p107 en fígado nun modelo de rato con fígado graxo.
Autoría
P.V.L.
Grao en Bioloxía (2ªed)
P.V.L.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
Investigacións recentes demostraron que a ausencia de p107, un membro clave da familia das pocket protein, leva a unha mellora no metabolismo hepático ao evitar a acumulación de lípidos en modelos de dieta rica en graxas. A pesar destes resultados, o seu papel na progresión da enfermidade do fígado graxo asociado ao metabolismo (MAFLD) cara a fases máis avanzadas aínda non foi totalmente esclarecido. Polo tanto, o obxectivo principal deste traballo é explorar como a ausencia de p107 afecta o desenvolvemento de MAFLD en ratos alimentados cunha dieta rica en graxas e deficiente en colina (CD-HFD). En resumo, os nosos descubrimentos suxiren que a deficiencia global de p107 podería conferir unha protección significativa contra a progresión da enfermidade do fígado graxo asociada ao metabolismo e da esteatohepatite asociada ao metabolismo (MASH), destacando así o seu potencial como obxectivo terapéutico potencial.

VARELA MIGUENS, MARTA Cotitoría
TOVAR CARRO, SULAY A. (Titoría)
VARELA MIGUENS, MARTA Cotitoría
Tribunal
REVILLA LOPEZ, MARIA GLORIA (Presidente/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
REVILLA LOPEZ, MARIA GLORIA (Presidente/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
A compatibilidade na comunicación mito-nuclear e a súa relevancia terapéutica
Autoría
L.G.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
L.G.M.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A mitocondria é un orgánulo comunmente asociado ao seu papel como xerador de enerxía celular, sen embargo, posúe un material xenético propio que lle proporciona numerosas función e propiedades. O ADN mitocondrial é unha molécula clave no funcionamento celular e no mantemento da homeostasis que conta cunha forma de herdanza particular. Esta última característica dificulta o diagnóstico de enfermidades provocadas por mutacións no material xenético mitocondrial e de igual xeito no desenvolvemento de terapias para tratalas. Aínda que o mitoxenoma se atope físicamente separado no interior celular, é moi dependente do xenoma nuclear, co que establece unha comunicación precisa e altamente regulada. A estreita relación entre xenomas supón a emerxencia dunha nova propiedade, a compatibilidade mitonuclear. Este atributo abre unha nova perspectiva na investigación dos procesos de regulación celulares e na abordaxe de estratexias terapéuticas para múltiples enfermidades máis aló das propiamente mitocondriais.

MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
GARCIA SOUTO, DANIEL (Secretario/a)
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Papel neuroendocrino dos astrocitos hipotalámicos.
Autoría
R.G.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
R.G.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A insulina é unha hormona involucrada no metabolismo da glicosa que estimula o seu paso do sangue aos tecidos. Descubriuse que no sistema nervioso central (SNC), regula a entrada de glicosa ó cerebro polo receptor de insulina (IR). Se se elimina o IR en neuronas do SNC, prodúcense cambios no metabolismo da glicosa e balance enerxético. A deleción do receptor en astrocitos modifica a entrada de glicosa ó cerebro ante unha dieta estándar. Como a insulina comparte receptores co Insuline Growth Factor 1 (IGF1), o bloqueo completo da sinalización de insulina require a ablación de ambos receptores. Neste traballo quérese entender o papel da sinalización de insulina nos astrocitos sobre a homeostase metabólica nun contexto de obesidade inducida pola dieta. Usáronse 25 ratos, 13 control e 12 cunha deleción dos receptores IR/IGF1R astrocitarios, divididos en alimentación con dieta estándar ou dieta alta en graxa durante 9 semanas para monitorizar semanalmente o peso corporal. Tamén se usaron 35 ratos, 18 controis irmáns da mesma camada sen modificación xenética e 17 coa mesma deleción (IR/IGF1R) astrocitaria e foron expostos a dieta estándar, dieta alta en graxa 5 días ou 15 días. Tras o sacrificio, cuantificáronse os niveis de proteína cinasa B e a súa forma fosforilada (participan na vía sinalización de insulina) mediante Western Blot. Determináronse os lípidos hepáticos mediante a tinguidura de aceite vermello O e os séricos (colesterol, triglicéridos e ácidos graxos non esterificados). Os resultados suxiren que os ratos sometidos a dieta alta en graxa coa deleción dos receptores IR/IGF1R astrocitarios aumentan menos o seu peso, pero non mostran cambios na vía de sinalización da insulina no hipotálamo nin aumento dos lípidos hepáticos e séricos.

GONZALEZ GARCIA, ISMAEL (Titoría)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO Cotitoría
GONZALEZ GARCIA, ISMAEL (Titoría)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO Cotitoría
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
GARCIA SOUTO, DANIEL (Secretario/a)
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
GARCIA SOUTO, DANIEL (Secretario/a)
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Papel da Glicóxeno Sintasa 1 (GYS1) na Enfermidade do Fígado Graxo non Alcohólico
Autoría
J.L.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
J.L.P.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A enfermidade do fígado graxo non alcohólico é unha das principais causas de dano hepático a nivel mundial. Está asociada a enfermidades como a obesidade, a diabetes tipo 2 e enfermidades relacionadas co almacenamento do glicóxeno. Na procura de novas dianas terapéuticas estudamos, neste traballo, o papel da proteína glicóxeno sintasa 1 na progresión da Enfermidade do Fígado Graxo non Alcohólico. Para iso analizamos os niveis de expresión de ARNm da glicóxeno sintasa 1 en diferentes modelos murinos e en cultivos celulares de hepatocitos e células estreladas mediante a técnica de q-PCR, así como os seus niveis proteicos mediante a técnica de western blot. Posteriormente comprobamos se o silenciamento desta proteína é capaz de mellorar o acúmulo de lípidos inducido polo Ácido Oleico e unha combinación de ácido oleico + Palmitato mediante a técnica de Oil-Red O. Observamos que a glicóxeno sintasa 1 aumenta tanto en modelos in vivo de esteatose e fibrose, como in vitro en células estreladas activadas por TGF beta e en hepatocitos humanos sometidos a condicións de esteatose (inducidas polos tratamentos con ácidos graxos), polo que asumimos que esta proteína cumpre certas funcións nestes procesos. Co silenciamento da glicóxeno sintasa 1 nos hepatocitos non fomos capaces de reverter o acúmulo de lípidos cando as células foron tratadas unicamente con ácido oleico, pero o acúmulo de lípidos si se viu reducido en células tratadas cunha mestura de ácido oleico e palmitato. Á vista destes resultados, a glicóxeno sintasa 1 podería actuar como diana terapéutica para o tratamento da enfermidade do fígado graxo non alcohólico.

DA SILVA LIMA, NATALIA Cotitoría
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Titoría)
DA SILVA LIMA, NATALIA Cotitoría
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
GARCIA SOUTO, DANIEL (Secretario/a)
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
GARCIA SOUTO, DANIEL (Secretario/a)
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Técnicas de edición xenómica e as súas aplicacións
Autoría
E.M.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
E.M.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A mutaxénese de sitio dirixido é unha das técnicas máis usadas pola enxeñaría xenética, e impulsouse moito coas técnicas baseadas na PCR. Nestas técnicas, para a introducción de estas mutacións in vitro no DNA diana empréganse mecanismos como a recombinación homóloga e os vectores (plásmidos bacteriáns, virus...). Sen embargo, cando se pretende levar a cabo mutaxénese in vivo presentan certas limitacións, coma a baixa estabilidade e a posibilidade de integración e reacción inmunolóxica, respectivamente. Para evitalo, comenzou a investigarse o emprego de nucleasas programables. A maquinaria celular do organismo non só repararía os cortes producidos polas nucleasas, senon que ademáis permitiría corrixir ou introducir as mutacións desexadas. As primeiras ferramentas deste tipo creadas foron as baseadas en proteínas cos dedos de zinc (ZFNs), que foron posteriormente substituidas polas baseadas en sistemas de recoñecemento de Xanthomonas (TALENs) e especialmente polas derivadas do sistema de inmunidade adaptativo dalgunhas procariotas (CRISPR-Cas). Aínda que todos eles demostraron ser válidos para unha gran variedade de aplicacións, como diversas terapias xénicas, os sistemas CRISPR son os máis polivalentes polo seu deseño sinxelo e o menor número de efectos colaterais. Ademais, a variedade de tipos existentes ofrece diferentes matices que poden ser dirixidos a diversas aplicacións, sempre que no futuro se incremente o coñecemento sobre o seu funcionamento e se reduza o impacto das súas desvantaxes.

COVELO ARTOS, GUILLERMO (Titoría)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
GARCIA SOUTO, DANIEL (Secretario/a)
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
GARCIA SOUTO, DANIEL (Secretario/a)
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Efecto da glicosa na funcionalidade das células de músculo liso de aorta
Autoría
L.V.L.
Grao en Bioloxía (2ªed)
L.V.L.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
A diabetes mellitus é unha enfermidade crónica caracterizada por altos niveis de glicosa no sangue, afecta a millóns de persoas globalmente e pode provocar diversas complicacións, incluíndo enfermidades cardiovasculares. Este estudo analiza como a elevada concentración de glicosa afecta ás características estruturais e funcionais das células de músculo liso da aorta, entre elas a proliferación celular, tamaño celular, complexidade celular, acumulación de proteínas e actividade lactato deshidroxenasa. Para iso, utilizáronse células de músculo liso de aorta de rata cultivadas durante un mes en medios con diferente concentración de glicosa: 1 g/L (condición control) e 4,5 g/L (condición hiperglicémica). A exposición prolongada a altas concentracións de glicosa traduciuse nunha diminución da capacidade proliferativa celular, tamaño celular reducido, aumento da complexidade, incremento na acumulación de proteína e lactato deshidroxenasa normal. Os resultados obtidos conclúen que a exposición prolongada a concentracións elevadas de glicosa afecta negativamente ao crecemento e integridade celular relacionados coa produción de especies reactivas do osíxeno (ROS), disfunción mitocondrial e acumulación de produtos de glicosilación avanzada (AGEs) descritas en estudos previos.

Investigando o posible papel de IGF-ALS (insulin-like growth factor acid-labile subunit) en asma alérxica moderada-grave
Autoría
I.G.B.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.G.B.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
A asma é unha enfermidade crónica cunha prevalencia do 4,3%. IGF-ALS é un biomarcador do fenotipo alérxico grave, pero descoñécese se participa no mecanismo fisiopatolóxico (é dicir, biomarcador primario) ou non. A gravidade da asma podería ser dependente da transición epitelio-mesenquimal, un fenómeno que podería participar no remodelado bronquial, e IGF-ALS podería cooperar con LPS e TGFb na indución deste proceso. De confirmarse, IGF-ALS debería producirse preto das células epiteliais bronquiais, e os macrófagos poderían ser unha posible fonte. Para validar ambas hipóteses tratáronse células epiteliais bronquiais humanas (BEAS-2B) con IGF-ALS, LPS e TGFb, sós ou en combinación con inhibidores da sinalización inducida por TGFb ou LPS, e realizáronse diversos estudos para analizar a indución da transición epitelio-mesenquimal. Ademais, illáronse monocitos humanos e polarizáronse in vitro a macrófagos M1/M2, avaliando a expresión do xene IGF-ALS mediante RT-qPCR. Os resultados amosan que IGF-ALS reduce os niveis de E-cadherina en células BEAS-2B, o que é compatible coa existencia de transición epitelio-mesenquimal, e podería empregar unha ruta de sinalización similar á utilizada por LPS/CD14/TLR4. Por último, os macrófagos expresan o mRNA de IGF-ALS, especialmente os M2, polo que poderían ser unha fonte local desta proteína no tecido bronquial de pacientes con asma moderada-grave

NIETO FONTARIGO, JUAN JOSE (Titoría)
Miguéns Suárez, Pablo Cotitoría
NIETO FONTARIGO, JUAN JOSE (Titoría)
Miguéns Suárez, Pablo Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Identificación de comunidades microbianas produtoras de lactato en fermentación anaerobia
Autoría
X.G.D.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
X.G.D.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
A valorización de residuos e subprodutos mediante fermentación anaerobia representa unha estratexia prometedora para transformar o carbono orgánico en produtos de alto valor engadido, contribuíndo a unha economía circular. As rutas metabólicas que teñen como intermedio ao lactato e dan lugar a ácidos graxos volátiles son especialmente relevantes pois permiten unha maior selectividade cara ácidos de cadea impar e unha maior produción de ácidos de cadea media a través do mecanismo de elongación de cadea. Deseñáronse experimentos segundo as rutas metabólicas e factores que favorecen a produción de lactato. Realizouse a secuenciación dos amplicóns do 16S e caracterizáronse as poboacións microbianas involucradas na conversión do carbono orgánico vía lactato mediante o análise do reactor ao longo do tempo. A técnica utilizada foi a secuenciación do ADN por metabarcoding. Estudouse a estrutura e diversidade alfa e beta da comunidade microbiana, o microbioma común e estable a todas as condicións nas que se producen cantidades significativas de lactato como intermedio. Os resultados obtidos indican que o filo Firmicutes, concretamente a clase Bacilli, está relacionado coa produción de ácido láctico na fermentación anaerobia. Este enfoque permitirá unha comprensión profunda de como optimizar a fermentación anaerobia para a produción de compostos valiosos e como as comunidades microbianas contribúen a estes procesos. Os resultados poden ter aplicacións prácticas no deseño de biorrefinerías máis eficientes e sostibles.

MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL Cotitoría
Balboa Méndez, Sabela (Titoría)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
A febre hemorráxica de Crimea-Congo: revisión sistemática e situación en España
Autoría
N.M.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
N.M.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
A febre hemorráxica de Crimea-Congo é unha enfermidade zoonótica viral transmitida por carrapatas do xénero Hyalomma. A enfermidade é endémica en zonas do Sueste de Europa, Asia e África, mais debido á globalización estanse a dar casos noutros lugares, incluíndo España. As carrapatas infectadas parasitan varios hóspedes, pero os humanos son os únicos que desenvolven a enfermidade trala infección, xurdindo así a necesidade de avaliar o risco de infección humana polo virus. Tendo en conta ademais que en España se deron 12 casos de infección humana ata o día, 4 deles vítimas mortais, resulta interesante a avaliación do risco asociado á expansión da enfermidade no país. Desta maneira, xorde a necesidade da realización do presente proxecto. Mediante revisión sistemática e busca de información adicional, proporciónase tanto unha instantánea da información actual máis relevante sobre á enfermidade, coma a avaliación da mobilidade do virus no territorio español, ante ameazas coma o cambio climático ou as migracións. Os resultados suxiren unha migración dos vectores virais cara o Norte peninsular nun futuro próximo, convindo non infraestimar o potencial do virus aínda que o risco de infección humana non semelle aumentar de maneira alarmante.

López Romalde, Jesús Ángel (Titoría)
López Romalde, Jesús Ángel (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Actividade antimicrobiana de hidroxeles sintéticos con antibióticos encapsulados
Autoría
N.R.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
N.R.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
A resistencia aos antimicrobianos é unha preocupación global debido á difusión de cepas bacterianas multirresistentes e ás dificultades asociadas ao desenvolvemento de novas terapias. Neste contexto, os hidroxeles con antibióticos e outros antimicrobianos encapsulados preséntanse como unha solución innovadora e prometedora. Este traballo analiza o uso de hidroxeles para mellorar a eficacia dos tratamentos antimicrobianos e reducir a aparición de resistencias mediante unha liberación controlada e sostida de fármacos. O obxectivo principal foi realizar unha exhaustiva revisión bibliográfica sobre os avances no desenvolvemento de hidroxeles que encapsulan antimicrobianos. Os obxectivos específicos inclúen revisar o mecanismo de formación dos hidroxeles e os seus diferentes tipos, estudar a súa capacidade para encapsular fármacos e explorar as posibles aplicacións biomédicas destes hidroxeles. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica sistemática utilizando bases de datos académicas como PubMed, Scopus e Google Scholar. Segundo a literatura analizada, os hidroxeles sintéticos con antibióticos encapsulados representan unha estratexia innovadora para mellorar a administración de antimicrobianos e combater a resistencia bacteriana. Teñen potenciais aplicacións no tratamento de infeccións, así como na enxeñería de tecidos e mesmo na industria alimentaria. Non obstante, son necesarios máis estudos para superar os desafíos técnicos e avaliar a súa eficacia en aplicacións clínicas reais.

AFONSO LAGES, MARTA CAROLINA Cotitoría
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
AFONSO LAGES, MARTA CAROLINA Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Impacto da sobreexpresión de FoxM1 na senescencia celular
Autoría
A.P.G.
Grao en Biotecnoloxía
A.P.G.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A senescencia é un estado celular estable desencadeado por diversos factores, como o dano xenético ou o estrés celular, no que as células deteñen a súa proliferación. Aínda que estas células permanecen metabolicamente activas, deixan de dividirse. A acumulación de células senescentes é un fenómeno crucial no proceso de envellecemento. Por outra parte, FoxM1 é un factor de transcrición que desempeña funcións clave na regulación do ciclo celular. Estudos anteriores demostraron que este factor xoga un papel importante retrasando o proceso de envellecemento, alargando así a esperanza e a calidade de vida en ratos. Os obxectivos deste proxecto céntranse en comprender como a sobreexpresión do xene FoxM1 impacta en células senescentes. A partir do observado en estudos previos, hipotetizouse que a indución da súa expresión podería retrasar ou atenuar o fenotipo senescente. Así, buscouse establecer un sistema de sobreexpresión inducible in vitro mediante técnicas de transdución lentiviral e, posteriormente, avaliar os cambios na proliferación celular e outros biomarcadores asociados a senescencia. A pesar de que o sistema de expresión funcionou correctamente e os cultivos sobreexpresaban FoxM1, os nosos resultados non foron capaces de demostrar cambios favorables á hipótese inicial. Neste traballo demostrouse como a sobreexpresión de FoxM1 adiantou a entrada en senescencia por estrés replicativo e non tivo ningún efecto senomórfico. Estes achados poderían ter implicacións en futuras investigacións acerca das funcións deste factor de transcrición no campo da bioloxía celular e molecular.
A senescencia é un estado celular estable desencadeado por diversos factores, como o dano xenético ou o estrés celular, no que as células deteñen a súa proliferación. Aínda que estas células permanecen metabolicamente activas, deixan de dividirse. A acumulación de células senescentes é un fenómeno crucial no proceso de envellecemento. Por outra parte, FoxM1 é un factor de transcrición que desempeña funcións clave na regulación do ciclo celular. Estudos anteriores demostraron que este factor xoga un papel importante retrasando o proceso de envellecemento, alargando así a esperanza e a calidade de vida en ratos. Os obxectivos deste proxecto céntranse en comprender como a sobreexpresión do xene FoxM1 impacta en células senescentes. A partir do observado en estudos previos, hipotetizouse que a indución da súa expresión podería retrasar ou atenuar o fenotipo senescente. Así, buscouse establecer un sistema de sobreexpresión inducible in vitro mediante técnicas de transdución lentiviral e, posteriormente, avaliar os cambios na proliferación celular e outros biomarcadores asociados a senescencia. A pesar de que o sistema de expresión funcionou correctamente e os cultivos sobreexpresaban FoxM1, os nosos resultados non foron capaces de demostrar cambios favorables á hipótese inicial. Neste traballo demostrouse como a sobreexpresión de FoxM1 adiantou a entrada en senescencia por estrés replicativo e non tivo ningún efecto senomórfico. Estes achados poderían ter implicacións en futuras investigacións acerca das funcións deste factor de transcrición no campo da bioloxía celular e molecular.
Dirección
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Collado Rodríguez, Manuel Cotitoría
DA SILVA ALVAREZ, SABELA Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Collado Rodríguez, Manuel Cotitoría
DA SILVA ALVAREZ, SABELA Cotitoría
Tribunal
OTERO CASAL, ANA MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
OTERO CASAL, ANA MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Estudo do papel de p16 como indutor de senescencia celular para novas terapias antitumorais
Autoría
I.P.S.
Grao en Biotecnoloxía
I.P.S.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A senescencia celular é unha resposta antitumoral que debe ser superada polas células cancerosas no seu camiño cara a conversión maligna. A reactivación desta resposta durante o tratamento do cancro podería ser unha forma eficaz de restrinxir o crecemento tumoral. As quinasas dependentes de ciclinas (CDK) son reguladores esenciais do ciclo celular e estanse a desenvolver con éxito fármacos anticancerosos que imitan a actividade dos inhibidores de CDK (CDKis) naturais. Un dos CDKis máis coñecidos é p16, que actúa como supresor tumoral ao inhibir a fosforilación da proteína do retinoblastoma (pRb) por CDK4 e CDK6, provocando a detención do ciclo celular e a senescencia. Neste traballo lográronse expresar de forma inducible elevados niveis de p16 para estudar se a súa expresión é suficiente para provocar a entrada en senescencia en células tumorais, e se esta senescencia é reversible unha vez cesa a expresión. A sobreexpresión robusta de p16, aínda que reduciu a proliferación, non foi suficiente para inducir a detención do ciclo celular en células MCF7 ou A549, e pRb permaneceu hiperfosforilado. Para probar a posibilidade da presenza de mutacións nesta vía que poderían estar previndo a detención do ciclo celular, tratáronse as células con palbociclib, un fármaco inhibidor de CDK4/6 ao igual que p16. Este si que foi capaz de parar a proliferación e inducir a senescencia. Tamén se realizaron ensaios de coinmunoprecipitación para comprobar se p16 se unía a súa diana CDK4. Aínda que a inmunoprecipitación de p16 mostrou a coinmunoprecipitación de CDK4, a detección de p16 foi mínima ou nula cando CDK4 foi inmunoprecipitado. Estes resultados poden indicar que a actividade de CDK4 nestas células cancerosas é moito maior que a cantidade de p16 sobreexpresada, e que o tratamento con palbociclib é unha estratexia máis potente para bloquear a actividade de CDK4/6 en células cancerosas.

Aproximacións xenómicas para o diagnóstico de pacientes con enfermidades raras: reavaliación de exoma e primeira análise de secuenciación de xenoma
Autoría
C.R.F.
Grao en Biotecnoloxía
C.R.F.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
As enfermidades raras son un desafío para o sistema de saúde, afectan a millóns de persoas e débense na maioría dos casos a causas xenéticas. Estes trastornos son difíciles de diagnosticar en base ás características fenotípicas, por iso cabe destacar o papel das probas xenéticas. A análise de secuenciación de exoma completo revolucionou a identificación de variacións xenéticas, impulsando significativamente o campo da medicina personalizada ao permitir a análise dun gran número de xenes. Non obstante, algúns casos permanecen sen diagnosticar, o que impulsa o desenvolvemento da secuenciación de xenoma completo. O obxectivo do estudo é reavaliar datos de exomas de pacientes sen un diagnóstico xenético confirmado e optimizar un protocolo de filtrado de xenomas en pacientes sen diagnóstico previo. Tanto a reavaliación de exomas como a priorización de variantes puntuais identificadas mediante a secuenciación de xenomas baseáronse en filtros de patoxenicidade, frecuencia alélica, tipo de variante, implicación clínica, herdanza e paneis de xenes. Reavaliáronse os datos de exoma dun total de 20 pacientes pediátricos con fenotipo neurolóxico. Identificáronse variantes causais en dous pacientes. Un deles no xene PAK1, asociado a Trastorno do desenvolvemento intelectual, macrocefalia, convulsións e retraso da fala. O outro no xene MED13L, asociado a Discapacidade intelectual de moderada a grave e trazos faciais distintivos, con ou sen defectos cardíacos conxénitos. A análise de xenomas nos pacientes non diagnosticados permitiu identificar unha variante no xene RNU4-2 en dous pacientes, asociado recentemente con trastornos do neurodesenvolvemento. Este traballo demostra así a utilidade da reavaliación de exoma e análise de xenoma completo no diagnóstico de enfermidades raras, destacando a importancia do deseño de protocolos eficientes de filtrado e a necesidade de futuras investigacións para analizar outros tipos de variantes xenómicas.

Barros Angueira, Francisco Cotitoría
Álvarez Barona, Miriam Cotitoría
VIÑAS DIAZ, ANA MARIA (Titoría)
Barros Angueira, Francisco Cotitoría
Álvarez Barona, Miriam Cotitoría
Tribunal
OTERO CASAL, ANA MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
OTERO CASAL, ANA MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Papel das acetiltransferasas (CBP y Ep300) no desenvolvemento e mantemento da mielina do sistema nervioso periférico.
Autoría
N.R.B.
Grao en Biotecnoloxía
N.R.B.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
No sistema nervioso periférico, as células de Schwann forman a vaíña de mielina envolvendo as súas membranas arredor do axón, o que favorece a transmisión do impulso nervioso. O proceso de desenvolvemento das células comprende varias etapas: precursores de células de Schwann, células de Schwann inmaturas e, por último, células mielinizantes ou non mielinizantes (dependendo do diámetro do axón ao que estean asociadas). En roedores, a mielinización ocorre tras o nacemento e require, entre outras cousas, da activación de certos programas transcricionais. Estes programas foron amplamente estudados, pero prestóuselle menos atención á regulación epixenética. Os coactivadores transcricionais CBP e Ep300 son responsables da acetilación de histonas, que provoca a apertura da estrutura da cromatina, e outras proteínas que compoñen os complexos transcricionais. Ademais, serven de ponte entre diversos factores de transcrición e o complexo ARN polimerasa II. Xa se demostrou o papel destas acetiltransferasas no desenvolvemento embrionario, polo que neste traballo estudarase o seu papel no desenvolvemento das células de Schwann e na mielinización do sistema nervioso periférico. Para isto caracterizouse un modelo de rato que carece dos xenes das proteínas CBP e Ep300. Mediuse o tamaño dos nervios en imaxes de microscopía óptica, analizáronse imaxes obtidas por microscopía electrónica de transmisión e fíxose un Western blot en busca de diferenzas de expresión de proteínas implicadas na mielinización. Este traballo demostrou que a ausencia das proteínas CBP e Ep300 provoca unha redución no tamaño dos nervios e defectos no desenvolvemento das células de Schwann maduras e, polo tanto, na mielinización do sistema nervioso periférico.

Estudo da presenza da proteína FN14 en retinas de rata ex-vivo
Autoría
A.C.P.
Grao en Biotecnoloxía
A.C.P.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
18.07.2024 16:30
18.07.2024 16:30
Resumo
A vía de sinalización TWEAK/FN14 (inductor débil de apoptose relacionado con TNF / factor de crecemento de fibroblastos inducible-14) é coñecida pola súa relación con diversos procesos de inflamación, proliferación e apoptose en varios tecidos en multitude de organismos. Recentemente, informouse da súa implicación en cambios de permeabilidade asociados á barreira hematoencefálica (BHE) e tamén se relacionou coa retina en modelos humanos e de ratos. Dado que a barreira hemato-retiniana interna (BHR) e a BBB comparten diversas características fisiolóxicas, o obxectivo deste traballo foi localizar a proteína FN14 na BHR interna en retinas de rata, co obxectivo de buscar novas perspectivas no estudo deste receptor en procesos patolóxicos neurolóxicos. Para isto, optimizáronse os procesos de obtención de flat-mounts retinianos, nos que se realizou inmunofluorescencia para marcar as células endoteliais e os astrocitos que conforman a BHR interna. Os resultados indicaron un marcado efectivo destas células mesmo coa menor concentración de anticorpos empregada, o que permitiu unha moi boa visualización da barreira. Non obstante, non se observou fluorescencia asociada para FN14 en ningunha das marcaxes, o que suxire a súa ausencia neste tecido nas condicións empregadas. Os resultados sinalan a importancia de corrixir e adaptar os protocolos para mellorar a calidade das mostras e a eficiencia dos ensaios. Ademais, é de gran relevancia continuar a investigación relacionada co FN14 en diferentes condicións experimentais, que poderían influír na súa expresión na retina. Estes estudos abren as portas a futuras investigacións sobre o potencial da FN14 como diana terapéutica en enfermidades asociadas á BHR interna e á BBB.

Alonso Alonso, Mª Luz Cotitoría
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Titoría)
Alonso Alonso, Mª Luz Cotitoría
Tribunal
SINEIRO TORRES, JORGE (Presidente/a)
SOUTO PEREIRA, SANDRA (Secretario/a)
VAAMONDE LONGUEIRA, JOSÉ FRANCISCO (Vogal)

Avaliación da eficacia de compostos antibiofilm contra biofilm de Listeria monocytogenes
Autoría
D.F.C.
Grao en Biotecnoloxía
D.F.C.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
18.07.2024 16:30
18.07.2024 16:30
Resumo
A bacteria Gram-positiva Listeria monocytogenes é un patóxeno humano de orixe alimentaria que causa a enfermedad chamada listeriosis. A capacidad deste patóxeno de formar biofilms que lle permiten manterse en superficies e resistir as condicións externas fai que a súa eliminación sexa un tema relevante na industria alimentaria. Observouse que a formación destes biofilms podería estar influida pola presencia no medio de acil homoserina lactonas (AHLs), señales de quorum sensing producidas por bacterias Gram-negativas. Ademáis, tendo en conta a composición da matriz do biofilm, existen enzimas que poderían ter un efecto disruptor da matriz extracelular e axudar ao seu tratamento. Neste traballo, foron cultivadas cepas de L. monocytogenes e L. ivanovii en presencia de AHLs e distintas enzimas de disrupción de matriz para observar os sus efectos en la formación de biofilm, que foi cuantificado utilizando cristal violeta (CV). Non se observou un efecto claro das acil homoserina lactonas na formación de biofilm das cepas de L. monocytogenes utilizadas, aunque a presencia da lactonasa Aii20J promovía a súa formación. No caso da cepa de Listeria ivanovii si que se observou como as AHLs de cadena corta promovían a formación de biofilm, indicando diferenzas entre especie á resposta a AHLs. Pola súa parte, as enzimas alfa-amilasa e DNasa I demostraron a súa capacidade para inhibir a formación de biofilm da bacteria de forma máis eficiente que compostos enzimáticos comerciales. Estes resultados apuntan á utilización de enzimas como un método para a prevención de formación de biofilms de L. monocytogenes. Ademáis, o efecto de Aii20J parece indicar que outras moléculas similares a AHLs e degradables pola enzima estarían involucradas na formación de biofilm.

Estudo das rexións de replicación e estabilidade do plásmido pA-162 de Photobacterium damselae subsp. damselae para o deseño de novos vectores recombinantes
Autoría
M.G.A.
Grao en Biotecnoloxía
M.G.A.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
18.07.2024 16:30
18.07.2024 16:30
Resumo
Photobacterium damselae subsp. damselae (Pdd) é un patóxeno xeralista causante de enfermidade en varias especies de animais mariños e, ocasionalmente, nos seres humanos. As ferramentas xenéticas dispoñibles para a modificación xenética de Pdd, así como doutras bacterias mariñas, son escasas e están moi sesgadas a bacterias modelo como Escherichia coli. Por este motivo, é necesario ampliar o coñecemento dos plásmidos presentes en Pdd e desenvolver novas ferramentas en enxeñaría xenética. En estudos anteriores, identificouse un plásmido minimalista (2963 pb) da familia MRB (Marine RNA-Based) na cepa A-162 de Pdd. Neste traballo investigouse o plásmido pA-162, formado por unha orixe de replicación (oriV) e dous ORF (Open Reading Frame), para identificar as rexións implicadas na súa replicación e estabilidade. Para iso, clonáronse diferentes secuencias do plásmido pA-162 nun vector modular e determinouse a súa estabilidade nas cepas de Pdd LD-07 e RM-71. Demostramos que unha rexión de 649 pb constitúe o oriV mínimo, e ademáis mostrou unha alta estabilidade na cepa LD-07 incluso en ausencia de presión selectiva, constituíndo unha rexión prometedora para a construción dun vector recombinante minimalista. Ademáis, en LD-07 a presenza de ORF2, en ausencia de ORF1, levou a unha perda de estabilidade. Na cepa RM-71, portadora do plásmido pPHDD1, nin o plásmido completo pA-162 nin as diferentes rexións clonadas son estables, o que suxire a existencia dun mecanismo subxacente descoñecido que limita a coexistencia de ambos plásmidos. Demostrouse que o plásmido coa rexión oriV de pA-162 é funcional en Vibrio anguillarum, Aeromonas salmonicida e A. veronii, estendendo o uso deste vector a outras especies de bacterias mariñas. Non obstante, só foi estable en V. anguillarum, o que suxire a existencia de factores Vibrionaceae-específicos que poderían limitar o rango de hóspedes dos replicóns MRB.

RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Titoría)
Vázquez Barca, Alba Cotitoría
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Titoría)
Vázquez Barca, Alba Cotitoría
Tribunal
SINEIRO TORRES, JORGE (Presidente/a)
SOUTO PEREIRA, SANDRA (Secretario/a)
VAAMONDE LONGUEIRA, JOSÉ FRANCISCO (Vogal)
SINEIRO TORRES, JORGE (Presidente/a)
SOUTO PEREIRA, SANDRA (Secretario/a)
VAAMONDE LONGUEIRA, JOSÉ FRANCISCO (Vogal)
Produción de ácidos graxos volátiles de cadea impar a partir dun residuo agroalimentario
Autoría
I.G.T.
Grao en Biotecnoloxía
I.G.T.
Grao en Biotecnoloxía
Data da defensa
18.07.2024 16:30
18.07.2024 16:30
Resumo
A creación de plataformas de biorrefinería para revalorizar residuos en produtos de valor engadido é un obxectivo ambicioso na transición cara a unha economía circular. A plataforma dos carboxilatos, baseada na fermentación anaerobia de residuos orgánicos, permite a produción de ácidos graxos volátiles con diversas aplicacións, incluíndo o seu uso como precursores de bioplásticos biodegradables. A obtención de ácidos graxos volátiles (AGVs) de cadea impar (ácido propiónico e valérico) resulta especialmente interesante debido a que permite modificar as propiedades de devanditos polímeros, proporcionándolles unha maior elasticidade. Debido ás limitacións para acadar unha alta selectividade en ácidos graxos volátiles de cadea impar, xorde a necesidade de definir unha estratexia operacional que favoreza a súa síntese, así como coñecer a microbiota implicada no proceso. Para iso, realizouse un screening de diferentes residuos (lías de cervexa, vinaza e lactosoro) baseándose no seu potencial de acidificación e na fracción molar de AGVs impares obtida. Posteriormente, analizouse o efecto do pH e da suplementación con extracto de lévedo co residuo seleccionado, o lactosoro. Finalmente, analizouse a produción en continuo nun reactor secuencial baixo diferentes condicións de operación: velocidade de carga orgánica, pH e suplementación con macronutrientes. Os resultados obtidos demostran que o tipo de residuo e o pH son parámetros crave que condicionan a conversión do substrato e a selectividade do proceso. Ademais, as diferentes condicións de operación estudadas no reactor continuo determinaron o espectro de ácidos obtido, desfavorecendo a produción de ácidos de cadea impar ao incrementar a velocidade de carga orgánica. Conseguiuse manter un compromiso entre acidificación e selectividade cara ácido propiónico a pH 7 e coa suplementación de macronutrientes. Así mesmo, púidose relacionar a presenza da familia Propionibacteriaceae, cunha maior eficiencia na produción de ácido propiónico.

CARBALLA ARCOS, MARTA (Titoría)
Balboa Méndez, Sabela Cotitoría
CARBALLA ARCOS, MARTA (Titoría)
Balboa Méndez, Sabela Cotitoría
Tribunal
SINEIRO TORRES, JORGE (Presidente/a)
SOUTO PEREIRA, SANDRA (Secretario/a)
VAAMONDE LONGUEIRA, JOSÉ FRANCISCO (Vogal)
SINEIRO TORRES, JORGE (Presidente/a)
SOUTO PEREIRA, SANDRA (Secretario/a)
VAAMONDE LONGUEIRA, JOSÉ FRANCISCO (Vogal)
O papel da mitocondria no efecto citotóxico de Ag5-AQCs.
Autoría
S.D.P.G.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
S.D.P.G.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
O cancro é unha das principais causas de mortalidade a nivel mundial e é importante atopar novos tratamentos que sexan máis efectivos e específicos. Os clústeres cuánticos de prata de 5 átomos (Ag5-AQCs) preséntanse coma unha alternativa aos tratamentos convencionais debido a que a súa acción aproveita a homeostase redox alterada das células do cancro para inducir estrés oxidativo e promover a morte celular. A citotoxicidade destes clústeres está mediada por especies reactivas de osíxeno, que en hipoxia son neutralizadas por un aumento nos niveis de glutatión, resultando nunha resistencia das células ao clúster en condicións hipóxicas. Polo tanto, estudiarase se a inhibición da nova síntese de glutatión con diferentes compostos restaura a sensibilidade das células, empregando a liña celular de cancro de pulmón A549. Os resultados amosaron que a disminución dos niveis de glutatión potencia a citotoxicidade de Ag5-AQCs en hipoxia. Ademais, comprobouse que a inhibición da síntese de glutatión provocaba un tipo de morte celular dependente do ferro, ferroptose, mediada por Ag5-AQCs en condicións hipóxicas. Así estes achados presentan unha alternativa para superar a resistencia das células tumorais ao tratamento en condicións de baixa osixenación, comúns en moitos tumores sólidos. Desta forma, un tratamento eficaz con Ag5-AQCs combinado con inhibidores da síntese de glutatión podería proporcionar unha nova vía para combater os cancros resistentes a tratamentos convencionais.

DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Titoría)
PORTO GONZALEZ, VANESA Cotitoría
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Titoría)
PORTO GONZALEZ, VANESA Cotitoría
Tribunal
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Secretario/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Vogal)
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Secretario/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Vogal)
Aparición do pensamento abstracto no xénero Homo
Autoría
M.L.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.L.C.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 09:30
17.07.2024 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado (TFG) pretende explicar a que nivel influíu o pensamento abstracto na evolución do xénero Homo e, máis concretamente, se foi o causante de que o Homo sapiens conseguira escapar das presións naturais para construír o seu propio mundo. A través da revisión bibliográfica de artigos encadrados nas ciencias da Antropoloxía biolóxica, a Psicoloxía ou a Arqueoloxía, comparáronse as diferentes hipóteses que tratan de esclarecer as causas e as consecuencias da aparición do pensamento abstracto. Os resultados remarcan a vinculación deste tipo de pensamento ca fabricación de ferramentas, ca linguaxe, ca aprendizaxe e cas relacións sociais. Todos estes procesos axudaron a remodelar o cerebro cara a un aumento das capacidades cognitivas ao longo da evolución. O pensamento abstracto xera métodos innovadores que permiten ao individuo sobrepoñerse ás adversidades pero tamén transmitir a información e mellorar a cooperación, todo para aumentar a supervivencia. Estudalo axudará a comprender o camiño ao longo da evolución cognitiva do Homo sapiens e o recorrido polas súas liñaxes irmás.

É posible mellorar a eficacia dos molusquicidas convencionais mediante atraentes e/ou fagoestimulantes?
Autoría
M.G.S.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.G.S.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
Dende hai séculos e ata a actualidade, as pragas de gasterópodos terrestres supuxeron un grave problema para os cultivos. Desenvolvéronse diversos métodos de control destes animais, sendo o máis destacado o control químico, principalmente baseado no uso de cebos molusquicidas. Entre outros inconvenientes dos cebos molusquicidas, está o feito de que a propia toxicidade dos cebos fai que, frecuentemente, os moluscos inxiran só unha dose subletal, o que reduce a súa eficacia para protexer aos cultivos dos danos que lles causan lesmas e caracois. Tendo isto en conta, o obxectivo deste traballo era comprobar se é posible facer aos cebos máis atractivos para os moluscos. Así, en primeiro lugar, fíxose unha serie de experimentos para determinar se a aplicación de ditas substancias aos cebos tiña algún efecto sobre a cantidade de cebos consumidos polo caracol Cornu aspersum, en comparación co consumo de cebos control non tratados. Posteriormente, as substancias que mostraron resultados positivos nos primeiros experimentos ensaiáronse nunha segunda quenda de experimentos destinados a comprobar se o tratamento dos cebos traducíase tamén nun menor consumo de alimento vexetal por parte dos caracois. As substancias ensaiadas foron a cervexa, infusión de estruga, infusión de repolo e zume de cogombro, para os cales a bibliografía sinala que teñen un efecto atraente sobre os gasterópodos. Os resultados obtidos indican que o tratamento dos cebos molusquicidas con cervexa ou con infusión de estruga incrementa o consumo dos cebos por parte dos caracois, e que este efecto leva consigo, ademais, un menor consumo de alimento por parte dos moluscos.

Follaxe de Eucalyptus globulus como axente de control dos danos ocasionados por gasterópodos terrestres causantes de pragas agrícolas.
Autoría
A.L.B.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.L.B.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
Moitas especies de gasterópodos terrestres, caracois e babosas, son pragas agrícolas polos danos que causan ás plantas cultivadas polo ser humano nunha ampla variedade de sectores produtivos. Na actualidade, o repertorio de produtos fitosanitarios autorizados para protexer aos cultivos fronte ás pragas de gasterópodos terrestres é moi limitado. En consecuencia, fai que a procura de axentes e estratexias de control alternativas reciban un gran impulso en todo o mundo durante os últimos anos, impulso centrado especialmente en axentes de control biolóxico e outros produtos de orixe natural. Diferentes especies do xénero Eucalyptus empréganse para obter substancias destinadas á protección de cultivos, xa que os aceites esenciais de eucalipto presentan actividade insecticida, antibacteriana, fungicida, acaricida, nematicida, herbicida e molusquicida. Neste traballo trataremos a hipótese de que as follas de eucalipto poderían ser utilizadas para a protección dos cultivos ante os gasterópodos terrestres. Como unha primeira aproximación á comprobación desta hipótese, realizamos unha serie de experimentos de laboratorio nos que determinamos a cantidade de alimento consumido por caracois a partir de discos de repolo tratados e non tratados con follas de eucalipto común (Eucalyptus globulus), aplicadas en forma de fragmentos ou en forma de po. Tamén se incluíron nos experimentos tratamentos con outro tipo de follaxe, en concreto de castiñeiro común (Castanea sativa), especie da que non se coñecen evidencias de que teña efecto molusquicida. Os resultados obtidos suxiren que a utilización de follas de E.globulus poden ter potencial na protección dos cultivos e producións vexetais fronte ó ataque dos gasterópodos terrestres.

Estudo das dinámicas de lumes na Serra do Xistral durante os últimos 2000 anos a partir do estudo de microcarbóns
Autoría
A.S.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.S.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
A análise do rexistro de microcarbóns contidos en arquivos ambientais como as turbeiras revelan información acerca das dinámicas de incendios no pasado. Estas partículas posúen certas características que permiten que se preserven ben no tempo. Neste traballo realízase a reconstrución da historia dos incendios durante os últimos 2000 anos a partir do reconto de microcarbóns en mostras polínicas de turba procedentes de Pasada de Lamoso, unha turbeira ombrotrófica da Serra do Xistral. Para vincular o contido de microcarbóns coa dinámica de lumes realízase o cálculo da concentración en cada mostra e ponse en relación coa profundidade e a idade. Estes resultados compáranse con datos de Ti da mesma turbeira e con datos de pole arbóreo, de cereal e esporas de fungos coprófilos doutros casos de estudo de Galicia. Atendendo ao contido de microcarbóns, identificáronse catro fases diferenciadas. A primeira (115, 40 BC) acada a maior concentración de microcarbóns, a segunda correspóndese co intervalo de idade 65, 215 AD, a terceira con 480, 1650 AD, e a cuarta (1740, 1905 AD) rexistra a menor. Estes cambios son consecuencia de diferentes factores antrópicos e climáticos que tiveron lugar ao longo dos últimos 2000 anos.

SILVA SANCHEZ, NOEMI Cotitoría
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Titoría)
SILVA SANCHEZ, NOEMI Cotitoría
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Vogal)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Vogal)
Quecemento global, contaminación e osos polares.
Autoría
A.G.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
A.G.R.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: ao longo da historia, o oso polar (Ursus maritimus Phipps, 1774) estivo ameazado pola caza. A súa regulación internacional, non supuxo o fin das ameazas e dende hai décadas, observase un descenso do seu número, en probable relación á acumulación de contaminantes no seu hábitat e ao quecemento global. Obxectivos: o oso polar é unha das especies do Ártico con maior risco de extinción. Este traballo é unha recompilación actualizada sobre o quecemento global, os contaminantes e os seus efectos sobre o oso polar; as causas e as posibles solucións á situación actual, e a previsión de futuro. Metodoloxía: revisión bibliográfica na base de datos Pubmed empregando unha estratexia de busca e aplicación de filtros. Obtivéronse 14 artigos para lectura a texto completo. Resultados: o quecemento global provoca un incremento das temperaturas con predominio no Ártico o que condiciona a rotura precoz do xeo mariño e retrasa a súa conxelación. Este fenómeno provoca a perda do hábitat do oso polar, limitando o acceso ás súas presas, incrementando os desprazamentos por mar e terra e o seu gasto enerxético. A perda de masa corporal infire na capacidade de reprodución das femias, que unido ás condicións climatolóxicas adversas, dificultan a supervivencia das crías e polo tanto da especie. Por outra banda, a presenza de contaminantes persistentes no Ártico en relación a gran produción do home, tamén mostrou implicacións na saúde do oso polar, principalmente a nivel do sistema inmunolóxico, sistema tiroide e na resposta ao estrés. A transferencia de contaminantes ás crías mediante a lactación, pode inducir alteracións no seu desenvolvemento e incrementar a mortalidade. Conclusións: a maioría dos artigos incluídos nesta revisión, carecen de peso estatístico debido á dificultade para a investigación do oso polar. Son necesarios novos métodos de estudo que permitan obter datos e asociacións de calidade.

Esteatose cardíaca na lamprea mariña (Petromyzon marinus Linnaeus, 1758) como indicador do proceso de senilidade nunha especie migratoria semélpara
Autoría
M.L.G.
Grao en Bioloxía (2ªed)
M.L.G.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A lamprea mariña (Petromyzon marinus Linnaeus, 1758), é unha especie semélpara na que todos os individuos morren despois da freza. Neste traballo analízase a esteatose no tecido cardíaco como posible indicador da senilidade desta especie. A observación realizouse a través de cortes histolóxicos dos corazóns de individuos estabulados que representan o período post-reprodutor, nos que se aprecian acúmulos de graxa que se poden ver a primeira ollada. A través da análise dos corazóns e ao relacionar a información obtida con outros traballos chégase á conclusión de que a esteatose pode ser un indicador da senilidade. A esteatose cardíaca, que fai referencia á acumulación anómala de graxas no corazón levándoo á súa disfunción, é unha afección de importancia crecente ao estar relacionada con casos de obesidade cuxa incidencia é cada vez maior, o que fai necesario novos estudos na materia.
A lamprea mariña (Petromyzon marinus Linnaeus, 1758), é unha especie semélpara na que todos os individuos morren despois da freza. Neste traballo analízase a esteatose no tecido cardíaco como posible indicador da senilidade desta especie. A observación realizouse a través de cortes histolóxicos dos corazóns de individuos estabulados que representan o período post-reprodutor, nos que se aprecian acúmulos de graxa que se poden ver a primeira ollada. A través da análise dos corazóns e ao relacionar a información obtida con outros traballos chégase á conclusión de que a esteatose pode ser un indicador da senilidade. A esteatose cardíaca, que fai referencia á acumulación anómala de graxas no corazón levándoo á súa disfunción, é unha afección de importancia crecente ao estar relacionada con casos de obesidade cuxa incidencia é cada vez maior, o que fai necesario novos estudos na materia.
Dirección
COBO GRADIN, FERNANDO (Titoría)
BARCA BRAVO, SANDRA Cotitoría
COBO GRADIN, FERNANDO (Titoría)
BARCA BRAVO, SANDRA Cotitoría
Tribunal
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Presidente/a)
Cruz de la Fuente, Óscar (Secretario/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Vogal)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Presidente/a)
Cruz de la Fuente, Óscar (Secretario/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Vogal)
Fitominería de Ni mediante o cultivo de plantas hiperacumuladoras: un ensaio de campo en solos serpentiníticos de Galiza.
Autoría
J.M.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
J.M.V.
Grao en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A fitominería é unha técnica novidosa e sostible, alternativa á minería tradicional, que aproveita a capacidade que teñen algunhas plantas de extraer metais do solo e acumulalos en grandes cantidades na súa biomasa aérea (plantas hiperacumuladoras). A técnica basease no cultivo, colleita e posterior procesado da biomasa aérea, para a recuperación do metal(biomineral). Neste contexto o obxectivo do presente proxecto é avaliar a eficiencia de extracción de Ni de dúas especies hiperacumuladoras do xénero Bornmuellera (Brassicacceae), cultivadas nunha zona serpentinítica de Galiza (Eidián, Pontevedra). Para elo realizarase a colleita dos cultivos establecidos durante os derradeiros dous anos en parcelas experimentais, e evaluarase: i) o crecemento vexetal e a biomasa producida, ii) o estatus nutricional das plantas e iii) a capacidade de bioacumular o níquel nas súas partes colleitables. A partir dos resultados, calcularase o factor de bioconcentración e de translocación, así como, o rendemento metálico de cada cultivo (kg Ni/ha).

RODRÍGUEZ GARRIDO, BEATRIZ Cotitoría