Ir o contido principal

Política de calidade

O Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Física ten como obxectivo garantir a calidade de todas as titulacións que se imparten no centro mediante a revisión e actualización constante da oferta académica.

Asemade, persigue  a mellora continua dos programas formativos para satisfacer as necesidades e expectativas dos grupos de interese identificados: 

  • Estudantes 
  • Egresados 
  • Futuros estudantes
  • Persoal docente e investigador
  • Persoal de administración e servizos 
  • Sociedade, terceiro sector e provedores 
  • Empresas e institucións 
  • Centros de ensinanza, universidades e institucións 
  • Administracións públicas 

Para garantir un compromiso e unha atención sistemática, estruturada e continua á calidade, en termos de mantemento e mellora continua das titulacións que se imparten no centro: 

  • Identifica as necesidades e expectativas dos seus grupos de interese 
  • Identifica os procesos necesarios para o sistema de xestión de calidade e a súa aplicación para dar resposta ás necesidades dos grupos de interese. 
  • Determina a secuencia e interacción destes procesos. 
  • Determina os criterios e métodos necesarios para asegurar que tanto a operatividade coma o seguimento destes procesos sexan eficaces e satisfagan as necesidades dos grupos de interese. 
  • Asegura a dispoñibilidade dos recursos e a información necesarios para apoiar a operatividade e o seguimento destes procesos. 
  • Realiza o seguimento, a medición e a análise destes procesos. 
  • Implanta as accións necesarias para alcanzar os obxectivos planificados e mellorar continuamente os seus procesos para satisfacer as necesidades dos grupos de interese.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.02.2021.