Ir o contido principal

Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813952 (Conserxería)
881813954 (Decanato)
fisica.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Antonio Jesus Garcia Loureiro
Contacto
antonio.garcia.loureiro [at] usc.es

A orientación da presente Titulación é dobre, investigadora e profesional. Unha orientación profesional vinculada ao interese e compromiso de numerosas empresas do sector, e una orientación investigadora vencellada á existencia dun doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética, único no Sistema Universitario de Galicia.

Código RUCT: 4316632
Número de ECTS: 90
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
MARIA ELENA LOPEZ LAGO

Coordinador-a do título:
Antonio Jesus Garcia Loureiro
antonio.garcia.loureiro [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

Data de publicación no BOE:
4/01/2019

Data da última acreditación:
06/06/2018

O obxectivo xeral é a formación de técnicos capacitados para planificar, proxectar, organizar e dirixir proxectos globais no campo das enerxías renovables e a sostibilidade dentro do complexo marco do cambio climático. Cando falamos de proxecto global estamos a expor desde o deseño técnico da instalación mediante modelado de procesos realistas, a avaliación do tempo de retorno, o estudo da eficiencia enerxética e viabilidade, a súa sustentabilidade, o desempeño de tarefas de xestoría enerxética en diversos ámbitos, emitir certificacións de eficiencia enerxética, a de impartición de cursos de formación continua para egresados ou persoal de Empresas e Institucións e, no último caso, a construción do sistema enerxético e o seu posterior control de calidade e seguimento.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 51
Optativas: 12
Prácticas externas 12
Traballo fin de máster: 15
Total: 90

Non se contemplan

Enerxía solar fotovoltaica, fundamentos e instalacións

  • P1231103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

A enerxía solar e o aproveitamento térmico

  • P1231104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Biomasa

  • P1231105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Parques eólicos

  • P1231106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Enerxía eólica e aerodinámica

  • P1231107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Enerxía hidráulica e xeotérmica

  • P1231108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Enerxías mariñas

  • P1231109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión de recursos biomásicos

  • P1231203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Taller de enerxías renovables

  • P1231204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Taller de CFD

  • P1231205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

A orientación da presente Titulación é dobre, investigadora e profesional. Unha orientación profesional vinculada ao interese e compromiso de numerosas empresas do sector, e una orientación investigadora vencellada á existencia dun doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética, único no Sistema Universitario de Galicia.

Titulados universitarios nas Ramas de Ciencias, Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias Sociais e Xurídicas, que desexen orientar a súa carreira profesional a empresas, administracións públicas con interese no campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e do cambio climático.

Os ámbitos de interese deste colectivo poderán abranguer todo o espectro das enerxías renovables e a eficiencia enerxética, estudos de sustentabilidade a diferentes niveis e o desenvolvemento de procesos encamiñados a mitigar o cambio climático ofrecendo solucións de futuro e desenvolvendo estratexias que impidan que fenómenos como este poidan volver a repetirse.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 51
Optativas: 12
Prácticas externas 12
Traballo fin de máster: 15
Total: 90

Os estudantes poderán asistir, se o desexan, a titorías individualizadas destinadas ao desenvolvemento de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de informes, preparación de exposicións, procura e selección de material bibliográfico, e guía na resolución de problemas. Os profesores deberán anunciar os horarios nos cales recibirán os alumnos que desexen empregar esta ferramenta de formación.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: requisitos xerais

Titulacións de acceso:

Titulados da Rama de Ciencias: Bioloxía, Biotecnoloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Física, Xeoloxía, Matemáticas, Química e Bioquímica.
Titulados da rama de Enxeñaría e Arquitectura: Enxeñeiros e Arquitectos Técnicos e Superiores.
Titulados da Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas: Administración e Dirección de Empresas, e Economía.

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: requisitos xerais

Titulacións de acceso:

Titulados da Rama de Ciencias: Bioloxía, Biotecnoloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Física, Xeoloxía, Matemáticas, Química e Bioquímica.
Titulados da rama de Enxeñaría e Arquitectura: Enxeñeiros e Arquitectos Técnicos e Superiores.
Titulados da Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas: Administración e Dirección de Empresas, e Economía.

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Dominio da metodoloxía de traballo necesaria para a dedicación profesional ao campo das enerxías renovables, da sustentabilidade, así como ao I+D+i neste sector.
- Competencia para incorporarse a un grupo de investigación ou unha empresa que efectúen desenvolvementos nos ámbitos mencionados
- Competencias de xestión enerxética consistentes en planificar, deseñar e proxectar solucións enerxéticas no campo das enerxías renovables e a sustentabilidade, ben sexan modelos de xestión ou instalacións.
- Planificar, dimensionar, executar, explotar, manter, xestionar e avaliar obras e instalacións de tecnoloxías renovables
- Capacidade para realizar estudos de sustentabilidade enerxética, e coñecer e deseñar as operacións unitarias aplicables no campo da arquitectura ambiental e do urbanismo sostible
- Ter un coñecemento global das solucións enerxéticas renovables e dos conceptos de sustentabilidade enerxética.
- Coñecer as bases científicas aplicables no campo das enerxías renovables.
- Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e a eficiencia enerxética.
- Coñecer a lexislación ambiental a nivel local, rexional e global.
- Coñecer os factores sociais, xurídicos e económicos que interveñen na implantación das enerxías renovables no marco da sustentabilidade.
- Coñecer as bases científicas aplicables no campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e a eficiencia enerxética, e comparar e seleccionar as alternativas científico-técnicas máis adecuadas en diferentes contextos socioeconómicos.

- Identificar os procedementos e aplicacións propias da arquitectura ambiental e do urbanismo sostible.
- Desenvolver habilidades no campo do deseño, implementación, explotación e mantemento en instalacións enerxéticas, eficientes, renovables e sostibles, aplicando ferramentas de modelización, planificación e optimización
- Asesorar no desenvolvemento de proxectos relacionados coas enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética, analizar, desde o punto de vista técnico, económico e social, os proxectos enerxéticos e propoñer solucións específicas e innovadoras para empresas e particulares
- Identificar e aplicar as técnicas de simulación numérica máis comúns no campo das enerxías renovables
- Analizar as fortalezas e debilidades estruturais da rede eléctrica.
- Optimizar os mecanismos de crecemento e produción de formacións forestais mediante o uso de simuladores.
- Identificar e xestionar os modelos actuais de transición enerxética sostible e a súa aplicación na selección de tecnoloxías apropiadas
- Avaliar os impactos ambientais asociados a proxectos enerxéticos, elaborar plans de redución de emisións de GEIs e analizar os seus efectos sobre os procesos de cambio climático.
- Deseñar e xestionar proxectos enerxéticos enfocados á mitigación do cambio climático que xeren dereitos de emisión.
- Comprender e establecer metodoloxías para a diagnose, xestión e planificación enerxética sustentable a través da valorización de recursos enerxéticos propios en diferentes tipos de asentamento e aplicar este tipo de procedemento en casos sinxelos.
- Analizar o sistema enerxético actual e os seus efectos no desenvolvemento económico e social das nacións.
- Utilizar os conceptos e as fontes do dereito (legais, doctrinais e xurisprudenciais) para protexer o medioambiente e interpretar e aplicar as normas xurídicas internacionais e internas á regulación e promoción das enerxías renovables e ao desenvolvemento sostible.
- Facer balances de enerxía para determinar rendementos e optimizar procesos enerxéticos tanto en procesos como en equipos e coñecer os mecanismos de transformación e trasmisión de calor.
- Identificar os procesos asociados ao transporte de enerxía eléctrica (xeración, rectificación, etc.), así como as tecnoloxías asociadas.
- Recoñecer os diferentes equipos de transferencia de enerxía e os seus principios de funcionamento
- Estudar os fundamentos do consumo enerxético na organización social en términos termodinámicos
- Planificar e xestionar os recursos enerxéticos e materiais para as enerxías, en procesos de produción e almacenamiento

- Traballar eficazmente tanto en equipos interdisciplinares, como de forma autónoma e con iniciativa.
- Comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
- Resolver problemas de forma efectiva, tomando decisións e liderando equipos.
- Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- Ser capaz de interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés.
- Ser capaz de xestionar información e comunicación mediante o uso das TIC
- Capacidade para a xestión e a decisión sobre un conxunto complexo e diverso de datos e fontes documentais.
- Capacidade para a toma de decisións responsable e acertada en situacións complexas e/ou comprometidas
- Aprendizaxe permanente e continua actualización.
- Comunicarse correctamente tanto nas linguas propias como nunha lingua estranxeira, oralmente e por escrito e en contextos diversos, resultando convincente e adaptado a mensaxe e os medios empregados ás características das situacións e ás audiencias
- Capacidade para traballar nun equipo multidisciplinar.
- Capacidade de análise e de síntese
- Capacidade de aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
- Motivación cara á calidade de procesos e técnicas de funcionamento.
- Capacidade para analizar as demandas, necesidades e expectativas do mercado

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

A facultade de Física conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.

A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.

Prácticas

As prácticas externas en empresas, organismos públicos ou privados ou laboratorios de investigación relacionados coa temática do novo Máster constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes cuxo obxectivo é permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias en distintos aspectos das enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética. Deste modo, o alumno incorporará coñecementos prácticos aos xa adquiridos na aula e/ou laboratorio.

Desde a Comisión Académica do Máster en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable desenvolveuse un ambicioso proxecto de contacto con empresas e institucións para a realización de prácticas externas que estaban vinculadas á elaboración futura do Traballo de Fin de Máster nelas, resultado do cal asináronse convenios de colaboración que foron básicos para a incorporación dos alumnos ao mercado laboral.

Despois de ter cursado un ano do máster de enerxías renovables o alumno terá coñecementos suficientes para poder realizar un traballo sobre algún aspecto destas enerxías e a sustentabilidade. Tamén coincidirá no tempo coa realización das prácticas en empresas, departamentos universitarios ou centros de investigación, polo que o traballo poderá estar relacionado coas prácticas

A presentación e defensa do Traballo Fin de Máster poderase realizar cando o alumno teña superado todos os créditos correspondentes ao resto de materias do plan de estudos, de acordo coa normativa vixente.

O cadro docente do Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable está formado por profesores de diferentes Departamentos da USC, e profesionais colaboradores procedentes das Empresas e a Administración.

Profesorado
Juan Gabriel Alvarez Gonzalez
Pastora Maria Bello Bugallo
Victor Manuel Brea Sanchez
Maria Del Pilar Brocos Fernandez
Rodrigo Carballo Sanchez
David Cota Mascuñana
Xoan Ramon Doldan Garcia
Eduardo Fernández Fernández
Josefa Fernandez Perez
Miguel Angel Fernandez Souto
José Luis Ferrín González
Maria Jesus Garcia Guimarey
Antonio Jesus Garcia Loureiro
Andrea Garrido Juncal
Alvaro Gil Gonzalez
Diego Gomez Diaz
Francisco Hinojosa Moyano
Jose Manuel Iglesias Casais
José Manuel Liñeira Del Río
Ma Angeles Lopez Aguera
Paula López Martínez
Ivan Lopez Moreira
Agustín Merino García
Gonzalo Miguez Macho
Miguel Angel Mouzo Rodríguez
Guillermo Pérez Mayo
Juan Ramon Piñeiro Chousa
Jorge Proupin Castiñeiras
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Otilia Reyes Ferreira
Jose Antonio Rodriguez Añon
Óscar Rodríguez Figueiras
Roque Rodríguez Soalleiro
Josefa Salgado Carballo
Natalia Seoane Iglesias
Jose Antonio Souto Gonzalez
Fernando M. Tabernero Duque
José Francisco Vaamonde Longueira
Carlos Vazquez Vazquez
Jose Antonio Veira Suarez

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

25,0

25,0

25,0

25,0

25,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

7,0

18,0

33,0

43,0

50,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

7,0

12,0

22,0

22,0

25,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

7,0

12,0

22,0

22,0

25,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

71,43

83,33

0,0

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,25

7,3102

6,8881

6,4772

6,8589

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,29

11,11

3,03

4,65

14,0

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

27,78

27,27

18,6

24,0

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

42,42

44,19

34,0

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

28,0

48,0

88,0

88,0

100,0

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

2,33

0,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

90,91

100,0

100,0

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

0,0

8,33

5,0

0,0

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

94,44

97,01

96,99

94,45

97,67

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

2,0

2,0

2,0

2,0455

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

99,45

100,0

98,16

97,21

Estudantes por grupo

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

6,2667

11,625

20,375

22,3125

23,4375

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,7143

7,0

10,375

11,5

12,125

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

99,32

100,0

99,76

99,57

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

99,45

100,0

98,16

98,55

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

100,0

91,67

80,0

95,45

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

94,44

96,35

96,99

94,23

97,25

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

2,0

3,5

2,8889

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

3,67

4,4

4,46

IN21
Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

5,0

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

3,26

3,55

3,58

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,37

3,55

3,85

3,93

4,21

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,6752

4,2151

4,227

4,1085

4,6078

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,2857

44,4444

68,1818

56,0

44,6809

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

88,46

88,46

96,15

96,0

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

93,1

87,5

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,0

74,07

68,97

65,63

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2024.