Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Hidráulica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os resultados da aprendizaxe, expresados en termos de destrezas e habilidades, que o estudantado deberá acadar unha vez rematado o estudo da materia son:
- Coñecer as distintas formas de enerxías mariñas existentes, as súas potencialidades e o seu nivel de desenvolvemento actual.
- Comprender os principios básicos para a caracterización da dispoñibilidade enerxética dos recursos mariños.
- Coñecer as tecnoloxías actuais existentes para o aproveitamento enerxético mariño, así como as diferentes fases para o seu desenvolvemento.
- Ser capaz de propoñer posibles plantas de aproveitamento enerxético mariño acomodadas ás características das distintas zonas costeiras.
- Ser consciente da importancia de analizar os impactos potenciais dunha planta de aproveitamento enerxético mariño.
- Coñecer as ferramentas avanzadas para o aproveitamento enerxético mariño, tales como a modelaxe numérica e física.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Tipos de Enerxías Mariñas
Caracterización dos procesos hidrodinámicos costeiros
Enerxía Undimotriz
Enerxía Mareomotriz
Enerxías Mariñas e medioambiente
Estes contidos desenvólvense segundo o temario que se presenta a continuación, indicándose de modo orientativo o tempo dedicado a cada tema tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP):
Temario teórico (DP=9h; DNP=31h):
Tema 1. Introdución ás enerxías mariñas
Fundamentos. Tipos de enerxías mariñas. Potencial enerxético.
Tema 2. Enerxía undimotriz
Conceptos xerais. Potencial enerxético. Produción e rendemento. Tipos de convertedores.
Tema 3. Enerxía mareomotriz
Conceptos xerais. Potencial enerxético. Produción e rendemento. Tipos de convertedores.
Tema 4. Desenvolvemento de dispositivos
Conceptos xerais. Modelaxe física e numérica. Caso de estudio.
Temario práctico (DP=12h; DNP=20h):
Práctica 1. Avaliación do recurso enerxético undimotriz
Práctica 2. Desenvolvemento de dispositivos convertedores de enerxía undimotriz
- Bibliografía básica
Carballo, R., Néstor, A., López, I., Iglesias, G. La energía del oleaje. Una guía técnica para su aprovechamiento. Paraninfo. 2020.
Deborah Greaves, F., Iglesias, G. (Eds.) Wave and Tidal Energy. Wiley, 2018.
Kamphuis, J. W. Introduction to Coastal Engineering and Management. World Scientific, 2000.
Lynn, P. A. Electricity from Wave and Tide: An Introduction to Marine Energy. John Wiley and Sons Ltd. UK. 2014
McCormick, M. E. Ocean Wave Energy Conversion. Dover Publications Inc. New York. 2007.
U.S. Army Corps of Engineers. Coastal Engineering Manual (6 vol). Washington, D.C., 2000.
- Bibliografía complementaria
Dean, R. G. & Dalrymple, R. A. Coastal Processes with Engineering Applications. Cambridge University Press, 2002.
Van Rijn, L. Principles of Fluid Flow and Surface Waves in Rivers, Estuaries and Oceans. Aqua Publications, 1994
Nesta materia traballaranse as seguintes competencias xerais (CX), básicas (CB), transversais (CT), e específicas (CE):
CX02 – Desenvolver a suficiente autonomía para iniciarse na investigación e poder incorporarse a un grupo de investigación ou unha empresa que efectúen desenvolvementos nos tres ámbitos del Máster.
CX06 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías e ferramentas actuais no campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e o cambio climático.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que será en gran medida autodirixido ou autónomo.
CT01 - Traballar eficazmente tanto en equipos interdisciplinares, como de forma autónoma e con iniciativa.
CT04 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT05 - Ser capaz de interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés.
CT02 - Analizar, razoar criticamente, pensar con creatividade e comunicar as súas ideas defendéndoas e discutíndoas asertiva e estruturadamente.
CT03 - Capacidade para traballar e tomar decisións en contornas de presión nos que están sometidos a escaseza de tempo, presións internas e externas, e limitación de recursos en xeral amosando capacidade de liderado.
CT10 - Capacidade de análise e de síntese.
CT11 - Capacidade de aplicar os coñecementos á resolución de problemas nos que están involucradas variables económicas, ambientais e sociais.
CE02 - Desenvolver habilidades no campo do deseño, implementación, explotación e mantemento en instalacións enerxéticas eficientes, renovables e sostibles, aplicando ferramentas de modelaxe, planificación e optimización
CE03 - Asesorar no desenvolvemento de proxectos relacionados coas enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética, analizar, desde o punto de vista técnico, económico e social, os proxectos enerxéticos e propoñer solucións específicas e innovadoras para empresas e particulares.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. O estudantado deberá dedicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudio posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do estudantado, contémplase a realización de actividades breves relativas a conceptos fundamentalmente teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, podendo incorporar contidos prácticos. As competencias traballadas nas clases expositivas son: CX02, CX06, CB6 – CB10, CT1 – CT12, CE02, CE03.
En canto ás clases interactivas, estas concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do estudantado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento o estudantado resolverá exercicios e problemas, tanto de forma individual coma en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. As competencias traballadas nas clases interactivas son: CX02, CX06, CB6 – CB10, CT1 – CT12, CE02, CE03.
Finalmente, durante as titorías individuais e en grupo atenderase ó estudantado para discutir, comentar, aclarar e resolver cuestións concretas relativas a calquera contido e/ou actividade desenvolta na materia. As competencias traballadas nestas sesións son: CX02, CX06, CB6 – CB10, CT1 – CT12, CE02, CE03.
Recórrese a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, na nota final da materia, teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Titorías
Sistema de avaliación: participación. La asistencia no se valorará
Competencias: CB06 – CB10, CG02, CG06, CT01 – CT05, CT10, CT11, CE02, CE03
Peso: 10%
2) Realización de traballos e/ou actividades
Sistema de avaliación: seguimento da elaboración de documentos/ficheiros, a súa corrección e/ou exposición/defensa
Competencias: CB06 – CB10, CG02, CG06, CT01 – CT05, CT10, CT11, CE02, CE03
Peso: 40%
3) Proba escrita
Sistema de avaliación: exame escrito
Competencias: CB06 – CB10, CG02, CG06, CT02, CT03, CT10, CT11, CE02, CE03
Peso: 50% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
A materia superarase (1ª e 2ª oportunidade) cando a nota final sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10, establecéndose do mesmo xeito unha nota mínima no aspecto 3 (Proba escrita) de 5 puntos sobre 10. No caso de estudantado cunha nota no aspecto 3 (Proba escrita) inferior a 5, a súa cualificación será a menor de entre dito aspecto 3 e a nota global da materia.
Os criterios a seguir para o estudantado repetidor serán análogos ós expresados anteriormente. Neste senso, o estudantado poderá conservar o total da nota conxunta obtida nos aspectos 1 e 2, o que deberá ser informado ó profesorado coa maior antelación posible (en caso de non ser comunicado entenderase que o estudantado opta por realizar o proceso de avaliación establecido descrito para o curso en cuestión).
O estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto no “Regulamento de asistencia a clase” non terá obrigación de asistir a ningunha actividade (salvo as probas de avaliación), sendo preciso que se dirixa ó profesorado coa maior antelación posible, de xeito que se lle poda indicar un método alternativo para a avaliación do aspecto 1. Este método alternativo consistirá na realización dun traballo de curso adicional relacionado cos contidos teóricos e/ou prácticos vistos na materia a través do cal quede reflectida a adquisición das competencias requiridas para este aspecto. Os contidos específicos do traballo fixaranse tras unha titoría individual co estudantado. Os aspectos 2 e 3 non poderán ser substituídos, podendo adaptarse parte da metodoloxía no aspecto 2, no caso de ser necesario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A materia desenvólvese nun total de 24 horas presenciais que inclúen clases maxistrais, interactivas, ademais de titorías e proba final. Estímase que o traballo persoal do estudantado é de aproximadamente 51 horas.
- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Realización das actividades programadas.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas.
Ivan Lopez Moreira
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- ivan.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rodrigo Carballo Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- rodrigo.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 130 |
29.05.2026 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
08.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |