Comparativa de algoritmos de optimización global para estimación de parámetros en redes bioquímicas.
Autoría
A.P.R.
Máster Universitario en Matemática Industrial

Data da defensa
24.01.2025 10:00
24.01.2025 10:00
Resumo
Este estudo avalía o rendemento de varios algoritmos de optimización global para estimación de parámetros en redes bioquímicas, unha importante tarefa en Bioloxía de Computacional de Sistemas. Comparáronse métodos deterministas e estocásticos a partir dun conxunto de problemas de optimización estándar e catro problemas referentes no eido da Bioloxía de Sistemas (o conxunto de problemas BioPreDyn). O obxectivo é identificar o método máis efectivo e fiable para abordar os problemas de optimización non convexa que xorden frecuentemente nesta disciplina. O descubrimento máis importante do traballo é que, de entre as metaheurísticas comparadas, o método máis fiable á hora de abordar problemas de optimización relativos á Bioloxía de Sistemas foi o método de “enhanced Scatter Search” (eSS). Aínda que ningún algoritmo sobresaíu en todos os casos, eSS logrou a maior reducción no valor da función obxectivo de maneira consistente e demostrou ser o método máis robusto. Os métodos deterministas resultaron desaxeitados para problemas de grande escala, o cal destaca a súa limitación neste tipo de contextos. O estudo subliña a importancia da escolla axeitada dos algoritmos cos que resolver o problema de estimación de parámetros en redes bioquímicas. Ademais, enfatiza a eficacia de certas metaheurísticas ao abordar os problemas de optimización complexos que xorden na Bioloxía de Sistemas.

Dirección
López Pouso, Óscar (Titoría)
López Pouso, Óscar (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Coordinador)
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
Carretero Cerrajero, Manuel (Secretario/a)
ARREGUI ALVAREZ, IÑIGO (Vogal)

Xogos estratéxicos: Xogos matriciais e a súa relación coa programación lineal
Autoría
A.R.O.
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (2ªed)
A.R.O.
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (2ªed)
Data da defensa
05.02.2025 11:30
05.02.2025 11:30
Resumo
Este Traballo Fin de Máster (TFM) explora a teoría de xogos, con énfase nos xogos estratéxicos e os xogos matriciais, e a súa relación coa programación lineal. A teoría de xogos, unha disciplina matemática que modela decisións estratéxicas entre axentes, analízase aquí desde unha perspectiva teórica e práctica, centrada nas interaccións competitivas e cooperativas. O estudo céntrase nos xogos matriciais, unha representación fundamental dos xogos estratéxicos, onde as estratexias e os pagos organízanse en forma de matriz. Mediante a programación lineal, abórdanse problemas de optimización asociados a estes xogos, como atopar estratexias mesturadas óptimas que maximicen os beneficios dos xogadores ou minimicen as súas perdas. O traballo inclúe exemplos prácticos, destacando a resolución dun xogo en forma matricial empregando o método do simplex, unha ferramenta poderosa da programación lineal. Entre os casos estudados, analízase un problema real relacionado con decisións baixo incerteza, amosando como a teoría de xogos e a programación lineal ofrecen solucións eficientes

GARCIA JURADO, IGNACIO (Titoría)
GARCIA JURADO, IGNACIO (Titoría)
Tribunal
AMEIJEIRAS ALONSO, JOSE (Coordinador)
Bergantiños Cid, Gustavo (Presidente/a)
GINZO VILLAMAYOR, MARIA JOSE (Secretario/a)
Darriba López, Diego (Vogal)

Evaluación del impacto en los costes de los diversos artículos en modelos cooperativos de inventario con múltiples agentes
Autoría
E.D.G.
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (2ªed)
E.D.G.
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (2ªed)
Data da defensa
05.02.2025 10:30
05.02.2025 10:30
Resumo
O presente traballo aborda o análise de modelos de inventario deterministas no contexto da teoría de xiros cooperativos, explorando a súa aplicación a problemas de distribución de custos. Présentanse os conceptos fundamentais necesarios para o estudo, incluíndo unha introdución á teoría de xiros cooperativos, os xiros de utilidade transferible (TU) e as súas principais solucións, como o núcleo, o valor de Shapley e o valor de Owen. No marco dos modelos de inventario, analízanse diferentes configuracións do modelo EOQ (Economic Order Quantity), comezando polo modelo básico determinista e extendéndose a casos con múltiples artigos e axentes. Examinaranse dúas variantes clave: modelos con custos eximibles, que contemplan eximir a certas coalicións dos custos fixos de pedido, e modelos sen custos eximibles, que non o contemplan. Ao longo do traballo, estudarase un exemplo ilustrativo que destaca as implicacións dos modelos e as súas solucións na práctica. Ademais, analizarase como as diferentes regras de distribución de custos afectan ao reparto entre axentes ou artigos, tendo en conta tanto a equanimidade como a estabilidade do sistema.

Vidal Puga, Juan José (Presidente/a)
Oviedo de la Fuente, Manuel (Secretario/a)
PATEIRO LOPEZ, BEATRIZ (Vogal)

Estudo econométrico dende un punto de vista social sobre a eficiencia da xestión da auga no sector público e privado
Autoría
P.S.G.
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (2ªed)
P.S.G.
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (2ªed)
Data da defensa
05.02.2025 09:00
05.02.2025 09:00
Resumo
Ao longo dos anos a elección entre unha xestión pública ou privada dos recursos hídricos foi, e segue sendo, motivo de debate en moitos países, a pesar das lexislacións particulares de cada un. Existindo argumentos a ambos lados da discusión, podemos dividilos en tres categorías fundamentais para elixir que administración ten un mellor comportamento: prezo da tarifa, calidade da auga e eficiencia da xestión. Neste traballo, faremos un resumo dalgunhas aportacións da literatura existente neste tema, facendo fincapé naquelas que basean as súas análises en España, pois serán de axuda para o noso caso particular. Ademais, centrarémonos na avaliación da eficiencia entre ambas xestións, empregando a Análise Envolvente de Datos. Así, tras unha breve descrición desta técnica e os seus principais modelos, aplicarémola ao noso caso: unha comparación da eficiencia entre estacións depuradoras de augas residuais (EDARs) segundo sexan xestionadas por entidades públicas ou pola privada Viaqua Gestión Integral De Aguas De Galicia, S.A.. Unha vez aplicados, poderemos comparar o funcionamento das EDARs en termos dunha medida de eficiencia e veremos cales das depuradoras terán un peor comportamento. Finalmente, realizando unha análise comparativa combinada coa técnica clúster de análise multivariante, poderemos agrupar as depuradoras en grupos con características similares e estudar cales delas son punto de referencia para as demais.

GINZO VILLAMAYOR, MARIA JOSE (Titoría)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO Cotitoría
GINZO VILLAMAYOR, MARIA JOSE (Titoría)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
AMEIJEIRAS ALONSO, JOSE (Coordinador)
Vidal Puga, Juan José (Presidente/a)
Oviedo de la Fuente, Manuel (Secretario/a)
PATEIRO LOPEZ, BEATRIZ (Vogal)
AMEIJEIRAS ALONSO, JOSE (Coordinador)
Vidal Puga, Juan José (Presidente/a)
Oviedo de la Fuente, Manuel (Secretario/a)
PATEIRO LOPEZ, BEATRIZ (Vogal)
Estimación de filamentos
Autoría
H.G.V.
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (2ªed)
H.G.V.
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (2ªed)
Data da defensa
05.02.2025 09:30
05.02.2025 09:30
Resumo
A estimación de variedades permite abordar de xeito non linear e non paramétrico o problema de redución da dimensión ao traballar con datos nun espazo euclídeo que realmente se distribúen nunha variedade de dimensión menor (ou cerca dela), proporcionando una mellor comprensión sobre a súa estructura subxacente. No caso particular no que a variedade é unha curva, o problema denomínase estimación de filamentos. O obxectivo deste traballo é propoñer un novo estimador de filamentos e probar que acada a taxa óptima no senso minimax de converxencia en distancia de Hausdorff, salvo factor logarítmico, cando o espazo ambiente é o plano. Primeiro realízase unha presentación de conceptos, condicións de forma e estimadores empregados na estimación de conxuntos. A continuación, revísase un estimador, o chamado estimador EDT (Euclidean Distance Transform), nun modelo de estimación de filamentos con ruído aditivo. Ademais, preséntase un modelo de ruído perpendicular, nun contexto máis xeral de estimación de variedades, no que se coñece a taxa minimax. Finalmente, propónse o novo estimador, denominado estimador EDT con envoltura r-convexa, e próbase a súa taxa de converxencia. Tamén se estuda a posible selección do parámetro de forma r a partir dos datos sen afectar á taxa de converxencia. O estimador proposto aplícase a un problema de estimación do contorno de seccións de troncos de árbores en inventario forestal.

PATEIRO LOPEZ, BEATRIZ (Titoría)
RODRIGUEZ CASAL, ALBERTO Cotitoría
PATEIRO LOPEZ, BEATRIZ (Titoría)
RODRIGUEZ CASAL, ALBERTO Cotitoría
Tribunal
AMEIJEIRAS ALONSO, JOSE (Coordinador)
Bergantiños Cid, Gustavo (Presidente/a)
GINZO VILLAMAYOR, MARIA JOSE (Secretario/a)
Darriba López, Diego (Vogal)
AMEIJEIRAS ALONSO, JOSE (Coordinador)
Bergantiños Cid, Gustavo (Presidente/a)
GINZO VILLAMAYOR, MARIA JOSE (Secretario/a)
Darriba López, Diego (Vogal)
Desenvolvemento de Modelos de Clasificación Automática de Documentos Dixitais usando Transformers
Autoría
M.G.H.S.
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (2ªed)
M.G.H.S.
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (2ªed)
Data da defensa
05.02.2025 09:45
05.02.2025 09:45
Resumo
A xestión de grandes volumes de documentos representa un desafío significativo para as organizacións, xa que clasificalos e procesalos de maneira manual resulta ineficiente e supón un desaproveitamento de recursos. Este enfoque tradicional, aínda que necesario nalgúns contextos, limita a capacidade para acceder rapidamente á información e utilizala de maneira efectiva. En resposta a esta situación, existen diversas solucións tecnolóxicas que están evolucionando para facilitar a organización e o acceso eficiente aos documentos. A primeira parte deste traballo presenta o desenvolvemento dun modelo de clasificación de texto baseado en Transformer, unha arquitectura avanzada de procesamento de linguaxe natural (PNL). O modelo automatiza o proceso de clasificación de documentos, o que non só mellora a eficiencia na organización dos mesmos, senón que tamén permite o seu aproveitamento posterior de maneira máis áxil e efectiva. Este enfoque, baseado en modelos preentrenados como BERT, aproveita a súa capacidade para adaptarse a tarefas específicas, o que facilita a clasificación eficiente de grandes volumes de datos e mellora o acceso rápido e preciso á información relevante. Deste xeito, contribúese á optimización de recursos e a unha mellor xestión da información dentro da organización. Para validar a efectividade do modelo, fixéronse diversas comparacións con clasificadores tradicionais como kNN, Naïve Bayes e Random Forest, utilizando os mesmos datos de adestramento. En todos os casos, o modelo baseado en BERT demostrou unha capacidade de xeneralización superior, mostrando un desempeño notable ao clasificar documentos sobre temas que ningún dos clasificadores vira durante a etapa de adestramento e superando ás técnicas tradicionais nos conxuntos de datos analizados. Isto establece a súa vantaxe para adaptarse a novos contextos e tipos de documentos sen requirir unha reestruturación ou axuste significativo do modelo. A arquitectura de BERT permítelle comprender o contexto e significado profundo do texto, o que lle outorga flexibilidade para manexar unha ampla variedade de tarefas, mesmo cando se enfronta a datos que non se aliñan perfectamente cos exemplos usados previamente durante o seu adestramento. Esta capacidade de adaptación converte a BERT nunha solución ideal para contornas onde os datos e as necesidades cambian constantemente, permitindo así unha maior eficiencia e precisión na clasificación e recuperación de información. A segunda parte deste traballo céntrase no desenvolvemento dun modelo para a recuperación e xeración de información. Este modelo constitúe unha primeira proposta orientada a facilitar o acceso á información contida en diversas fontes, o que engade un valor considerable aos procesos operativos da organización, optimizando o uso dos datos dispoñibles para a toma de decisións. O modelo foi avaliado utilizando un conxunto de datos extraído da plataforma tecnolóxica Huggingface. Os resultados mostran que as respostas xeradas acadaron unha similitude coseno superior ao 60% con respecto ás respostas esperadas cando o contexto proporcionado tiña relación coa pregunta, o que suxire unha alta correspondencia en termos de contido. Isto valida a capacidade do modelo para xerar respostas coherentes e relevantes en escenarios onde o contexto é clave.

LÓPEZ TABOADA, GUILLERMO (Titoría)