Ir o contido principal

Máster Universitario en Técnicas Estatísticas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813219 (Conserxaría)
881813130 (Decanato)
zmatdeca [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Jose Ameijeiras Alonso
Contacto
jose.ameijeiras [at] usc.es

O máster, de carácter interuniversitario, proporciona formación avanzada en Estatística e Investigación operativa e na aplicación de métodos estatísticos á biomedicina, as finanzas, a enxeñaría ou a investigación social, facilitando a realización de prácticas en empresas e o acceso ao programa de doutoramento correspondente.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4316961
Número de ECTS: 90
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
MARIA ELENA VAZQUEZ CENDON

Coordinador-a do título:
Jose Ameijeiras Alonso
jose.ameijeiras [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 5/08/2019 (DOG do 14/08/2019)

Data de publicación no BOE:
8/07/2020

Data da última acreditación:
19/07/2019

Os estudos de estatística son uns dos que teñen mellores expectativas de futuro. Isto xustifícase pola crecente necesidade de moitas empresas e institucións públicas de extraer información de cantidades enormes de datos, para o que resulta imprescindible a utilización de técnicas estatísticas en sectores como: biosanitario, finanzas, enxeñaría, etc, así como nas actividades que requiren investigación, para as que os métodos estatísticos son indispensables.

Ademais, capacita para a investigación no ámbito da estatística e a investigación operativa, e pode dar acceso ao Programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 5
Optativas: 70
Traballo fin de máster: 15
Total: 90

O plan de estudos do mestrado non contempla especialidades, no entanto, os estudantes deberán elixir entre dous itinerarios diferentes dependendo das súas preferencias:

-Itinerario Aplicado
-Itinerario Teórico

O Itinerario Aplicado corresponderá a aqueles estudantes que desexen que a énfase estea posta nas aplicacións da estatística, sen esquecer en ningún momento o rigor matemático na presentación dos conceptos e metodoloxías. No Itinerario Teórico a presentación das distintas técnicas centrarase en profundar máis nos aspectos metodolóxicos, aínda que sen perder de vista as aplicacións. As materias optativas destes dous itinerarios configuráronse de tal xeito que se garanta que os alumnos de ambos os itinerarios desenvolvan as mesmas competencias básicas e xerais, diferenciándose nas competencias específicas.

Os estudantes deberán matricular un dos dous módulos de itinerario no primeiro semestre. Excepcionalmente, a comisión do título poderá autorizar o intercambio dalgunha materia do itinerario elixido pola correspondente do outro itinerario.

Análise multivariante

  • P1062201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Optimización aplicada

  • P1062202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Control estatístico da calidade

  • P1062203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Estatística espacial

  • P1062204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Regresión non paramétrica e semiparamétrica

  • P1062205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Análise de supervivencia

  • P1062206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Introdución á teoría de xogos

  • P1062207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Mostraxe

  • P1062208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Procesos estocásticos

  • P1062209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Redes e planificación

  • P1062210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Simulación estatística

  • P1062211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Series de tempo

  • P1062212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Contrastes de especificación

  • P1062213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Aprendizaxe estatístico

  • P1062214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Datos funcionais

  • P1062215
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Enxeñaría financeira

  • P1062216
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Xogos cooperativos

  • P1062217
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Modelos interactivos da investigación operativa

  • P1062218
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Técnicas de remostraxe

  • P1062219
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

O máster, de carácter interuniversitario, proporciona formación avanzada en Estatística e Investigación operativa e na aplicación de métodos estatísticos á biomedicina, as finanzas, a enxeñaría ou a investigación social, facilitando a realización de prácticas en empresas e o acceso ao programa de doutoramento correspondente.

O mestrado ten como finalidade proporcionar unha sólida formación en estatística e investigación operativa. Esta área de coñecemento é enormemente transversal polo que o título presenta unha estrutura académica cun elevado número de materias optativas, que permitan cursar o mestrado a titulados de moi diversa procedencia. Así, recoméndase o mestrado non só a licenciados ou graduados en matemáticas ou en estatística senón a calquera titulado que acredite uns coñecementos básicos en matemáticas e estatística con motivación para a análise, visualización e modelado de datos en calquera contexto.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 5
Optativas: 70
Traballo fin de máster: 15
Total: 90

Ao comezo de cada curso académico, a Comisión do Título organiza unha xornada de acollida de novos estudantes. Ese primeiro día os coordinadores reciben os estudantes de novo ingreso nas aulas de vídeoconferencia onde se imparte o mestrado. A xornada ten por obxecto proporcionar información sobre:

- Presentación dos coordinadores e información de contacto. Canles físicas e virtuais para comunicar incidencias, queixas ou suxestións no mestrado.

- Instrucións para darse de alta na base de datos do título que servirá de vínculo permanente entre o profesorado e o alumno e que se usará como plataforma docente e informativa conxunta.

- Presentación do plan de estudos e descrición das prácticas en empresas.

- Presentación do equipamiento das aulas, en particular do equipo de vídeoconferencia e canóns de vídeo. Facilítanse instrucións de uso, así como información dos procedementos de solución de incidencias.

- Presentación aos estudantes dos servizos que ofrece cada universidade: rede Wifi, Biblioteca, aulas de informática, etc.

O mestrado contará cun sistema de apoio tutorial. Unha vez os estudantes matriculados, a Comisión de Título asignará un profesor titor a cada estudante que fornecerá asesoramento en todas as cuestións de índole académica (validación de estudos, cambio de matrícula, elección de prácticas, etc) que sexa necesario. Este apoio tutorial reforzará o asesoramiento que proporcionan os distintos coordinadores, e servirá de enlace entre os estudantes e estes.

No sitio web do título canalizarase toda a información relativa ao mestrado, creando listas de difusión de información tanto académica (horarios, exames, aulas, etc) como máis xeral (ofertas de emprego, difusión de xornadas científicas de interese, foros de emprego, etc). O mestrado pon á disposición dos estudantes e egresados un grupo en Linkedin para a difusión de información de tipo profesional de interese.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Límite de prazas e criterios específicos

Titulacións de acceso:
Licenciados ou graduados en Matemáticas ou en Estatística e calquera titulado que acredite coñecementos básicos en Matemáticas e Estatística, con motivación para a análise, visualización e modelado de datos en calquera contexto.

Criterios:
• Titulación de acceso (70% - ata 7 puntos)
o Titulacións con contidos dun grao en Matemáticas valoraranse entre 6 e 7 puntos
o Outros títulos universitarios cun contido relativamente amplo de estatísticas descritivas e inferencia estatística valoraranse entre 5 e 6 puntos (graos en Bioloxía, Psicoloxía, Enxeñaría, Medicina, Administración e Dirección de Empresas, Economía ou outros similares).
o Títulos de grao restantes que teñan un contido básico de estatísticas entre 3 e 4 puntos.
• Expediente do alumno (20% - ata 2 puntos)
• Currículo vitae del candidato (10% - ata 1 punto)

Límite de prazas e criterios específicos

Titulacións de acceso:
Licenciados ou graduados en Matemáticas ou en Estatística e calquera titulado que acredite coñecementos básicos en Matemáticas e Estatística, con motivación para a análise, visualización e modelado de datos en calquera contexto.

Criterios:
• Titulación de acceso (70% - ata 7 puntos)
o Titulacións con contidos dun grao en Matemáticas valoraranse entre 6 e 7 puntos
o Outros títulos universitarios cun contido relativamente amplo de estatísticas descritivas e inferencia estatística valoraranse entre 5 e 6 puntos (graos en Bioloxía, Psicoloxía, Enxeñaría, Medicina, Administración e Dirección de Empresas, Economía ou outros similares).
o Títulos de grao restantes que teñan un contido básico de estatísticas entre 3 e 4 puntos.
• Expediente do alumno (20% - ata 2 puntos)
• Currículo vitae del candidato (10% - ata 1 punto)

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo

- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Coñecer, comprender e saber aplicar os principios, metodoloxías e novas tecnoloxías na estatística e a investigación operativa en contextos científico-académicos, tecnolóxicos ou profesionais especializados e multidisciplinares, así como adquirir as destrezas e competencias descritas nos obxectivos xerais do título.
- Desenvolver autonomía para identificar, modelar e resolver problemas complexos da estatística e a investigación operativa en contextos científico-académicos, tecnolóxicos ou profesionais especializados e multidisciplinares.
- Desenvolver a capacidade para realizar estudos e tarefas de investigación e transmitir os resultados a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
- Integrar coñecementos avanzados e enfrontarse á toma de decisións a partir de información científica e técnica.
- Desenvolver a capacidade de aplicación de algoritmos e técnicas de resolución de problemas complexos no ámbito da estatística e a investigación operativa, manexando o software especializado adecuado.

- Coñecer, identificar, modelar, estudar e resolver problemas complexos de estatística e investigación operativa, nun contexto científico, tecnolóxico ou profesional, xurdidos en aplicacións reais.
- Desenvolver autonomía para a resolución práctica de problemas complexos xurdidos en aplicacións reais e para a interpretación dos resultados de cara á axuda na toma de decisións.
- Adquirir coñecementos avanzados dos fundamentos teóricos subxacentes ás distintas metodoloxías da estatística e a investigación operativa, que permitan o seu desenvolvemento profesional especializado.
- Adquirir as destrezas necesarias no manexo teórico-práctico da teoría da probabilidade e as variábeis aleatorias que permitan o seu desenvolvemento profesional no ámbito científico/académico, tecnolóxico ou profesional especializado e multidisciplinar.
- Profundar nos coñecementos sobre os fundamentos teórico-prácticos especializados do modelado e estudo de distintos tipos de relacións de dependencia entre variábeis estatísticas.
- Adquirir coñecementos teórico-prácticos avanzados de distintas técnicas matemáticas, orientadas específicamente á axuda na toma de decisións, e desenvolver a capacidade de reflexión para avaliar e decidir entre distintas perspectivas en contextos complexos.
- Adquirir coñecementos teórico-prácticos avanzados de distintas técnicas de optimización matemática, tanto en contextos unipersoais como multipersoais, e saber aplicalos con autonomía suficiente nun contexto científico, tecnolóxico ou profesional.
- Adquirir coñecementos teórico-prácticos avanzados nas técnicas destinadas á realización de inferencias e contrastes relativos a variáeis e parámetros dun modelo estatístico, e saber aplicalos con autonomía suficiente un contexto científico, tecnolóxico ou profesional.
- Coñecer e saber aplicar con autonomía en contextos científicos, tecnolóxicos ou profesionais, técnicas de aprendizaxe automática e técnicas de análises de datos de alta dimensión (big data).
- Adquirir coñecementos avanzados sobre metodoloxías para a obtención e o tratamento de datos desde distintas fontes, como enquisas, internet, ou contornas "na nube".

- Desenvolver firmes capacidades de razoamento, análise crítica e autocrítica, así como de argumentación e de síntese, en contextos especializados e multidisciplinares.
- Desenvolver destrezas avanzadas no manexo de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), tanto para a obtención de información como para a difusión do coñecemento, nun ámbito científico/académico, tecnolóxico ou profesional especializado e multidisciplinar.
- Ser capaz de resolver problemas complexos en contornos novos mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
- Desenvolver unha sólida capacidade de organización e planificación do estudo, asumindo a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional, para a realización de traballos en equipo e de forma autónoma.
- Desenvolver capacidades para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, nos ámbitos científico/académico, tencolóxico e profesional.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

Non se contemplan

Para obter o título é obrigatorio realizar un Traballo Fin de Máster (TFM) de 15 créditos ECTS. Este traballo, en función do interese profesional ou académico pode elaborarse como:

1. Traballo de investigación, como primeira etapa dos estudos de doctorado do estudante.

2. Traballo académico aplicado consistente na análise, estudo e resolución de problemas con datos reais en que se deben aplicar técnicas avanzadas e actuais da estatística ou da investigación operativa.

3. Realización dun traballo ao abeiro dun convenio de colaboración cunha empresa, que poderá ter carácter presencial ou non, segundo se estabeleza na ficha do traballo fin de mestrado. Teñen como obxectivo que o alumno analice, estude e resolva na medida das súas posibilidades problemas da área da estatística ou a investigación operativa en que estean interesadas as empresas colaboradoras. A colaboración coa empresa estabelecerase mediante un convenio de colaboración educativa. Este convenio pode ser substituído por un contrato de traballo ou unha bolsa na empresa en que se realice o TFM.

O profesorado do máster está formado por persoal docente e investigador das universidades participantes, así como de outras nacionais e estranxeiras coas que se ten o correspondente convenio.

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

25,0

25,0

25,0

25,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

22,0

48,0

58,0

59,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

22,0

26,0

27,0

24,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

21,0

25,0

26,0

24,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

19,05

4,0

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,1861

7,2006

7,3242

7,7539

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

3,39

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

18,18

10,42

5,17

5,08

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

81,25

89,66

81,36

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

84,0

100,0

104,0

96,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

Indicador

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,14

0,0

0,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

0,0

3,85

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

89,07

91,54

91,63

89,85

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

2,0

2,0952

2,1364

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

97,03

97,37

95,24

Estudantes por grupo

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

10,3

14,6923

14,7692

13,6154

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

97,27

96,92

96,12

95,43

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

97,03

99,46

98,45

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

75,0

84,62

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

86,64

88,72

87,71

85,56

Satisfacción

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

3,26

3,55

3,91

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,6

4,48

4,51

4,68

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,1714

4,0443

4,25

4,2614

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

29,1667

30,3797

41,1765

12,2449

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

88,89

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

50,0

60,0

66,67

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.