Avaliación do ADN libre circulante no plasma como biomarcador non invasivo no diagnóstico e seguimento do cancro oral
Autoría
G.D.C.A.R.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
G.D.C.A.R.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
19.06.2025 09:30
19.06.2025 09:30
Resumo
Aproximadamente o 60% dos casos de cancro oral (CO) diagnostícanse en estadios avanzados, o que se asocia cun mal prognóstico. Isto fai necesario o desenvolvemento de novas estratexias para mellorar a detección precoz e a monitorización minimamente invasiva do CO. A busca de novos biomarcadores mediante biopsias líquidas demostrou o potencial do ADN libre de células circulante (ADNlc) como biomarcador tumoral. Obxectivos: i) Determinar a concentración de ADNlcc nunha cohorte de pacientes con CO e controis sans; ii) Caracterizar o tamaño dos fragmentos de ADNlcc en pacientes con CO; iii) Avaliar o potencial diagnóstico do ADNlc; iv) Explorar lonxitudinalmente as concentracións de ADNlc en mostras seriadas de plasma de pacientes con CO. Material e métodos: Incluíronse 41 pacientes cun diagnóstico primario de CO (estadios I y IV) e 40 controis sans. A concentración total de ADNlc plasmático cuantificouse mediante fluorometría en mostras recollidas ao comezo do estudo e durante o seguimento clínico, e os tamaños dos fragmentos de ADNlc caracterizáronse mediante electroforese. Realizáronse análises estatísticas descritivas e curvas ROC para avaliar a capacidade diagnóstica. Resultados: As concentracións de ADNlc foron significativamente maiores en pacientes con CO en comparación cos controis sans. Do mesmo xeito, observáronse concentracións máis altas de ADNlcc en estadios temperáns e avanzados. As mostras de plasma tumoral presentaron picos de ADNlcc de ~165, ~350 e ~565 pares de bases. A análise da curva ROC mostrou valores de área baixo a curva de 0,709 (IC do 95%: 0,5096-0,8275), 0,846 (IC do 95%: 0,7012-0,9898) e 0,655 (IC do 95%: 0,5072-0,8017) para discriminar os pacientes con CO (I-IV), estadios I-II e estadios III-IV dos controis sans, respectivamente. Observáronse variacións nas concentracións plasmáticas de ADNlcc durante o tratamento e o seguimento da enfermidade. Conclusións: A cuantificación do ADNlcc ten un valor potencial como biomarcador para a detección precoz e monitorización do CO. Non obstante, necesítanse estudos de cohorte multicéntricos máis amplos para definir a utilidade clínica do ADNlcc no tratamento do CO.

Dirección
MORA BERMUDEZ, MARIA JESUS JOSE (Titoría)
Rapado González, Óscar Cotitoría

Tribunal
DA SILVA DOMINGUEZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)