Ir o contido principal

A Facultade de Química acredita o seu Sistema de Garantía de Calidade (SGC)

O centro acadou o informe favorable de certificación da implantación do SGC por parte da ACSUG, o cal permitirá que se acade a acreditación institucional, trámite que iniciará proximamente a universidade.

O centro acadou o informe favorable de certificación da implantación do SGC  por parte da ACSUG, o cal permitirá que se acade a acreditación institucional, trámite que iniciará proximamente a universidade.
As fortalezas detectadas pola comisión avaliadora foron as seguintes:
- Adecuación e contextualización da documentación do SGC á realidade do centro, que se evidencia especialmente na Política de Calidade da Facultade de Química e no Manual de calidade vixentes.
- O seguimento do SGC realizado a través da memoria de calidade.
- A definición dunha prórroga do plan estratéxico do centro para o horizonte 2020-2022.
- O proceso de medición que se realizou con motivo da análise da satisfacción dos distintos grupos de interese coa formación en liña durante a pandemia.
- A transparencia coa que se presenta a documentación do SGC e garántese a súa accesibilidade para todos os grupos de interese.
- O sitio web contén gran parte da documentación xeral do Sistema de garantía de calidade (SGC).

O traballo realizado polo PAS,  PDI e estudantado nos permitiu conseguir este resultado.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2022.