Ir o contido principal
  • USC

O Grao en Química acada o Selo Internacional de Calidade EUROBACHELOR

EUROLABEL
EUROLABEL
O Grao en Química acadou recentemente o Selo Internacional de Calidade EUROBACHELOR®, cuxa duración se extenderá ata 2029. O estudantado que se gradúe a partir do 1 de xaneiro de 2023 será egresado EUROLABEL, segundo establece a European Chemistry Thematic Network Association (ECTN).

O Selo Chemistry Quality Eurolabel® é un certificado concedido por unha axencia autorizada pola European Chemistry Thematic Network Association (ECTN) a unha universidade respecto a un título de grao (EUROBACHELOR®) ou máster (EUROMASTER®) avaliado segundo unha serie de estándares definidos de acordo cos principios de calidade, relevancia, transparencia, recoñecemento e mobilidade contemplados no Espazo Europeo de Educación Superior
A obtención do EUROBACHELOR®: 

  • Garante que un título que obtén algún destes selos cumpre os criterios de calidade establecidos máis aló das súas fronteiras, criterios acordados por axencias internacionais de aseguramento da calidade en educación superior, baseándose en estándares internacionais recoñecidos por empregadores/as de diferentes países.
  • Recoñece a calidade dun título con Selo dentro e fóra do país onde se imparte, sendo este recoñecemento un incentivo para potenciais estudantes, porque esta acreditación ofrece información fiable sobre a calidade dos títulos que obteñen un Selo Internacional de Calidade.
  • Asegura aos/as empregadores/as dos/as egresados/as dun título con Selo Internacional de Calidade que os coñecementos e as competencias prácticas dos/as egresados/as deste alcanzan unha serie de estándares internacionais da educación no ámbito do título do Selo.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2023.