Vistas a ABCR Labs e Meteogalicia
Visitas a ABCR Labs e Meteogalicia do alumnado do Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial.
O pasado 23 de outubro, o alumnado do Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial visitou as instalacións de ABCR Labs. A actividade enmarcouse nas materias Procesos Industriais e Sostibilidade e Transferencia e Comunicación Científica, ofrecendo aos estudantes unha oportunidade para coñecer de preto a actividade do laboratorio.
Por outra banda, o 6 de novembro, o estudantado da materia Análise e Control Ambiental e Industrial do Grao en Química realizou unha visita ás instalacións de Meteogalicia, onde puideron observar os métodos de traballo e as ferramentas utilizadas para o seguimento ambiental e meteorolóxico.