Proceso de produción de aluminio lacado
Autoría
J.C.S.
Grao en Química
J.C.S.
Grao en Química
Data da defensa
20.02.2025 09:00
20.02.2025 09:00
Resumo
Dende o seu illamento ata a actualidade, o aluminio converteuse nun dos metais máis importantes da nosa sociedade polas súas propiedades. Ten numerosos usos vinculados, fundamentalmente, á industria alimentaria, fabricación de bens de consumo, transporte, construción e sector militar. Neste Traballo Fin de Grao estúdase en profundidade un dos procedementos de protección do aluminio contra a corrosión, o lacado, que mellora a súa resistencia e durabilidade. Deste tipo de tratamentos xurdiu unha industria de produción de aluminio que na actualidade está moi demandada. En concreto, descríbese polo miúdo o proceso de lacado realizado nas fábricas de Aluminios Cortizo S.A.U, o cal implica un pretratamento con diferentes disolucións químicas, un recubrimento en pó e un curado final no cal se polimerizará. Describense tamén os diferentes controis de calidade aos que é sometido o proceso enteiro.

Dirección
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Vogal)

Epoxidacion de alquenos con dioxiranos
Autoría
A.J.M.
Grao en Química
A.J.M.
Grao en Química
Data da defensa
20.02.2025 09:00
20.02.2025 09:00
Resumo
Este estudo bibliográfico está baseado na análise do dioxirano, un composto orgánico tricíclico caracterizado por un anel de tres membros con dous átomos de osíxeno de forma molecular CH2O2. Foi descuberto na década de 1970 como un intermediario moi inestable e altamente reactivo mediante estudos mecanísticos e espectroscópicos. Ao pouco tempo consiguiuse illar en disolución, destacando pola súa notable reactividade química, sendo un oxidante potente e selectivo en síntesis particularmente nas epoxidacións. Entre os derivados máis estudados encontrase o dimetildioxirano, que pode xerarse in situ e que epoxida aos alquenos nun proceso estereoespecífico. A súa reactividade é maior con olefinas ricas en electróns e a selectividade ven marcada por impedimentos estéricos e electrónicos. Estes compostos empregáronse en diversas transformacións químicas, incluíndo a oxidación de enlaces C-H activados e heteroátomos, así como en reaccións doutros grupos funcionais. O tipo de mecanismo involucrado nas reaccións do dioxirano varía segundo o substrato. No caso das epoxidacións, obsérvase un proceso concertado, mentres que cos heteroátomos un ataque tipo SN2. Por outro lado, as reaccións con unha ampla variedade de nucleófilos seguen unha vía heterolítica e as oxidacións do enlace C-H ocorren a través dun mecanismo concertado ou de rebote de osíxeno.

TOJO SUAREZ, GABRIEL (Titoría)
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Vogal)
ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Vogal)
Revisión da metátese do estireno para a súa potencial aplicación en química reticular.
Autoría
L.U.U.
Grao en Química
L.U.U.
Grao en Química
Data da defensa
20.02.2025 09:00
20.02.2025 09:00
Resumo
Esta revisión bibliográfica baséase na reacción de metátese de alquenos, unha reacción chave no meu proxecto de investigación no noso laboratorio centrado no desenvolvemento de materiais reticulados, especialmente aqueles cunha estrutura cristalina e porosa. Na primeira parte, faise un pequeno resumo dos materiais porosos máis relevantes, diferenciándoos entre materiais cristalinos e amorfos. Por outra banda, tamén se estudan os catalizadores de metátese máis destacados, entre os que se inclúen os catalizadores de Shrock, Grubbs e Hoveyda-Grubbs. A continuación, revísanse varios artigos baseados na reactividade do estireno na reacción de metátese, estudando o seu comportamento ao variar as condicións de reacción. Destácase o uso de líquidos iónicos como disolvente, o que mellora a reciclabilidade do catalizador á vez que aporta altos rendementos. Aínda así, os rendementos máis altos conséguense mediante a encapsulación do catalizador, proceso que tamén se describe. Ademais, descríbese un método que combina a metátesis de alquenos coa fotocatálise para a obtención de olefinas Z. Para rematar este traballo, móstrase unha serie de patentes nas que as moléculas de estireno ou estilbeno (produto da homodimerización do alqueno) se empregan como substrato en varias reaccións, como é o caso do uso do estireno como ligando na formación de MOFs ou no desenvolvemento dun produto que aproveita a capacidade fotocrómica do estilbeno, entre outros.

TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Titoría)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Vogal)
ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Vogal)
Desenvolvemento da metodoloxía analítica para o analise de contaminantes emerxentes en residuos de aparatos eléctricos e electronicos (RAEE)
Autoría
B.E.A.
Grao en Química
B.E.A.
Grao en Química
Data da defensa
20.02.2025 09:00
20.02.2025 09:00
Resumo
A evolución tecnolóxica durante os últimos anos xunto ca crecente dependencia cara aos dispositivos eléctricos e electrónicos na nosa vida cotiá, derivou na acumulación de grandes toneladas de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) a nivel global. Neste tipo de residuos incluese dende grandes electrodomésticos como lavadoras ata pequenos dispositivos como teléfonos móbiles. A xestión dos RAEE supón un desafío debido a presenza de substancias perigosas como metais preciosos ou polímeros na súa composición. Estes últimos aínda sendo reciclábeis, conteñen elementos tóxicos como son os bisfenois e retardantes de chama, que se non se manipulan de forma correcta poden causar problemas ambientais e de saúde pública. No presente traballo optimizouse unha metodoloxía analítica para a determinación de bisfenois e retardantes de chama en plásticos RAEE. Con esa finalidade, caracterizouse o tipo de plástico que conforma as mostras, e evaluaronse diferentes protocolos de extracción basados na extracción sólido-líquido (LSE) asistida con ultrasonidos (UAE) para avaliar cal dilesproporcionaba os mellores resultados en términos de recuperación e efectos de matriz. Unha vez optimizados o método de preparación de mostra e de determinación, aplicouse a 30 mostras reais de RAEE que se analizaron mediante cromatografía líquida de ultra rendemento acoplada a espectrometría de masas en tándem (UPLC-MS/MS). En base os resultados obtidos, seis dos dez analitos considerados neste estudio detectáronse nas mostras estudiadas, en concentracións entre 23 e 1968916 ng/g, sendo o BPA e o TBBPA os que presentan as frecuencias de detección e as concentracións máis altas.

CASTRO VARELA, GABRIELA (Titoría)
RODRIGUEZ PEREIRO, ISAAC Cotitoría
CASTRO VARELA, GABRIELA (Titoría)
RODRIGUEZ PEREIRO, ISAAC Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL (Presidente/a)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Secretario/a)
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Vogal)

Determinación de pesticidas orgánicos en mostras medioambientais relacionadas co sector da viticultura
Autoría
A.L.B.
Grao en Química
A.L.B.
Grao en Química
Data da defensa
20.02.2025 09:00
20.02.2025 09:00
Resumo
O uso de pesticidas na agricultura aumentou nas últimas décadas para mellorar a produtividade. Ao mesmo tempo, creceu a preocupación en diferentes organismos internacionais e na poboación polos efectos adversos que poden producir no medio ambiente, nos animais ou no ser humano. Por iso, ao longo do tempo, desenvolvéronse diferentes metodoloxías analíticas co fin de avaliar os niveis e controlar o posible impacto destes compostos en diferentes compartimentos ambientais. Neste traballo realizouse a optimización e validación dunha metodoloxía analítica baseada na extracción QuEChERS para determinar residuos de pesticidas en solos de viñedo de Galicia e A Rioxa con notables diferenzas nas súas propiedades fisicoquímicas, especialmente na súa porcentaxe de materia orgánica (% C) e na súa textura. Para este estudo, utilizouse como técnica de determinación a cromatografía líquida acoplada á espectrometría de masas (LC-ESI-QqQ-MS). Tras a validación da metodoloxía, realízase unha análise de mostras reais, tanto da Rioxa como de Galicia, para estudar a disipación e evolución temporal dos residuos de pesticidas nestes solos ao longo de cinco campañas.

RAMIL CRIADO, MARIA (Titoría)
RAMIL CRIADO, MARIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL (Presidente/a)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Secretario/a)
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Vogal)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL (Presidente/a)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Secretario/a)
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Vogal)
Deseño e emprego de tecnosolos para a inmobilización de nitrato e fosfato en sistemas acuáticos
Autoría
N.L.C.
Grao en Química
N.L.C.
Grao en Química
Data da defensa
20.02.2025 09:00
20.02.2025 09:00
Resumo
A retención de nitrato e fosfato en medios acuáticos é crucial para manter o equilibrio ecolóxico e evitar a eutrofización, un fenómeno caracterizado polo crecemento excesivo de algas debido á acumulación de nutrientes. Isto deriva na diminución de osíxeno e o conseguinte descenso da calidade da auga. Estes nutrientes proveñen de diversas fontes, como fertilizantes agrícolas, augas residuais urbanas ou industriais, polo que é importante unha boa xestión e un uso adecuado dos produtos. A adsorción como método de retención implica a adherencia de fosfatos, nitratos ou outras sustancias aos coloides presentes no solo ou sedimentos. Neste traballo empregáronse partículas de ferro cerovalente (ZVI) como adsorbente, obtidas mediante unha síntese verde empregando follas de eucalipto, e estudouse a súa eficacia en diferentes condicións. Ademais, avaliouse a capacidade adsorbente destas partículas en diferentes proporcións xunto con outros materiais. Os resultados mostran que o ZVI adsorbe o fosfato presente na auga, variando de forma directa a adsorción ao variar a concentración de adsorbente e de fosfato. Ao aumentar o pH diminúe a adsorción. Pola contra, non adsorbe nitratos, polo que este anión non interfire na adsorción de fosfatos. En combinación cos distintos materiais, as partículas de ferro actúan de maneira distinta dependendo da natureza destes. Así, a combinación con biocarbón de millo é pouco eficaz, mentres que combinado con tecnosol ou con serrín de pino vese unha melloría, xa que a adsorción é maior cos materiais mesturados.

FIOL LOPEZ, SARAH (Titoría)
ANTELO MARTINEZ, JUAN Cotitoría
FIOL LOPEZ, SARAH (Titoría)
ANTELO MARTINEZ, JUAN Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL (Presidente/a)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Secretario/a)
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Vogal)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL (Presidente/a)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Secretario/a)
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Vogal)
Desenvolvemento e aplicación dunha metodoloxía analítica de screening para a detección de contaminantes orgánicos persistentes e móbiles en mostras de pó interior
Autoría
A.T.N.
Grao en Química
A.T.N.
Grao en Química
Data da defensa
20.02.2025 09:00
20.02.2025 09:00
Resumo
As substancias persistentes, móbiles e tóxicas (PMTs) estanse convertendo nun motivo de preocupación no medio ambiente debido ás súas propiedades intrínsecas, que fan posible a súa dispersión no medio acuático. O presente traballo consiste na optimización e validación dun método analítico de extracción e identificación de PMTs presentes nas matrices de po doméstico mediante a utilización da técnica de extracción asistida por ultrasóns e detección coa cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas de alta resolución, para logo aplicalo a mostras reais. Para a optimización do proceso de extracción, utilizáronse mostras de po doméstico adicionadas con 24 compostos modelo (incluíndo fármacos, pesticidas, aditivos plásticos, etc.). Probáronse distintas composicións do disolvente de extracción e pH coa fin de obter a máxima eficacia de extracción dos compostos. Os resultados mostraron que un disolvente a base de metanol cun 2% de ácido fórmico ofrecía os mellores resultados. Unha vez seleccionadas as condicións de extracción, aplicouse a metodoloxía de screening de sospeitosos a diferentes mostras de po. Para iso, utilizouse unha biblioteca de sospeitosos, que contén aproximadamente 1100 compostos priorizados en base a criterios de toxicidade (T), persistencia (P) e mobilidade (M). Identificáronse un total de 39 PMTs, (dos cales 21 co nivel 1, 10 a nivel 2 e 8 a nivel 3), de acordo cos niveis de identificación propostos na literatura. Nos resultados foron identificados compostos tales como a 1,3-di-o-tolilguanidina, a 1,3-difenilguanidina ou a desetilatrazina e xentamicina, entre outros.

QUINTANA ALVAREZ, JOSE BENITO (Titoría)
PERIN , MAURICIO Cotitoría