Ir o contido principal

Campus de Santiago

O mundo empresarial, novos modelos a nivel mundial

• 26 de novembro de 2025 e 3 e 10 de decembro de 2025 de 12h a 14h

O contexto económico e social actual está a transformar profundamente a maneira de entender a empresa e o consumo. O impacto ambiental, as desigualdades sociais e a crise dos coidados obrigan a repensar os modelos produtivos e de consumo desde unha perspectiva máis ética, sostible e centrada nas persoas.
Neste seminario abordaranse novos modelos empresariais que poñen o benestar das persoas e do planeta no centro, promovendo unha economía circular, xusta e viable, pero nunca a costa de abusos laborais, ambientais ou sociais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.10.2025.