Ir o contido principal

O estudantado do IV Ciclo da USC en Ribeira estrea este martes a súa curta ‘O último descanso’

Unha escena da curtametraxe
Unha escena da curtametraxe
Resultado do traballo no Obradoiro de ficción audiovisual e envellecemento activo e creativo

O estudantado da sede de Ribeira do programa Universitario de Maiores IV Ciclo estrea este martes, 3 de xuño, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal da capital do Barbanza, a curtametraxe O último descanso, dirixida por José Manuel Reiriz Paz.

A obra é o resultado do traballo no Obradoiro de ficción audiovisual e envellecemento activo e creativo que, no marco do programa da USC, impartiu Manolo Gómez coa colaboración de Salva Outeiral. Os dous explican que os obxectivos pedagóxicos que se perseguen con esta curta se dirixen a desenvolver habilidades creativas nas que as persoas participantes actúen como protagonistas activas do seu propio proceso de aprendizaxe.

Ao tempo, trátase de que a actividade, desafiando estereotipos sobre a vellez, se converta nunha ferramenta de transformación a través dun traballo colaborativo baseado na creatividade, a expresión e a emoción e que estes elementos sexan os fundamentos que permitan que os procesos se proxecten máis aló das aulas e poidan ter continuidade fóra delas.
 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.07.2025.