A USC pecha este venres a matrícula na programación académica do IV Ciclo Universitario para o curso 2019-20
As persoas maiores de 50 anos interesadas en cursar calquera das 53 materias ofertadas poden inscribirse en Lugo e Santiago. As clases comezan o 1 de outubro
Lugo,
Santiago de Compostela
A USC pecha este venres o prazo de matrícula no IV Ciclo Universitario da USC, un programa formativo orientado á participación de maiores de 50 anos que ofrecerá no curso 2019-20 un total de 53 materias nos campus de Lugo e Santiago, que manteñen unha programación académica diferenciada e que se pode consultar na web da USC.
A temática das materias ofertadas pola USC neste programa de formación sénior, no que o pasado exercicio académico formalizaron a súa matrícula preto de 400 persoas nos campus de Lugo e Santiago, é moi diversa e abrangue as distintas áreas do saber. O período de clases do primeiro cuadrimestre comezará o 1 de outubro.