Dúas profesoras do DEQ entre as investigadoras mais influentes
As profesoras M.T. Moreira e A. Soto destacan dentro do ranking DIH, dentro do panorama científico nacional, no que se avalía a calidade científica en base ao índice h.
As investigadoras M.T. Moreira e A. Soto, do departamento de Enxeñaría Química da USC son protagonistas destacadas no panorama científico nacional, tal e como se constata na última edición do ránking DIH, que as inclúe entre as mellores científicas residentes en España. Este clasificación das científicas españolas residentes en España avalía a calidade científica en función do denominado índice h, unha metodoloxía proposta por Jorge Hirsch, da Universidade de California, que ten en conta o número de artigos publicados e a posterior cantidade de citas que rexistra para determinar o impacto das publicacións científicas.