Ir o contido principal
  • USC

Enxeñaría química atópase en postos destacados no ranquin QS

A área de coñecemento de Enxeñaría química situase no rango comprendido entre as posicións 201 a 250 xunto con outras disciplinas da USC como Historia, Linguas modernas, Comunicación e media e Lingua e literatura inglesa.

O World University Ranking QS sitúa a USC entre as mellores institucións universitarias nun total de 19 ámbitos temáticos das cinco áreas de coñecemento, segundo os datos que acaba de facer públicos na súa clasificación por materias correspondente a 2024. Os datos deste ano confirman a tendencia alcista neste ránking da USC, que incrementou o número de materias entre os 200 primeiros postos.

Os ámbitos nos que máis destaca a USC neste ránking son os de Arqueoloxía, Farmacia e Farmacoloxía e Lingüística, que se sitúan no intervalo 151-200 das universidades do mundo. Tamén en postos destacados (intervalo 201-250) se atopan Historia, Linguas Modernas, Comunicación e media, Enxeñaría Química e Lingua e Literatura Inglesa.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2024.