O Grao en Enxeñaría Química ocupa o cuarto posto no ranking do xornal El Mundo
Ranking as 50 titulacións máis demandadas do diario El Mundo 2024, que orienta aos estudantes que deben elexir o centro para cursar os seus estudos superiores, coloca ao Grao en Enxeñaría Química, impartido na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, no cuarto posto.
O ranking recolle os 50 graos máis demandados e as cinco universidades máis adecuadas para cursalos. Esta clasificación de El Mundo é unha das principais clasificacións españolas que miden a calidade dos centros de educación superior.
A actual edición de este ranking, publicada en maio de 2024, revalida ao Grao en Enxeñaría Química da ETSE dende o ano 2016 entre os 5 mellores graos en Enxeñaría Química. As universidades de País Vasco, Politécnica de Valencia, Complutense de Madrid e Zaragoza completan o ranking.