Juan Manuel Garrido, reelixido director de departamento
O profesor Juan Manuel Garrido foi reelixido para estar a fronte do departamento de enxeñaría química para os seguintes catro anos (2022-2026).
O día 6 de xullo do 2022, en consello de departamento, o profesor Juan Manuel Garrido Fernandez foi elixido como director do departamento de enxeñaría química para o seguinte periodo de catro anos (2022-2026). O profesor Garrido renova o seu mandato despois de dirixir o departamento dende o ano 2018, durante un periodo difícil no ámbito social e universitario principalmente causado pola COVID-19.