Participación de docentes do DEQ no Process Safety Faculty Workshop
Os docentes G. Eibes, E. Roca, E. Rodil e A. Soto participaron no Process Safety Faculty Workshop celebrado en Tarragona.
O Process Safety Faculty Workshop celebrado en Tarragona entre os días 11 e 14 de xullo permitiu a docentes de distintas universidades recibir formación relacionada coa seguridade de proceso. Este curso de seguridade de procesos , patrocinado por Dow, mostrou ao profesorado de Enxeñaría Química como se pon en práctica industrial a seguridade dos procesos e demostrou a importancia da seguridade dos procesos para o deseño e operación dunha planta química.