Troco na secretaría administrativa
O día 1 de marzo de 2023 produciuse o troco na secretaría administrativa do departamento de Enxeñaría Química.
O día 1 de marzo de 2023 produciuse o troco na secretaría administrativa do departamento de Enxeñaría Química. Rosario Nores, despois dunha longa traxectoria na secretaría administrativa do departamento trasládase a outro posto dentro da USC e é reemplazada por Juan Carlos Araujo a partires de dita data.
Dende o Departamento de Enxeñaría Química agradecemos o gran traballo que Charo desenvolveu durante todo este tempo e a sua actitude persoal. Tamén aproveitamos para dara a benvida a Juan, desexando que se atope a gusto nesta nova etapa.