Ir o contido principal

SisAl Pilot: A modelización matemática contribue nunha iniciativa innovadora no campo dos materiais

Nota de prensa: SisAl Pilot

O primeiro de maio cumpriuse o primeiro aniversario do comezo do proxecto “ Innovative pilot for Silicon production with low environmental impact using secondary Aluminium and silicon raw materials”, no cal o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial ( ITMATI), consorcio público das tres universidades galegas, participa como socio. SisAl Pilot enmárcase no programa Horizon 2020 de financiamento da Unión Europea, cun orzamento total maior a 14 millóns de euros e integrado por un consorcio composto por 22 socios. Participan do devandito consorcio centros de investigación europeos e empresas nacionais e internacionais, como Fundiciones Rey (Galicia), Elkem (Noruega) ou Mintek (Sudáfrica).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2021.