Ir o contido principal

Planificación de actuacións en materia de Persoal Docente e Investigador relativas ao curso académico 2022/2023

Planificación de actuacións en materia de Persoal Docente e Investigador relativas ao curso académico 2022/2023

 

Está en curso o proceso de "Planificación de actuacións en materia de Persoal Docente e Investigador relativas ao curso académico 2022/2023. Entre as actuacións que se poden levar a cabo están as seguintes: solicitude de prazas derivadas da planificación anual e da promoción profesional; prórrogas e reposición de profesorado contratado; cambios de dedicación; mobilidade intercampus; integración de Catedráticos e Titulares de Escola Universitaria no corpo de Titulares de Universidade, e de Profesores Colaboradores Fixos no de Profesorado Contratado Doutor; solicitude de Licenzas por Ano Sabático; contratación ou prórroga como Profesorado Emérito; e nomeamento ou prórroga como Profesorado e Persoal Investigador Ad Honorem.

O prazo para levar a cabo estas actuacións remata o día 26/11/2021.

Para máis información pódese consultar nos documentos adxuntos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2021.