V PREMIOS A TRABALLOS FIN DE MÁSTER EN EDUCACIÓN
Co obxectivo de promover, fomentar e recoñecer os Traballos de Fin de Máster en Educación do alumnado dos mestrados vinculados ás áreas de coñecemento do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC: Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza; Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario e Máster Universitario en Procesos de Formación, o Departamento convoca a quinta edición destes Premios, dirixidos a todos/as os/as estudantes que fosen titorizados por profesorado das áreas de coñecemento do Departamento (Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, e Teoría e Historia da Educación) e que teñan defendido o seu traballo durante o curso académico 2024/2025, e acadado unha calificación de polo menos nove (9) puntos.