Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Partindo do feito de que o latín foi a lingua común de Occidente entre os finais da Antigüidade tardía e os inicios da época moderna, os obxectivos básicos da materia son os seguintes:
(a) Trazar o cadro histórico no que o latín sofre as diversas transformación ao longo da Idade Media a partires dos cambios acontecidos na a Antigüidade tardía.
(b) Destacar os trazos lingüísticos esenciais que caracterizan o latín tardío e a súa transmisión ao latín medieval, especialmente desde a perspectiva da escola e a partir da análise de exemplos representativos.
(c) Transmitirlles aos alumnos os paradigmas da valoración literaria dos textos latinos medievais e contextualizalos no marco cultural no que se producen.
A) Contidos a desenvolver nas clases expositivas
(a) Grandes movementos históricos que marcan a evolución da lingua latina desde a Antigüidade á Idade Media: as invasións bárbaras e a evolución da escola. Elementos vulgares, cristiáns, gregos e vernáculos
(b) Declive da escola antiga e comezos da educación cristiana
(c) Educación dos laicos e dos clérigos na época carolinxia
(d) Escolas e educación nos inicios da baixa Idade Media
(e) Fundamentos do estudo da literatura latina medieval: características do corpus, historia dos estudos, instrumenta
(f) A Biblia e a súa esexese
(g) A liturxia
(h) Xéneros literarios en verso (ss. VI-XV)
(i) Xéneros literarios en prosa (ss. VI-XV)
(j) Retórica e oratoria
(k) Periodización da Literatura Latina Medieval (1): época tardoantiga, carolinxia e monástica (ss. VI- XIin)
(l) Periodización da Literatura Latina Medieval (2): Renacemento dos ss. XIex e XII e Baixa Idade Media (ss. XIII-XV)
B) Contidos a desenvolver nas clases interactivas
As clases interactivas terán os seguintes textos como obxecto de preparación e comentario:
-San Agustín, De doctrina christiana, IV
-Cesáreo de Arles, sermones 1 e 86
-Lupus de Ferrières, Epistulae
-Epistola de litteris colendis
-Richer de Reims, Historiarum libri quatuor
-Algún documento da área galaico leonesa
-Textos de exexese bíblica: Isidoro de Sevilla, De fide
-Selección de textos de xéneros en verso (ss. VI-XV)
-Selección de textos de xéneros en prosa (ss. VI-XV)
-Retórica e oratoria: Un sermón del códice calixtino
-Selección de textos tardoantigos e das idades carolinxia e monástica (ss. VI- XIin): Boecio, De consolatione philosophiae, Ecloga Theoduli
-Selección de textos do renacemento dos ss. XIex y XII e da Baixa Idade Media: Alano de Lille, Anticlaudianus: Carmina Burana, Ludus de Passione.
C) Lecturas e exposicións en grupos
En función do número de alumnos, estableceranse grupos de 3 estudantes que prepararán por escrito e expoñerán algunha lectura nos campos da lingua e da literatura latinas medievais (8 horas presenciais):
1. Á metade dos grupos de alumnos asignaráselles, baixo a tutela do profesor Vázquez Buján, unha lectura de carácter lexicográfico procedente das obras seguintes:
-E. Löfstedt, Late Latin, Oslo, 1959 (trad. italiana: Il latino tardo, Brescia, 1980)
-J. Varela Sieiro, Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, 2008.
2. Á outra metade dos grupos asignaráselles, baixo a tutela dos profesores José María Anguita Jaén ou Eva María Castro Caridad, unha lectura dos libro seguintes:
-E. R. Curtius, Literatura europea y Edad Media Latina, México-Madrid-Buenos Aires, 1976 (1ª ed. alemá 1948), 2 vols.
- R. J. Hexter – D. Townsend, The Oxford Handbook of Medieval Latin Literature, Oxford 2012.
- E. D’Angelo, La letteratura latina medievale. Una storia per generi, Roma, 2009.
(a) Bibliografía básica:
M. A. Andrés Sanz et alii, La Hispania visigótica y mozárabe: Dos épocas en su literatura, Salamanca, 2010.
M. Banniard, Viva voce. Communication écrite et communication orale du IVe au IXe siècle en Occident latin, Paris, 1992.
P. Bourgain, Le latin médiéval, avec la collaboration de M.-C. Hubert, Turnhout, 2005.
F. Brunhölzl, Geschichte der lateinischen Literatur des Mittelalters, 2 vols., München Munich, 1975-92 (trad. Francesa = Histoire de la littérature latine du Moyen Âge, 2 tomos en 3 vols., Turnhout, 1990-1996).
E. R. Curtius, Literatura europea y Edad Media Latina, México-Madrid-Buenos Aires, 1976 (1ª ed. alemana 1948), 2 vols.
E. D’Angelo, La letteratura latina medievale. Una storia per generi, Roma, 2009.
J. Fontaine, La Littérature latine chrétienne, Paris, 1970.
A. Fontán-A. Moure Casas, Antología del latín medieval, Madrid, 1987.
J. de Ghellinck, Littérature latine au Moyen Âge depuis les origines jusqu'à la fin de la renaissance carolingienne, 2 vols., Mayenne, 1939.
R. J. Hexter – D. Townsend, The Oxford Handbook of Medieval Latin Literature, Oxford 2012.
C. Leonardi (dir.), Letteratura latina medievale (secoli VI-XV). Un manuale, Firenze, 2002.
Lo spazio letterario del Medioevo, I. Il Medioevo latino, 4 vols., Salerno, 1992-97.
E. Löfstedt, Late Latin, Oslo, 1959 (trad. italiana: Il latino tardo, Brescia, 1980).
M. Manitius, Geschichte der lateinische Literatur des Mittelalters, München, 1911-1936, 3 vols.
D. Norberg, Manuel pratique de latin médiéval, Paris, 1968.
P. Stotz, Handbuch zur lateinischen Sprache des Mittelalters, Bd.2: Bedeutungswandel und Wortbildung -- Bd.3: Lautlehre -- Bd.4: Formenlehre, Syntax und Stilistik, München, 1996-1998.
(b) Bibliografía complementaria:
M. del P. Álvarez Maurín, Diplomática asturleonesa. Terminología toponímica. Universidad de León, 1994.
J. Bastardas Parera, “El latín de la península ibérica, 4: El latín medieval”, Enciclopedia lingüística hispánica, I, Madrid, 1959, p. 251-290.
M. C. Díaz y Díaz, “El latín de la península ibérica, 1: Rasgos lingüísticos; 3: Dialectalismos”, Enciclopedia lingüística hispánica, I, Madrid, 1959, p. 153-197; 237-250.
----- “El latín de España en el siglo VII: Lengua y escritura según los textos documentales”, Le septième siècle. Changements et continuités. Actes du Colloque bilatéral franco-britannique tenu au Warburg Institut les 8-9 juillet 1988, ed. J. Fontaine-J. N. Hillgarth, London, 1992, p. 25-40.
----- “La transición del latín al romance en perspectiva hispana”, La transizione dal latino alle lingue romanze. Atti della Tavola Rotonda di Lingüística Storica. Università Ca’ Foscari di Venezia, 14-15 giugno 1996, a cura di J. Herman, Tübingen, 1998, p. 155-172.
P. Dronke, Women Writers of the Middle Ages: A Critical Study of Texts from Perpetua (203) to Margeurite Porete (1310) Cambridge 1984.
J. Gil, “El latín tardío y medieval (siglos VI-XIII)”, R. Cano (coord.), Historia de la lengua española, Barcelona, 2004, p. 149-182.
F. González Muñoz, Latinidad mozárabe, A Coruña, 1996.
M. Goullet-M. Parisse (eds.), Les Historiens et le latin médiéval. Colloque tenu à la Sorbonne les 9, 10 et 11 septembre 1999, Paris, 2001.
M. Lapidge, Anglo-Latin literature 600-899, London, 1996.
C. Leonardi, Medioevo Latino. La cultura dell’Europa cristiana, Firenze 2004.
F. A. C. Mantello-A. G. Rigg (eds.), Medieval Latin. An Introduction and Bibliographical Guide, Washington, 1996.
Ch. Mohrmann, Études sur le latin des chrétiens, vol. I-IV, Roma, 1961-1977.
J. L. Moralejo, “Literatura hispano-latina (siglos V-XVI)”, en J. Mª. Díez Borque (ed.) Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, Madrid, 1980, pp. 13-137.
B. Munk Olsen, La récepcion de la littérature classique au Moyen Âge, Copenhague, 1995.
R. Wright, Latín tardío y romance temprano en España y la Francia carolingia, Madrid, 1989 (versión orixinal inglesa, Liverpool, 1982).
X. Varela Sieiro, Léxico cotián na alta Edad Media de Galicia: o enxoval, Sada, A Coruña, 2003.
X. Varela Sieiro, Léxico cotián na alta Edad Media de Galicia: a arquitectura civil, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, 2008.
I. Velázquez Soriano, Las pizarras visigodas (Entre el latín y su disgregación. La lengua hablada en Hispania, siglos VI-VIII), Real Academia Española, Instituto de la Lengua castellano y leonés, 2004.
(c) Edicións dos textos propostos para traballo nas clases:
Cesáreo de Arles
Sancti Caesarii Arelatensis Sermones, studio et diligentia D. Germani Morin, Turnholti, 1953 (CC-CIII).
Césaire d'Arles, Sermons au peuple, I, éd. M.-J. Delage, Paris, 1971.
Epistola de litteris colendis
Monumenta Germaniae Historia, Capitularia Regum Francorum I, p. 79.
P. Riché, Écoles et enseignement dans le Haut Moyen Age, Paris, 1979, p. 353.
P. Riché, La educación en la cristiandad antigua, Barcelona, 1983, pp. 130-130 (edición original: De l’éducation antique à l’éducation chevaleresque, Paris, 1968).
Exinardo
Vie de Charlemagne, L. Halphen (ed.), Paris, Les Belles Lettres, 1967.
Vida de Carlomagno, A. de Riquer (tr.), Barcelona, PPU, 1986.
Historia Compostelana
Historia Compostellana, ed. E. Falque, Turnholti, 1988 (CC-CM LXX).
Historia Compostelana. Introducción, traducción, notas e índices de E. Falque, Madrid, 1994.
Valerio do Bierzo
M. C. Díaz y Díaz, Visiones del Más Allá en Galicia durante la Alta Edad Media, Santiago, 1985.
M. C. Díaz y Díaz, Valerio del Bierzo. Su persona, su obra, León, 2006.
Documentos
J. A. Fernández Flórez - M. Herrero de la Fuente, Colección diplomática del monasterio de Santa María de Otero de las Dueñas I (854-1108), León, 1999.
P. Floriano Llorente, Colección diplomática del monasterio de San Vicente de Oviedo (años 781-1200), I parte. Oviedo 1968.
M. Lucas Álvarez, El Tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII). Estudio introductorio. Edición diplomática. Apéndices e índices, Santiago de Compostela 1986.
Biblia e exéxese
Isidoro de Sevilla, Sobre la fe católica contra los judíos, E. Castro Caridad – F. Peña Fernández (eds.), Sevilla, Servicio de Publicaciones, 2012.
Textos litúrxicos
Ordo romanus ad dedicandam ecclesiam, en C. Vogel – R. Elze (eds.) Le Pontifical romano-germanique du dixième siècle, 3 vols., Città del Vaticano 1963-1972, vol 1, pp. 82-89
Ordo Missae do Sacramentario Gregoriano, en C. Deshusses (ed.) Le sacramentaire grégorien. Ses principales formes d’après les plus anciens manuscrits, Specilegium Friburgense 16, pp. 85-92
Retórica e oratoria
Liber sancti Jacobi. Codex Calixtinus, Herbers, K. – Santos Noia, M (eds.), Santiago de Compostela 1987.
Boecio
De consolatione philosophiae, C. Moreschini (ed.), Monachi et Lipsiae, Teubner 2005.
Ecloga Theoduli
F. Mosetti Casaretto (ed.), Teodulo. Ecloga: Il canto della verità e della menzogna, Firenze, SISMEL, 1997
Dramas litúrxicos
Ludus de passione (CB 16*), en W. Meyers – A. Hilka (eds), Carmina Burana (3 vols.), Heidelberg, Carl Winter, 1930-1970.
Carmina Burana
W. Meyers – A. Hilka (eds), Carmina Burana (3 vols.), Heidelberg, Carl Winter, 1930-1970.
Alano de Lille
Anticlaudianus, R. Bossuat (ed.), Paris, Vrin 1955
Os alumnos deberán acadar a competencia no manexo dos textos latinos medievais, tanto literarios como documentais, particularmente en cada un dos ámbitos seguintes:
(a) Identificación das características lingüísticas que definen un texto como mediolatino.
(b) Comprensión dos textos latinos da Idade Media.
(c) Valoración dos textos desde a perspectiva da súa elaboración e do seu valor literario.
(d) Contextualización no marco cultural no que se producen.
O desenvolvemento das clases e da preparación da materia levarase a cabo do xeito seguinte:
(1) Explicación por parte dos Profesores dos fundamentos lingüísticos e literarios sobre os que se asenta a evolución da cultura escrita en latín na época medieval.
(2) Lectura e comentario de textos escollidos para ilustrar a evolución da cultura escrita en latín na Idade Media coa participación activa dos estudantes.
(3) Presentación para debate por parte de cada un dos grupos da lectura prevista no apartado C dos contidos.
(4) Nas horas de titoría, os alumnos traballarán conxuntamente cos profesores na aprendizaxe dos mecanismos de comprensión e comentario de textos latinos medievais, así como na técnica de preparación e codificación de traballos con vistas á súa exposición e discusión. Tamén se prestará atención á utilización de instrumentos lexicográficos e de medios electrónicos.
Utilizarase o Campus Virtual da USC para a presentación de materiais e contidos, e para a realización dalgunhas actividades.
O 30% da cualificación corresponderá á asistencia e participación activa nas clases presenciais e nas actividades delas derivadas. A asistencia verificarase mediante a sinatura en cada unha das clases e as ausencias deberán xustificarse diante do profesor; no caso de seren máis dunha, poderase esixir a realización dalgunha lectura compensatoria, da que se dará conta escrita. Para a avaliación da participación activa, tomarase en consideración o nivel de intervencións mediante comentarios ou preguntas, sobre todo nas clases interactivas, así como o atinado das intervencións. A exposición da lectura realizada valorarase neste apartado.
O outro 70% corresponderá á lectura realizada, da que se fará presentación en grupo e da que se entregará unha versión escrita individual, que deberá atender a toda a materia obxecto da exposición do grupo. Este traballo, baixo a dirección dun dos profesores, seguirá as pautas indicadas no apartado final da guía docente e terá como datas límite de entrega o 10 de xaneiro de 2025 para a primeira oportunidade e o 13 de xuño do mesmo ano para a segunda. Para a avaliación do traballo, tomaranse en consideración a súa estruturación, a redacción, a capacidade para complementar os datos da lectura inicial e o nivel de formalización.
N. B.: Os alumnos que, por calquera razón, teñan dispensa de asistencia, realizarán un traballo individual, do que entregarán a versión escrita nos prazos que se indican para o resto dos alumnos, sobre unha lectura das previstas no apartado c) dos Contidos baixo a tutela dun dos profesores da materia (70% da cualificación). Complementariamente, e como alternativa á asistencia e participación nas clases, realizarán un traballo de lectura e resumen dalgún estudio que lles será indicado polos profesores (30% da cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Segundo o sistema de cómputo establecido, os alumnos dedicarán a esta materia un tempo total de 150 horas, coa distribución que deseguido se indica:
Clases expositivas: HP: 18 HTA: 22 TOTAL: 40
Clases interactivas: HP: 18 HTA: 50 TOTAL: 68
Lectura + debate: HP: 6 HTA: 36 TOTAL: 42
TOTAL: HP: 42 HTA: 108 TOTAL:150
HP = horas presenciais
HTA=horas traballo autónomo
Recoméndase a actualización de coñecementos de latín clásico e de literatura latina.
Dentro do apartado A dos contidos, a responsabilidade académica das seccións a-d correrá a cargo do profesor Vázquez Buján (2 créditos). As seccións e-l correrán a cargo da profesora Eva Castro (2 créditos) e do profesor José María Anguita Jaén (2 créditos).
Manuel Enrique Vazquez Bujan
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811846
- Correo electrónico
- manuele.vazquez.bujan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Jose Maria Anguita Jaen
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- josem.anguita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:45 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | C07 |
Martes | |||
16:00-17:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | C07 |
Mércores | |||
16:00-17:45 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | C07 |