Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.analiseeconomica [at] usc.es

O Programa de Doutoramento en Análise económico e estratexia empresarial xorde do compromiso dun colectivo de profesores das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais das tres Universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) que pretenden unir esforzos para formar investigadores capaces de publicar os seus traballos en revistas de difusión internacional especializadas en economía e en revistas académicas presentes no Journal of Citation Report (JCR).

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5601126
Número prazas: 12

Coordinador-a do título:
Maria Luz Loureiro Garcia
maria.loureiro [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Vigo

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/09/2014

Data de publicación no BOE:
19/01/2015

Data da última acreditación:
23/07/2014

Códigos ISCED:
(340) Educación comercial y administración
(314) Economía
(0413) Dirección y administración

A proposta responde á intención de integrar nun mesmo programa de doutoramento a investigadores das distintas áreas de Economía e de Empresa das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais das Universidades de Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que realizan investigación de calidade contrastada polas súas publicacións en revistas científicas de prestixio internacional.

O obxectivo é formar investigadores capaces de publicar os seus traballos en revistas académicas presentes no Journal of Citation Report (JCR). Consecuentemente, o programa pretende formar estudantes que sexan capaces de manexar con soltura modelos teóricos e teñan as destrezas necesarias para usar as técnicas econométricas que lles permitan obter información contrastable dos datos económicos empíricos.

No pasado non tivemos unha tradición sistemática de formación de doutores capaces de publicar as súas investigacións en revistas científicas de prestixio, pois en moitos casos optouse por enviar a outras universidades nacionais ou estranxeiras aos nosos recentemente titulados con vocación para a investigación. Con todo, no marco do R.D. 1393/2007, iniciáronse Programas de Máster con perfil investigador que constituíron o período inicial de formación de distintos Programas de Doutoramento en Economía iniciados no curso 2010-2011 nas tres universidades, que teñen vocación de transformarse no Programa Interuniversitario de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial que agora se propón ao amparo do R.D. 99/2011.

O Programa de Doutoramento proposto xorde do compromiso dun colectivo de profesores das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais das tres Universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) que pretendemos unir os nosos esforzos para formar investigadores capaces de publicar os seus traballos en revistas de difusión internacional especializadas en economía. Este colectivo conta con máis de 80 profesores con polo menos un sexenio de investigación que se comprometeron con este Programa de Doutoramento, entendendo que a investigación de calidade que están a realizar esixe que nos impliquemos na formación de novos investigadores.

Moitos dos investigadores involucrados neste Programa de Doutoramento están integrados en grupos de investigación de referencia do Sistema Universitario de Galicia, ou noutros grupos de investigación que obteñen financiamento nas distintas convocatorias competitivas nacionais ou europeas. A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa reflíctese na produtividade científica dos grupos de investigación involucrados.

O Programa pretende que cada estudante estea integrado nalgún dos grupos de investigación nos que se agrupan os investigadores promotores deste programa.

A produtividade científica destes grupos ponse de relevo polos sexenios de investigación que acumulan os seus compoñentes, polas publicacións en revistas JCR, e pola pertenza de varios dos seus membros ao Editorial Board de revistas de economía de difusión internacional como son Applied Economics, Economic Theory, Journal of Mathematical Economics, Feminist Economics, European Review of Agricultural Economics, European Journal of Government and Economics, Applied Economics Letters, Economic Theory Bulletin, Applied Financial Economics, Revista de Economía Agraria e Recursos Naturais, Revista de Economía Aplicada, Facenda Pública Española, International Journal of Statistics and Systems, Annals of Institute Mathematical Statistics, case todas elas presentes no JCR.

O Programa é susceptible de interactuar co Programa de Doutoramento “Marine Sciences,Technology and Management” (Campus do Mar) que comezou no curso 2012-2013. Este Programa, enmarcado no Campus de Excelencia Internacional “Campus do Mar” agrupa Ciencia, Tecnoloxía, Economía e Enxeñaría, desenvolve liñas de investigación como son por exemplo “Management, Rights and competitiveness” ou “Energy” que se enfocan sobre temas de comportamento estratéxico na xestión, innovación estratéxica, xestión de enerxías renovables, dereitos de emisión, dereitos de pesca, etc. que teñen unha clara intersección con algunhas das liñas de investigación dos grupos RGEA, ERENEA, REDE e ECONATURA.

O programa ten por obxectivo formar estudantes que sexan capaces de manexar con soltura modelos teóricos e adquiran as destrezas necesarias para usar as técnicas econométricas que lles permitan obter información contrastable dos datos económicos empíricos.

A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa reflíctese na produtividade científica dos grupos de investigación involucrados. O Programa pretende que cada estudante estea integrado nalgún dos grupos de investigación nos que se agrupan os investigadores promotores deste programa.

Con carácter xeral, serán admitidos no Programa de Doutoramento en Economía e Empresa, aqueles alumnos que cursasen con bo rendemento académico un programa de máster en Economía e/ou Empresa que familiarice ao estudante cos principais paradigmas teóricos e cos métodos de análise empírica da súa especialización. Máis concretamente, por bo rendemento académico enténdese que obtivese unha cualificación media de notable nos seus estudos previos. Por suficiente formación teórica e empírica entendemos, con carácter xeral, que teña acreditado un curso de econometría (6 créditos) e microeconomía (6 créditos) ou finanzas (6 créditos) e economía da empresa (6 créditos) de nivel avanzado. Ademais, poderán ser admitidos no Programa de Doutoramento en Economía e Empresa estudantes procedentes doutros programas de máster que, a xuízo da CAPD, capaciten ao alumno para abordar con éxito o Programa. Exemplo desta situación poden ser estudantes procedentes de programas de máster en enxeñaría, matemáticas ou estatística.

No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión quedará condicionada á superación de complementos de formación específicos. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento determinará en cada caso os complementos formativos que haberá de cursar cada estudante, que como máximo non superarán 15 ECTS.

Os complementos de formación concretaranse en materias de grao (Economía ou Administración e Dirección de Empresas, segundo o caso) ou, preferentemente, dun programa de máster que dependerá do perfil do estudante. Estas materias serán econometría (6 créditos) e microeconomía (6 créditos) ou finanzas (6 créditos) e economía da empresa (6 créditos) de nivel avanzado Para aqueles estudantes provenientes dun máster do ámbito científico ou tecnolóxico os complementos formativos centraranse, tamén dependendo de cada caso, en materias introdutorias de economía: Microeconomía (6 créditos), macroeconomía (6 créditos) e técnicas econométricas (3 créditos) ou introdución á economía da empresa (6 créditos), introdución ás finanzas (6 créditos) e técnicas econométricas (3 créditos).

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

No Programa Interuniversitario de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial, os criterios de selección basearanse fundamentalmente no expediente académico. Tamén se terá en conta o curriculum vitae do estudante. Será relevante para a decisión sobre a admisión no Programa unha entrevista coa candidata ou candidato na que se porán de relevo a súa capacidade para expresarse en lingua inglesa e a súa información sobre o que implica un programa de doutoramento e a súa disposición para abordalo.

Valórase moi positivamente que o estudante que solicita a admisión no programa xa contactase previamente á solicitude de admisión cun posible director de tese e que este aceptase dirixirlla.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Asistencia a seminarios programados

  • E3101A01

Cursos específicos na fronteira da investigación

  • E3101A02

Estancias noutros centros de investigación

  • E3101A03

Presentacións periódicas do estado da investigación

  • E3101A04

Asistencia a congresos

  • E3101A05

Redación de documentos de traballo

  • E3101A06

No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión quedará condicionada á superación de complementos de formación específicos. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento determinará en cada caso os complementos formativos que haberá de cursar cada estudante, que como máximo non superarán 15 ECTS.

Os complementos de formación concretaranse en materias de grao (Economía ou Administración e Dirección de Empresas, segundo o caso) ou, preferentemente, dun programa de Máster que dependerá do perfil do estudante. Para aqueles estudantes provenientes dun Máster do ámbito científico ou tecnolóxico os complementos formativos centraranse, tamén dependendo de cada caso, en materias introdutorias de economía.

Profesores Área
Francisco Javier García Cutrín
Escola de Doutoramento Internacional
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Economía Aplicada
Guillermo Iglesias Gómez
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Luz Loureiro Garcia
Fundamentos de Análise Económica
Fco. Xavier Labandeira Villot
Escola de Doutoramento Internacional
Carlos Sebastian Villasante Larramendi
Economía Aplicada
Xose M. Da Rocha Alvarez
Escola de Doutoramento Internacional
Xavier Simón Fernández
Escola de Doutoramento Internacional
Xoan Carlos Suris Regueiro
Escola de Doutoramento Internacional
Anxo Ramón Calvo Silvosa
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Xose Vazquez Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional
Mª Dolores Garza Gil
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Leticia Lorenzo Picado
Escola de Doutoramento Internacional
Juan José Vidal Puga
Escola de Doutoramento Internacional
Gustavo Bergantiños Cid
Escola de Doutoramento Internacional
Margarita Estevez Toranzo
Escola de Doutoramento Internacional
Carlos Herves Beloso
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Manel Antelo Suarez
Fundamentos de Análise Económica
Luis Enrique Arjona Bejar
Fundamentos de Análise Económica
Maria Consuelo Pazo Martinez
Escola de Doutoramento Internacional
Carlos Herves Beloso
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Antonio Rodriguez Sampayo
Fundamentos de Análise Económica
M. Berta Rivera Castiñeira
Escola de Doutoramento Internacional
Daniel Gustavo Miles Touya
Escola de Doutoramento Internacional
Eva Rodríguez Míguez
Escola de Doutoramento Internacional
Begoña Alvarez García
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
José Manuel Sánchez Santos
Escola de Doutoramento Internacional
Santiago Lago Peñas
Escola de Doutoramento Internacional
Gonzalo Caballero Míguez
Escola de Doutoramento Internacional
Gustavo Rego Veiga
Escola de Doutoramento Internacional
Fernándo González Laxe
Escola de Doutoramento Internacional
José Carlos Arias Moreira
Escola de Doutoramento Internacional
María Jesús Freire Seoane
Escola de Doutoramento Internacional
Julio Gaspar Sequeiros Tizón
Escola de Doutoramento Internacional
José Atilano Pena López
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
María Del Pilar Díaz Vázquez
Fundamentos de Análise Económica
Antonio Rodriguez Sampayo
Fundamentos de Análise Económica
Fernando Del Rio Iglesias
Fundamentos de Análise Económica
Xose M. Da Rocha Alvarez
Escola de Doutoramento Internacional
Juan Antonio Garcia Cebro
Escola de Doutoramento Internacional
Eduardo L. Giménez Fernández
Escola de Doutoramento Internacional
María Montero Muñoz
Escola de Doutoramento Internacional
Francisco Xavier Lores Insua
Fundamentos de Análise Económica
Jaime Alonso Carrera
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Wenceslao Gonzalez Manteiga
Estatística e Investigación Operativa
Maria Isabel Neira Gomez
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Jacobo De Uña Álvarez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Juan Carlos Reboredo Nogueira
Fundamentos de Análise Económica
Susana Iglesias Antelo
Escola de Doutoramento Internacional
Belén Fernández-Feijoo Souto
Escola de Doutoramento Internacional
Ángel Fernández Castro
Escola de Doutoramento Internacional
Venancio Salcines Cristal
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Flora Muiño Vazquez
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Luisa Del Rio Araujo
Comercialización e Investigación de Mercados
Luis Alberto Otero González
Economía Financeira e Contabilidade
Emilio Ruzo Sanmartin
Comercialización e Investigación de Mercados
Sara Fernandez Lopez
Economía Financeira e Contabilidade
Mª Angeles Lopez Cabarcos
Organización de Empresas
Maria Bastida Dominguez
Organización de Empresas
José Antonio Novo Peteiro
Escola de Doutoramento Internacional
Xosé Henrique Vázquez Vicente
Escola de Doutoramento Internacional
Gloria Caballero Fernández
Escola de Doutoramento Internacional
Romina García Chas
Organización de Empresas
José Manuel García Vázquez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Xose Anton Rodriguez Gonzalez
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Coral Del Río Otero
Escola de Doutoramento Internacional
Andrés Faíña Medín
Escola de Doutoramento Internacional
Jesús López Rodríguez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Coral Del Río Otero
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Luís Alonso Álvarez
Escola de Doutoramento Internacional
Jesús Miras Araújo
Escola de Doutoramento Internacional
Alberte Martínez López
Escola de Doutoramento Internacional
Rafael Vallejo Pousada
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Maria Luisa Del Rio Araujo
Comercialización e Investigación de Mercados
Emilio Ruzo Sanmartin
Comercialización e Investigación de Mercados
Maria Belen Bande Vilela
Comercialización e Investigación de Mercados
Domingo Javier Calvo Dopico
Escola de Doutoramento Internacional
Romina García Chas
Organización de Empresas
José Antonio Fraiz Brea
Escola de Doutoramento Internacional

A proposta responde á intención de integrar nun mesmo programa de doutoramento a investigadores das distintas áreas de Economía e de Empresa das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais das Universidades de Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que realizan investigación de calidade contrastada polas súas publicacións en revistas científicas de prestixio internacional.

O obxectivo é formar investigadores capaces de publicar os seus traballos en revistas académicas presentes no Journal of Citation Report (JCR).

A proposta responde á intención de integrar nun mesmo programa de doutoramento a investigadores das distintas áreas de Economía e de Empresa das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais das Universidades de Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que realizan investigación de calidade contrastada polas súas publicacións en revistas científicas de prestixio internacional.

O obxectivo é formar investigadores capaces de publicar os seus traballos en revistas académicas presentes no Journal of Citation Report (JCR). Consecuentemente, o programa pretende formar estudantes que sexan capaces de manexar con soltura modelos teóricos e teñan as destrezas necesarias para usar as técnicas econométricas que lles permitan obter información contrastable dos datos económicos empíricos.

No pasado non tivemos unha tradición sistemática de formación de doutores capaces de publicar as súas investigacións en revistas científicas de prestixio, pois en moitos casos optouse por enviar a outras universidades nacionais ou estranxeiras aos nosos recentemente titulados con vocación para a investigación. Con todo, no marco do R.D. 1393/2007, iniciáronse Programas de Máster con perfil investigador que constituíron o período inicial de formación de distintos Programas de Doutoramento en Economía iniciados no curso 2010-2011 nas tres universidades, que teñen vocación de transformarse no Programa Interuniversitario de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial que agora se propón ao amparo do R.D. 99/2011.

O Programa de Doutoramento proposto xorde do compromiso dun colectivo de profesores das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais das tres Universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) que pretendemos unir os nosos esforzos para formar investigadores capaces de publicar os seus traballos en revistas de difusión internacional especializadas en economía. Este colectivo conta con máis de 80 profesores con polo menos un sexenio de investigación que se comprometeron con este Programa de Doutoramento, entendendo que a investigación de calidade que están a realizar esixe que nos impliquemos na formación de novos investigadores.

Moitos dos investigadores involucrados neste Programa de Doutoramento están integrados en grupos de investigación de referencia do Sistema Universitario de Galicia, ou noutros grupos de investigación que obteñen financiamento nas distintas convocatorias competitivas nacionais ou europeas. A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa reflíctese na produtividade científica dos grupos de investigación involucrados.

O Programa pretende que cada estudante estea integrado nalgún dos grupos de investigación nos que se agrupan os investigadores promotores deste programa.

A produtividade científica destes grupos ponse de relevo polos sexenios de investigación que acumulan os seus compoñentes, polas publicacións en revistas JCR, e pola pertenza de varios dos seus membros ao Editorial Board de revistas de economía de difusión internacional como son Applied Economics, Economic Theory, Journal of Mathematical Economics, Feminist Economics, European Review of Agricultural Economics, European Journal of Government and Economics, Applied Economics Letters, Economic Theory Bulletin, Applied Financial Economics, Revista de Economía Agraria e Recursos Naturais, Revista de Economía Aplicada, Facenda Pública Española, International Journal of Statistics and Systems, Annals of Institute Mathematical Statistics, case todas elas presentes no JCR.

O Programa é susceptible de interactuar co Programa de Doutoramento “Marine Sciences,Technology and Management” (Campus do Mar) que comezou no curso 2012-2013. Este Programa, enmarcado no Campus de Excelencia Internacional “Campus do Mar” agrupa Ciencia, Tecnoloxía, Economía e Enxeñaría, desenvolve liñas de investigación como son por exemplo “Management, Rights and competitiveness” ou “Energy” que se enfocan sobre temas de comportamento estratéxico na xestión, innovación estratéxica, xestión de enerxías renovables, dereitos de emisión, dereitos de pesca, etc. que teñen unha clara intersección con algunhas das liñas de investigación dos grupos RGEA, ERENEA, REDE e ECONATURA.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  1. Coñecemento dos métodos e técnicas econométricas necesarios para analizar e para obter información contrastable dos datos económicos empíricos.

  2. Coñecemento profundo dos modelos teóricos e a súa aplicación a situacións económicas concretas.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Maria Luz Loureiro Garcia

Vogais
Manel Antelo Suarez
Antonio Rodriguez Sampayo

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

12,0

12,0

12,0

12,0

12,0

12,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

241,67

125,0

350,0

308,33

408,33

350,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

8,0

5,0

6,0

7,0

6,0

12,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

11,0

12,0

18,0

21,0

21,0

27,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

40,0

33,33

14,29

16,67

16,67

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

16,67

0,0

0,0

0,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

16,67

0,0

0,0

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

72,73

75,00

66,67

61,90

61,90

62,96

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

36,36

33,33

22,22

19,05

19,05

25,93

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

41,67

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

54,55

50,0

50,0

57,14

57,14

51,85

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

45,45

41,67

27,78

14,29

19,05

22,22

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

8,33

22,22

23,81

23,81

25,93

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

11,11

0,0

16,67

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

-

25,0

16,67

21,43

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

-

-

-

1,0

0,5

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

25,0

29,0

36,0

34,0

36,0

42,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,9231

2,0714

2,25

2,125

2,25

2,2105

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,31

92,86

93,75

93,75

93,75

94,74

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

76,92

85,71

93,75

87,5

87,5

78,95

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

0,0

17,02

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

1,0

2,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

100,0

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

0,0

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

1,0

2,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

-

-

-

-

4,9233

4,3534

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

-

-

-

-

3,5479

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

0,0

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

100,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

0,0

0,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

33,33

61,11

31,58

28,57

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.