Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Estudar os principais problemas de ensino e aprendizaxe da matemática nos niveis da educación secundaria, con énfase nos bloques de contido de xeometría, medida, estatística e probabilidade.
- Xeometría, Medida de Magnitudes, Probabilidade e Estatística no currículo oficial.
- Análise didáctico dos obxectos xeométricos, e as súas relacións e transformacións. Conflitos, erros e obstáculos de aprendizaxe.
- Aspectos relevantes para a ensinanza da medida.
- A modelización alxébrica da proporcionalidade de magnitudes. Dificultades, conflitos e obstáculos ligados á teoría de razóns e proporcións.
- Problemática didáctica do proceso de ensino-aprendizaxe da combinatoria, probabilidade e estatística en educación secundaria. Concepcións dos estudantes, obstáculos e dificultades.
- Recursos para o ensino da Matemática:
o Recursos TIC: Follas de cálculo, Paquetes estatísticos, Xeometría Dinámica, Robótica, Deseño e impresión 3D etc.
o Outros materiais: Xeoplano, Libro de espellos, etc.
- A avaliación da aprendizaxe da xeometría, medida de magnitudes, probabilidade e estatística.
a) Básica
ALSINA, C., FORTUNY, J.M. e BURGUÉS, C. (1988). Invitación a la didáctica de la geometría. Madrid. Síntesis.
ARCE SÁNCHEZ et al. (2019). Aprendizaje y enseñanza de las matemáticas. Madrid: Síntesis.
BATANERO, C. (2001). Didáctica de la Estadística. Grupo de Investigación en Educación Estadística. https://www.ugr.es/~batanero/pages/librostesis.html
CALVO PESCE, C., DEULOFEU PIQUET, J., JAREÑO RUIZ, J., e MORERA ÚBEDA, L. (2016). Aprender a enseñar matemáticas en la educación secundaria obligatoria. Madrid: Síntesis
RICO, L. y MORENO, A. (2016). Elementos de didáctica de la matemática para el profesor de secundaria. Madrid: Pirámide
b) Complementaria
BATANERO, C. (2000). Significado y comprensión de las medidas de posición central . UNO, 25, 41-58.
BATANERO, C . e DÍAZ, C. (2004). El papel de los proyectos en la enseñanza y aprendizaje de la estadística. En J. Patricio Royo (Ed.), Aspectos didácticos de las matemáticas (125-164). Zaragoza: ICE
BATANERO, C. (2013). Sentido estadístico: componentes y desarrollo. Probabilidad Condicionada: Revista de didáctica de la Estadística, 1, 55-64. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5487196
BOLEA, P., BOSCH, M. e GASCÓN, J. (2002): "La transposición didáctica de organizaciones matemáticas en proceso de algebrización. El caso de la proporcionalidad" Recherches en Didactique des Mathématiques, 21/3, 247-304.
CHAMORRO, C. (1999) Ingeniería didáctica para el aprendizaje de la longitud y la superficie. Esquemas invariantes operativos. Uno: Revista de didáctica de las matematicas, 19, 89-104.
CHAMORRO, C. (1996) El currículum de medida en educación primaria y ESO y las capacidades escolares. Uno: Revista de didáctica de las matematicas, 10, 43-62.
CHEVALLARD, Y, BOSCH, M. e GASCÓN, J. (1997). Estudiar Matemáticas: el eslabón perdido entre enseñanza y aprendizaje. Barcelona: ICE-Horsori.
GIMÉNEZ, J. (1997). Evaluación en Matemáticas: Una integración de perspectivas. Madrid: Síntesis.
GODINO, J.D. y BATANERO, M.C. e CAÑIZARES (1988). Azar y probabilidad. Madrid: Síntesis.
GODINO, J.D. y BATANERO, M.C. e CAÑIZARES (1995). Razonamiento combinatorio. Madrid: Síntesis.
GOÑI, J. M. (coord.) (2011). Didáctica de las Matemáticas. Barcelona: Graó
GOÑI, J. M. (coord.) (2011). Matemáticas: Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó
GOÑI, J. M. (coord.) (2011). Matemáticas: Complementos de formación disciplinar. Barcelona: Graó
LABRAÑA, A. e CAJARAVILLE, J. (1997). A medida de superficie a través de procesos de indagación que conxugan métodos estimativos e formais. Adaxe, 13, 141-161.
LAKATOS, I. (1978). Pruebas y refutaciones. La lógica del descubrimiento matemático. Madrid: Alianza.
NCTM (2000). Principios y estándares para la Educación Matemática. Sevilla: SAEM Thales (2003).
OLMO, Mª A. del, GIL, F. e MORENO, Mª F. (1988). Superficie y volumen. Madrid: Síntesis.
PÓLYA, G. (1945). How to solve it. Princeton University Press. Traducción al castellano: (1986). Cómo plantear y resolver problemas. México: Trillas.
c) Revistas:
BOLETÍN DAS CIENCIAS. Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA).
GAMMA. Asociación Galega do Profesorado de Matemáticas (AGAPEMA).
SUMA. Federación de Profesores de Matemáticas.
UNO. Barcelona: Graó.
d) Páxinas web:
Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA): https://www.agapema.org
Ensinantes de Ciencias de Galicia: http://www.enciga.org
Geogebra, programa de xeometría dinámica e outras utilidades: http://www.geogebra.org
LIM, programa para a creación de materiais interactivos: http://www.educalim.com/cinicio.htm
Materiais curriculares: http://centros.edu.xunta.es/iescarril/matematicas/materiais_matematicas…
Maxima, programa de cálculo simbólico: http://maxima.sourceforge.net/es/
OpenOffice, paquete informático: http://es.openoffice.org/
Programa Descartes: http://recursostic.educacion.es/descartes/web/
R, potentísimo programa de Estatística: www.r-project.org
Recursos de Matemáticas: http://www.redemat.com
Tinkercad, programa de deseño 3D: https://www.tinkercad.com/
Xerais
- CG1. Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
- CG3. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- CG4. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
- CG5. Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
- CG6. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CG11. Desenvolver as funcións de titoría e orientación dos estudantes de xeito colexiado.
Específicas asociadas ao módulo específico
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
- CE-E13. Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
Transversais:
Que os estudantes sexan capaces de:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en situacións cooperativas e pluridisciplinarias.
As clases expositivas consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesor tanto no aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumnado relacionada coa materia.
Sempre que sexa posible, realizaranse saídas didácticas pola contorna ou experiencias prácticas de ApS con centros e institucións que manteñan vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela.
Parte 1: 50% da nota final
A Parte 1 avaliarase do seguinte xeito:
A) Informes escritos e/ou orais (40%): preparación dunha Unidade Didáctica enfocada nos saberes recollidos na materia, na que se destaquen situacións de aprendizaxe relacionadas co traballado ao longo do curso.
B) Participación (10%): Valorarase a participación razoada nas actividades propostas e a achega ás dinámicas de grupo, sempre que esta participación sexa habitual e continuada. A asistencia sen participación activa non terá valoración (apartado d) do artigo 1.2 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024).
C) Realización de tarefas: Durante as diferentes sesións realizaranse diversas tarefas teórico-prácticas na aula que o alumnado deberá completar. No caso de ausencia xustificada, poderá acordarse a súa realización a través do Campus Virtual. Esta parte non ten ponderación na avaliación, pero será obrigatorio realizar todas as tarefas para poder superar a Parte 1.
Parte 2: 50% da nota final
C) Proba final: O alumnado deberá facer a presentación e defensa da súa Unidade Didáctica. Valorarase a corrección na expresión, a capacidade de síntese, as habilidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións formuladas.
Para superar a materia será necesario superar ambas partes, 1 e 2. No caso contrario, o alumnado deberá realizar unha proba final na segunda oportunidade, que versará sobre os contidos teórico-prácticos da materia.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións –Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017–). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida iniciar contra o/a estudante infractor/a. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar os autores nin as fontes.
O alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia debidamente xustificada seguirá os mesmos criterios de avaliación, agás o apartado B), cuxo peso se sumará ao apartado A). O alumnado deberá comunicar ao profesorado a súa situación de exención/dispensa nos 7 primeiros días do cuadrimestre. Ademais, deberá estar atento/a ao Campus Virtual, onde se irán subindo as presentacións e materiais da materia, así como as tarefas que deberá entregar para poder superala.
Traballo presencial do alumnado: total 48 horas
- Clases expositivas: 18 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías: 6
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 102 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 35 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 40 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, procuras bibliográficas: 24 horas.
- Realización de exame: 3 horas.
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
* Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
* Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
* Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
* Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
* Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Pablo Gonzalez Sequeiros
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 982821040
- Correo electrónico
- pablo.gonzalez.sequeiros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Gonzalo Castiñeira Veiga
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Correo electrónico
- gonzalo.castineira.veiga [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
21.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
26.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |