Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OA 1.- Promover unha reflexión sobre os paradigmas didácticos implícitos nas prácticas docentes tradicionais da ensinanza da Filosofía, e fomentar hábitos que conduzan á súa transformación crítica e á innovación didáctica.
OA 2.- Coñecer o proceso de conformación das materias temáticas de Filosofía no currículo escolar e emitir opinións fundadas sobre os debates a que deu lugar no pasado e na actualidade.
OA 3.- Analizar de forma crítica os contidos que forman parte dos currículos das materias de Filosofía en 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato identificando os modelos didácticos que os inspiran.
OA 4.- Coñecer, revisar e tomar posturas fundadas sobre os grandes aspectos específicos da ensinanza da Filosofía no marco das ciencias sociais: metas educativas, competencias específicas, selección de contidos, estratexias didácticas, recursos de ensinanza e criterios e instrumentos de avaliación.
OA 5.- Analizar e valorar materiais e textos escolares para a ensinanza da Filosofía utilizando criterios rigorosos e congruentes cos resultados da investigación didáctica neste campo.
OA 6.- Coñecer o potencial educativo dos diferentes recursos didácticos utilizados na ensinanza da Filosofía, e ser capaces de formular propostas educativas concretas (unidades didácticas ou situacións de aprendizaxe) que contemplen o uso de diferentes recursos.
1. O lugar da Filosofía no currículo de ESO e Bacharelato
1.1. Xustificación da presenza da Filosofía no currículo.
1.2. A Filosofía nas diversas Leis de Educación.
1.3. Situación da Filosofía na LOMLOE.
2. A especificidade da didáctica filosófica.
2.1. Didáctica das materias de Filosofía na ESO: Educación en valores éticos e cívicos (3º ESO) e Filosofía (4º ESO).
2.2. Didáctica da materia de Filosofía en 1º de Bacharelato.
3. O currículo das materias de Filosofía na ESO e 1º de Bacharelato.
3.1. Educación en valores éticos e cívicos (3º ESO).
3.2. Filosofía (4º ESO).
3.3. Filosofía (1º Bacharelato).
4. Materiais e recursos para a ensinanza da Filosofía.
4.1. Libros de texto e outros materiais.
4.2. Novas tecnoloxías e ensinanza da Filosofía.
4.3. Innovación educativa e ensinanza da Filosofía. Situacións de aprendizaxe.
5. Técnicas e instrumentos de avaliación en Filosofía.
Bibliografía básica
Abad Bull, J. M. & Marqués Rodilla, C. (Coord.) (2004). Didáctica de la filosofía. Ministerio de Educación y Ciencia, Secretaría General Técnica.
Cifuentes, L. M., & Gutiérrez, J. M. (2010). Didáctica de la filosofía Ministerio de Educación de España. Graó.
Cifuentes, L. M., & Gutiérrez, J. M. (Coords.) (2010). Filosofía investigación, innovación y buenas prácticas. Ministerio de Educación de España, Graó.
UNESCO. (2011). La Filosofía, una escuela de la libertad: enseñanza de la filosofía y aprendizaje del filosofar; la situación actual y las perspectivas para el futuro. México: UNESCO.
Bibliografía complementaria
Bassham, G. & Bronson, E. (2012). El Señor de los Anillos y la Filosofía. Booket.
Blanco, N. (2020). Filosofía entre líneas. O cómo todos llevamos un verano dentro. Grijalbo.
Carrasco, N. (2018). Viaje al centro de la filosofía: De los sabios que miraban las estrellas al profeta que abrazaba los caballos. Paidós.
Caro, R. (2020). Guía de autoestopista filosófico. Itinerario de Filosofía. Encuentro.
Cavallé, M. (2011). La sabiduría recobrada. Filosofía como terapia. Kairós.
Cohen, M. (2012). Filosofía para dummies. Planeta.
D’Angour, A. (2020). Sócrates enamorado. Cómo se hace un filósofo. Ariel.
Gaarder, J. (2010). El mundo de Sofía. Novela sobre la historia de la Filosofía. Siruela.
Fornés, A. (2018). Viaje a la sabiduría. Historias filosóficas con moraleja. Diéresis.
Gallardo, G. & Ybarz, L. M. (2021). Filósofas o barbarie. Ariel.
Goñi, C. & Guembe, P. (2019). Educar con filosofía. Plataforma Actual.
Hackett, J. E. & Irwin, W. (2017). House of Cards y la Filosofía. Roca Editorial.
Infante, E. (2019). Filosofía en la calle: #FiloRetos para la vida cotidiana. Ariel.
Irwin, W., Conrad, M. T. & Skoble A. J. (2017). Los Simpsons y la filosofía. Blackie Books.
Irwin, W., Eberl, J. T. & Decker, K. S. (2016). Star Wars y la filosofía. Roca Editorial.
Irwin, W. & Jacobi, H. (2018). Juego de Tronos y la filosofía. Roca Editorial.
Irwin, W. & Bassham, G. (2022). Harry Potter y la filosofía. Anaya.
Lewis, C. (2021). Futurama y la filosofía. Blackie Books.
Marinoff, L. (2017). Más Platón y menos prozac. B de bolsillo.
Morris, T. & Morris, M. (2019). Los superhéroes y la filosofía. Blackie Books.
Navajas, S. (2019). Esto no estaba en mi libro de Historia de la Filosofía. Almuzara.
Nomen, J. (2018). El niño filósofo: Cómo enseñar a los niños a pensar por sí mismos. Arpa.
Nomen, J. (2019). El niño filósofo y el arte. Arpa.
Nomen, J. (2021). El niño filósofo y la ética: Propuestas pedagógicas para transmitir valores a los niños. Arpa.
Patton, M.F. & Cannon, K. (2018). Filosofía en viñetas. Debolsillo.
Rosende, D. (2019). Filosofía para bípedos sin plumas: Un repaso gamberro de Tales de Mileto a Hannah Arendt. Martínez Roca.
Soler, J. (2018). Dame reggaetón, Platón: Una historia de la filosofía en 15 lecciones. Montena.
Sztajnszrajber, D. (2019). Filosofía explicada en once frases. Ariel.
Tanaka, M. (2020). Gran historia visual de la filosofía: Una guía con sencillos gráficos e ilustraciones para entender los conceptos y personajes clave del pensamiento occidental. Blackie Books.
Thomson, J. (2022). Mini Filosofía. Un pequeño libro sobre grandes ideas. Plataforma.
Ungerer, T. (2019). Así es la vida. Respuestas filosóficas y divertidas a preguntas de niñas y niños. Blackie Books.
Vázquez, M. (2022). O moucho voa. Filosofía en 25 conversas. Xerais.
Weiner, E. (2021). El expreso de Sócrates. En busca de las lecciones de vida de los grandes filósofos. Paidós.
VV.AA. (2011). El libro de la Filosofía. Akal.
VV.AA. (2015). Filosofía para mentes inquietas. DK.
Zippel, N. (2019). La Filosofía regresa a la escuela… y es divertida. Editorial Popular.
Competencias xerais
CX1.- Coñecer os contidos curriculares das materias de Filosofía.
CX2.- Coñecer os resultados máis destacados da investigación didáctica sobre os procesos de ensinanza e aprendizaxe da Filosofía.
CX3.- Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensinanza e aprendizaxe potenciando procesos educativos e metodoloxías que faciliten a adquisición das competencias propias das materias de Filosofía atendendo ao nivel e formación previa do estudantado.
CX4.- Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia) procedente de distintas fontes, materias e disciplinas e aplicala aos procesos de ensinanza e aprendizaxe da Filosofía, transformada en coñecemento e aplicala nos procesos de ensinanza e aprendizaxe das materias da área.
Competencias específicas
CEE5.- Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensinanza e a aprendizaxe das materias correspondentes.
CEE6.- Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
CEE7.- Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
CEE8.- Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas do estudantado.
CEE9.- Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
CEE10.- Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
CEE11.- Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
Competencias transversais
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios.
A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa, dialóxica e entre iguais baseada en problemas e orientada á capacitación e desenvolvemento das competencias docentes do estudantado así como das habilidades brandas como o traballo en equipo, a creatividade, a resolución de problemas, o pensamento crítico, a comunicación eficaz, o crecemento persoal e o cambio social positivo.
- Nas aulas expositivas, o docente desenvolverá os contidos do programa.
- Nas aulas interactivas realizaranse traballos prácticos sobre a base dos temas explicados polos docentes nas aulas expositivas. Ao tempo, o alumnado elaborará a programación didáctica e situación de aprendizaxe establecida para a avaliación da materia nas aulas interactivas contando coa colaboración do resto de integrantes do grupo de aula.
- Nas titorías individual e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas co docente sobre o contido das aulas teóricas, sobre a elaboración da situación de aprendizaxe e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. De conformidade co artigo 1.2., c), a asistencia é preceptiva para superar a materia.
Xa que logo, a avaliación continua constitúe a modalidade única de avaliación para o alumnado sen dispensa de asistencia debido ao carácter práctico e aplicado da materia. Para ter dereito a esta modalidade de avaliación é obrigatoria a asistencia, participación e implicación nas clases e o compromiso coa entrega puntual dos traballos. Permítense ata un máximo de 5 ausencias non xustificadas.
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
1.- Asistencia e participación. Valorarase a participación activa nas sesións expositivas e interactivas. Porcentaxe na cualificación final: 20 %
2. Programación Didáctica. Elaboración dunha programación didáctica para a materia de Filosofía de 1º de Bacharelato. Porcentaxe na cualificación final: 40 %
3.- Situación de aprendizaxe. Elaboración dunha situación de aprendizaxe con base no modelo facilitado polo docente para a materia de Filosofía de 1º de Bacharelato. Será avaliada conforme á rúbrica de valoración facilitada polo docente e que estará dispoñible no Campus Virtual. Porcentaxe na cualificación final: 40%.
4.- Exame final: Exclusivamente, para o alumnado con dispensa de asistencia. O alumnado entregará unha programación didáctica e situación de aprendizaxe conforme ao modelo facilitado polo docente. Será avaliada conforme á rúbrica de valoración facilitada polo docente e que estará dispoñible no Campus Virtual. Porcentaxe na cualificación final: 100% (50 % cada traballo).
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A avaliación das competencias a través de cada unha das actividades distribúese do seguinte xeito:
- Asistencia e participación: CX1; CX2; CX3; CX4, CE5; CE6; CE7; CE8; CE9; CE10, CE1; CT1; CT3
- Situación de aprendizaxe: CX3; CX4; CE7; CE8; CE9; CE10, CE11; CT1; CT3
- Exame final: CX3; CX4; CE7; CE8; CE9; CE10, CE11
6 créditos ECTS, 150h.
Horas presenciais: 51h.
- Clases Expositivas 24h.
- Clase Interactiva 24h.
- Horas de Titorías 3h.
Horas non presenciais: 99h.
- 3 horas semanais de lectura de textos para aulas interactivas.
- 9,37 horas semanais de estudo e preparación da programación didáctica e da situación de aprendizaxe
- É imprescindible unha asistencia regular. O control de asistencia servirá de medición do interese pola materia.
- Participar activamente nos debates e diálogos que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
a) Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
b) O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Más información no e-mail: sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
c) Para calquera comunicación do docente da materia, esta realizarase por correo electrónico empregando obrigatoriamente a conta de correo rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual etc.)/ etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada desde unha conta de correo electrónico alleo á USC.
d) O alumnado e profesorado está obrigado ao emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
e) Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos, segundo as recomendacións da USC para a introdución da perspectiva de xénero na docencia. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
f) Non se poderá empregar o teléfono móbil ou outros dispositivos electrónicos, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado ou legal do mesmo.
g) Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
h) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
i) Non está permitida a gravación de imaxes, son, etc, nas clases sen autorización previa. O alumnado e profesorado está obrigado ao cumprimento da Normativa de protección de datos preservando o dereito á intimidade e á propia imaxe do alumnado e profesorado de tal maneira que non se poden divulgar por ningún medio, incluídas redes sociais, sen autorización.
j) Os materiais elaborados polos docentes están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal maneira que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización dos autores/as.
Jose Luis Pastoriza Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
21.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
30.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |