Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Familiarizar aos futuros profesores coa investigación didáctica que permita cuestionar as prácticas docentes de “sentido común” no ensino da historia e das ciencias sociais, e fomentar hábitos de reflexión que conduzan a un cambio didáctico;
- Analizar de forma crítica os currículos de historia e ciencias sociais no Ensino Secundario Obrigatorio e no Bacharelato, identificando os enfoques disciplinares e didácticos que os inspiran;
- Analizar os discursos e as prácticas do profesorado de historia e ciencias sociais constatando a pervivencia do "código disciplinar" e as manifestacións máis destacadas das innovacións educativas;
- Coñecer, revisar e tomar posturas fundadas sobre os grandes aspectos específicos do ensino da historia e as ciencias sociais: metas educativas, selección de contidos, estratexias e recursos de ensino e criterios e instrumentos de avaliación;
- Coñecer e utilizar estratexias e recursos de ensinanza que faciliten a aprendizaxe de contidos substantivos e competencias históricas no contexto escolar;
- Deseñar e experimentar propostas de ensinanza da historia e ciencias sociais que teñan en conta a investigación didáctica e que utilicen recursos e estratexias innovadoras.
1. A Historia como disciplina escolar.
2. Os estudantes de Ensino Secundaria e as dificultades de aprendizaxe dos contidos históricos.
3. Materiais e recursos para o ensino-aprendizaxe da Historia.
4. A avaliación das aprendizaxes de Historia.
BÁSICA:
- DOMÍNGUEZ CASTILLO, J. (2015). Pensamiento histórico y evaluación de competencias. Graó
- GÓMEZ C., ORTUÑO, J., MIRALLES, P. (2018). Enseñar ciencias sociales con métodos activos de aprendizaje. Octaedro.
- MIRALLES, P., GÓMEZ, C. (Coords.) (2018). La educación histórica ante el reto de las competencias. Octaedro.
COMPLEMENTARIA:
- BARTON, K. C., y LEVSTIK, L. S. (2004). Teaching history for the common good. Routledge.
- BENEJAM, P., y PAGÈS, J. (coords.) (1997). Enseñar y aprender Ciencias Sociales, Geografía e Historia en la Educación Secundaria. ICE-Horsori.
- CARRETERO, M., ROSA, A., y GONZÁLEZ, M. F. (Comps.) (2006). Enseñanza de la historia y memoria colectiva. Paidós.
- CARRETERO, M.; ASENSIO, M., y RODRÍGUEZ MONEO, M. (Comp.) (2012). History Education and the Construction of National Identities. Information Age Publishing.
- CARRETERO, M.; BERGER. S., y GREVER, M. (eds.) (2017). Palgrave Handbook of Research in Historical Culture and Education. Springer.
- CUESTA, R. (2007). Los deberes de la memoria en la educación. Octaedro.
- DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220926/AnuncioG0655-190922-…
- DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220926/AnuncioG0655-190922-…
- EPSTEIN, T., y PECK, C. L. (Eds.) (2018). Teaching and Learning Difficult Histories in International Contexts. A Critical Sociocultural Approach. Routledge.
- FELIU, M. e HERNÁNDEZ, F. X. (2011). Enseñar y aprender historia. 12 ideas clave. Graó.
- FERRO, M. (2008). El cine: una visión de la Historia. Akal.
- FONTAL MERILLAS, O. (2003). La educación patrimonial: teoría y práctica para el aula, el museo e Internet. Trea.
- GISPERT, E. (2009). Cine, Ficción y Educación. Laertes.
- GÓMEZ, C. J., MIRALLES, P., y LÓPEZ, R. (Eds.) (2021). Handbook of Research on Teacher Education in History and Geography. Peter Lang.
- GÓMEZ, C. J., SOUTO, X. M., y MIRALLES, P. (Eds.) (2021). Enseñanza de las ciencias sociales para una ciudadanía democrática. Octaedro.
- GROSS, M., y TERRA, L. (Eds.) (2019). Teaching and Learning Difficult Pasts: Comparative Perspectives. Routledge.
- KITSON, A.; STEWARD, S., y HUSBANDS, Ch. (2015). Didáctica de la historia en secundaria obligatoria y bachillerato. Morata.
- LEVESQUE, S. (2008). Thinking historically: Educating students in the 21st century. University of Toronto Press.
- LÓPEZ, R., MIRALLES, P., PRATS, J., y GÓMEZ, C. (dirs.) (2017). Enseñanza de la historia y competencias educativos. Graó.
- MARCUS, A. S. et al. (2010). Teaching History with Film. Strategies for Secondary Social Studies. Routledge.
- MERCHAN, J. (2005). Enseñanza, examen y control: profesores y alumnos en la clase de historia. Barcelona: Octaedro.
- MIRALLES-SÁNCHEZ, P., SÁNCHEZ-IBÁÑEZ, R., y MORENO-VERA, J.R. (eds.) (2024). Aprender historia en el siglo XXI. Octaedro.
- MOLINA, S.; LLONCH, N., y MARTÍNEZ, T. (2016). Identidad, ciudadanía y patrimonio. Educación histórica para el siglo XXI. Trea.
- MURPHY, J (2011) Más de 100 ideas para enseñar historia en educación primaria y secundaria. Graó
- SÁNCHEZ-FUSTER, M.C., LÓPEZ-GARCÍA, A., y MONTEAGUDO-FERNÁNDEZ, J. (2024). Tecnologías emergentes y alfabetización digital para enseñar historia. Octaedro.
- SEIXAS, P., y MORTON, T. (2013). The big six historical thinking concepts. Nelson Education.
- STERARNS, P., SEIXAS, P., y WINEMBURG, S. (Eds.) (2000). Knowing, Teaching and Learning History. National and International Perspectives. Universtiy Press.
- TREPAT, C., y RIVERO, M. P. (2010). Didáctica de la historia y multimedia expositiva. Graó.
- VALLS, R. (2007). Historiografía escolar española: siglos XIX-XXI. UNED
Revistas
- Clase de Historia: http://www.claseshistoria.com/revista/index.html
- Clío. History and History Teaching. Zaragoza: Asociación Proyecto Clío. http://clio.rediris.es/
- Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales: http://centros.uv.es/web/departamentos/D90/valenciano/
- Enseñanza de las ciencias sociales: revista de investigación. http://161.116.7.34/publicacions01/revistes.htm
- Her&Mus. Heritage and Museography. Lleida: Unviersitat de Lleida. https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=13773
- Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia. Barcelona: Graó. http://iber.grao.com/revistas/presentacion.asp?ID=10
- Revista de investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales (REIDICS): https://revista-reidics.unex.es/index.php/reidics/about
Blogs e sitios web
- CLIO EN RED. Red de profesorado de historia e didáctica das ciencias sociais. http://clioenred.ning.com/
- HISTODIDÁCTICA. por Joaquim Prats. http://www.ub.edu/histodidactica
- DIDÁCTICA DE LAS CC SS Y TIC. Blog do profesor Diego Sobrino. https://diegosobrino.com/
Esta materia debe contribuír ao desenvolvemento de certas competencias xerais, específicas e transversais que forman parte do proxecto formativo da titulación e que se sinalan de seguido:
a) Competencias xerais:
CX1. Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
CX2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
CX3. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
CX4. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
b) Competencias específicas
CEE5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos da ensinanza e a aprendizaxe das materias correspondentes.
CEE6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
CEE7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
CEE8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
CEE9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino e aprendizaxe.
CEE10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
c) Competencias transversais
CT1. Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso a Internet.
CT3. PPotenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinarios.
A metodoloxía de traballo inspírase nos métodos interactivos e dialóxicos, que parten da base de que a aprendizaxe é un proceso individual pero mediado por factores sociais e grupais, e que a interacción e o diálogo son fundamentais na incorporación de novas ideas e na adquisición de novos significados.
O desenvolvemento da materia combinará clases expositivas con outras interactivas e coas actividades de titorías personalizadas. As clases expositivas utilizaranse para presentar por parte do profesor os grandes núcleos teóricos da materia e suxerir as vías para profundar en cada un deles.
As clases interactivas demandarán máis o traballo autónomo e a implicación dos estudantes para analizar casos, discutir documentos, resolver problemas, organizar debates, etc.
As sesións de titoría utilizaranse para orientar e facer seguimento das tarefas, traballos, lecturas, exposicións, etc. que realicen os estudantes, así como para resolver as dificultades que se presenten.
Na materia aproveitaranse as ferramentas do Campus Virtual da USC para facilitar o acceso aos materiais de ensinanza e establecer comunicación co alumnado.
Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. En concreto, a asistencia ás sesións será preceptiva para superar a materia, sendo obrigatorio asistir ao 80% das sesións. Neste sentido, controlarase a asistencia sistematicamente nas sesións interactivas e, de forma ocasional, nas expositivas, pudendo facelo a través de múltiples vías: listados de sinaturas, chamamentos, recollida de actividades, actividades online nas que haxa que introducir un nome de usuario para realizalas, etc. A xustificación de faltas terase en conta para non perder o dereito a superar a materia sempre que estea correctamente motivada e non supoña a ausencia sistemática. As persoas que non superen o 80% non poderán aprobar a materia na convocatoria de xaneiro. Na segunda oportunidade poderán facelo realizando tarefas que correspondan á avaliación continua.
Na avaliación da materia teranse en conta tres aspectos:
a) A asistencia e participación nas actividades diarias da aula, que supoñerá un 10% da cualificación final. A asistencia a clase é obrigatoria e os estudantes deberán asistir como mínimo ao 80% da duración horaria da materia.
b) A realización de traballos en pequenos grupos, informes, exposicións orais, etc., que terá un peso do 30%.
c) A realización e presentación dunha proposta de ensinanza individual que se axustará aos parámetros que se indiquen na aula (60% da cualificación final)
DISPENSA DE ASISTENCIA Á CLASE
En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase, o alumnado que dispoña da mesma deberá acordar un plan de traballo específico co profesorado, que incluirá:
- Un programa de lecturas e actividades a realizar con prazo de entrega dos traballos indicados (30% da cualificación final)
- Un calendario de reunións (un mínimo de catro) de titorización para realizar o seguimento e avaliación das tarefas encargadas (10% da cualificación final)
- Unha proposta de ensinanza individual que se debe axustar aos parámetros que se indiquen na aula (60% da cualificación final)
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-): a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas: 18 horas
Clases interactivas (seminarios, debates, exposicións,…prácticas): 24 horas
Titorías en grupo pequeno e mediano: 6 horas
Total de horas de traballo presencial en el aula: 48 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 40 horas
Elaboración de informes, resolución de problemas, deseño de propostas de ensino, etc.: 40 horas
Preparación e participación en debates, presentacións orais, etc.: 15 horas
Lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas, outras tarefas: 7 horas
Total de horas de traballo persoal do alumno: 102 horas
Recoméndase que os estudantes fagan e sigan, baixo a supervisión do profesorado e desde o inicio do cuadrimestre, un plan de lecturas e traballos. Non é aconsellable tratar de resolver a materia nas últimas semanas do cuadrimestre nin presentar traballos que non foron orientados e supervisados polo profesorado.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Na saída ou saídas de campo que se realicen terase escrupuloso respecto pola contorna. Non se pode recoller ningunha mostra vexetal (follas de árbores, musgos, e outros seres vivos) agás as que estean caídas no chan. Evitaranse ruídos innecesarios que poidan molestar a outras persoas ou perturbar a calquera ser vivo. Non se deixará resto de ningún tipo. O medio sempre debe quedar mellor, ou como mínimo igual, do que o encontramos, nunca peor. Levarase unha bolsa para poder recoller algún lixo que se puidese encontrar e eliminar. Non se poderá utilizar teléfonos móbiles, nin outros artefactos, agás para realizar algún tipo de actividade de instrución relacionada coa actividade.
Belén María Castro Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812072
- Correo electrónico
- belen.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Leticia Lopez Mondejar
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- leticia.lopez.mondejar [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
19.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
25.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |