Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
• Coñecer e tomar conciencia da división cognitiva en seres humanos entre un procesamento rápido e intuitivo, e outro lento e deliberado.
• Adquirir as bases conceptuais e de coñecemento fenomenolóxico para entender a influencia do sistema de procesamento rápido e intuitivo, como fonte de nesgos cognitivos.
• Coñecer os principais nesgos cognitivos e a súa implementación nas diferentes áreas do desempeño humano nas que se manifesta a súa influencia (deseño clínico, práctica xudicial, actividade política, publicidade, etc.).
• Coñecer os principais paradigmas experimentais que permiten investigar a influencia na conduta dos nesgos cognitivos.
Teoría dos dous sistemas.
Límites da atención.
Coherencia asociativa.
Facilidade cognitiva.
Psicoloxía da causalidade.
O xuizo intuitivo.
Heurísticas e nesgos.
A ilusión de entender.
Nesgos emocionais.
Eleccións.
Economía da conduta.
Alvarez-Cruz, A. (2021). Psychology and torture: Enhanced Interrogation Techniques in the aftermath of the 9/11 attacks. Revista de Historia de la Psicología, 42(3), 2-9. DOI: https://doi.org/10.5093/rhp2021a12.
Kahneman, D. (2012). Pensar rápido, pensar despacio. Barcelona: Debate.
Danziger, S., Levav, J. y Avnaim-Pesso, L. (2011). Extraneous factors in judicial decisions. Proceedings of the National Academy of Sciences, DOI: 10.1073/pnas.1018033108
Öhman, A., Lundqvist, D. y Esteves, F. (2001). The face in the crowd revisited: A threat advantage with schematic stimuli. Journal of Personality and Social Psychology, 80(3), 381-396.
Pyszczynski, T., Greenberg, J., & Solomon, S. (1999). A dual-process model of defense against conscious and unconscious death-related thoughts: An extension of Terror Management Theory. Psychological Review, 106(4), 835-845.
Simons, D. J. y Chabris, C. F. (1999). Gorillas in our midst: Sustained inattentional blindness for dynamic events. Perception, 28, 1059-1074.
Williams, J. M. G., Mathews, A. y MacLeod, C. (1996). The emotional Stroop task and psychopathology. Psychological Bulletin, 120(1), 3-24.
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido ou autónomo.
Ser capaz de realizar unha análise da realidade con base nos criterios e coñecementos científicos da Psicoloxía.
Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
Adquirir coñecementos avanzados e desenvolver capacidade de valoración crítica dos métodos e as técnicas psicolóxicas propias dos ámbitos de máster para o afrontamento de problemas novos en contextos complexos.
Ser capaz de avaliar a eficacia das estratexias aplicadas a partir de criterios éticos e de calidade.
Lección-explicación
Titoría
Elaboración e exposición de informes, ensaios e traballos
A cualificación final obterase a partir da valoración continua das actividades realizadas ao longo do curso e da valoración de informes e traballos individuais. A distribución concreta da ponderación será indicada polo profesorado no inicio da materia e publicada no Campus Virtual.
Como parte das actividades a levar a cabo nas clases presenciais, tódolos días ao final da clase, as/os estudantes realizarán unha proba tipo test sobre os contidos presentados na clase e outros aspectos relacionados. Máis que directamente avaliativo (esto é, dar lugar a unha nota), os propósitos da proba son os de servir como complemento á clase, informar ás/aos estudantes e profesorado do progreso no coñecemento dos contidos da materia, e, finalmente, como soporte duradeiro do control de asistencia.
Considerando que a materia avaliarase en forma continua, as faltas de asistencia poden interferir coas actividades a realizar e afectar polo tanto à nota. En todo caso, o/a estudante que non asista a esas actividades por unha causa xustificada poderá compensar a súa ausencia en forma que determinará o profesorado no inicio do curso.
Aqueles estudantes que obtivesen dispensa de asistencia ás clases, terán un sistema de avaliación alternativo baseado fundamentalmente na elaboración de traballos individuais de investigación ou de revisión de documentación científica, establecidos ao comezo do curso, e equiparabéis ás actividades a realizar polos/as seus compañeiros/as que asistan regularmente ás clases. Polo demáis, a comunicación habitual có profesorado da materia e as titorías que sexan necesarias estarán dirixidas a compensar á carencia de clases presenciais.
HORAS PRESENCIALIDADE
Clases expositivas 9 100%
Clases interactivas de seminario 9 100%
Titorías individuais e/ou en grupos reducidos 3 100%
Traballo persoal do/a alumno/a 48 0%
Realización de traballos 6 0%
Manter unha perspectiva pragmática e aplicada da materia, pensando nela mais como unha ferramenta ou unha metodoloxía que como un armazón teórico. Non é tan relevante poder comprender e explicar a natureza e as causas exactas da falibilidade do sistema de procesamento humano (probablemente determinada por unha historia evolutiva nun determinado contexto ecolóxico), como apreciar a súa influencia nas actitudes e no comportamento das persoas.
Antonio Alfonso Álvarez Cruz
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813909
- Correo electrónico
- antonio.alvarez.cruz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade