Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 100 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento, Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Capacitar ao alumno/a para a elaboración de diseños de investigación-acción en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en Psicoloxía Xurídico-Forense e en Intervención Social.
- Formar ao alumno/a nas ferramentas estatísticas e metodolóxicas aplicables á investigación científica en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en Psicoloxía Xurídico-Forense e en Intervención Social.
- Dotar ao alumno/a de capacidades para interpretar e valorar a calidades das investigacións que se producen en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en Psicoloxía Xurídico-Forense e en Intervención Social.
- Saber formular un problema de investigación nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en Psicoloxía Xurídico-Forense e en Intervención Social.
- Saber deseñar e desenvolver unha investigación científica nos ámbitos do Traballo e as Organizacións, da Psicoloxía Xurídico-Forense e da Intervención Social.
- Ensinar a redactar e defender un informe de investigación.
Programa Teórico (clases expositivas).
• Tema 1. Fundamentos de estatística e probabilidade.
• Tema 2. Análise factorial.
• Tema 3. Análise de regresión.
• Tema 4. Análise de varianza.
• Tema 5. Técnicas de análise de contidos.
• Tema 6. Estudo de casos.
Programa Práctico (clases interactivas).
• Práctica 1. Fundamentos de estatística e probabilidade.
• Práctica 2. Análise factorial.
• Práctica 3. Análise de regresión.
• Práctica 4. Análise de varianza.
• Práctica 5. Técnicas de análise de contidos.
• Práctica 6. Estudo de casos.
Básica.
Palmer, A. (2011). Análisis de datos en diseños experimenales. Palma de Mallorca: Ediciones UIB.
Keppel, G. (1991). Design and analysis. A research handbook. Englewood Cliffs, New Jersey : Prentice-Hall.
Pardo-Merino, A. y Ruiz-Díaz, M.A. (2002). SPSS 11. Guía para el análisis de datos. Madrid: McGraw Hill.
Pardo, A. e Ruiz, M. A. (2014, recurso electrónico). Gestión de datos con SPSS statistics. Madrid: Síntesis.
Bardin, L. (1986): El análisis de contenido. Madrid: Akal.
Montero, J., y Minuesa, C. (2018). Estadística básica para ciencias de la salud. Cáceres: Universidad de Extremadura.
Arce. C., e Real, E. (2001). Introducción al análisis estadístico con SPSS. Barcelona: PPU
Complementaria.
León, O. e Montero, I. (2004). Métodos de investigación en psicología y educación. Madrid: McGraw Hill.
Winer, B.J. (1962). Statistical principles in experimental design. New York: John Wiley.
- Ser capaz de analizar as características dos datos da investigación e elexir o modelo estatístico máis axeitado.
- Comprender o funcionamento dos modelos estatísticos avanzados estudiados na materia.
- Realizar as análises estatísticas coa axuda do programa PASW Statistics.
- Saber interpretar os resultados das análises estatísticas realizadas e realizar o informe da investigación correspondiente.
- Ser capaz de crear sistemas categoriales de contido metódicos.
- Ser capaz de analizar datos de análise de contidos.
- Ser capaz de analizar estudos de casos.
As clases expositivas consisten en sesións expositivas e / ou demostrativas de contido teórico da materia. Para profundar e reforzar os contidos expostos, contémplanse clases interactivas que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como unha aprendizaxe significativa. Ademais, estas clases prácticas están destinadas a que os estudantes adquiran as habilidades procesuais e de investigación da materia. Para iso, realizaranse análises de casos e de programas de tratamento penitenciario.
As titorías son unha relación directa e presencial, para asesoramento continuo e profundización nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como responder a preguntas.
O horario de titorías acordarase con cada estudante de xeito que sexa compatible coas suas clases e demais obrigas académicas. Aconséllase enviar un email a constantino.arce [at] usc.es (constantino[dot]arce[at]usc[dot]es) para establecer data e hora da titoría.
A nota final dos estudantes estará formada do seguinte xeito:
a) Para a avaliación dos contidos expositivos aplicarase un sistema de avaliación mediante unha proba de coñecemento que terá un peso na nota final do 60% (6 puntos sobre 10).
b) Avaliaranse as clases interactivas a través de varios indicadores (asistencia [obrigatoria], participación, informes que se entregarán para cada clase). O peso na cualificación final será do 40% (4 puntos sobre 10).
c) Para pasar a materia será preciso ter aprobado tanto a parte expositiva como interactiva.
As datas e horas da revisión do exame estableceranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.
O mesmo sistema de avaliación aplicarase a todas as convocatorias. Así, no caso de non superar a materia na convocatoria de maio a xuño (1ª oportunidade), na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) só se repetirá a proba obxectiva, mantendo a puntuación obtida nas actividades desenvolvidas ao longo do curso.
Os estudantes que, en virtude dun acordo adoptado pola Xunta da Facultade de Dereito, obteñan a dispensa de asistencia a clase para esta materia, terán que realizar, ademais da proba final, un traballo de investigación empírico sobre un tema relacionado cos contidos da materia. Isto será titorizado e substituirá a súa presenza física e participación en clases interactivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
(A) Actividades Presenciais
Sesións expositivas: 20 horas
Seminarios especializados: 8 horas
Clases prácticas: 16 horas
Titorías: 2 horas
Avaliación: 2 horas
Total horas presenciais: 48
(B) Trabàllo persoal do estudiante
Lectura e preparación de material de apoio: 18 horas
Lectura previa, análises e discusión do material. Informes individuais e grupais: 21 horas
Titorías. 10 horas
Avaliación: 25 horas
Total horas de traballo persoal: 102
Recoméndase a participación activa na clase de xeito ininterrumpido. O coñecemento que se desenvolve nesta materia é secuencial. As intermitencias na asistencia poden acarrear problemas de seguimento.
Ramón Arce Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813853
- Correo electrónico
- ramon.arce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Constantino Arce Fernandez
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813795
- Correo electrónico
- constantino.arce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
16:00-21:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
30.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
11.07.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |