Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
-Coñecer as variedades sociais do galego, estudar as súas características e reflexionar sobre a súa adecuación.
-Recoñecer, a partir de textos diversos, as características que distinguen os dous planos da variación diamésica (oral e escrita) e analizar os seus trazos desde o punto de vista fonético, morfosintáctico e léxico.
-Analizar os usos e os modelos orais no galego actual, con especial atención ó discurso público.
-Consolidar o coñecemento do estándar escrito e analizar os usos errados máis relevantes que persisten nos textos escritos dos distintos ámbitos sociais.
-Coñecer ferramentas e recursos ós que poder acudir para a resolución de dúbidas, para a ampliación de coñecementos ou para a obtención de datos de cara á reflexión lingüística.
-Conseguir unha expresión oral e escrita espontánea, fluída e correcta.
-Fomentar unha actitude crítica fronte ás cuestións sociolingüísticas.
-A lingua galega na sociedade. Diversidade lingüística vs. homoxeneidade. A variación social no galego actual. A lingua estándar como referente na esfera pública.
-A lingua estándar. Formación do estándar lingüístico galego. Estándar escrito e estándar oral.
-A comunicación oral: características. Características específicas da lingua oral: aspectos fonéticos, gramaticais e textuais. A lingua falada nos espazos públicos de uso.
-A comunicación escrita: características. Características específicas da lingua escrita: aspectos ortográficos, gramaticais, léxicos e textuais. Principais erros de ortografía, morfoloxía, sintaxe e léxico detectados no uso da lingua galega nos diversos ámbitos: político, xurídico-administrativo, publicitario, periodístico, etc.
ÁLVAREZ, R. e XOVE, X. (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
CASTELLÀ LIDON, Josep M. (2004): Oralitat i escriptura: dues cares de la complexitat del llenguatge. Barcelona: Publicacións de l’Abadia de Montserrat.
DUBERT GARCÍA, F. (2002): “Os sociolectos galegos”, en Cuadernos da lingua, nº 24. Pp. 5-27. A Coruña: Real Academia Galega.
FERNÁNDEZ REI, F. (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.
FERNÁNDEZ REI, F. e HERMIDA GULÍAS, C. (ed.) (20032): A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. [Inclúe 3 CD-Rom. A 1ª edición (1996) inclúe 3 casetes].
FERNÁNDEZ REI, F. (coord.) (2012): Arquivo do Galego Oral (AGO), en http://ilg.usc.gal/ago/.
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. e SANTAMARINA FERNÁNDEZ, A. (coords.) Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega, 2004. Dispoñible en https://2012.academia.gal/recursos-volg
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. (2008): “O novo galego urbano”, en BREA, M. /FERNÁNDEZ REI, F /REGUEIRA, X.L: (editores): Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Pp. 363-374.Santiago de Compostela: USC.
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA / REAL ACADEMIA GALEGA (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. ILG-RAG [23ª edición], dispoñible en https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/252
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (2005) “Estándar oral”, en R. Álvarez / H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, pp. 69-96. Dispoñible en http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/norma_lingua.pdf
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L (1999) “Estándar oral e variación social”, en ÁLVAREZ, R. e VILAVEDRA, D (editores): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. T. I. Pp. 855-875. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (coord.) (2012): Oralidade: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega.
Dicionarios:
CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. 2 Volumes. Vigo: Xerais.
CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2011): Dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.
FERNÁNDEZ SALGADO, B, (dir) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega, en https://academia.gal/dicionario
RAG (1997); Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña.
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (coord.) (2012): Dicionario de pronuncia da lingua galega, Instituto da Lingua Galega–Real Academia Galega en http://ilg.usc.gal/pronuncia/
Segundo a Memoria oficial do Grao de Cienicas da Cultura e Difusión Cultural, correspóndenlle a esta materia as seguintes competencias: Básicas e Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4 e CG5; Transversais: CT1, CT2, CT3 e Específicas: CE4, CE5, CE6.
Ademais, establécense as seguintes competencias propias da materia:
-Distinguir os textos galegos polas súas características específicas.
-Ser capaz de elaborar un discurso coherente e cohesivo que responda ás características do código normativo galego e ós seus trazos fónicos e prosódicos.
-Demostrar capacidade para buscar e atopar solucións a distintas cuestións lingüísticas a través de diferentes recursos (dicionarios, gramáticas, información na rede...)
- Demostrar a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais e na súa exposición pública.
- Ter consciencia da realidade sociolingüística de Galicia.
- Demostrar que coñece a bibliografía básica da materia, e que manexou as fontes fundamentais da lingua oral e as obras lexicográficas.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Nesta materia optativa de 4,5 créditos ECTS está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas de traballo que, segundo figura na Memoria da titulación, se distribúen da seguinte forma:
Actividade presencial (non obligatoria). Clases prácticas: 12 horas
Actividade presencial: Avaliación: 3.5 horas
Actividade presencial: Titorías: 7 horas
Actividade a distancia: Estudo persoal dos contidos virtuais proporcionados pola docente: 30 horas.
Actividade a distancia:Elaboración de traballos: 30 horas
Actividade a distancia. Aprendizaxe virtual: 30 horas.
- Por ser unha materia afectada polo proceso de extinción da oferta de título, recomendase ao alumnado matriculado que se poña en contacto coa profesora para calquera aclaración que precise con relación á materia e á súa avaliación.
Segundo figura na Memoria oficial do Grao, é recomendable, aínda que non imprescindible, que o alumnado cursase as materias Lingua Galega e Literatura Galega con anterioridade.
Maria Del Carmen Ares Vazquez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 982821043
- Correo electrónico
- carme.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
02.06.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 11 |
07.07.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 11 |