Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo principal da materia Historia Moderna consiste en presentar e analizar os procesos históricos que aconteceron en Europa durante os séculos XVI, XVII e XVIII, para poñelos en relación cos doutras áreas xeográficas do planeta coas que toma contacto o home europeo no transcurso de devandita época histórica. Preténdese, xa que logo, que os alumnos alcancen un nivel básico de comprensión e coñecemento destes procesos claves para a consolidación das bases da hexemonía europea, tanto política como económica, xunto con certas manifestacións culturais de gran transcendencia para a construción da identidade cultural deste continente. As actividades teóricas e prácticas programadas para o desenvolvemento desta materia teñen como obxectivo que o alumno mellore unha serie de competencias xerais de aprendizaxe: que perfeccione a súa capacidade para organizar o seu tempo e ritmo de estudo, que aprenda a resolver os problemas que supón a elaboración dos traballos relacionados coa materia e que mellore a súa expresión oral e escrita.
Introdución: a Idade Moderna, periodización e caracteres esenciais
1. As bases do mundo moderno: demografía e economía
2. A sociedade europea na época moderna
3. Humanismo e Renacemento
4. A ruptura da Cristiandade e as reformas relixiosas
5. A afirmación das monarquías dinásticas e a pluralidade de formas políticas en Europa
6. A gran crise europea
7. O establecemento da orde na Europa das grandes monarquías
8. O barroco e a revolución científica
9. Demografía, economía e sociedade no século XVIII
10. A cultura da Ilustración
11. Os conflitos sucesorios do século XVIII e o absolutismo ilustrado
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
ALFONSO MOLA, M., MARTÍNEZ SHAW, C., Historia Moderna: Europa, África, Asia y América, Madrid: UNED, 2015. (EBOOK dispoñible)
BENNASSAR, B., JACQUART, J., LEBRUN, F., DENIS, M., BLAYAU, N., Historia Moderna, Madrid: Akal, 2013.
FLORISTÁN, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona: Ariel, 2005.
HINRICHS, E., Introducción a la historia de la Edad Moderna, Madrid: Akal, 2001.
MARTÍNEZ RUIZ, E., Historia Moderna: el apogeo de Europa, Madrid: Síntesis, 2018. (EBOOK dispoñible)
MOLAS RIBALTA, P. et al., Manual de historia moderna, Barcelona: Ariel, 1993.
PO-CHIA HSIA, R, El mundo de la renovación católica, 1540-1770, Madrid: Akal, 2010
RIBOT GARCÍA, L., La Edad Moderna (siglos XV-XVIII), Madrid: Marcial Pons, 2016.
TENENTI, A., la Edad Moderna: siglos XVI-XVIII, Barcelona: Crítica, 2000.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BARDET, J. P. y DUPÂQUIER, J. (dirs.), Historia de las poblaciones de Europa. Volumen I: De los orígenes a las premisas de la revolución demográfica, Madrid: Síntesis, 2001.
BURKE, P., El Renacimiento europeo, Barcelona: Crítica, 2000.
CHARTIER, R., Libros, lecturas y lectores en la Edad Moderna, Madrid: Alianza, 1993
DELUMEAU, El catolicismo de Lutero a Voltaire, Barcelona: Labor, 1973.
EGIDO, T., Las reformas protestantes, Madrid: Síntesis, 1992.
EIRAS ROELa., Historia Universal, 12. Siglo XVII, Barceloan, 1994
ENCISO RECIO, L. M., La Europa del siglo XVIII, Barcelona: Península, 2001.
FLINN, M.W., El sistema demográfico europeo, 1500-1820, Barcelona, 1989
GARCÍA HERNÁN, D., Humanismo y sociedad en el Renacimiento, Madrid: Síntesis, 2017.
GÓMEZ NAVARRO, Mª S., Reforma y renovación católicas, Madrid: Síntesis, 2016.
GRAYLING, A. C., La era del ingenio. El siglo XVII y el nacimiento de la mentalidad moderna, Barcelona, 2017.
GREENGRASS, M., La destrucción de la Cristiandad. Europa, 1517-1648, Barcelona, 2015.
KAMEN, H., La sociedad europea (1500-1700), Madrid:Alianza, 1986.
KRIEDTE, P., feudalismo tardío y capital mercantil, Barcelona: Crítica, 1986
HORTAL MUÑOZ, J. E., VERSTEEGEN, G., Las ideas políticas y sociales en la Edad Moderna, Madrid: Síntesis, 2016.
MONOD, P., El poder de los reyes: monarquía y religión en Europa, 1589-1715, Madrid: Alianza, 2001.
LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma. Europa entre 1520 y 1648, Madrid: Alianza, 2016.
MARAVALL, J. A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
RINGROSE D., El poder europeo en el mundo, 1450-1750, Barcelona, 2019.
RIVERO RODRÍGUEZ, M., Diplomacia y relaciones exteriores en la Edad Moderna. De la cristiandad al sistema europeo, 1453-1794, Madrid: Alianza, 2000.
SHULTZ, H., Historia económica de Europa, 1500-1800: artesanos, mercaderes y banqueros, Madrid: Siglo XXI, 2001.
INSTRUMENTOS AUXILIARES
ABOS SANTABARBARA, A. y MARCO, A., Diccionario de términos básicos para la historia, Madrid, Alhambra, 1983.
ARTOLA,M., Textos fundamentales para la historia, Madrid, 1986
BERNARDO ARES, J.M. et al., Recuperar la historia, recuperar la memoria: edición crítica de textos para el aprendizaje de la Historia Moderna, Córdoba, 2007
COOK, Ch., Diccionario de términos históricos, Madrid, Alianza, 1993.
DUBY, G., Atlas histórico mundial, Barcelona, Debate, 1989.
KAMEN, H., Vocabulario básico de la Historia Moderna, Barcelona, 1986
KINDER, H. y HILGEMANN, W, Atlas histórico mundial, Madrid, 1994
LÓPEZ CORDON, Mª V. y MARTÍNEZ CARRERAS, J.U., Análisis y comentarios de textos históricos. II. Edad Moderna y Contemporánea, Madrid, 1978.
LÓPEZ-DAVALILLO, J., Atlas histórico de Europa, Madrid, Síntesis, 2001
VILAR, P., Iniciación al vocabulario del análisis histórico, Barcelona, 1980
Competencias xerais:
1) Que os estudantes teñan demostrado coñecemento e comprensión na área de Historia Moderna, como resultado do ensino secundario xeral, alcanzados tanto a través de libros avanzados, a partir da vangarda deste campo de estudo; [Que os estudantes posúan coñecementos básicos da área de historia moderna derivados do ensino secundario e sexan capaces de ampliar e desenvolver a través do contacto con textos especializados e enfoques recentes] (CG1)
2) Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área da Historia Moderna (CG2).
3) Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos da Historia Moderna) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (CG3).
4) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado (CG4).
5) Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía (CG5).
Competencias transversais:
1) Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situación comunicativas diversas (CT1).
2) Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos (CT2).
3) Habilidade no uso das novas tecnoloxías (CT3)
Competencias específicas:
1) Adquisición de coñecementos profundos acerca da Historia Moderna Universal (CE4).
2) Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados coa historia da época moderna (CE5).
3) Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación (CE6).
Metodoloxía da ensinanza
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Tendo en conta que o estudante xa tivo que cursar esta materia en cursos anteriores, asistindo ás aulas e realizando tarefas, o tempo de dedicación estará totalmente condicionado polo aproveitamento que fixese do traballo en cursos anteriores.
Ruben Castro Redondo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 982824716
- Correo electrónico
- ruben.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
08.01.2024 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
18.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |