Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Catalán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Catalá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Adquirir unha visión xeral dos principais períodos da historia da cultura e literatura catalás dos séculos XIX-XXI desde unha perspectiva interdisciplinaria, crítica e comparativa.
- Dotar o alumnado de nocións básicas sobre a cultura catalá desde finais do século XIX até principios do XXI.
- Familiarizarse co patrimonio cultural catalán a partir das obras máis relevantes.
- Aplicar as técnicas do comentario de texto á literatura catalá.
- Fomentar a curiosidade intelectual e o gusto pola cultura e a literatura.
- Fomentar unha actitude intelectual aberta e de respecto ante a diferenza (ser sensibles á diversidade de linguas e culturas).
- Fomentar unha actitude crítica cara aos factores políticos, económicos, sociais e culturais da materia.
- Manter e reforzar (ou adquirir, no seu defecto) competencia lingüística en catalán.
- Dar a coñecer e formar o alumnado para que saiba utilizar a bibliografía de consulta e os recursos varios da internet de maneira eficaz.
A literatura catalá contemporánea no seu contexto europeo (XIX-XXI).
1. A “Renaixença”. A recuperación dunha cultura
- Contexto: unidade de lingua e patria
- Romantismo. Realismo e naturalismo
2. O “Modernisme”. A modernización e nacionalización
- Contexto: a concepción da arte total
- Estética simbolista e rexeracionismo político
3. O “Noucentisme” e as vangardas. Entre consolidación e ruptura
- Contexto: Norma e transgresión
- D’ors, Fabra e o ideario noucentista
- A cuestión da linguaxe: postsimbolismo e vangardismo
4. A literatura de guerra e de posguerra
- Contexto: O exilio. Perda e construción da identidade
- Silencio e revolta. Resistencialismo, existencialismo e nova vangarda
5. Dos anos 70 até hoxe
- Contexto: renovación e postmodernidade
- Do realismo histórico ao textualismo e a experimentación
1. Básica:
BORDONS, Glòria - SUBIRANA, Jaume, Literatura catalana contemporània. Barcelona, EdiUOC / Pòrtic, 1999.
BOU, Enric (director), Nou diccionari 62 de la literatura catalana. Barcelona, Edicions 62, 2000.
BROCH, Àlex (dir.), Història de la Literatura Catalana. V. Literatura Contemporània (I): El Vuit-cents / Enric Cassany - Josep M. Domingo, autores. Barcelona, Enciclopèdia Catalana - Barcino - Ajuntament de Barcelona, 2018.
MARAGALL, Joan, Obres completes, Barcelona: Selecta, 1981.
MOLAS, Joaquim, Història de la literatura catalana. Part moderna. Vols. 7-11. Barcelona, Ariel, 1986-1988.
ROSSICH, Albert (coord.), Panorama crític de la literatura catalana. IV-VI, Barcelona, Vicens Vives, 2009-2010.
SUNYOL, Víctor, Birnam, Barcelona: Labreu, 2014.
VERDAGUER, Jacint, Totes les obres, a cura de Joaquim Molas i Isidor Cònsul, vols. I-IV, Barcelona: Proa, 2003-2006.
2. Complementaria:
BARGALLÓ VALLS, Josep, Manual de mètrica i versificació catalanes. Barcelona, Editorial Empúries, 1991.
BROCH, Àlex (dir.), Diccionari de la literatura catalana. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 2008.
------. Panorama de la literatura catalana, Barcelona: Gencat, 1997.
CANADELL, Roger, ADELL, Joan-Elies (eds.), L’acadèmia i els límits, Barcelona: UOCpress, 2010.
CARBONELL, Antoni (et. al.), Literatura catalana, Barcelona: Edhasa, 1980.
CASTELLANOS, Jordi, El modernisme, Barcelona: Empúries, 1988.
CASTELLET, Josep M. (et. al.), Història de la cultura catalana, Barcelona: Ed 62, 1998.
COCA, Jordi, Joan Brossa. Oblidar i caminar, Barcelona: Magrana, 1992.
DELOR, rosa, Antologia de la poesia catalana, Barcelona: Castellnou, 2005.
DOMINGO, Josep M. (ed.) [2009], Jocs Florals de Barcelona en 1859. Barcelona, GELIV / UB / Diputació de Barcelona, 2009.
ESPADALER, Anton M., Literatura catalana. Barcelona, Taurus, 1989 (versión catalá co título "Història de la literatura catalana", Barcelona, Barcanova, 1992).
FÀBREGAS, X., Història del teatre català, Barcelona, Millà, 1978.
------, Aproximació a la història del teatre català modern, Barcelona, Curial, 1972.
FUSTER, Joan, Literatura catalana contemporània. Barcelona, Curial, 1972 (tradución en Editora Nacional, Madrid, 1975).
GRILLI, Giuseppe (ed.), Antologia de poetes catalans: del segle XVI a Verdaguer. Vol. II. Barcelona, Galàxia Gutenberg, 1998.
MALÉ, Jordi - Borràs, Laura (eds.), Poètiques catalanes del segle XX. Barcelona, UOC, 2008.
MARRUGAT, Jordi, Aspectes de la poesia catalana de la postmodernitat. Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 2013.
MARRUGAT, Jordi, Narrativa catalana de la postmodernitat: històries, formes i motius, Barcelona, Universitat de Barcelona, Publicacions i Edicions, 2014.
MARTÍNEZ-GIL, Víctor, L’edició de textos: història i mètode. Barcelona, Edicions 62, 2002.
MOLAS, Joaquim, MASSOT I MUNTANER, Josep (dirs.), Diccionari de la literatura catalana. Barcelona, Edicions 62, 1979.
MIRALLES, Francesc (coord.), Història de l'art català. Barcelona, vol. 7-9, Edicions 62, 9 vols., 1985-1996.
MUNTANER, Maria [et al.] (ed.), Transformacions: llenguatges teòrics i relacions interartístiques (1975-2000). Barcelona, UIB / IEB / PAM, 2010.
PORTER, M. Història del cinema a Catalunya, Barcelona, Generalitat de Catalunya, 1992.
RIQUER, B. (director), Història, política, societat i cultura dels Països Catalans, 13 v., Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1995-2000.
RUBIÓ I BALAGUER, Jordi, Història de la literatura catalana, 3 vols. Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 1984; versión en catalán de "Literatura catalana" aparecida en diversos volumes da "Historia general de las literaturas hispánicas" dirixida por Guillermo Díaz Plaja (Barcelona, Vergara, 1949).
SANSONE, Giuseppe E. (ed.), Antologia de poetes catalans: de Maragall als nostres dies. Vol. III i IV. Barcelona: Galàxia Gutenberg, 1997.
TORRENTS, Ricard, Verdaguer. Un poeta per a un poble, Vic: Eumo editorial, 2002.
TERRY, Arthur, La poesia de Joan Maragall, Barcelona: Quaderns Crema, 1999.
TAYADELLA, Antònia, Sobre literatura del segle XIX. Barcelona, Societat Verdaguer / UB, 2013.
AA.VV., Manifestos d’avanguarda: antologia, Barcelona: Ed 62, 1995.
*As lecturas e a bibliografía específica de cada punto do programa será entregada durante o desenvolvemento da materia.
RECURSOS EN LIÑA
Associació d’Escriptors de Llengua Catalana
Biblioteca de Catalunya
Biblioteca virtual Joan Lluís Vives
Biblioteca Miguel de Cervantes
Diccionari català-valencià-balear
Edu3.cat
Gran Enciclopèdia Catalana
Lletra (UOC)
Lletres Vilaweb
Patrimoni Gencat
Poètarium
Museu d'Història de Catalunya
Museu Nacional d’Art de Catalunya
Música de poetes (UOC)
Traces. Base de dades de llengua i literatura catalanes
- Ler e comprender textos escritos en catalán sobre temas xerais e específicos da materia, así como sobre aspectos da realidade sociocultural.
- Ler e comprender textos literarios cataláns contemporáneos na súa lingua orixinal.
- Ler significativamente, e analizar e comentar textos de historia, cultura, arte e literatura catalás.
- Analizar, interpretar e valorar textos de diferente xénero literario.
- Capacidade para realizar comentarios de texto e valoracións críticas.
- Comparación de textos: análises de semellanzas e diferenzas.
- Capacidade para facer traballos de investigación bibliográfica, debidamente documentados, sobre escritores e obras da literatura catalá.
- Valorización da lectura e da literatura como forma de goce persoal e como método para a adquisición de coñecementos propios e abertos.
- Entender o catalán oral e escrito.
Clases de carácter teórico-práctico. Combinaranse as explicacións da profesora con actividades e dinámicas tanto individuais como de grupo.
Un dos elementos principais de aprendizaxe será a reflexión e análise crítica de textos escritos, orais e audiovisuais sobre os contidos do programa, así como as intervencións orais por parte dos estudantes a partir de documentación bibliográfica e recursos de internet seleccionados.
Realización de exercicios sobre textos de distinta tipoloxía propostos pola profesora.
Comentarios de textos literarios.
Uso de material didáctico de diversos tipos e soportes: cancións, documentais, cartaces, fotografías, mapas, filmes, páxinas web....
Seminario sobre un tema previamente pactado coa profesora: guión, exposición e memoria do traballo realizado.
A avaliación final será o resultado de conxuntar os seguintes elementos de avaliación, da maneira en que se indica:
- Participación activa nas clases e nas actividades culturais organizadas ou propostas pola Área, así como a realización dos exercicios e a puntualidade na súa entrega (20% da nota)
- Tras os bloques temáticos faranse probas de tipoloxía diversa: comentarios de texto, preguntas de reflexión, foros de discusión, reseñas, exposicións orais, etc. (30% da nota)
- Seminario de clase (guión, exposición e memoria do traballo realizado) (50%)
Nos casos no que o alumnado estea en circunstancias excepcionais que lle impidan asistir regularmente a clase, a avaliación farase mediante un exame final (60% da nota). Ademais do exame, deberá facer traballos acordados coa profesora para suplir a aprendizaxe presencial (40% da nota).
Cando o alumnado teña dispensa de asistencia segundo o disposto na instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o 100% correspondente á asistencia e participación será complementado cun sistema individualizado de avaliación acorde aos motivos de dispensa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na segunda oportunidade só se cualificará a materia polo exame final.
54 HORAS PRESENCIAIS (OU TELEMÁTICAS)
- Sesións teórico-prácticas: 48 horas
- Sesións de titorías: 3 horas
- Sesións de avaliación: 3 horas
96 HORAS NON PRESENCIAIS*
- estudo e traballo persoal: 84 horas
- preparación avaliación: 12 horas
* As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do alumnado e, polo tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que este é o responsable final do seu traballo.
- Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.
- Cumprir os prazos de entrega de exercicios e traballos.
- Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida na marcha da materia.
- Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.
- Realizar as lecturas recomendadas.
É necesario ter coñecementos de catalán ou ter cursado (ou estar a cursar) algunha materia de lingua catalá.
Maria Dolors Perarnau Vidal
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Catalá
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- dolors.perarnau [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Catalán | D01-Seminario |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Catalán | D01-Seminario |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |