Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 2do curso (Si)
Proporcionarlle ó alumno, dende unha perspectiva historiográfica, un coñecemento xeral da literatura galega dende os comezos do século XX ata a fin do franquismo.
Informar sobre os diferentes movementos literarios, figuras, liñas creativas e obras do período estudado.
Facilita-lo acceso ó coñecemento do contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolve a literatura galega no tempo no que nos imos deter.
Capacitar ó alumno para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega na etapa a tratar.
Profundar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais do período estudado.
Entender a literatura galega como unha produción viva e dinámica para comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
1. A literatura nos inicios do século XX.
1.1. O labor fundacional das Irmandades
1.2. A voz poética de Ramón Cabanillas
1.3. As coleccións de narrativa breve.O ambicioso proxecto de Lar.
2. A capital importancia do grupo "Nós".
2.1. Castelao, un artista total. As "Cousas" e "Retrincos".
2.2. A radical orixinalidade de "O porco de pé" de Vicente Risco.
2.3. "Arredor de si" de Otero Pedrayo. A creatividade dun grande narrador.
3.A paréntese da Guerra Civil (1936-1939). Manifestacións artísticas durante o período.
3. 1. O exilio.
3.2. A recuperación literaria na Galicia de Franco. O renacer editorial.
3.3. A singularidade de Galaxia.
Tódalas obras citadas son de lectura obrigatoria e o alumnado deberá facela pola súa conta. Leranse na aula diferentes poemas de Cabanillas, o ensaio de Risco, "Nós, os inadaptados", entre outros textos. Todos eles serán postos a disposición do alumnado por parte do profesor que imparte a materia.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
AA. VV., Historia da literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996.
Carballo Calero, Ricardo. 1981. Historia da literatura galega contemporánea, Vigo: Editorial Galaxia. (3ª ed.) 1981.
.
BIBLIOGRAFÍA Complementaria:
Alonso Montero, X., Lingua e Literatura Galegas na Galicia emigrante. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1995.
Alonso Montero X. e Miro Villar (eds.), Guerra civil e literatura galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura, 1999.
Alonso Montero, X., As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane. Vigo: Xerais, 1994.
Fernández Rei, F., Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa. Vigo: Xerais, 2015.
Monteagudo, H., Alfonso R.Castelao, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2000.
Rei, L., Ramón Cabanillas, crónica de desterros e saudades. Vigo: Galaxia, 2009.
Risco, A., La obra narrativa de Vicente Risco,Vigo, Caja de Ahorros de Ourense, 1987.
Rodríguez Fer, Claudio. A literatura Galega durante a Guerra Civil. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994
Salgado, X.M., ”O grupo Nós. 0 Seminario de Estudos Galegos”, Colóquio-Letras 137-138, pp. 93-114.
Tarrío Varela, Anxo. Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.
Vilavedra, Dolores. Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999.
Vilavedra, D (coord.), Diccionario da literatura galega, 4 vols. Vigo: Galaxia, 1995-2000.
Villanueva Gesteira, M., A editorial Galaxia: proxecto e traxectorias 1950-1963. Tese de doutoramento inédita, Santiago de Compostela, 2012.
Villanueva Prieto, Darío (coord.). Galicia. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones, 2000.
Coñecemento da evolución da literatura galega desde os inicios do século XX ata a fin do franquismo.
Coñecemento das obras principais deste período.
Comprensión das particularidades que caracterizan a creación literaria en galego.
Capacidade de lectura e análise de textos.
Habilidade na comunicación en lingua galega oral e escrita.
As clases expositivas estarán dedicadas á explicación de contidos fundamentais da materia a través dos seus textos e doutros materiais complementarios.
As sesións interactivas dedicaranse á análise e discusión de textos e outros materiais relacionados cos contidos da materia.
As titorías programadas dedicaranse a facer un seguimento do alumnado con especial atención ás actividades persoais acordadas.
A avaliación das competencias esixidas terá en conta:
1.- Primeira Oportunidade:
a) Asistencia ás clases e participación, tanto na aula como en diversas actividades que se vaian propoñendo ó longo do curso.
A asistencia é obrigatoria. Esta parte suporá un 30% da cualificación global.
Só se permiten 6 faltas sen xustificar e, a partir da sexta ausencia, cada falta implicará unha perda de 0,25 puntos da nota
final, calculada esta nunha escala de 0 a 10 puntos.
b) Exame ou exames escritos dos contidos da materia: supón un 70% da cualificación final. Para aproba-la materia, a
cualificación non deberá ser inferior a 4.
A nota final obterase sumando as partes a) e b) e deduciráselle, se é do caso, os puntos que resulten das faltas inxustificadas.
Os alumnos que non poidan asistir regularmente á clase, deberán obter unha dispensa outorgada polo Decanato e deberán realizar unha serie de traballos e lecturas personalizadas, marcadas polo profesor, actividade que suporá un 30% da nota final.
2.- Segunda Oportunidade:
A aqueles alumnos que suspendan a materia na primeira oportunidade e concorran á segunda, gardaránselle-las notas
correspondentes ó apartado a) coa mesma porcentaxe: 30%.
Ademais, realizarase un exame cuxa porcentaxe de valoración e condicións para aproba-la materia, coinciden co indicado para a Primeira Oportunidade (70%).
Para os casos de realizacións fraudulentas dos exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisións de cualificacións".
Sesión expositivas: 38 horas
Sesións interactivas: 6 horas
Sesións de titoría programada: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Horas de traballo dirixido: 40
Horas de traballo autónomo: 60
É moi recomendable que o ritmo de lecturas obrigatorias siga o das explicacións na aula.
Jose Manuel Antonio Salgado Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- xosem.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | C07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | C07 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C08 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C08 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C09 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C09 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C08 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C08 |