Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
. Mostrar as vantaxes dunha visión global da evolución do latín ás linguas románicas para comprender mellor os mecanismos internos de cada lingua románica en particular.
. Introducir o alumnado nos conceptos básicos e fundamentais que o capaciten para acceder ós contidos específicos da materia, que se desenvolven máis pormenorizadamente no "maior" en Filoloxía Románica.
. Permitir ós estudantes que decidan cursar un "minor" en Filoloxía Románica iniciarse nas características e obxectivos da materia e proporcionarlles mecanismos e instrumentos que lles faciliten profundar nos seus contidos.
I. ASPECTOS XERAIS
1. Lingüística románica: definición, obxectivos e finalidade, alcance xeográfico e cronolóxico. Relacións coa lingüística xeral e coas lingüísticas románicas especializadas.
2. Principais correntes e métodos no estudo da lingüística románica.
II. EVOLUCIÓN DO LATÍN ÁS LINGUAS ROMÁNICAS
1. O latín: orixe, situación e expansión. Latín literario e latín falado. Os conceptos romanus, romanicus e Romania.
1.1. Situacións de contacto e préstamos lingüísticos. Substratos e superstratos. Importancia destes elementos na evolución das linguas románicas.
1.2. A evolución do latín ás linguas románicas: causas externas e evolución interna.
2. O "latín vulgar" e o protorromance. Delimitación dos conceptos. Fontes para o seu coñecemento.
3. "Latín vulgar" e Protorromance. Fonética.
3.1. Os riscos suprasegmnentais. O acento.
3.2. Evolución do sistema vocálico.
3.3. Evolución do sistema consoántico.
4. "Latín vulgar" e Protorromance. Morfosintaxe: o substantivo e o adxectivo.
4.1. Evolución do sistema nominal. O substantivo:
Clases flexionais. As categorías de xénero, número e caso.
4.2. O adxectivo e os seus tipos.
Os graos do adxectivo e a expresión da comparación.
5. "Latín vulgar" e Protorromance. Morfosintaxe: determinantes e pronomes.
5.1. A expresión da determinación e a aparición do artigo determinado.
5.2. O pronome persoal. Os demostrativos.
5.3. Posesivos, indefinidos, relativos, numerais.
6. Latín vulgar e Protorromance. Morfosintaxe. O verbo.
6.1. Análise morfolóxica do verbo latino. As conxugacións.
6.2. Tema de presente, tema de perfecto. A voz pasiva.
6.3. Principais innovacións do protorromance: as formas analíticas para a expresión do perfecto e do futuro.
7. "Latín vulgar" e Protorromance. Morfosintaxe.
7.1. Adverbios.
7.2. Preposicións
8. "Latín vulgar" e Protorromance: Semántica.
8.1. Innovacións no léxico latino. Préstamos. Cambios de significado.
9. Do Protorromance ás Linguas Románicas.
Alén Garabato, C. – T. Arnavielle – Ch. Camps, La Romanistique dans tous ses états, Paris: L’Harmattan, 2009.
Alén Garabato, C. – X. A. Álvarez Pérez, M. Brea (eds.), Quelle linguistique romane au XXI siècle?, Paris: L’Harmattan, 2010.
Anderson, J. M., Aspectos estructurales del cambio lingüístico, Madrid: Gredos, 1997.
Ariza, M. et alt., El cambio lingüístico en la Romania, Lleida: Virgili & Pagés, 1990.
Bach, S. et alii, Quadrivio romanzo: dall'italiano al francese, allo spagnolo, al portoghese, Firenze: Accademia della Crusca, 2008.
Benedetti, M. et alt., Il cambiamento linguistico, Roma: Carocci, 2003.
Dardel, R., À la recherche du protoroman, Max Niemeyer, Tübingen, 1996.
Elcock, W. D., Le lingue romanze, Japadre, L’Aquila, 1975.
Elvira, J., Evolución lingüística y cambio lingüístico, Bern: Peter Lang, 2009.
Ernout, A. – A. Meillet, Dictionnaire étymologique de la langue latine. Histoire des mots, Klincksieck, Paris.
Fónagy, M., Dynamique et changement, Louvain: Peeters, 2006.
Fradejas, J. M., Las lenguas románicas, Madrid: Arco Libros, 2010
Gargallo, J. E. – M. R. Bastardas (eds.), Manual de lingüística románica, Ariel, Barcelona, 2007.
Gauger, H. M., Introducción a la lingüística románica, Gredos, Madrid, 1989.
Glessgen, M. D., Linguistique romane: domaines et méthodes en linguistique française et romane, Paris: A. Colin, 2007.
Herman, J., El latín vulgar, Ariel, Barcelona, 1997.
Herman, J., Du latin aux langues romanes: études de linguistique historique, Max Niemeyer, Tübingen, 1990.
Holtus, G., - Metzeltin, M. – Schmitt, Ch., Lexikon der romanistischen Linguistik, Tübingen: Max Niemeyer (varios volumes e anos)
Iliescu, M. y Slusanski, D., Du latin aux langues romanes, Egert Verlag, Wilhelmsfeld, 1991.
Iordan, I. - Manoliu, M.: Manual de Lingüística Románica. Madrid: Gredos, 1972, 2 vol.
Klausenburger, J., Coorsebook in romance linguistics, München, 2001.
Klinkenberg, J.M., Des langues romanes: introduction aux études de linguistique romane, Duculot, Paris, 1994.
Labov, W., Principios del cambio lingüístico, Madrid: Gredos, 1996-2006.
Lee, Ch., Linguistica romanza, Roma : Carocci, 2001.
Lüdtke, H., Historia del léxico románico, Madrid : Gredos, D.L. 1974.
Mariner Bigorra, S., Latín vulgar, UNED, Madrid, 1992.
Martín Butragueño, P. (ed.), El cambio lingüístico: métodos y problemas, México: Colegio de México, 2004.
Martinet, A.: Economía de los cambios fonéticos. Tratado de fonología diacrónica. Madrid: Gredos, 1974.
Martinet. A., Evolución de las lenguas y reconstrucción, Madrid: Gredos, 1983.
Meissner F.-J. - Meissner Cl., ¬ Klein H. G., ¬ Stegmann T. D. , EuroComRom. Les sept amis: lire les langues romanes dès le départ , Aachen: Shaker Verlag, 2004
Metzeltin, M., Las lenguas romanicas estándar. Historia de su formación y de su uso. Academia de la Llingua Asturiana, Uviéu, 2004.
Munteanu, D., Breve historia de la lingüística románica, Arco, Madrid, 2005.
Palmer, L. R.; Introducción al latín, Planeta, Barcelona, 1994.
Pöckl, W. et alii, Introducción a la lingüística románica, Gredos, Madrid, 2004.
Posner, R., Las lenguas romances, Cátedra, Madrid, 1998.
Reinheimer, S. e L. Tasmowski, Pratique des langues romanes, Harmattan, Paris, 1997.
Renzi, L. – A. Andreose, Manuale di linguistica
Sánchez Miret, F. – G. Holtus, Romanitas, Filología Románica, Romanística, Tübingen: Max Niemeyer, 2008.
Wartburg, W. von, Problemas y métodos de la lingüística, Madrid: CSIC, 1991.
. Coñecemento dos mecanismos que explican a evolución lingüística a través de máis de vinte séculos de historia.
. Comprensión do cambio lingüístico e das súas consecuencias na evolución dunha lingua.
. Consciencia da degradación interna do latín clásico e dos factores externos e internos que contribuíron á evolución ata a construción das linguas románicas actuais.
As clases expositivas permitirán que o profesor explique os contidos centrais do programa, pero os estudantes deberán manter un ritmo constante de lecturas complementarias, que completarán as explicacións do profesor.
Realizaranse tamén exercicios prácticos sinxelos (de complexidade progresiva) que permitan ir asimilando os mecanismos que rexen os procesos de cambio lingüístico nos distintos niveis.
Aplicarase un sistema de avaliación continua, o que supón un seguimento continuado do labor realizado polo alumno, tanto durante as actividades presenciais como nas non presenciais. A participación activa nas clases e presentación de traballos (orais ou escritos) requiridos equivalerá ó 30% da cualificación total da asignatura.
O 70% restante avaliarase a partir dun traballo escrito individual ou dun exame final, nos que se demostrará a asimilación por parte do/a estudante dos contidos traballados en clase; facilitarase o seu correcto desenvolvemento na medida do posible. As características particulares dos mesmos serán explicadas en clase, cando corresponda. Queda a discreción da profesora optar por unha ou outra modalidade de avaliación final.
Os/as estudantes que non asistan a clase regularmente sen presentar documentación que os exima de asistencia irán directamente ó examen final, en datas marcadas desde o Decanato da Facultade. Dito exame consistirá na exposición escrita sobre calquera dos temas do programa e un exercicio práctico.
Os estudantes que non poidan asistir con regularidade a clase, pero que poidan xustificar a súa ausencia, poderán ser considerados como os estudantes de asistencia regular, coas mesmas obrigas de someterse á avaliación continua. A profesora poderá exixirlles a redacción dalgún traballo adicional. A DATA DE ENTREGA DOS TRABALLOS non poderá sobrepasar a data oficial establecida pola Facultade de Filoloxía para a realización do exame final.
Na SEGUNDA OPORTUNIDADE a avaliación efectuarase exclusivamente a través dun exame que consistirá na exposición escrita sobre calquera dos temas do programa e un exercicio práctico.
*Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (HORAS)
- Sesións expositivas: 30
- Sesións interactivas: 15
- Titorías programadas: 5
TOTAL: 50
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS (HORAS)
- Estudo, lectura e preparación das actividades programadas: 30
- Realización de exercicios: 20
- Elaboración do traballo monográfico: 50
TOTAL: 100
Dado que a materia se desenvolve cun sistema de avaliación continua, recoméndase ós/ás estudantes un ritmo de traballo constante, que acompañe o desenvolvemento das actividades de carácter presencial. É imprescindible que o/a estudante complete as explicacións ofrecidas en clase cas lecturas que se lle aconsellen en cada momento.
É moi importante a asistencia a clase, por canto se trata dunha materia eminentemente práctica e requírise certa disciplina de traballo por parte dos/as alumnos/as, así como a capacidade para ler bibliografía en distintas linguas románicas.
Elvira Fidalgo Francisco
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811825
- Correo electrónico
- elvira.fidalgo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | B05 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D03 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D03 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |