Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos Xerais:
1-Coñecer e comprender as achegas das principais teorías antropolóxicas.
2-Adquirir os coñecementos propios da antropoloxía aplicada, así como achegarse a contextos de aplicación.
3-Adquirir coñecementos básicos do traballo de campo etnográfico e competencias para levar a cabo unha primeira aproximación á práctica.
4-Producir coñecemento antropolóxico a través dos datos empíricos obtidos do traballo de campo.
5-Xerar un coñecemento que sexa de aplicabilidade: pensar na devolución á sociedade e na intervención e transformación social.
Na materia traballarase para que o estudantado:
-comprenda e recoñeza o valor da igualdade e a diversidade, exercitando a crítica ao etnocentrismo, androcentrismo, occidentalocentrismo, etc. na teoría e na práctica.
-aborde dunha forma crítica as desigualdades sociais e de poder e recoñecer os mecanismos de discriminación, especialmente os derivados das relacións étnicas e culturais, de xénero, sexo, sexualidade e identidade, por motivos da idade, clase social, relixiosidade ou procedencia.
-desenvolva a capacidade de coordinar, desenvolver, comprometerse e gozar do traballo en equipo.
-que na súa actividade profesional aplique os principios de respecto, promoción dos dereitos fundamentais e os valores democráticos.
-desenvolvan o razoamento crítico, o compromiso ético e o respecto aos códigos deontolóxicos.
-desenvolvan o sentido do servizo social, fomentando a cooperación, a mediación e a intervención sociocultural para mudar as problemáticas, de cara a un cambio social democratizante.
-desenvolvan a capacidade de reacción e o espírito construtivo fronte as desigualdades.
Tema 1. Introdución á antropoloxía e á antropoloxía aplicada. Percorrido histórico e conceptos básicos.
Tema 2. Ética e deontoloxía na antropoloxía.
Tema 3. Áreas de aplicación da antropoloxía: antropoloxía e desenvolvemento, antropoloxía para o conflito, marketing, empresa e tecnoantropoloxía, antropoloxía feminista, antropoloxía e patrimonio, etc.
Tema 4. Achegas á aplicación da antropoloxía e metodoloxías participativas: IAP.
Tema 5. Introdución á metodoloxía do traballo de campo etnográfico.
Básica:
-Escobar, Arturo (1997) Anthropology and development. International Social Science Journal, 49: 497-515.
https://doi.org/10.1111/j.1468-2451.1997.tb00040.x http://www.biblioteca.org.ar/libros/escobar.pdf
-Greenwood, Davydd (2000) De la observación a la investigación-acción participativa: una visión crítica de las prácticas antropológicas. Revista de Antropología Social, 9: 27-49. http://revistas.ucm.es/index.php/raso/article/download/raso0000110027a/…
Complementaria:
-Bartoli, Laura (2002) Antropología aplicada. Historia y perspectivas desde América Latina. Quito: Abya Yala.
-Bullen, Margaret (2012) Antropología feminista, antropología aplicada. Encuentros y desencuentros. Revista de antropología experimental, 12: 91-102. http://revistaselectronicas.ujaen.es/index.php/rae/article/view/1906/16…
-Cadenas Ramos, Hugo (2005) La antropología aplicada en una sociedad compleja. Revista Mad, 13: 1-8. http://www.revistamad.uchile.cl/13/paper05.pdf
-CIMAS (2009) Metodologías participativas. Manual. Madrid: Observatorio Internacional de Ciudadanía y Medio Ambiente Sostenible (CIMAS).
-CIMAS (2015) Metodologías participativas. Sociopraxis para la creatividad social. Madrid: Dextra Editorial.
-Colectivo Ioé (2003) Investigación Acción participativa: propuesta para un ejercicio activo de la ciudadanía. Córdoba: Encuentro de la Consejería de Juventud. http://colectivoioe.org/uploads/89050a31b85b9e19068a9beb6db3dec13688501…
-Colectivo Ioé (2014) Investigación-acción participativa y perspectiva dialéctica, Arxius: 31: 57-58. http://colectivoioe.org/uploads/a68b0f7504e0dc6aab40ec911447eb5ec819ed6…
-Díaz de Rada, Ángel (2011) El taller del etnógrafo. Materiales y herramientas de investigación etnográfica. Madrid: UNED.
-Escalera Reyes, Javier; Coca Pérez, Agustín (2013) “Teoría y práctica de la participación” En. J. Escalera Reyes y A. Coca Pérez (coords.) Movimientos sociales, participación y ciudadanía en Andalucía. Sevilla: Aconcagua libros.
-Espina Barrio, Ángel B. (ed.) (2008) Antropología aplicada en Iberoamérica. Recife: Fundación Joaquim Nabuco y Sociedad Iberoamericana de Antropología Aplicada. http://www.revistamad.uchile.cl/17/perez_01.pdf
-Fals Borda, Orlando (1993) Conocimiento y poder popular. Bogotá: S.XIX.
-Gabarrón, Luis R.; Hernández, Libertad (1994) Investigación participativa. Madrid: CIS.
-Ferrándiz, Francisco (2011) Etnografías contemporáneas: Anclajes, métodos y claves para el futuro. Barcelona: Anthropos.
-Francisco Amat, Andrea; Lozano Estivalis, María y Traver Martí, Joan (2015) Paradojas epistemológicas de una investigación participativa feminista. Asparkía, 26: 155-169.
-Galtung, Johan (1968) Después del proyecto Camelot. Revista Mexicana de Sociología, 30 (1): 115-141. http://www.jstor.org/stable/3539024
-Gondar Portasany, Marcial (2003) Que é a antropoloxía aplicada? Santiago de Compostela: Dpto. filosofía e antropoloxía social.
-Giménez Romero, Carlos (2012) Teoría y práctica en la historia de las ideas. Implicaciones para la antropología aplicada. Gazeta de Antropología, 28 (3), art. 15. http://hdl.handle.net/10481/25174
-Gimeno Martín, Juan Carlos (2008) “Antropología(s) de orientación pública: ‘Asomarse unos centímetros más allá del borde, ahí donde la perspectiva se amplía ligeramente’”. En
-M. Jabardo, P. Monreal, P. Palenzuela (coords.) Antropología de orientación pública: visibilización y compromiso de la antropología. Donostia: Ankulegi antropologia elkartea- FAAEE.
-Greenwood, Davydd J.; Morten, Levin (2007) Introduction to Action Research. Social research for social change. London: Sage.
-Guasch, Óscar (2002) Observación participante. Cuadernos Metodológicos. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas. (pp. 9-14; 35-46; 71-78; 89-96)
-Guerrero, Patricio (compilador) (1997) Antropología Aplicada. Quito: Abya-Yala y UPS
-Pérez L., Marisol (2007) Las perspectivas y Retos de la Antropología Aplicada en el Siglo XXI. Revista Mad, 17: 1-9. http://www.revistamad.uchile.cl/17/perez_01.pdf
-Hammersley, Martyn y Atkinson, Paul (1994) Etnografía. Métodos de investigación. Barcelona: Paidós.
-Montañés Serrano, Manuel (2009) Metodología y Técnica participativa: Teoría y práctica de una estrategia de investigación participativa. BCN: UOC.
-Low, Setha M.; Merry, Sally E. (2010) “Engaged Anthropology: Diversity and Dilemmas”, Current Anthropology, 51 (S2): 203–S226. www.jstor.org/stable/10.1086/653837
-Moreno Pestaña, José Luis y Espadas Alcázar, Mª Ángeles (2002) “Investigación-acción participativa”. En R. Reyes (dir.) Diccionario Crítico de Ciencias Sociales. Madrid: UCM.
-Orobitg Canal, Gemma (2011) “Fotografía y etnografía. Algunos ejemplos del uso de la fotografía en el trabajo de campo”. En E. Fernández de Paz y J. Agudo Torrico (comp.) Mario -Fuentes. Medio siglo de fotografía etnográfica. Sevilla: ASANA.
-Martí, Joel (2000) “La investigación – acción - participativa. Estructura y fases”. En T.Villasante, M. Montañés, J. Martí (eds.) La investigación social participativa: construyendo ciudadanía. Barcelona: El Viejo Topo.
-Restrepo, Eduardo (2016) Etnografía: alcances, técnicas y éticas. Bogotá: Envión eds.
-Risler, Julia; Ares, Pablo (2015) Talleres de mapeo. Recursos lúdicos y visuales para la construcción del conocimiento colectivo. Ecología Política, 48 Cartografía y conflictos: 28- 32.
-Rodriges Brandao, Carlos (2005) “Participatory research and participation in research: a look between times and spaces from Latin America” International Journal of Action Research, 1(1): 43-68. https://nbn-resolving.org/urn:nbn:de:0168-ssoar-356774
-Salazar, María Cristina (ed.) (1993) La investigación Acción Participativa. Inicios y Desarrollos. Madrid: Popular.
-San Román, Teresa (1984) Antropología aplicada y relaciones étnicas. REIS, 27: 175-183. http://reis.cis.es/REIS/PDF/REIS_027_09.pdf
-San Román, Teresa; Sanjuán, Lucía; Casado, Irina; et. al. (2012) Reflexiones en torno a la antropología aplicada. Experiencias al hilo de una investigación en antropología de la salud. Revista de antropología experimental, 12: 115-135.
http://revistaselectronicas.ujaen.es/index.php/rae/article/view/1908/16…
-Scheper-Hughes, Nancy (1995) The primacy of the ethical. Propositions for a militant anthropology. Current Anthropology, 36 (3): 409-440. http://www.jstor.org/stable/2744051
-Tax, Sol (1975) Action Anthropology. Current Anthropology, 16 (4): 514-517.
http://www.jstor.org/stable
-Velasco, H. y Díaz de Rada, Á (2009) La lógica de la investigación etnográfica. Un modelo de trabajo para etnógrafos de escuela. Editorial Trotta.
-Wadsworth, Y. (1998). What is Participatory Action Research? Action Research Internarional, Paper 2. http://www.scu.edu.au/schools/gcm/ar/ari/p-ywadsworth98.html
Xerais:
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Antropoloxía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da antropoloxía, a un nivel xeneral e non especializado.
CG3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións formuladas e ofrecidas pola antropoloxía, tanto a un público xeneral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas e antropolóxicas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos dende a Filosofía e la antropoloxía.
Específicas:
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente os coñecementos adquiridos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar esas coñecementos dentro e fóra de eido filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proatividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes tipos:
(1) Aulas expositivas. Presentación por parte da docente dos contidos teóricos da materia. O obxectivo das sesións expositivas é a presentación dos temas incluídos no programa do curso. Estes temas complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas.
(2) Aulas interactivas. O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar e discutir algúns aspectos da materia a través da realización do traballo de campo, principalmente.
2.1. Sesións de metodoloxía: presentación das principais ferramentas de investigación.
2.2 Sesións de desenvolvemento dun traballo de investigación, seguimento, análise e corrección das tarefas propostas.
(3) Actividade titorial. Titorizacións para o seguimento dos contidos teóricos e apoio as lecturas. Titorización de apoio ao traballo de campo desenvolvido ao longo do semestre. Titorización das presentacións finais e recomendación de bibliografía de apoio.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
Durante todo o curso o alumnado levará un portafolios con distintas entregas avaliables que mostrarán os avances na investigación desenvolvida (obxectivos, diarios de campo, entrevistas, bibliografía...) e que serán indicadas pola docente ao comezo do curso.
1. Avaliación continua formativa
É a modalidade preferente. O carácter práctico e aplicado da materia e da propia Antropoloxía Aplicada implican a participación activa na aula e ao compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos.
a) Traballo grupal: 70%
Entregas do traballo de investigación: 50%
Presentación oral do traballo: 20%
Entrega do Portafolio final: 10%
b) Traballo individual: 30%
Dúas entregas individuais (15% cada unha)
Total da avaliación continua: 100% da nota final
A avaliación das presentacións orais farase cunha Rúbrica, previamente accesible no campus virtual, na que se especificarán os criterios de avaliación da mesma e a súa valoración. Os ítems avaliables serán: uso dos conceptos expostos en clase; argumentación claridade e coherencia; presenza dos materiais xerados no traballo de campo etnográfico; presentación oral; creatividade e orixinalidade da presentación; uso de recursos audiovisuais; traballo en grupo e consenso e resolución de dúbidas das compañeiras
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…. A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación. Polo tanto, o incumprimento da citada porcentaxe sen xustificar as súas faltas, suporá a perda do dereito á avaliación continua e a necesidade de realizar un exame final na data oficial fixada.
2. Avaliación non continua.
O alumnado que perda o dereito á avaliación continua, ademais do exame final, deberá facer un traballo individual, de varias entregas, seguindo as características previamente descritas e pautada pola docente. Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
Traballo individual: 40% da nota final
Exame: 60% da nota final
3. Avaliación de alumnos con dispensa da súa asistencia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) terá que informar á coordinadora da materia, segundo o indicado na normativa, e será informado individualmente daqueles traballos e avaliables que compensen a súa falta de asistencia a clase mantendo o seu dereito á avaliación continua segundo as porcentaxes establecidas.
En caso de desexar optar pola avaliación continua, os requisitos de avaliación de alumnado con dispensa serán os seguintes:
Traballo de investigación individual: 70%
Outras entregas individuais: 30%
O traballo de investigación individual requirirá traballo de campo e perspectiva aplicada e é recomendable establecer comunicación coa profesora, ao inicio do semestre, a través da titoría para poder orientalo, tanto teórica metodoloxicamente.
En caso de optar pola modalidade de avaliación non continua, a avaliación seguirá os criterios e ponderacións establecidos en dito modelo. Traballo individual: 40%, exame 60%. Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
Avaliación de competencias:
- A avaliación continua permitirá avaliar as competencias xerais 1-5, as competencias específicas 3, 4, 5, 6, 7 e 10 e máis manexar as distintas ferramentas propostas e poñer e práctica as actitudes e valores da materia.
- A presentación oral do traballo final permitirá avaliar principalmente a competencia xeral 4, aínda que tamén precisa manexar as outras competencias xerais. Tamén as competencias específicas 3, 4, 5, 6, 7 e 10 ademais de poñer en práctica as actitudes e valores da materia.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 4.5 créditos que ten é de 112.5 h:
· Horas presenciais semanais: 3 horas (docencia expositiva e interactiva) x 12 semanas lectivas = 38,25 semestrais..
· Horas de titorías de grupo: 2,25 horas
· Clases expositivas: 18 horas.
· Clases interactivas: 18 horas.
· Horas non presenciais: 74 horas.
(1) É obrigatoria a asistencia, participación e implicación nas aulas.
(2) Precísase dun compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos.
(3) É imprescindible seguir as pautas indicadas no traballo de campo etnográfico. Ao traballar con persoas o alumnado terá que seguir escrupulosamente os compromisos éticos marcados. Non serán aceptadas actitudes irrespectuosas ou discriminatorias de ningún tipo.
(4) Toda a materia está organizada para o traballo en grupo, polo que se requiren habilidades sociais de cooperación, respecto e espírito construtivo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Beatriz Busto Miramontes
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- beatriz.busto.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
30.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
30.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
21.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
21.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |