Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Transmitir os contidos fundamentais, mediante a explicación dos temas do programa.
2.- Ensinar a traballar, mediante a leitura e o comentario de textos filosóficos.
3.- Alentar o diálogo, promover o debate, animar á reflexión, mediante a participación nas explicacións e os comentarios.
RESUMO
A materia está centrada en dous modelos éticos paradigmáticos, Aristóteles e Kant, con vixencia e proxección na filosofía moral contemporánea. Complementariamente, trataranse as formulacións de Mill e de Nietzsche.
TEMARIO
I.- A ética de Aristóteles
1.- Ética e Política
2.- Ética, Dereito e Política
3.- O ben do individuo
4.- A felicidade do ser humano
5.- A felicidade, os bens e a virtude
6.- Virtude e acción
7.- Acción: voluntariedade e involuntariedade
8.- Virtudes éticas e dianoéticas
9.- Prudencia e sabedoría
10.- Felicidade, sabedoría, xustiza
11.- Xustiza: virtude e canons
12.- A amizade
II. A ética de Kant
1.- Formalismo e apriorismo
2.- A boa vontade
3.- O deber
4.- Os imperativos
5.- O imperativo categórico I (da universalidade da lei)
6.- O imperativo categórico II (da dignidade da persoa)
7.- Autonomía e heteronomía
8.- Liberdade e necesidade
9.- Os postulados da razón práctica
10.- A razón práctica
III. Outras referencias paradigmáticas: Mill, Nietzsche
1. Bibliografía básica
Aristóteles: Ética a Nicómaco. Madrid, ed. Centro de Estudios Constitucionales, 1985 (1949).
Aristóteles: Ética a Nicômacos. Brasília, ed. Universidade de Brasília, 1984.
Kant, I.: Fundamentación de la metafísica de las costumbres. Barcelona, Ariel, 1996.
Kant, I.: Fundamentação da Metafísica dos Costumes. Lisboa, Edições 70, 1988.
Mill, J.S.; El utilitarismo. Madrid, Alianza, 2012.
Mill, J.S.: O utilitarismo. Porto, Porto Editora, 2005.
Nietzsche, F.: La genealogia de la moral. Madrid, Tecnos, 2003.
Nietzsche, F.: A Genealogia da Moral. Lisboa, Guimarães Editores, 2008.
2. Bibliografía complementaria
Camps, V. (ed.): Historia de la ética. 1, De los griegos al Renacimiento. Barcelona, Crítica, 1988.
Camps, V. (ed.): Historia de la ética. 2, La ética moderna. Barcelona, Crítica, 1992.
Camps, V. (ed.): Historia de la ética. 3, La ética contemporánea. Barcelona, Crítica, 1989.
Cortina, A, y E. Martínez Navarro: Ética. Madrid, Akal, 1998 (2ª ed).
Gómez, C. y J. Muguerza (eds.): La aventura de la moralidad: Paradigmas, fronteras y problemas de la ética. Madrid, Alianza, 2007.
Gómez-Heras, J. M.: Teorías de la moralidad: introducción a la ética comparada. Madrid, Síntesis, 2003.
Hare, R. M.: Ordenando la ética: una clasificación de las teorías éticas. Barcelona, Ariel, 1999.
Höffe, O.: Diccionario de ética. Barcelona, Crítica, 1994.
Singer, P.: Compendio de Ética. Madrid, Alianza, 1995.
Soto, Luís G.: Teoría de la justicia e idea del derecho en Aristóteles. Madrid-Barcelona-Buenos Aires, Marcial Pons, 2011.
Tugendhat, E.: Lecciones de ética. Barcelona. Gedisa, 2010.
Ademais, ao comezo do curso, facilitarase bibliografía específica para temas e/ou cuestións concretos.
1. Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2. Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
1.- Docencia expositiva: explicación dos contidos do programa polo profesor, aberta á participación, o confronto e o debate.
2.- Docencia interactiva: realización de prácticas consistentes en comentarios de temas/textos relacionados cos contidos do programa, orientados polo profesor. Habitualmente terán lugar na aula no horario fixado. Cada comentario deberá ser realizado por dous/dúas alunos/as, incluíndo necesariamente intervención oral, debate público e redacción escrita. Alternativamente, poderá realizarse individualmente na aula virtual.
3.- Actividades tutoriais grupais: 1ª) realización e avaliación dos exercicios prácticos (data aproximada: primeira semana do curso); 2ª) preparación e realización do exame (data aproximada: última semana de setembro); e 3ª) valorización dos resultados dos exames (datas aproximadas: semanas seguintes á realización dos exames).
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE
1.- Estudo: preparación da materia polo/a aluno/a, podendo usárense os materiais recomendados polo profesor ou, previa consulta a este, outros que respondan aos contidos da materia.
2.- Tutorías: consulta e seguimento singularizados ao dispor do/a aluno/a.
A avaliación é continua, realízase durante o semestre e abarca a docencia expositiva (dous exames parciais) e a docencia interactiva (prácticas). Comprende:
1.- Primeiro Parcial: A ética de Aristóteles. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: outubro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: novembro, decembro). A nota definitiva será a do último exame realizado. Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE4, CE5, CE10.
2.- Segundo Parcial: A ética de Kant. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: novembro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: novembro, decembro). A nota definitiva será a do último exame realizado. Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE4, CE5, CE10.
3.- Prácticas: pola realización de 10 comentarios, estando todos ben, poderá obterse +1; e pola de 15 comentarios ben +2. Cada comentario realizado poderá receber a cualificación global de ben (+0,1), regular (+0,05) ou mal (+0). Competencias avaliadas: CX3, CB3, CB4, CT01, CT02, CT03, CE2, CE6, CE7, CE8, CE9 C2 e C3.
Os/as estudantes exentos de asistencia ás aulas presenciais, para superar a materia, deberán realizar os exames parciais, sexa durante o curso sexa nas datas dos exames finais.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
A cualificación final será a suma da media obtida nos exames parciais de teoría (de 0 a 10) máis a nota das prácticas (de 0 a +2).
Os/as alunos/as suspensos/as, aqueles/as que na avaliación continua realizada durante o semestre non obteñan un total de 5 puntos (sumadas a teoría e as prácticas), poderán concorrer aos exames finais de decembro-xaneiro e/ou xuño-xullo. Á nota obtida nestes (de 0 a 10) será agregada a das prácticas realizadas durante o semestre (de 0 a +2) para establecer a cualificación final.
ESIXENCIA DE ORIXINALIDADE
Se alguén copiar, en calquer momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese: (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por un/ha algún texto escrito por outro (prácticas); (b) responder a cuestións no exame non de memoria, senón mediante o emprego de apuntamentos, bibliografía ou informacións, cuxo uso non está autorizado no exame, ou mediante substitucións sexa da persoa sexa do exercicio.
Tempo de traballo: 150 horas (6 créditos ECTS). Estas horas repártense da seguinte maneira:
1) Horas presenciais semanais: 2 horas (docencia expositiva) e 2 horas por grupo (docencia interactiva). No total, 72 horas no semestre. Incluíndo 3 horas de tutorías grupais por grupo, 75 horas.
2) Horas non presenciais semanais: 2 horas, recomendadas para a leitura dos temas/textos. Aproximadamente, 24 horas no semestre (traballo do/a aluno/a).
3) Tempo de estudo semestral: aproximadamente, 51 horas (traballo do/a aluno/a).
1) Leitura previa ás aulas, e releitura posterior, dos textos.
2) Asistencia e participación nas aulas, imprescindibelmente nas clases prácticas.
3) Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
4) Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.
Polo que respecta á actividade formativa (desenvolvemento da docencia, realización de probas, etc.), serán de aplicación todas as disposicións da USC (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, etc.) e da lexislación xeral atinentes.
Nomeadamente, chámase a atención sobre:
1) Responsabilidade ambiental: “En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados; imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes, e evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos”.
2) Perspectiva de xénero: “En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados”.
3) Cadro institucional e privacidade: 1) É obrigatorio o uso da conta de correo rai. 2) É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade. 3) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. 4) Terase en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendéndose privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia. 5) É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, que se pode consultar aquí:
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Luis Modesto Garcia Soto
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812526
- Correo electrónico
- luisg.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
Venres | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
24.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
24.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
24.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
20.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |