Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
De xeito xeral, consonte ao previsto para o título de grao:
- Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía da Ciencia, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Ciencia.
- Que coñezan as concepcións, os métodos propios da Filosofía da Ciencia, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.
De maneira específica polo que concirne aos contidos da materia:
- Que os estudantes alcancen una comprensión de problemas epistémicos, semánticos, ontolóxicos e de estrutura dos produtos cognoscitivos da ciencia.
1. Descritores da materia no Plano de Estudos
Estudo dos principais fitos na historia da Filosofía da Ciencia desde Kuhn (2ª fase da súa obra e ss.) ata os desenvolvementos máis próximos (incluindo a lo menos os teórico-modelistas de van Fraassen e da metateoría estructuralista, e as propostas da epistemoloxía naturalizada).
2. Estrutura dos bloques de contidos (continuación da Filosofía da Ciencia I)
NOTA: Os temas 9 a 14 non se traballarán nas aulas. Son propostos aquí para coñecemento do alumnado dos contidos que dan continuidade á materia
BLOQUE IV: Enfoques historicistas..
Tema 6: A concepción kuhniana da ciencia.
6.1. Introducción ao historicismo: Filosofía da ciencia e historia da ciencia
6.2. A estrutura das revolucións científicas.
6.2.1. Paradigmas, ciencia normal, crisis e revoluciónscientíficas.
6.2.2. Tipos de inconmensurabiliadade na “Estructura ...”.
6.3. As matrices disciplinares.
6.4. Inconmensurabilidade local e holismo local.
6.5. Taxonomía e xéneros [kinds] constituidos
Tema 7: Feyerabend e o anarquismo metodolóxico.
7.1. Anarquismo metodolóxico.
7.2. Desenvolvemento científico e variación de significado e de referencia. Inconmensurabilidade.
7.3. A noción de interpretación natural.
7.4. Contrainducción: teorías e feitos.
7.5. Relativismo epistémico.
Tema 8: Lakatos e os programas de investigación científica.
8.1. O problema da racionalidade na ciencia.
8.2. Falsacionismos: dogmático, metodolóxico inxenuo e metodolóxico sofisticado.
8.3. Programas de investigación, progreso científico e racionalidade.
8.4. A historia da ciencia e as súas reconstruccións racionais.
Os seguintes temas non se traballarán nas aulas.
Tema 9. Laudan: das tradicións de investigación ao naturalismo normativo.
9.1. O progreso científico como resolución de problemas.
9.2. O modelo reticular.
9.3. O naturalismo normativo como alternativa ao relativismo epistemolóxico.
9.4. O argumento antirrealista da meta-inducción pesimista.
BLOQUE V: Enfoques modelo-teóricos.
Tema 10. Os inicios modelo-teóricos: A proposta da Escola de Stanford.
10.1. Dos enfoques enunciativistas das teorías empíricas a os modelistas.
10.2. A Escola de Stanford: caracterización das teorías de P. Suppes e E.W. Adams.
Tema 11: As concepcións semanticistas.
11.1. A concepción de espazos de estado de B.C. van Fraassen. O seu empirismo constructivo. Adecuación empírica. Observación e observabilidade.
11.2. O cuasi-realismo de F. Suppe.
11.3. O realismo constructivo de R. Giere.
Tema 12. A metateoría estructuralista.
12.1. Elemento teórico e os seus componentes.
12.2. Aserción empírica dunha teoría.
12.3. Nocións intuitivas de “rede teórica”, “arbore teórico” e “evolución teórica”.
BLOQUE VI: Outros enfoques.
Tema 13. As propostas de Hacking e de Cartwright.
13.1. O problema do realismo científico consonte a I. Hacking
13.2. Experimento e observación. A súa relación coas teorías.
13.3. Representación científica vs. intervención. O experimentalismo de Hacking.
13.4. “Cómo minten as leis da física”: N. Cartwright.
Tema 14: A epistemoloxía evolucionista.
14.1. Os modelos evolucionistas de Popper e Toulmin.
14.2. La epistemoloxía evolucionista de D. Campbell.
14.3. A noción de evolución e os modelos historiográficos da ciencia.
14.4. Críticas ás propostas evolucionistas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- DÍEZ, J. e MOULINES, C.U. (1997): Fundamentos de Filosofía de la Ciencia, Barcelona, Ariel.
- FEYERABEND, P. (1974): Contra el método, Barcelona, Ariel.
- KUHN, T.S. (2004): La estructura de las revoluciones científicas, trad. Carlos Solís, Ciudad de México, Fondo de Cultura Económica, 2ª ed.
- KUHN, T. S. (2002): “Conmensurabilidad, comparabilidad y comunicabilidad”, en El camino desde la estructura, Barcelona, Paidós, cap. 2, pp. 47-75.
- LAKATOS, I. (1978): “La falsación y la metodología de los programas de investigación científica”, en Lakatos, I.: La metodología de los programas de invetigación científica, Madrid, Alianza.
- LAUDAN, L. (1986): El progreso y sus problemas, Madrid, Encuentro (partes).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- BIRD, A. (1998): Philosophy of Science. Londres, UCL Press.
- ECHEVERRIA, J. (1999): Introducción a la metodología de la ciencia. La filosofía de la ciencia del siglo XX, Madrid, Cátedra.
- ESTANY, A. (1993): Introducción a la filosofía de la ciencia, Barcelona, Crítica.
- GODFREY-SMITH, P. (2003): Theory and Reality: An Introduction to the Philosophy of Science, Chicago, The University of Chicago Press.
- HEMPEL, C. G. (1966): Philosophy of Natural Science, Englewood Cliffs, Prentice Hall (vers. cast.: Filosofía de la ciencia natural, Madrid, Alianza, 1973).
- LOSEE, J. (1972): A Historical Introduction to the Philosophy of Science, Oxford, Oxford University Press (vers. cast.: Introducción histórica a la filosofía de la ciencia, Madrid, Alianza, 1976).
- MOULINES, C.U. (2011): El desarrollo moderno de la Filosofía de la Ciencia, Ciudad de México, UNAM.
- RIVADULLA, A.: (1984): Filosofía actual de la ciencia, Madrid, Ed. Nacional (2a. ed., Madrid, Tecnos, 1986).
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doctrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestión e solución propostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral coma interesado e/o entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/o noutros eidos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu eido de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental:
Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual.
Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita.
Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas.
Toma de decisións.
CT02 - Personais:
Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía.
Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos.
Boa disposición para as relacións interpersonais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razonamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas:
Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións.
Creatividade.
Coñecemento de outras culturas e costumbres.
Iniciativa e espíritu emprendedor.
Motivación pola calidade.
Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade e medioambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicación e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulación contemporáneas.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debatir e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, propoñer e resolver problemas.
O profesor responsable da materia fará unha presentación xeral inicial de cada tema. Nas clases expositivas expoñerá as distintas temáticas, mentras nas clases interactivas se analizarán e discutirán os textos de lectura obrigatoria propiciando o debate argumentado con e entre os/as estudantes. Ademais, o profesor vai poñer a disposición dos/as estudantes información sobre a materia e sobre cada un dos temas, así como cuestionarios para facilitar o traballo sobre os textos de lectura obrigatoria. Para iso fará uso da plataforma do Campus Virtual da USC. Os/as estudantes deberán complementar os comentarios do profesor co traballo persoalizado dos textos de lectura obrigatoria e a contestación nos prazos establecidos dos cuestionarios correspondentes aos diferentes temas. Nas clases interactivas se comentarán conxuntamente os textos, analizando críticamente os argumentos e as teses defendidas neles. Se dedicarán as titorías en grupo a aclarar dúbidas e a analizar algunhas das preguntas dos cuestionarios dispoñibles no Campus Virtual da USC.
A avaliación continua consistirá en probas presenciais no centro (eliminatorias de materia y substitutivas do exame final si son superadas). Completan a avaliación continua a realización dos cuestionarios, a asistencia a clase e a titorías e a participación en forma de preguntas, intervencións nas aulas. Para a avaliación continua requírese facer cada unha das tarefas nos prazos previstos e asistir regularmente ás clases (máis de tres asistencias sen xustificar supoñen a perda do dereito á avaliación continua).
Para aprobar a materia mediante avaliación continua os/as estudantes deberán obter un mínimo de 5 puntos nas probas. A nota final é o resultado da media ponderada das distintas probas, controles e tarefas, tendo ademais en conta a asistencia e o nivel de participación de cada estudante.
Dimensións da avaliación
VARIABLE 1: Asistencia e participación
CRITERIOS: (i) Participación activa en clase; (ii) Participación nos debates; (iii) Lectura dos materias (textos obrigatorios); (iv) Participación en titorías de grupo.
INSTRUMENTO: Observacións e notas do profesor
PESO: 10%
VARIABLE 2: Contestación e presentación nos prazos establecidos dos cuestionarios
CRITERIOS: A contestación e presentación nos prazos previstos dos cuestionarios sobre as lecturas. INSTRUMENTO: Cuestionarios periódicos sobre cada tema.
PESO: 5%
VARIABLE 3: Adquisición dos conceptos da materia
CRITERIOS: (i) Dominio dos conceptos, (ii) relación con outros conceptos vistos en outras materias; (iii) actitude crítica, (iv) aportacións persoais, reflexivas e creativas
INSTRUMENTO: Dúas probas presenciais e substitutivas do exame final (ou, no seu defecto, exame final presencial). Unha proba escrita para levar e entregar ao profesor nun prazo fixado previamente.
PESO: 85%
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de alumnos/as exentos de asistencia a clases presenciais:
Estes estudantes deberán superar a materia nas convocatorias previstas de exame final. A superación da materia requerirá obter no exame final unha cualificación mínima de 5 puntos.
TRABALLO PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Clases expositivas 24
Participación activa en clase (clases interactivas) 24
Titorías de grupo 3
TOTAL (parcial) 51
TRABALLO NON PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Seguimento (Estudo persoal, lecturas, documentación, indagación, tarefas, probas, traballos, etc.) 99
TOTAL (parcial) 99
TRABALLO DO/A ESTUDANTE:
TOTAL GLOBAL 150
E imprescindible unha asistencia regular e a entrega das tarefas nos prazos indicados para unha avaliación continua. Polo tanto, para superar a materia por esta vía resulta imprescindible un traballo constante da materia e, concretamente, das lecturas obrigatorias e das tarefas previstas ao longo do semestre. Os/as estudantes que non procedan a traballar dese xeito deberán superar a materia mediante un examen final.
- As tarefas realizadas polo alumnado deben entregarse preferentemente a través de Campus Virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Recoméndase facer uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá na aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
Enrique Latorre Ruiz
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881813822
- Correo electrónico
- enrique.latorre.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Javier De Donato Rodriguez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- xavier.dedonato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
10.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
10.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
10.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |