Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten como principais obxectivos (O):
O1) Proporcionar unha formación sólida en Filosofía, situando a esta no conxunto dos saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e ante a práctica social do mundo contemporáneo.
O2) Combinar a formación en Filosofía coa ensinanza das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos á práctica profesional.
O3) Xerar capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude proactiva.
O4) Suministrar capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios e estratexias de aprendizaxe, aplicables ademais ao longo da vida.
Ademais, a materia ten como obxectivos de coñecemento máis específicos (Obxectivos específicos, OE):
OE1) Comprender o problema e a situación actual da cuestión da valoración estética, presentándoa de maneira sistemática e baixo unha formulación, non tanto histórica, como conceptual, en permanente diálogo coas diferentes formas de comprensión da beleza e da arte, e especialmente da súa relación coa filosofía.
OE2) Determinar a situación, as competencias e o estatuto da estética no conxunto do saber filosófico, precisando os fitos máis importantes da historia da estética.
OE3) Comprender o valor da estética, especialmente na estrutura perceptiva da experiencia estética -nos seus fundamentos antropolóxicos, existenciais e trascendentais-, como forma de relación do suxeito co fenómeno da beleza e da arte.
OE4) Desenvolver algúns dos problemas fundamentais da estética, realizando as diversas actividades detalladas no apartado que describe a metodoloxía da sinatura.
TEMA1. O estatuto da Estética como disciplina filosófica.
1.1.-A situación da estética no saber filosófico: o nacemento da disciplina e a súa deriva histórica: ¿autonomía da estética?
1.2.-A existencia e a consistencia da estética: en qué consiste e qué significa 'estética'.
1.2.1.-O problema da polisemia: os significados da estética: coñecemento sensible, beleza e arte como problemas.
1.2.2.-O problema da intersección de dominio: arte, estética e filosofía.
1.3.-Diferentes concepcións filosóficas do valor da estética: da estética da educación á educación da estética (nulla ethica sine aesthetica).
TEMA 2. A estructura e posibilidade da relación estética: elementos constitutivos da estructura da experiencia estética. (A cuestión fundamental da beleza no coñecemento sensible).
2.1.-A actitude estética ("homo aestheticus"): do utilitarismo ao hedonismo.
2.1.1.- O suxeito estético: figuras da subxectividade (est)ética: do dandi ao artista comprometido.
2.1.2.- O obxecto estético: da Natureza (poiesis) e a paixase á obra de arte.
2.2.-A percepción estética (aisthesis): da presencia ao sentimento. Dos sentidos ao sentido.
2.3.-O xuízo estético (hermeneusis): do relativismo do gusto á noese das categorías estéticas. (As cuestións da socioloxía estética).
2.3.1.- Da norma do gusto ao xuízo do gusto: os valores estéticos.
2.3.2.- Do xuízo do gusto á crítica do xuízo: as categorías estéticas.
2.4.-O pracer estético (katharsis): da verdade á beleza.
TEMA 3. A estética como "teoría da arte": elementos constitutivos da ontoloxía da arte. (A cuestión fundamental da obra de arte).
3.1.-Problemas da definición da arte: o estatuto da obra de arte como obxecto estético (poiesis) e os elementos constitutivos da obra de arte.
3.2.-Teorías da arte: das estéticas da imitación ás estéticas da expresión.
3.3.-As linguaxes da arte: da semioloxía da arte ao estilo na arte.
3.4.-Os problemas da condición estética da arte contemporánea: das linguaxes (an)estéticas da arte, a difuminación do Museo, a disolución das categorías modernas.
A bibliografía básica e obrigatoria do curso correesponde a unha antoloxía de textos preparada polo docente , que deposita a disposición do alumnado ao final de cada tema.
Bibliografía xeral complementaria:
ADORNO, Th.: Teoría estética, Taurus, Madrid, 1980.
AUMONT, J.: La estética hoy, Cátedra, Madrid, 2001.
BARILLI, R.: Curso de Estética, Editorial Estampa, Lisboa, 1992.
BEARDSLEY, M. C.; HOSPERS, J.: Estética. Historia y fundamentos, Cátedra, Madrid, 1978.
BOZAL, V.: Historia de las ideas estéticas (2 vols.), Historia 16, Madrid, 1998.
BOZAL, V.: El gusto, Visor, Madrid, 1999.
DE LA CALLE, Román: Entorno al hecho artístico, Fernando Torres Editor, Valencia,
1981.
DUFRENNE, M.: Fenomenología de la Experiencia Estética, Fernando Torres Editor, Valencia, 1983.
GADAMER, G.: La actualidad de lo bello, Paidós, Barcelona, 1991.
GIVONE, S.: Historia de la Estética, Tecnos, Madrid, 1990.
HUIZINGA, J.: Homo ludens, Alianza, Madrid, 1972.
HUME, D.: La norma del gusto, Península, Barcelona, 1989.
JIMÉNEZ, J.: Imágenes del hombre. Fundamentos de estética. Tecnos, Madrid, 1986.
KANT, I.: Crítica del juicio, Espasa Calpe, Madrid, 1977.
MAILLARD, Ch.: La razón estética, Laertes, Barcelona, 1998.
MARCUSE, H.: La Dimensión Estética, Editorial Materiales, Barcelona, 1978.
MARCHÁN FIZ, S.: La Estética en la cultura moderna, Gustavo Gili, Barcelona, 1982.
ORTEGA Y GASSET, J.: La deshumanización del arte, Alianza, Madrid, 1983.
RODRIGUEZ RIAL, N.: Curso de Estética Fenomenológica, (2 vols.), Edicións do Castro-Universidad de Santiago de Compostela, 2000.
XIRAU, R. e SOBREVILLA, D (eds.).: Estética, Trotta-CSIC, Madrid, 2003.
COMPETENCIAS BÁSICAS DA TITULACIÓN:
CB1 - Que o estudantado demostren poseer e comprender coñecementos na área de estudio.
CB2 - Que o estudantado sexa quén de aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudio.
CB3 - Que o estudantado sexa quén de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB4 - Que o estudantado poida desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores
cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS:
CX1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (teorías, métodos e aplicacións).
CX2) Aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver os seus problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3) Capacidade de transmisión de coñecementos, ideas, cuestións e solucións, tanto para un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4) Capacidade para continuar a súa formación, en Filosofía ou noutros campos do saber, con un elevado grado de autonomía.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO (CE)
CE1) Coñecer as disciplinas, teorías, métodos, aplicacións correntes da Filosofía.
CE2) Saber explicar e estar en condicións de aprender a ensinar os coñecementos propios da Filosofía.
CE3) Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en temas epistemolóxicos.
CE5) Capacidade para organizar a información, expoñer, expresarse, comunicar e debater.
CE6) Desenvolvemento do pensamento crítico.
CE7) Capacidade de cooperación: proactividade, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos de traballo por grupos.
CE8) Capacidade para enfrontarse ao discurso abstracto e ao traballo conceptual, desenvolvendo a destreza para a análise de conceptos, con prácticas de contextualización, interpretación e exposición crítica dos conceptos fundamentais da materia.
CE9)Capacidade para o desenvolvemento do traballo en equipo.
CE10) Capacidade para argumentar e construír diferentes perspectivas sobre os problemas estudados en relación aos contidos fundamentais do programa, desenvolvendo a análise do estado actual da cuestión e a formulación de hipóteses.
CE11) Capacidade para a busca e selección bibliográfica, así como destrezas específicas de investigación.
CE12) Destreza para o cumprimento cos "elementos formais" na elaboración dos traballos, propios dos ensaios, así como a capacidade de argumentación e de composición de textos para a defensa de hipóteses de traballo.
CE13) Fomentar, (non só con carácter teórico senón tamén dende a estética aplicada) a educación estética no alumno, creando espazos prácticos de relación cos valores estéticos e a crítica da arte.
Nas aulas presenciais distínguense dous tipos de docencia (xa sinaladas nos horarios da materia):
(1) Aulas expositivas: Exténdense por sesións de hora e media ao longo do semestre (conforme os horarios aprobados que poden consultarse na web ou Guía Docente) e nelas levarase adiante a explicación dos temas do programa, os contidos cos seus respectivos materiais docentes, abertos á participación dos alumnos a través das dúbidas que desexen plantexar.
(2) Aulas interactivas. Exténdense por sesións de hora e media ao longo do semestre (conforme os horarios aprobados que poden consultarse na web ou Guía Docente). Estas sesións interactivas divídense, a súa vez, en dous tipos de actividades:
a) Sesións de Seminario: o alumno ha de facer un traballo en grupo (entre tres e catro membros) sobre "A comprensión da beleza ou da arte" nun autor e concreto que elixen libremente (pero debidamente motivado e xustificado) entre unha lista facilitada polo Profesor, e que comprende unha serie de autores de distintas épocas que resultaron especialmente relevantes para o desenvolvemento dalgunha cuestión principal da Estética. Metodoloxicamente, o desenvolvemento deste traballo, é precisado na primeira sesión do curso na que o Profesor deixa por escrito á disposición de tódolos alumnos as instrucións mais precisas desta actividade. Non entanto, convén precisar que o seminario require de catro sesións presenciais de traballo de grupo (unha por mes) coa axuda do Profesor e con carácter de avaliación, con asistencia obrigatoria a cada unha destas catro fases, (e de non asistir -salvo ausencias oficialmente xustificadas- o alumno pasará a ser incluído na avaliación de seminario non-presencial). En cada unha destas sesións, o Profesor presenta a cada grupo os obxectivos parciais que deben acadar e as tarefas parciais a desenvolver nesa sesión para a confección do traballo que terán que expoñer nos seus resultados (durante 30 minutos -aproximado según número de grupos- como se fora unha comunicación) nunha cuarta sesión presencial, ao final do semestre. A súa vez, cada grupo debe facer nas datas estipuladas unha titoría por cada unha das fases de realización progresiva do traballo. Isto permite a avaliación continuada. As actividades parciais que fai cada grupo (cada unha das fases de realización do traballo) son recollidas por eles nun informe que entregan ao profesor en cada unha destas tres sesións de traballo e a semana seguinte o profesor desenvolve a súa correspondente sesión de titorías con cada grupo, onde se revisan e avalían -a través deses informes e da supervisión das clases- as tarefas e obxectivos parciais acadados por cada grupo. As datas exactas destas sesións de asistencia obrigatoria son concretadas e entregadas por escrito na primeira sesión de cada curso, xa que se axustan acordo cos días lectivos (para que os alumnos teñan coñecemento da súa responsabilidade na actividade interactiva, da súa necesaria asistencia e dos prazos de traballo dos que dispoñen. No caso daqueles alumnos que non poidan facer este seminario presencial, por non poder asistir ás sesións específicas, deberán facer o seminario non-presencial que consiste na preparación individual do mesmo tema "a comprensión da beleza" -xa non profundizando na teoría dun autor en concreto-senón sintetizando a cuestión nunha serie de autores principais da materia (que se facilitan o primeiro día de clase ou no horario de titorías) coa finalidade ¬non de facer un traballo a expoñer como no seminario presencial, dado que non pode asistir regularmente ás clases -senón coa finalidade de responder a unha pregunta-tema máis na data oficial de exame.
b) Sesións Prácticas: Exténdense durante hora e media nas sesións interactivas nas que non se realizan as actividades de seminario, anteriormente descritas. As prácticas poden ser de dous tipos: semánticas e críticas.
b1) Prácticas de semántica: Nestas sesións interactivas de prácticas, o Profesor organiza grupos de traballo e entrega a cada membro de cada grupo información sobre un concepto clave para a materia. Durante a sesión, cada alumno traballa sobre un concepto, recollendo nun Informe as particularidades que encontra máis relevantes da información facilitada e posteriormente expón ao resto de alumnos do seu grupo ese Informe (que ao final da sesión entrega ao Profesor para seren avaliado). Asemade, o alumno escoita e participa na exposición dos informes dos outros compañeiros de grupo, cada un responsable dun concepto diferente. O Profesor intervén en cada grupo, revisando que a información é debidamente tratada e que as cuestións presentadas e debatidas se axustan ao tempo e aos termos facilitados. Posteriormente, en horas non presenciais o alumno debe estudar o material facilitado deses conceptos (contando coa axuda dos informes). Esta actividade constitúe un soporte fundamental para a materia, xa que acaba por conformar o "Glosario" da mesma. O primeiro día de clases entrégase un listado dos conceptos que serán tratados nesas sesións de prácticas e cada semana ponse a disposición do alumno o material didáctico necesario para a súa realización e o desenvolvemento desta actividade. O alumno debe ter estricta puntualidade nestas sesións xa que a dinámica de grupos non pode alterarse unha vez iniciada a actividade polo que os retardos a esas sesións de prácticas non poden ser solventados.
b2) Prácticas de crítica: Nestas sesións interactivas de prácticas, trátase de que o alumno debe aplicar algún dos conceptos fundamentais da estética á crítica dalgunha obra de arte (ben que propoña o Profesor ou ben que decida o alumno), introducíndose así na 'estética aplicada'. Nesta modalidade de prácticas poderá inxerirse, sempre que a oportunidade o permita, algunha saída de práctica de campo. O alumno, debe recoller nun informe (que será avaliado) as respostas ao cuestionario que establece o profesor. Este tipo de Prácticas só poderán ser realizadas se o número de matriculados o permite.
A materia contará coa axuda do Campus Virtual para facilitar os documentos e textos necesarios para o desenvolvimento das actividades.
A avaliación da aprendizaxe, conforme á metodoloxía proposta, será continuada, xa que se irán valorando as actividades que se vaian realizando ao longo do semestre, especialmente as propias das aulas interactivas. Deste xeito, o alumno non é avaliado unicamente conforme a un exame final.
Esta avaliación, conforme as actividades desenvolvidas ao longo do curso, estrutúrase do seguinte xeito:
1. As actividades interactivas:
a) Seminario: O traballo de investigación desenvolvido sobre o concepto de beleza nalgún autor relevante da historia da estética, avaliarase sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media do 40 % na nota final. (Unicamente se computará a media se o alumno consegue ao menos unha cualificación mínima de 4,5 sobre 10 no exame oficial da materia). Estes 10 puntos do Seminario, que serán o 40% da nota final se estrutura do seguinte xeito: avaliarase (a) o informe de cada unha das tres fases onde o grupo da conta dos obxectivos e avances parciais da actividade, encomendados polo Profesor. Cada informe positivo sumará +0,2 puntos; (b) a exposición final do traballo que durará 30 minutos por cada grupo (según número de grupos), na que han de intervir tódolos membros do grupo e ha de ser estruturada previamente en coñecemento do Profesor. Esta exposición avaliarase sobre un máximo de 5 puntos e valórase especialmente a claridade, a densidade, a crítica, capacidade de síntese e a preparación de materiais complementarios que reforcen a exposición; (c) a redacción definitiva do traballo que se estenderá por un máximo orientativo de 25 páxinas (letra 12, Times New Roman, texto xustificado, notas a letra 10...) que contarán cun "abstract" inicial, índice do traballo, conclusións críticas e bibliografía específica citada conforme os estándares aceptados. Esta redacción avaliarase sobre un máximo de 5 puntos e valórase especialmente a claridade, densidade, crítica, realización de materias de apoio e o cumprimento dunha redacción e forma de traballo conforme aos estándares académicos. Deste xeito, valórase os coñecementos construídos polo alumno, o seu esforzo tanto individual como colectivo na comprensión e exposición da materia e a súa capacidade para argumentar sobre cuestións estéticas.
Para aqueles alumnos que non asistan regularmente ás clases, isto é, para aqueles que falten sen xustificación oficial a todas ou a algunha das fases de realización e avaliación do seminario presencial, serán avaliados conforme ao seminario non-presencial, que consistirá en responder unha pregunta máis (que os alumnos da modalidade presencial) no exame oficial da materia. A devandita pregunta será (ao igual que o traballo) "A concepción da beleza en x", sendo 'x' un autor da lista proposta ao inicio do curso e que sairá por sorteo no exame final. Esta pregunta será valorada (igual que o traballo) sobre 10 puntos cunha media relativa do 40% sobre a nota final. Igualmente, ten que ter ao menos un 4,5 puntos sobre 10 na parte restante do exame.
Con este módulo que chamamos "Seminario": (a) en concreto no que afecta a súa parte de "exposición oral e pública" do tema, e sempre ademais do cumprimento dos obxectivos específicos desta actividade (sinalados na descrición metodolóxica da materia) avalíanse fundamentalmente as seguintes competencias: CB3, CE3, CE12; (b) en concreto no que afecta a súa parte de "redacción de traballo ou realización de documentación similar", avalíanse fundamentalmente as seguintes competencias: CB4, CE7, CE11; podendo en consecuencia valorar asemade a consecución dos obxectivos: O4 e OE4.
A avaliación do seminario só terá vixencia nas dúas convocatorias do curso académico no que se realiza.
b) Prácticas: A asistencia (require puntualidade) e realización con aproveitamento das sesións prácticas (descritas na metodoloxía da materia) avaliarase con + 0,2 (prácticas de semántica) ou +0,3 (prácticas de crítica) por cada práctica feita e avaliada positivamente, o que precisa dunha valoración positiva do informe ou esquema entregado ao Profesor nesa sesión e máis dunha valoración positiva do tratamento e exposición do material encomendado. Esta puntuación será sumada ás outras dúas partes da materia, (de xeito que o alumno poda ir mellorando paulatinamente a súa cualificación global a través das prácticas e asemade non penalizar directamente a aqueles alumnos que por razón de asistencia non podan efectuar algunha delas ou mesmo ningunha). Esta puntuación só será sumada á nota final se o alumno consegue ao menos unha puntuación de 4,5 sobre 10 puntos no exame oficial. Deste xeito, premiase positivamente a realización das prácticas e a súa vez a conseguinte asistencia regular ás clases, xa que as prácticas fanse periodicamente ao longo do curso.
Con este módulo de "Prácticas", tanto no que afecta o tratamento da análise textual dos conceptos como a súa exposición en grupo, sempre ademais do cumprimento dos obxectivos específicos desta actividade (sinalados na descrición metodolóxica da materia) avalíanse fundamentalmente as seguintes competencias: CX2, CE4, CE5, CE8, CE13; podendo en consecuencia valorar asemade a consecución dos obxectivos: O2, O3 e OE3.
A avaliación das prácticas só terá vixencia nas dúas convocatorias do curso académico no que se realizan.
2.-As sesións expositivas: Nas sesións expositivas, conforme se detalla na metodoloxía da materia, o Profesor explica os contidos do programa, conforme a textos bibliográficos facilitados por cada tema e demais material docente. A avaliación deses contidos -ademais do tratamento da bibliografía facilitada e /ou recomendada-será obxecto do exame oficial, que constará de unha ou dúas preguntas-tema a desenvolver (8 puntos) máis unha pregunta sobre o contido das prácticas-conceptuais (2 puntos), que a súa vez tamén son unha ferramenta necesaria para consolidar terminolóxica e conceptualmente as cuestións-tema do exame. O exame puntuarase sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media relativa do 60% na nota final, coa fin de comprobar os coñecementos adquiridos polo alumno, o seu esforzo individual na construción da materia, e a súa capacidade para articular cuestións específicas nas condicións características dos exames presenciais. Neste exame valoraranse especialmente a capacidade de argumentación, a bagaxe conceptual e precisión terminolóxica (-de aí a importancia de aproveitar as prácticas-) na súa correcta aplicación dos conceptos ás cuestións formuladas, o coñecemento dos textos facilitados, e finalmente a capacidade de crítica como demostración do dominio do tema a desenvolver. O exame se realizará sen axuda de materiais, excepto que o Profesor determine o contrario, e se considerarán con 'suspenso' as prácticas ilícitas na realización do exame ou do traballo. Para facer a media final do curso o alumno debe ter unha puntuación de ao menos 4,5 puntos sobre 10 neste exame final da materia.
Con este Exame, plantexado na súa estrutura e forma descritas, ademais do cumprimento dos obxectivos específicos desta actividade (sinalados na descrición metodolóxica da materia) avalíanse fundamentalmente as seguintes competencias: CX1, CE1, CE6, CE10, valorando asemade a consecución dos obxectivos: O1, OE1 e OE2.
A avaliación dos contidos expositivos so terá vixencia nas dúas convocatorias do curso académico no que se realiza.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
∙ O procedemento de avaliación a seguir “con alumnos/as exentos de asistencia ás clases presenciais consonte á normativa da USC” consiste na realización do examen final, o cal terá unha parte común na que se avalían os textos do bloque expositivo (a desenvolver por tódolos alumno/as) e ademais no caso dos non asis tentes ao curso, deberán responder a outra parte do exame: pregunta sobre o material das practicas (bloque interactivo) e pregunta sobre o material do seminario (bloque interactivo) xa descritos na Metodoloxía. O material ou as correspondentes referencias bibliográficas, tanto do bloque expositivo como interactivo é facilitado polo docente ao inicio de cada curso, aínda que cómpre que os alumnos exentos de asistencia ás clases contacten co docente para precisar o tratamento deses materiais. A dimensión da avaliación é a mesma que para o resto de alumnos: 60% (bloque expositivo), 40% (seminario bloque interactivo).
O tempo estimado de traballo persoal do alumno para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten, é de 150 horas, que se distribúen do seguinte xeito:
-Horas presenciais semanais (para cada grupo sobre un total de tres grupos interactivos): 3 horas que resultan de docencia expositiva 1,5 hs/sem e docencia interactiva 1,5 hs/sem (salvo semanas de concentración que se duplican).
-Horas presenciais no semestre, aproximadamente, 51 horas totais, a razón dunha distribución aproximada: Expositivas 24 hs., Interactivas 24 hs., Titorías 3 hs.
-Horas non presenciais semanais recomendadas para o traballo do alumno: 6,2 hs por semana.
-Horas non presenciais no semestre aproximadamente recomendadas para o traballo e estudo do alumno: 99 horas totais, a razón dunha posible distribución aproximada, segundo desexe un maior desenvolvemento dalgunha actividade sobre outra: estudo de prácticas e traballo cos textos 2 hs/semana (32hs/semestre); realización de traballo seminario e lecturas 2 hs/semana (32 hs/semestre), preparación de exame e lecturas 2,2 hs/semana (35 hs/semestre).
Este traballo consiste especialmente en:
(1) Leitura e estudio dos textos (e outros materiais docentes) entregados na parte expositiva da materia.
(2) Leitura e comentario dos textos seleccionados para a realización do traballo de seminario.
(3) Estudio das referencias semánticas dos conceptos tratados nas prácticas, correspondentes aos materiais entregados para a súa realización.
(4) Preparación final das presentacións dos traballos de seminario, pautados e avaliados ao longo do semestre, a través dos sucesivos informes.
(1) Participación e compromiso no desenvolvemento das sesións expositivas (disposición para a atención e o recollemento de notas e apuntamentos que axuden a completar os materiais docentes tratados) e interactivas (disposición indispensable para a asistencia e participación activa, como condición necesaria para ser avaliadas). As propias dinámicas das actividades requiren da asistencia do alumno, especialmente para non interferir negativamente no traballo do grupo.
(2) Preparación periódica dos temas/textos entregados para a realización do exame final.
(3) Preparación periódica da exposición conforme as pautas de tempo e contido previamente indicadas.
(4) Redacción periódica do traballo de seminario consolidando os avances de cada fase.
(5) Realización periódica das prácticas-conceptuais para ir consolidando claridade na materia.
(6) Consulta de dúbidas nas titorías acerca de calquera dos módulos da materia.
(7) Preparación dos temas sen limitarse unicamente aos apuntamentos das clases, promovendo a consulta de fontes bibliográficas citadas e recomendadas polo profesor para cada tema ou que figuren no programa.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Será de rigorosa aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Francisco Javier Barcia Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812513
- Correo electrónico
- j.barcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
02.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
02.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
02.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
02.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
02.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
02.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
02.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
02.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
07.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
07.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
07.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
07.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |