Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten como principais obxectivos (O):
O1) Proporcionar unha formación sólida en Filosofía, situando a esta no conxunto dos saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e ante a práctica social do mundo contemporáneo.
O2) Combinar a formación en Filosofía coa ensinanza das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos á práctica profesional.
O3) Xerar capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude proactiva.
O4) Suministrar capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios e estratexias de aprendizaxe, aplicables ademais ao longo da vida.
Ademais, a materia ten como obxectivos de coñecemento máis específicos (Obxectivos específicos OE):
OE1) Comprendelo problema e a situación actual da cuestión da valoración epistemolóxica do coñecemento, presentándoa de maneira sistemática e baixo unha formulación, en absoluto histórica pois para estas cuestións existen outras materias específicas no actual Plano de Estudios, senón estritamente conceptual e en permanente diálogo coas diferentes formas de escepticismo.
OE2) Determinala situación e as competencias da teoría do coñecemento na composición do discurso filosófico.
OE3) Comprendelo valor do coñecemento así como a súa estrutura básica como forma de relación do suxeito co obxecto.
INTRODUCCIÓN: A situación da teoría do coñecemento entre os saberes filosóficos.
TEMA 1: Esencia e valor do coñecemento: qué é e qué significa coñecer.
1.1.-Formulación da consistencia do problema do coñecemento nas diferentes metodoloxías: o estatuto do coñecemento entre o dogmatismo, o escepticismo e o criticismo.
1.2.-Diferentes concepcións do valor do coñecemento: da Ilustración cara o pensamento débil.
TEMA 2: Estrutura do coñecemento: as diferentes relacións gnoseolóxicas suxeito-obxecto.
2.1.-Formas e metodoloxías do coñecemento.
2.2.-Diferentes concepcións do suxeito e do obxecto nas formas de coñecemento: do realismo ao criticismo. Do "entendemento axente" á irrupción do "suxeito trascendental".
TEMA 3: Orixe e límites do coñecemento: especies de coñecemento e presenza do escepticismo.
3.1.-Do empirismo ao sensualismo: o problema do intelectualismo e a falacia naturalista.
3.2- Do racionalismo ao idealismo: o problema do fenomenismo e a conciencia fenomenolóxica.
TEMA 4: Posibilidade do coñecemento: a significación filosófica do escepticismo e o problema das categorías.
4.1.-Aproximación ao problema epistemolóxico da xustificación: da crenza á certeza.
4.2.-Aproximación ao problema gnoseolóxico da fundamentación: a intencionalidade e a evidencia.
Bibliografía básica:
SEXTO EMPÍRICO: Hipotiposis pirrónicas, I (1-10).
DESCARTES, R.: Reglas para la dirección del espíritu, (Regla I-III), Alianza, Madrid, 1994. Discurso del método. Alhambra, Madrid, 1993.
HUME, D.: Tratado de la Naturaleza Humana (Parte III), Tecnos, Madrid, 1992. Investigación sobre el conocimiento humano (selección de secciones), Alianza, Madrid, 1995.
KANT, I.: Crítica de la Razón Pura (A760-761 / B788-789; “Prólogo a la segunda edición”, “Doctrina trascendental del método”), Alfaguara, México - Madrid, 1996.
SÁNCHEZ, Francisco: Que nada se sabe (selección de textos).
Bibliografía complementaria:
AA.VV: Problemas fundamentales del conocimiento, Sociedad castellano-leonesa de filosofía, Salamanca, 1993.
BLACK, M.: Inducción y probabilidad, Madrid, Cátedra, 1979.
BLASCO, J. L.: Teoría del conocimiento, Universidad de Valencia, 2004.
CASSIRER, E.: El problema del conocimiento (vol. 2 y 3), México, FCE, 1986.
DESCARTES, R.: Meditaciones Metafísicas, (Meditación I, VI), Alfaguara, Madrid, 1977.
GARCÍA BARÓ, M.: Introducción a la teoría de la verdad, Síntesis, Madrid, 1999.
MUÑOZ, J. (ed.): Compendio de epistemología, Trotta, Madrid, 2000.
POLO, Leonardo: Curso de teoría del conocimiento, EUNSA, Pamplona, 1984.
RÁBADE, S.: Teoría del conocimiento, Akal, Madrid, 1995.
VERNEAUX, R.: Epistemología general o Crítica del conocimiento, Herder, Barcelona, 1979.
VILLORO, Luís (coord.): El conocimiento, Trotta, Madrid, 1999.
WARNOCK, J.: Filosofía de la percepción, FCE, México, 1974.
COMPETENCIAS BÁSICAS DA TITULACIÓN:
CB1 - Que o estudantado demostren poseer e comprender coñecementos na área de estudio.
CB2 - Que o estudantado sexa quén de aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudio.
CB3 - Que o estudantado sexa quén de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB4 - Que o estudantado poida desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores
cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS:
CX1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións).
CX2) Aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver os seus problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3) Capacidade de transmisión de coñecementos, ideas, cuestións e solucións, tanto para un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4) Capacidade para continuar a súa formación, en Filosofía ou noutros campos do saber, con un elevado grado de autonomía.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO (CE)
CE1) Coñecer as disciplinas, teorías, métodos, aplicacións e correntes da Filosofía.
CE2) Saber explicar e estar en condicións de aprender a ensinar os coñecementos propios da Filosofía.
CE3) Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en temas epistemolóxicos.
CE5) Capacidade para organizar a información, expoñer, expresarse, comunicar e debater.
CE6) Desenvolvemento do pensamento crítico.
CE7) Capacidade de cooperación: proactividade, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos de traballo por grupos.
CE8) Capacidade para enfrontarse ao discurso abstracto e ao traballo conceptual, desenvolvendo a destreza para a análise de conceptos, con prácticas de contextualización, interpretación e exposición crítica dos conceptos fundamentais da materia.
CE9) Capacidade para o desenvolvemento do traballo en equipo.
CE10) Capacidade para argumentar e construír diferentes perspectivas sobre os problemas estudados en relación aos contidos fundamentais do programa, desenvolvendo a análise do estado actual da cuestión e a formulación de hipóteses.
CE11) Capacidade para a busca e selección bibliográfica, así como destrezas específicas de investigación.
CE12) Destreza para o cumprimento cos "elementos formais" na elaboración dos traballos, propios dos ensaios, así como a capacidade de argumentación e de composición de textos para a defensa de hipóteses de traballo.
Nas aulas presenciais distínguense dous tipos de docencia:
(1) Aulas expositivas: Exténdense durante unha hora e media por semana ao longo do semestre (conforme os horarios aprobados que poden consultarse na web ou Guía Docente) e nelas levarase adiante a explicación dos contidos do programa (centrándose máis especialmente no tema 1) cos seus respectivos materiais docentes, abertos á participación dos alumnos a través das dúbidas que desexen plantexar.
(2) Aulas interactivas. Exténdense durante unha hora e media por semana ao longo do semestre (conforme os horarios aprobados que poden consultarse na web ou Guía Docente). Estas sesións interactivas divídense, a súa vez, en dous tipos de actividades:
a) Sesións de Seminario: o alumno fai un traballo en grupo (entre tres e catro membros) sobre "O problema do coñecemento" nun autor que elixen libremente (pero debidamente motivado e xustificado) entre unha lista facilitada polo Profesor, e que comprende unha serie de autores de distintas épocas que desenvolveron especialmente algún dos problemas presentados nos contidos do programa. Metodoloxicamente, o desenvolvemento deste traballo ten catro sesións presenciais de traballo de grupo coa axuda do Profesor que en cada unha das sesións presenta a cada grupo os obxectivos parciais que debe acadar e as tarefas parciais a desenvolver para a confección dese traballo que teñen que expoñer nos seus resultados (durante 30 minutos -aproximado según número de grupos- como se fora unha comunicación) na cuarta sesión presencial, ao final do semestre. Estas actividades parciais que fai cada grupos son recollidas por eles nun informe que entregan ao profesor en cada unha destas tres sesións de traballo e a semana seguinte o profesor desenvolve a súa correspondente sesión de titorías con cada grupo, onde se revisan e avalían -a través deses informes e da supervisión das clases- as tarefas e obxectivos parciais acadados por cada grupo. As datas exactas destas sesións de obrigada asistencia (se queren continuar nesta modalidade de traballo presencial) son concretadas e entregadas por escrito na primeira sesión de cada curso, xa que se axustan acordo cos días lectivos (para que os alumnos teñan coñecemento da súa responsabilidade na actividade interactiva, da súa necesaria asistencia e dos prazos de traballo que ten). No caso daqueles alumnos que non poidan facer este seminario por non poder asistir regularmente ás clases, deberán facer o seminario non-presencial que consiste na preparación individual do mesmo tema "o problema do coñecemento" -xa non profundizando na teoría dun autor en concreto- senón sintetizando a cuestión nunha serie de autores principais da materia (que se facilitan o primeiro día de clase ou no horario de titorías) coa finalidade -non de facer un traballo a expoñer como no seminario presencial, dado que non pode asistir regularmente- senón coa finalidade de responder a unha pregunta-tema máis na data oficial de exame.
b) Sesións Prácticas: Exténdense durante unha hora e media á semana nas sesións interactivas nas que non se realiza o Seminario. Nestas sesións o Profesor organiza grupos de traballo e entrega a cada membro de cada grupo información sobre un concepto clave para a materia. Cada alumno traballa sobre un concepto, recollendo nun Informe as particularidades que encontra máis relevantes e posteriormente expón ao resto do grupo ese Informe (que entrega ao Profesor para seren avaliado). Asemade, o alumno escoita e participa na exposición dos informes dos outros compañeiros de grupos, cada un responsable dun concepto diferente. O Profesor intervén en cada grupo, revisando que a información é debidamente tratada e que as cuestións presentadas e debatidas se axustan ao tempo e aos termos facilitados. Posteriormente, en horas non presenciais o alumno debe estudar eses conceptos (coa axuda dos informes), constituíndo un soporte fundamental para a materia que colle forma de "Glosario". O primeiro día de clases entrégase un listado dos conceptos que serán tratados nesas sesións e cada semana ponse a disposición do alumno o material didáctico necesario e obrigatorio para o desenvolvemento da actividade. O alumno debe ter estricta puntualidade nestas sesións xa que a dinámica de grupos non pode alterarse unha vez iniciada a actividade polo que os retardos a esas sesións de prácticas non poden ser solventados.
A materia contará coa axuda do Campus Virtual para facilitar os documentos e textos necesarios para o desenvolvemento das actividades.
A avaliación da aprendizaxe, conforme á metodoloxía proposta, será continuada, xa que se irán valorando as actividades que se vaian realizando ao longo do semestre, especialmente as propias das aulas interactivas. Deste xeito, o alumno non é avaliado unicamente conforme a un exame final.
Esta avaliación, conforme as actividades desenvolvidas ao longo do curso, estrutúrase do seguinte xeito:
1. As actividades interactivas:
a) Seminario: O traballo de investigación desenvolvido avaliarase sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media do 40 % na nota final. (Unicamente se computará a media se o alumno consegue ao menos unha cualificación mínima de 4,5 sobre 10 no exame oficial da materia). Estes 10 puntos do Seminario, que serán o 40% da nota final se estrutura do seguinte xeito: avaliarase (a) o informe de cada unha das tres fases onde o grupo da conta dos obxectivos e avances parciais da actividade, encomendados polo Profesor. Cada informe positivo sumará +0,2 puntos; (b) a exposición final do traballo que durará 30 minutos por cada grupo (aproximado según número de grupos), na que han de intervir tódolos membros do grupo e ha de ser estruturada previamente en coñecemento do Profesor; avaliarase sobre un máximo de 5 puntos e valorarase especialmente a claridade, a densidade, a crítica, capacidade de síntese e a preparación de materiais complementarios que reforcen a exposición; (c) a redacción definitiva do traballo que se estenderá por un máximo orientativo de 25 páxinas (letra 12, Times New Roman, texto xustificado, notas a letra 10...) que contarán cun "abstract" inicial, índice do traballo, conclusións críticas e bibliografía específica citada conforme os estándares aceptados; avaliarase sobre un máximo de 5 puntos e valorarase especialmente a claridade, densidade, crítica, realización de materias de apoio e o cumprimento dunha redacción e forma de traballo conforme aos estándares académicos. Deste xeito, valórase os coñecementos construídos polo alumno, o seu esforzo tanto individual como colectivo na comprensión e exposición da materia e a súa capacidade para argumentar sobre cuestións noéticas.
Para aqueles alumnos que non asistan regularmente ás clases, isto é, para aqueles que falten sen xustificación oficial a todas ou a algunha das fases de realización e avaliación do seminario presencial, serán avaliados conforme ao seminario non-presencial, que consistirá en responder unha pregunta máis (que os alumnos da modalidade presencial) no exame oficial da materia. A devandita pregunta será (ao igual que o traballo) "O problema do coñecemento en x", sendo 'x' un autor da lista proposta ao inicio do curso e que sairá por sorteo no exame final. Esta pregunta será valorada (igual que o traballo) sobre 10 puntos cunha media relativa do 40% sobre a nota final. Igualmente, ten que ter ao menos un 4,5 puntos sobre 10 na parte restante do exame.
Con este módulo que chamamos "Seminario": (a) en concreto no que afecta a súa parte de "exposición oral e pública" do tema , e sempre ademais do cumprimento dos obxectivos específicos desta actividade (sinalados na descrición metodolóxica da materia) avalíanse fundamentalmente as seguintes competencias: CB3, CE3, CE5, CE12; (b) en concreto no que afecta a súa parte de "redacción de traballo ou realización de documentación similar", avalíanse fundamentalmente as seguintes competencias: CX4, CE7, CE11; podendo en consecuencia valorar asemade a consecución dos obxectivos: O3, O4 e OE3.
A avaliación do seminario só terá vixencia para o curso académico no que se realiza.
b) Prácticas: A asistencia e realización con aproveitamento das sesións prácticas (descritas na metodoloxía da materia) avaliarase con +0,2 sobre a nota final por cada práctica feita e avaliada positivamente, o que precisa dunha valoración positiva do informe ou esquema entregado ao Profesor nesa sesión e máis dunha valoración positiva do tratamento e exposición do texto encomendado. Esta puntuación só será sumada á nota final se o alumno consegue ao menos unha puntuación de 4,5 sobre 10 puntos no exame oficial. Deste xeito, premiase positivamente a realización das prácticas e a súa vez a conseguinte asistencia regular ás clases, xa que as prácticas fanse periodicamente ao longo do curso, sen restar activamente puntuación a aqueles alumnos que por motivos xustificados oficialmente non poden asistir ao curso.
Con este módulo que chamamos "Prácticas", tanto no que afecta o tratamento da análise textual dos conceptos como a súa exposición en grupo, sempre ademais do cumprimento dos obxectivos específicos desta actividade (sinalados na descrición metodolóxica da materia) avalíanse fundamentalmente as seguintes competencias: CE4, CE5, CE8, CE9; podendo en consecuencia valorar asemade a consecución dos obxectivos: O2 e O3.
A avaliación das prácticas só terá vixencia para o curso académico no que se realizan.
2.-As sesións expositivas: Nas sesións expositivas, conforme se detalla na metodoloxía da materia, o Profesor explica os contidos do programa, conforme a textos bibliográficos facilitados por cada tema e demais material docente. A avaliación deses contidos -ademais do tratamento da bibliografía facilitada- será obxecto do exame oficial, que constará de unha ou dúas preguntas-tema a desenvolver (8 puntos) máis unha pregunta sobre o contido das prácticas-conceptuais (2 puntos), que a súa vez tamén son unha ferramenta necesaria para consolidar terminolóxica e conceptualmente as cuestións-tema do exame. O exame puntuarase sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media relativa do 60 % na nota final, coa fin de comprobar os coñecementos adquiridos polo alumno, o seu esforzo individual na construción da materia, e a súa capacidade para articular cuestións específicas nas condicións características dos exames presenciais. Neste exame valoraranse especialmente a capacidade de argumentación, a bagaxe conceptual e precisión terminolóxica (-de aí a importancia de aproveitar as prácticas-) na súa correcta aplicación dos conceptos ás cuestións formuladas, o coñecemento dos textos facilitados, e finalmente a capacidade de crítica como demostración do dominio do tema desenvolvido. O exame se realizará sen axuda de materiais, excepto que o Profesor determine o contrario. Se procederá a calcular a media final se o alumno obtén unha puntuación de ao menos 4,5 puntos sobre 10.
Con este Exame, plantexado na súa estrutura e forma descritas, ademais do cumprimento dos obxectivos específicos desta actividade (sinalados na descrición metodolóxica da materia) avalíanse fundamentalmente as seguintes competencias: CB1, CE1, CE10, valorando asemade a consecución dos obxectivos: O1, OE1 e OE2.
A avaliación dos contidos expositivos so terá vixencia para o curso académico no que se realiza.
Sen prexuízo do exposto, e se o docente entende que procede, poderá plantexar un exame parcial (tanto para as cuestións expositivas e/ou as cuestións prácticas), axustándose sempre aos porcentaxes de avaliación propostos.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
∙ O procedemento de avaliación a seguir “con alumnos/as exentos de asistencia ás clases presenciais consonte á normativa da USC” consiste na realización do examen final, o cal terá unha parte común na que se avalían os textos do bloque expositivo (a desenvolver por tódolos alumno/as) e ademais no caso dos non asistentes ao curso, deberán responder a outra parte do exame: pregunta sobre o material das practicas (bloque interactivo) e pregunta sobre o material do seminario (bloque interactivo) xa descritos na Metodoloxía. O material ou as correspondentes referencias bibliográficas, tanto do bloque expositi vo como interactivo é facilitado polo docente ao inicio de cada curso, aínda que cómpre que os alumnos exentos de asistencia ás clases contacten co docente para precisar o tratamento deses materiais. A dimension da avaliación é a mesma que para o resto de alumnos: 60% (bloque expositivo), 40 % (seminario bloque interactivo).
O tempo estimado de traballo persoal do alumno para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten, é de 150 horas, que se distribúen do seguinte xeito:
-Horas presenciais semanais: 3 horas que resultan de docencia expositiva: 1,5 hs/sem e docencia interactiva 1,5 hs/sem (salvo semanas de concentración que se duplican).
-Horas presenciais no semestre, aproximadamente, 51 horas totais, a razón dunha distribución aproximada: Expositivas 24 hs., Interactivas 24 hs., Titorías 3 hs.
-Horas non presenciais semanais recomendadas para o traballo do alumno: 6,2 hs por semana.
-Horas non presenciais no semestre aproximadamente recomendadas para o traballo e estudo do alumno: 99 horas totais, a razón dunha posible distribución aproximada, segundo desexe un maior desenvolvemento dalgunha actividade sobre outra: estudo de prácticas e traballo cos textos 2 hs/semana (32hs/semestre); realización de traballo seminario e lecturas 2 hs/semana (32 hs/semestre), preparación de exame e lecturas 2,2 hs/semana (35 hs/semestre).
Este traballo consiste especialmente en:
(1) Leitura e estudio dos textos (e outros materiais docentes) entregados na parte expositiva da materia.
(2) Leitura e comentario dos textos seleccionados para a realización do traballo de seminario.
(3) Estudio das referencias semánticas dos conceptos tratados nas prácticas, correspondentes aos materiais entregados para a súa realización.
(4) Preparación final das presentacións dos traballos de seminario, pautados e avaliados ao longo do semestre, a través dos sucesivos informes.
(1) Participación e compromiso no desenvolvemento das sesións expositivas (disposición para a atención e o recollemento de notas e apuntamentos que axuden a completar os materiais docentes tratados) e interactivas (disposición indispensable para a asistencia e participación activa, como condición necesaria para ser avaliadas).
(2) Preparación periódica dos temas/textos entregados para a realización do exame final.
(3) Preparación periódica da exposición conforme as pautas de tempo e contido previamente indicadas.
(4) Redacción periódica do traballo de seminario consolidando os avances de cada fase.
(5) Realización periódica das prácticas-conceptuais para ir consolidando claridade na materia.
(6) Consulta de dúbidas nas titorías acerca de calquera dos módulos da materia.
(7) Preparación dos temas sen limitarse unicamente aos apuntamentos das clases, promovendo a consulta de fontes bibliográficas citadas e recomendadas polo profesor para cada tema ou que figuren no programa.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Será de rigorosa aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Carlos Alberto Pose Varela
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- carlosalberto.pose [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Javier Barcia Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812513
- Correo electrónico
- j.barcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
17.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
17.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
17.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
13.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
13.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
13.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |