Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Explicar a relación entre as artes e a sociedade na que se desenvolven.
Identificar os principios e métodos do pensamento crítico e científico.
Coñecer e comprender a estrutura diacrónica xeral da Historia medieval e os procesos de continuidade e cambio nas distintas etapas do medievo.
Coñecer e comprender os fundamentos e coñecementos básicos de índole política, socioeconómica, relixiosa e cultural das sociedades medievais.
Coñecer e comprender o carácter interdisciplinario nos estudios das ciencias sociais e humanidades.
A Idade Media. Introdución xeral
1. Da tardoantigüidade ao sistema feudal.
2. Relixión e cultura nos inicios da Idade Media.
3. O Imperio Romano de Oriente.
4. Nacemento e expansión do Islam.
5. A expansión da Plena Idade Media: a madurez da sociedade feudal.
6. Igrexa e cultura: clérigos, monxes e herexías. Das escolas ás Universidades.
7. As Cruzadas e o Mediterráneo oriental.
8. Crise e renovación socioeconómica na Baixa Idade Media.
9. As transformacións políticas baixomedievais.
10. Igrexa e cultura na Baixa Idade Media.
BÁSICA
Álvarez Palenzuela, V.Á.(coord.)(2013), Historia universal de la Edad Media, Barcelona:Ariel.
Bartlett, R.(2003), La formación de Europa. Conquista, colonización y cambio cultural, 950-1350, València:PUV.
Baschet, J.(2009), La civilización feudal. Europa del año mil a la colonización de América, México: Fondo cultura económica.
Blockmans, W., Hoppenbrouwers, P.(2007), Introduction to medieval Europe, 300-1550, London:Routledge.
Bonnassie, P.(1983), Vocabulario básico de la historia medieval, Barcelona:Crítica.
Claramunt, S., et al.(2014), Historia de la Edad Media, Barcelona:Ariel.
Contamine, P., et al.(2000), La economía medieval, Madrid:Akal.
Donado Vara,J., Echevarría Arsuaga,A.(2014), Historia Medieval I (siglos V-XII), Madrid:UNED.
Donado Vara,J.,et al.(2014), Historia Medieval II (siglos XIII-XV), Madrid:UNED.
Duby,G.(2007), Atlas histórico mundial, Barcelona:Larousse.
Echevarría Arsuaga,A., Rodríguez García,J.M.(2013), Atlas histórico de la Edad Media, Madrid:UNED.
García de Cortázar, J.Á.(2014), Historia religiosa del occidente medieval (313-1464), Madrid:Akal.
García de Cortázar, J.Á., Sesma Muñoz, J.A.(2014), Manual de historia Medieval, Madrid:Alianza.
Herrin, J.(2022), Bizancio: el imperio que hizo posible la Europa Moderna, Barcelona:Debate.
Le Goff, J.(1999), La civilización del occidente medieval, Barcelona:Paidós.
Le Goff, J., Schmitt, J.C.(2003), Diccionario razonado del Occidente Medieval, Madrid:Akal.
MacKay,A., Ditchburn,D. (eds.)(1999), Atlas de Europa Medieval, Madrid:Cátedra.
Nieto Soria,J.M.(coord.)(2016), Europa en la Edad Media, Madrid:Akal.
The New Cambridge Medieval History(1995-2005), Cambridge: Cambridge Univ. Press.
Wickham,C.(2017), Europa en la Edad Media. Una nueva interpretación, Barcelona:Crítica.
COMPLEMENTARIA
Arias Guillén,F. (2024), Las cruzadas. La guerra santa cristiana, Madrid: Catarata.
Bois,G.(2006), La gran depresión medieval: siglos XIV-XV. El precedente de una crisis sistémica, Madrid: Bib. Nueva.
Boucheron,P.,et al.(2010), Historia de la Europa Urbana. II:La ciudad medieval, València:PUV.
Bresh,H.,et al.(2001), Europa y el Islam en la Edad Media, Barcelona:Crítica.
Bühler,J.(2005), La cultura en la Edad Media. El primer renacimiento de Occidente, Barcelona: Círculo Latino.
Cabrera,E.(2012), Historia de Bizancio, Barcelona:Ariel.
Calvo Gómez,J.A.(2017), El clero y los religiosos en la Edad Media, Madrid:Síntesis.
Echevarría Arsuaga,A., Martín Viso, I.(2019), La Península Ibérica en la Edad Media (700-1250), Madrid:UNED.
Faci Lacasta,J.(1996), Introducción al mundo bizantino, Madrid:Síntesis.
Feller, L.(2015), Campesinos y señores en la Edad Media: siglos VIII-XV, València:PUV.
García Espada,A.(2017), El imperio mongol, Madrid:Síntesis.
García Sanjuán,A.(2022), Las sociedades islámicas clásicas (siglos VII-XV), Madrid:Síntesis.
Guijarro González, S.(2018), Enseñanzas, saberes y universidades en la Europa medieval, Madrid:Síntesis.
Kennedy, H.(2007), Las grandes conquistas árabes, Barcelona:Planeta.
Lewis, D.L.(2009), El crisol de Dios: el Islam y la construcción de Europa (570-1215), Barcelona:Paidós.
Manzano Moreno, E.(2010), Historia de España. Épocas medievales, Barcelona:Crítica.
McCormick, M.(2005), Orígenes de la economía europea. Viajeros y comerciantes en la Alta Edad Media, Barcelona:Crítica.
McKitterick, R.(2002), La Alta Edad Media. Europa 400-1000, Barcelona:Crítica.
Morsel, J.(2008), La aristocracia medieval: el dominio social en en Occidente, siglos V-XV, València:PUV.
Competencias
Demostrar curiosidade intelectual e espírito crítico para a aprendizaxe.
Demostrar capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos a situacións prácticas e reais.
Demostrar capacidade para comunicar ideas, metodoloxías e problemas sobre a disciplina de forma clara e precisa, tanto en modo oral como escrito.
Demostrar capacidade para recoñecer problemas, definir un plan de traballo e organizar fases para a súa resolución, incluída a avaliación do resultado.
Demostrar capacidade para planificar e levar a termo proxectos de aprendizaxe individuais ou en grupo.
Demostrar capacidade para consolidar hábitos de traballo individuais e en equipo que fomenten a autoaprendizaxe e a crítica.
Habilidades ou destrezas
Habilidade para comunicarse efectivamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas cooficiais e nunha ou máis linguas estranxeiras.
Habilidade para deseñar, planificar e levar a cabo traballos académicos.
Habilidades para o traballo en equipo.
Habilidade para colaborar en proxectos interdisciplinares.
Habilidade para a utilización de novas tecnoloxías e ferramentas de comunicación.
Co obxectivo de facilitar e racionalizar a impartición da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
- clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial en aula;
- clases interactivas nas que as actividades serán prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia;
- unha sesión de debate arredor de temas historiográficos de especial relevancia para comprender o período e as interpretacións actuais do mesmo, con apoio de recursos audiovisuais e outros materiais que complementen a visión máis tradicional da disciplina. Esta actividade levarase a cabo na facultade, no día e hora designado polo decanato para as prácticas de campo;
- titorización personalizada.
A continuación indícase a distribución das actividades:
- docencia expositiva: 32 horas segundo horario e grupo;
- docencia interactiva: 16 horas segundo horario e grupo;
- titorización personalizada: 3 horas previstas segundo horario e grupo.
A avaliación será continua segundo o estipulado na memoria do grao de Historia da Arte. Xa que a avaliación é continua, a asistencia e participación nas actividades desenvolvidas na aula é obrigatoria, polo que unha ausencia superior ao 20% suporía a imposibilidade de que a/o alumna/o puidese ser avaliado na primeira oportunidade, excepto as/os alumnas/os con dispensa.
A avaliación levarase a cabo ao longo do curso e constará de:
1.- Proba ou probas escritas sobre os contidos teóricos e prácticos das clases expositivas e interactivas. Esta/s proba/s
escrita/s suporá/n o 60% da cualificación final.
2.- A asistencia e participación nas sesións interactivas e a realización dos traballos encomendados suporán o 40% da
cualificación final.
3.- O alumnado con dispensa realizará a proba ou probas escritas sobre os contidos teóricos (60%) e prácticos (40%) das
clases expositivas e interactivas
Para superar a materia é obrigatorio obter unha nota mínima de 5 ou superior como resultado da suma de todas as actividades avaliativas. Ademais, para ter dereito á suma da parte expositiva e da parte interactiva é requisito obrigatorio ter acadado o 50% da puntuación máxima en cada unha das partes.
Segunda oportunidade (convocatoria de xullo):
1.- O alumnado que realizara e aprobara as actividades correspondentes á docencia interactiva poderá conservar esta cualificación e só terá que examinarse dos contidos impartidos nas clases expositivas.
2.- O alumnado que realizara e aprobara a proba ou probas correspondentes á docencia expositiva pero que non realizara ou non superara as actividades correspondentes á docencia interactiva poderá conservar a cualificación das expositivas e só terá que recuperar a parte correspondente á docencia interactiva, para o que se dará a oportunidade de realizar unha nova entrega dos traballos segundo as instrucións facilitadas a través da aula virtual.
Cada hora de docencia expositiva deberá ir acompañada por un traballo complementario da/o alumna/o dunhas dúas horas coa axuda do material bibliográfico, co fin de ler atentamente os contidos teóricos e asimilalos.
Paralelamente, para cada unha das horas de docencia interactiva, a/o alumna/o deberá empregar como mínimo unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da materia e as previsións antes indicadas, considérase que o tempo de traballo persoal da/o alumna/o debería aproximarse ás 150 horas.
Aínda que non é necesaria ningunha formación previa específica, para o ingreso no grao en Historia da Arte en xeral e a matrícula desta materia en particular é recomendable que a formación do/a alumno/a sexa de perfil humanístico.
Esta materia está estreitamente relacionada coas de Historia aplicada ao desenvolvemento artístico I, Historia aplicada ao desenvolvemento artístico III, Historia da Arte II, Historia da Arte III e Imaxes e espazos na cidade medieval.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos e das estudantes e de revisión de cualificacións.
Lémbrase tamén que non está permitida a gravación de audio ou vídeo, nin a toma de fotografías, durante as clases, sen autorización expresa por parte da docente.
Mariña Bermudez Beloso
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812620
- Correo electrónico
- marinha.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | G5012102/CLE_02 | Galego | Aula 05 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | G5012102/CLE_02 | Galego | Aula 05 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
02.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
07.07.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |