Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Esta asignatura , tendo en conta o seu contido e situación no programa do Grao en Historia, ten como obxectivo fundamental desenvolver no alumno unha serie de competencias que o habiliten para unha mellor comprensión e asimilación daquelas materias que deberá cursar ó longo do seu periodo formativo como historiador, adquirindo coñecementos e habelencias para o uso de diversos métodos e técnicas indispensabeis para a sua futura actividade como profesional no eido das Ciencias Sociais e Humanas.
De este xeito, entre os obxectivos xerais poden mentarse:
-Aprender a "pensar históricamente".
-Adquirir coñecementos básicos dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador.
-Contribuir ó recoñecemento crítico da diversidade histórica e cultural.
-Aprender a analizar os procesos sociais e económicos que se teñen experimentado ó longo do tempo.
-Ordear, organizar, definir e sintetizar a información de fontes documentais e bibliográficas.
Introducción. Os conceptos nas ciencias sociais e na historia.
1º.- As magnitudes do tempo e a división da historia: épocas e idades.
2º - As magnitudes do cotián: nocións xerais sobre o espazo, o tempo e as medidas.
3º.- Obxectivos, fontes e métodos da Historia Social e Económica.
4º.- Mecanismos reguladores da poboación: fontes, métodos, réximen demográfico e mobilidade.
5º.- Producción económica e circulación de bens: mercado, moeda e finanzas.
6º.- O papel das institucións e o Estado na vida económica. Doctrinas e políticas.
7º.- Niveis básicos e modelos de organización social: familia, parentesco, ordes, estamentos e clases.
8º.- O Estado, os poderes e a súa organización. Tipoloxías básicas das ideoloxías políticas.
J. BERAMENDI GONZÁLEZ: La Historia Política: algunos conceptos básicos. Santiago, 1999.
P. BLOM: Años de vértigo. Cultura y cambio en occidente 1900-1914. Barcelona, 2010.
P. BURKE: Formas de hacer Historia. Madrid, 1993.
C. CARDOSO y H. PÉREZ BRIGNOLI: Los métodos de la Historias. Barcelona, 1979.
C. M. CIPOLLA: Entre la Historia y la Economía. Barcelona, 1991.
C.M. CIPOLLA: Historia Económica de la Europa Preindustrial. Madrid, 1976.
R. CROMPTON: Clase y estratificación. Una introducción a los debates actuales. Madrid, 1994.
P. CHAUNU: Historia, ciencia social. Barcelona, 1992.
O. FIGES: Los europeos. Barcelona, 2020.
E. J. HOBSBAWM: Guerra y paz en el siglo XXI. Barcelona, 2008.
A. G. KENWOOD y A. L. LOUGHEED: Historia del desarrollo económico internacional. Madrid,1989.
P. KRIEDTE: Feudalismo tardío y capital mercantil. Barcelona, 1982.
D. KAGAN: Sobre las causas de la guerra y la preservación de la paz. Madrid, 2003.
R. KOSELLECK: Futuro pasado. Para una semántica de los tiempos históricos. Barcelona, 1993.
M. LACOMBA BALDÓ: La Revolución Industrial. Madrid, 2001.
G. E. LENSKI: Poder y privilegio. Teoría de la estratificación social. Barcelona, 1993.
J. C. RUANO-BORBALÁN: L´Histoire aujourd´hui. Nouveaux objets de recherche. Courants et débats. Auxerre, 1999.
E. R. SERVICE: Los orígenes del Estado y la civilización. Madrid, 1990.
F. VALLESPIN (dir.): Historia de la teoría política. Madrid, 1990-1995. (6 vols.).
VAN DOREN, CH: Breve historia del saber. Barcelona, 2011.
Ós alumnos proporcionaráselles no seu momento unha bibliografía específica axeitada para a preparación de cada un dos temas do programa.
Entre as competencias específicas que se pretende desenvolvan os alumnos, cabe citar:
-Coñecer e interpretar a Historia como disciplina en construcción.
-Coñecer e analizar os temas e problemáticas que foron e son no presente obxecto de debate historiográfico.
-Adquirir conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
-Ter coñecemento das principais claves explicativas da organización das sociedades do pasado (perspectiva macro/micro, parentesco, estamentos, clases, cultura, identidade...).
-Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos.
A éstas debense engadir outras competencias de carácter xeral e relacionadas co proceso de formación intelectual que os alumnos deberán ir experimentando durante os seus estudos superiores, como:
-Traballar de forma autónoma con iniciativa e de forma responsable.
-Desenvolver competencias e destrezas características da docencia e aprendizaxe telemáticas.
Desenvolveránse dous tipos de actividades diferentes.
-A relacionada co estudo e aprendizaxe dos contidos teóricos.
-Resolución de dúbidas nas titorías.
Non haberá docencia presencial.
-O 100% da nota obtense a través dunha proba final na data que sinala o calendario oficial elaborado pola secretaría da facultade, na que o alumno deberá respostar a cuestións relacionadas con temas do programa. Isto é válido para a primeira e segunda etapas de avaliación.
Estímase que o alumno deberá ocupar un total de 100 horas dos créditos da asignatura en actividades de estudo.
Lectura atenta e aprendizaxe dos contidos teóricos que comprende o programa.
O estudo levarase a cabo por parte do alumno en base ás pautas e ao material proporcionado polo profesor, quer nas tutorías, quer na aula virtual (para facilitar a preparación seguirán tendo validez os contidos teóricos explicados nas aulas en cursos previos).
Asistencia a titorías para aclarar contidos ou resolver dúbidas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Vitor Manuel Migues Rodriguez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812616
- Correo electrónico
- vitormanuel.migues [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
19.05.2025 09:00-11:30 | Grupo de exame | Aula 07 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo de exame | Aula 07 |