Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O coñecemento daqueles procesos, grandes liñas evolutivas e conceptos que faciliten ao alumno unha comprensión global do século XIX e que o capaciten intelectualmente para analizar de forma crítica o devir tanto histórico como do tempo presente, conseguindo:
1 Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade a fin de que o individuo e a sociedade en xeral poidan comprender o presente
2 Educar nos valores de igualdade, a paridade de xénero e a non discriminación, a través do coñecemento da loita por estos valores nos diferentes momentos históricos
3 Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica
4 Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador
5 Analizar os procesos sociais históricos e contemporáneos: comprender e/ou explicar problemáticas humanas e ofrecer solucións.
1.- A crise do Antigo Réxime. Sociedade, política e economía.
2.- O ciclo revolucionario liberal.
3.- As transformacións económicas. A consolidación da economía capitalista.
4.- Ideoloxías e sistemas políticos (I): O avance do liberalismo.
5.- Ideoloxías e sistemas políticos (II): O nacemento da democracia.
6.- A sociedade de clases e os movementos sociais. Movemento obreiro e proxecto socialista.
7.- Ideoloxías e sistemas políticos (III): Os movementos nacionalistas.
8.- Relacións internacionais e expansionismo imperialista: a paz armada (1871-1914).
BASICA:
-ARTOLA, M. e PÉREZ LEDESMA, M. (2005): Contemporánea. La historia desde 1776, Madrid, Alianza.
-BAYLY, C.A., El nacimiento del mundo moderno, 1780-1914. Conexiones y comparaciones globales, Madrid, Siglo XXI, 2010.
-BLANNING, T. C. W. (2002): El siglo XIX. Historia de Europa de Oxford, Barcelona, Crítica.
-BRIGGS, A. (1989): El siglo XIX. Vol. X de la Historia de las Civilizaciones, Madrid, Alianza.
-DELGADO FERNÁNDEZ, s., et alii (2008): Introducción a la historia de las ideas políticas contemporáneas desde la revolución francesa a la revolución rusa, Universidad de Granada.
-EVANS, Richard J., La lucha por el poder. Europa, 1815-1914, Barcelona, Crítica, 2017.
-HEFFER, J., SERMAN, W. (1989): De las revoluciones a los imperialismos, Madrid, Akal.
-HOBSBAWM, E.J., La era de la revolución (1789-1848), varias ediciones.
-HOBSBAWM, E.J., La era del capitalismo (1848-1875),varias ediciones.
-HOBSBAWM, E.J., La era del imperio (1875-1914),varias ediciones.
-LARIO, A., coord. (2010): Historia Contemporánea Universal. Del surgimiento del Estado contemporáneo a la Primera Guerra Mundial, Madrid, Alianza.
-OSTERHAMMEL, J., La transformación del mundo. Una historia global del siglo XIX, Barcelona Crítica, 2015.
-PALMER, R. e COLTON, R. (1980): Historia Contemporánea, Madrid, Akal.
-SABATUCCI, G. (2009): Storia Contemporanea. L'Ottocento, Bari, Laterza.
-SÁNCHEZ MANTERO, R., RUIZ MANJÓN, O., RUEDA, G., y DARDÉ, C. (1994): Manual de Historia Universal. Vol. 7: El siglo XIX, Historia 16, Madrid.
-STROMBERG, R.N. (1990): Historia intelectual europea desde 1789, Madrid, Ed. Debate.
-VILLARES, R., BAHAMONDE, A. (2001), El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus.
-ZAMAGNI, V. (2001), Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica.
Para cada tema concreto a bibliografía debe ser consultada na Guía Docente da asignatura, distribuída a través da aula virtual.
MATERIAL DE APOIO:
-COOK, C., STEVENSON, J. (1994): Guía de Historia Contemporánea de Europa, Madrid, Alianza.
-COOK, C. (1997): Diccionario de Términos Históricos, Madrid, Alianza.
-HILGEMANN, W. (2006): Atlas Histórico Mundial II (De la Revolución Francesa a nuestros días), Madrid, Akal.
-KINDER, H., HILGEMANN, W. (1996): Atlas Histórico Mundial, vol. II: De la Revolución Francesa a nuestros días, Madrid, Itsmo.
-Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade, conceptualizando os fenómenos históricos.
-Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construcción.
-Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
-Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinales na propia língua.
-Capacidade para conceptualizar os fenómenos históricos da época.
-Capacidade para dilucidar as raíces históricas dos feitos presentes.
-Capacidade para relacionar e xerarquizar os coñecementos históricos.
As aulas son impartidas en lingua galega.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura, e de acordo co estipulado na Memoria de Grao da titulación de Historia, utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos dos temas 1, 2, 4, 5, 6 e 7.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas, baseadas en lecturas obrigatorias e comentario de documentos, relacionadas cos contidos dos temas 3 e 8.
- A asistencia ás aulas é obrigatoria.
- Titorización personalizada.
A avaliación constará de dúas partes:
1. Avaliación continua: O 40% da cualificación final avalía a participación e os traballos realizados polo alumno en relación cos contidos traballados nas aulas interactivas.
2. Avaliación final: O 60% corresponde ao exame realizado en relación cos contidos traballados nas aulas expositivas.
Para aprobar a materia, será preciso cando menos acadar un 50% da puntuación máxima en cada un dos apartados.
A asistencia ás aulas é obrigatoria, e será aleatoriamente controlada. Para poder ser avaliado na primeira oportunidade débese acadar un nivel mínimo de asistencia do 80%.
Na segunda oportunidade, o alumno/a debe concorrer en todo caso na data, hora e lugar fixados para o exame, aínda que a casuística pode ser variada, en función do que cada quen precise recuperar:
1. Realización dunha proba escrita sobre os contidos tratados nas aulas expositivas (intentando recuperar o 60% da cualificación final), mantendo no 40% restante vinculado ás aulas interactivas a cualificación obtida na primeira oportunidade.
2. Viceversa, presentación do dossier de prácticas vinculado aos temas traballados nas aulas interactivas (intentando recuperar o 40% da cualificación), mantendo para o 60% restante as cualificacións obtidas na primeira oportunidade.
3. Realización dunha proba escrita e presentación do dossier de prácticas, intentando recuperar a totalidade da cualificación da materia.
Alumnos con dispensa de asistencia ás aulas: A súa situación unicamente varía no referido aos traballos a desenvolver en relación cos contidos traballados nas aulas interactivas, ao efecto de superar esa parte na primeira oportunidade. Ao inicio do curso, se lles comunicarán as tarefas a desenvolver e os prazos respectivos de entrega. Para a segunda oportunidade, as pautas serán as mesmas que as que rexen para os estudantes que asisten regularmente ás aulas.
De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 15 horas
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Avaliación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
- Aplicar desde o inicio das clases pautas regulares de traballo.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- Consulta habitual dun atlas e dun dicionario histórico.
- Consulta dos manuais e das monografías de apoio que lle permitan ao alumno relacionar informacións de procedencia diversa.
Jesus Leopoldo Balboa Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812581
- Correo electrónico
- xesus.balboa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Javier Frieiro Santaya
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- javier.frieiro.santaya [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Enrique Clemente Yanes
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- enrique.clemente [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
23.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
23.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
02.07.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |