Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Favorecer o coñecemento racional e crítico do pasado social de Galicia na época medieval, co fin de obter ferramentas útiles para a comprensión do presente.
- Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
- Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador.
- Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
I. Continuidade e transición nos séculos V ao X.
1.- Galicia na época tardoantiga e xermánica.
2.- Galicia, na fronteira có Islam (ss. VIII-IX)
3.- A Galicia do Milenio. 910-1037.
4.- A inventio de Santiago e a igrexa da Galicia altomedieval.
II. A plenitude da Galicia feudal (XI-XIII)
5.- Galicia, un reino na Hispania medieval (1037-1230)
6.- As transformacións no mundo rural.
7.- As transformacións no mundo das ciudades,
8.- A igrexa galega nos séculos XII e XIII.
III. O tempo das revoltas (séculos XIV-XV)
9.- Tempos de crise.
10.- O Reino de Galicia na Coroa de Castela na Baixa Idade Media.
11.- A sociedade baixomedieval.
12.- Unha cultura en galego.
13.- O conflicto Irmandiño.
Bibliografía básica:
ANDRADE CERNADAS, J.M. - PÉREZ RODRÍGUEZ, F.J., Historia de Galicia. Galicia medieval, Oleiros, 1995.
D'EMILIO, James, Culture and Society in Medieval Galicia. A Cultural Crossroads at the Edge of Europe, Leiden/Boston, 2015.
PALLARES, Mª C., PORTELA, E., Galicia na época medieval, A Coruña, 1991.
PALLARES, Mª C., PORTELA,E., Da Galicia antiga á Galicia feudal (séculos VIII-XI), vol. 1: Mulleres, homes e paisaxes; vol. 2: Poder e mentalidade. En A Gran Historia de Galicia, t. IV, Arrecife-La Voz de Galicia, 2007.
PALLARES, Mª C., PORTELA,E., De Xelmírez aos Irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII-XV), vol. 1: Campos e cidades nun espacio redefinido; vol. 2: O encadramento social e a loita polo poder. En A Gran Historia de Galicia, t. V, Arrecife-La Voz de Galicia, 2007.
PALLARES, Mª C., PORTELA, “Historia Medieval”, en Atlas Histórico. Galicia, Vigo, 1998, pp. 6-58.
Bibliografía complementaria:
ANDRADE CERNADAS, J.M., Monxes e mosteiros na Galicia medieval, Santiago de Compostela, 1995.
ARMAS CASTRO, J., Pontevedra en los siglos XII a XV. Configuración y desarrollo de una villa marinera en la Galicia medieval, Pontevedra, 1992.
BARROS GUIMERÁNS, C., ¡Viva el-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996.
FERREIRA PRIEGUE, E., Galicia en el comercio marítimo medieval, A Coruña, 1988.
GONZÁLEZ VÁZQUEZ, M., El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media (1150-1400), A Coruña, 1996.
ISLA FREZ, A., La sociedad gallega en la Alta Edad Media, Madrid, 1992.
LÓPEZ ALSINA, F., La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, Santiago de Compostela, 1988.
LÓPEZ CARREIRA, A., A cidade de Ourense no século XV. Sociedade urbana na Galicia baixomedieval, Ourense, 1998.
PALLARES MÉNDEZ, Mª C., El monasterio de Sobrado. Un ejemplo del protagonismo monástico en la Galicia medieval, A Coruña, 1979
PALLARES MÉNDEZ, MªC., Historia das mulleres en Galicia. Idade Media, Santiago de Compostela, 2ª ed., 2003.
PALLARES MÉNDEZ, MªC, Ilduara, una aristócrata del siglo X, 2º ed. revisada y ampliada, A Coruña, 2004.
PALLARES, MªC. y PORTELA, E., La reina Urraca, San Sebastián, 2006.
PALLARES, MªC. y PORTELA, E., "Para una lectura histórica del paisaje. La impronta medieval" en PEREIRA MENAUT, G. y PORTELA, E.,(eds.), El territorio en la historia de Galicia. Organización y control. Siglos I-XXI, Santiago de Compostela, 2015.
PASTOR, R. et alii, Poder monástico y grupos domésticos en la Galicia foral (siglos XIII-XV), Madrid, 1990.
PASTOR, R. et alii, Transacciones sin mercado: instituciones, propiedad y redes sociales en la Galicia monástica 1200 – 1230), Madrid, 1999.
PÉREZ RODRÍGUEZ, Fco. J., La Iglesia de Santiago de Compostela en la Edad Media: el cabildo catedralicio (1100-1400), Santiago de Compostela, 1996.
PORTELA SILVA, E., La colonización cisterciense (1142-1250),Santiago de Compostela, 1981.
PORTELA SILVA, E., García II de Galicia. El rey y el reino. Burgos, 2001.
PORTELA SILVA, E. (coord.), Historia da cidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2003.
PORTELA, E. y PALLARES, MªC, De Galicia en la Edad Media. Sociedad, espacio y poder, Santiago de Compostela, 1993.
PORTELA, E., PALLARES, MªC, y SANCHEZ, X.M., Rocha Forte. El castillo y su historia, Santiago de Compostela, 2004.
RENZI, F., I monachi bianchi in Galizia. Le reti cisterciensi (1142-1250), Trieste, 2014.
RÍOS RODRÍGUEZ, Mª L., As orixes do foro na Galicia medieval, Santiago de Compostela, 1993.
VÁZQUEZ DE PARGA, L., LACARRA, J.
- Coñecer, analizar, interpretar e transmitir a historia de Galicia nos séculos V ao XV.
- Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción.
- Adquirir conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
- Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua.
- Coñecer as principais claves explicativas das sociedades do pasado (clase, etnia, xénero, etc.).
- Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa.
- Traballar en equipo con responsabilidade compartida.
- Comunicar información e ideas de xeito claro e efectivo en público.
- Contribuír á inculcación de actitudes de tolerancia e respecto polos puntos de vista que se derivan de tradicións históricas e culturais.
Co obxecto de facilitar e racionalizar o ensino da materia utilizaranse os seguintes procedementos:
- Clases expositivas, nas que que se explicarán os contidos teóricos. Actividade presencial na aula. En todas as sesións se usarán presesentaciones con ordenador que incluirán: guión do tema explicado, mapas, cadros estatísticos, gráficos e imaxes ilustrativas. Os alumnos dispoñerán dun esquema detallado de cada tema, cos textos asociados en cada caso e a bibliografía pertinente.
- Clases interactivas, nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia. Dedicaranse a comentarios de texto preparados e expostos polos alumnos a partir do traballo en grupo, e seminarios monográficos sobre a base da lectura previa común dun libro sobre un tema significativo na materia. -
Titorización personalizada.
Avaliación continua.
A presencia e participación activa nas actividades desenvolvidas na aula é o instrumento principal para a consecución dos obxectivos da materia. O profesor pode controlar a asistencia ás clases expositivas e farao, sempre, nas interactivas.
O desenvolvimento das actividades prácticas e do traballo nos seminarios será obxeto dunha valoración específica. A cualificación final da materia resultará da integración proporcionada dos elementos sinalados: actividades prácticas e de seminario (30%), examen (70%).
No caso de ter que suspender a docencia presencial por causas sanitarias, o exame será substituído por un traballo final. No caso da actividade interactiva, os materiais de traballo serán facilitados ao estudantado por medios dixitais.
Para convocatorias e oportunidades posteriores terase en conta o seguinte: os alumnos que tiveran cumprimentado todos os traballos prácticos e obtiveran unha cualificación media global de 4 sobre 10, non teñen a obrigación de volver presentar ditos traballos. Terán que superar, únicamente, o examen da convocatoria correspondente.
Aqueles alumnos que, polo contrario, non cumplimentaran todas as actividades interactivas ou non acadaran a nota mínima ao longo do curso, terán que entregar no momento do exame da segunda oportunidade (ou sucesivas convocatorias), un mínimo da metade das prácticas desenvolvidas no curso. No caso de non entregadas, non lle será correxido o examen.
Os estudiantes que recibiran a dispensa de asistencia a clase, haberán de entregar por escrito todas as actividades prácticas. Estes traballos serán entregados, como moi tarde, o día no que se presenten ao examen da materia.
De acordo co sistema de cómputo ECTS, os alumnos dedicarán a esta materia un total de 150 horas de traballo. Delas, o 30% (45 horas) corresponden ás actividades presenciais na aula e o 70% restante ao traballo persoal e en grupo fóra da aula.
É conveniente ter cursado as materias de Historia Medieval I e Historia Medieval II.
É recomendable posuír coñecementos básicos de lingua latina e de idiomas estranxeiros de uso na comunidade científica.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións.
Jose Miguel Andrade Cernadas
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812614
- Correo electrónico
- josemiguel.andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | G5021321/CLE_02 | Galego | Aula 05 |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Venres | |||
11:00-13:00 | G5021321/CLE_02 | Galego | Aula 05 |
28.05.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
28.05.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
07.07.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |