Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer e comprender as categorías conceptuais fundamentais para a interpretación da Historia Medieval.
Asimilar a terminoloxía correcta que caracteriza as institucións, compoñentes estruturais e político-militares, os fenómenos sociais, económicos, relixiosos e os procesos culturais medievais.
Comprender as transformacións que se produciron nas mentalidades medievais e na cultura política.
Fomentar o desenvolvemento dun xuízo crítico e persoal.
Coñecer as diferentes perspectivas e debates historiográficos.
Valorar o proceso histórico medieval tendo en conta a contribución que realizaron os varóns e as mulleres.
Manexar fontes históricas e historiográficas, para extraer a información que conteñen, analizala e emitir avaliacións obxectivas.
Bloque I. A Plena Idade Media (séculos XI-XIII)
Tema 1. Estruturas demográficas, económicas e sociais. Do Ano Mil ata a culminación do século XIII.
Tema 2. Da Reforma Gregoriana á relixiosidade urbana. Fortalecemento institucional, peregrinacións e visións heterodoxas.
Tema 3. A evolución política dos reinos occidentais. As Monarquías Feudais.
Tema 4. O fracaso dos grandes proxectos universais e o triunfo das monarquías nacionais.
Tema 5. Educación, cultura e saberes na Plena Idade Media: do claustro monástico ás Universidades.
Bloque II. A Baixa Idade Media (séculos XIV-XV)
Tema 6. A crise do século XIV: causas e consecuencias.
Tema 7. A axitación da conciencia popular. Os movementos sociais ao longo da Baixa Idade Media.
Tema 8. A centralización da monarquía, a cristalización do conflito. A Guerra dos 100 Anos.
Tema 9. A Igrexa e a espiritualidade fronte a crise baixomedieval. O Cisma de Occidente.
Tema 10. O “Renacemento” como empresa medieval.
- Bibliografía básica
ÁLVAREZ PALENZUELA, Vicente (Dir.), Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2013.
BARTLETT, Robert, La formación de Europa, conquista, colonización y cambio cultural, 950-1350, València, Universitat de València, D.L. 2003.
CLARAMUNT, Salvador, GONZÁLEZ, Manuel, MITRE, Emilio, e PORTELA, Ermelindo, Historia de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2004.
FOSSIER, Robert, La Edad Media, 3 vols., Barcelona, Crítica, 1988.
GARCÍA DE CORTÁZAR, José Ángel, Historia religiosa del Occidente medieval: años 313-1464, Madrid, Akal, 2012.
--------, e VALDEÓN BARUQUE, Julio, Manual de historia universal de la Edad Media, Madrid, Nájera, 1987.
---------, e SESMA, José Ángel, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2002.
JORNET I BENITO, Núria, et al., Las relaciones en la Historia de la Europa Medieval, Barcelona, Tirant lo Blanc,2006.
PERROT, Michelle (dir.), Historia de las mujeres en Occidente. Vol. 2: La Edad Media, Madrid, Taurus, 1991.
WATTS, John, La formación de los sistemas políticos europeos, Valencia, Universitat de València, 2016.
WICKHAM, Chris, Europa en la Edad Media, Madrid, Planeta, 2017.
- Bibliografía complementaria
ANDERSON, Bonnie, y ZINSSER, Judith, Historia de las mujeres. Una historia propia, Barcelona, Crítica, 2009.
ARIES, Philippe, e DUBY, Georges, Historia de la vida privada, Ts. 2, 3 y 4, Madrid, Taurus, 1988.
BARRACLOUGH, Geoffrey, El papado en la Edad Media, Universidad de Granada, 2012.
BISSON, Thomas N., La crisis del siglo XII: el poder, la nobleza y los orígenes de la gobernación europea, Barcelona, 2010.
BLACK, Antony, El pensamiento político en Europa (1250-1450), Cambridge University Press, 1996.
BOIS, Guy, La gran depresión medieval; siglos XIV-XV: el precedente de una crisis sistemática, Valencia, 2006.
-------, La Revolución del año Mil, Barcelona, Crítica, 2015.
BLOCH, Marc, Los reyes taumaturgos, Madrid, Fondo de cultura económica, 2006.
DANIÉLOU, Jean, y MARROU, Henri I., Nueva Historia de la Iglesia (2 vols.), Madrid, Ediciones Cristiandad, 1982.
FOSSIER, Robert, Gente de la Edad Media, Madrid, 2007.
HEERS, Jacques, La invención de la Edad Media, Barcelona, 1995.
HILTON, Rodney, Conflicto de clases y crisis del feudalismo, Barcelona, 1988.
HUIZINGA, Johannes, El otoño de la Edad Media, Madrid, Alianza, 1981 (3ª).
KANTOROWICZ, Ernst, Los dos cuerpos del rey. Un estudio de teología política medieval, Madrid, Akal, 2012.
KEEN, Mattheu, Historia de la Guerra en la Edad Media, Madrid, Antonio Machado, 2006.
LE GOFF, Jacques, Los intelectuales en la Edad Media, Barcelona, 1986.
MONSALVO ANTÓN, José Mª, Los conflictos sociales en la Edad Media, Madrid, Síntesis, 2016.
RODRÍGUEZ, Ana, La estirpe de Leonor de Aquitania. Mujeres y Poder en los siglos XII y XIII, Barcelona, Crítica, 2014.
SEIBT, F., EBERHARD, W. (eds.), Europa 1400: La crisis de la Baja Edad Media, Barcelona, 1993.
- Atlas e coleccións de textos
BONNASSIE, Pierre, Vocabulario básico de la Historia Medieval, Barcelona, 1983.
DITCHBURN, David, Atlas de Europa medieval, Madrid, Cátedra, 2011.
ECHEVARRÍA, Ana, e RODRÍGUEZ, José Manuel, Atlas histórico de la Edad Media, Madrid, Acento, 2003.
FEDOU, René, Léxico histórico de la Edad Media, Madrid, Taurus, 1990.
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, P., Textos literarios para la Historia Medieval de España, Jarama, Berrocales, 1994.
LE GOFF, Jacques e SCHMITT, Jean-Claude, (eds.), Diccionario razonado del occidente medieval, Madrid, 2003.
Coñecer e comprender as diferentes etapas polas que pasaron as sociedades medievais ao longo dos séculos XI ó XV.
Poñer en relación os diferentes fenómenos que tiveron lugar ao longo da Idade Media no ámbito político, socioeconómico, espiritual e cultural.
Apreciar os cambios experimentados polas sociedades medievais, tendo en conta as contribucións feitas por varóns e mulleres.
Usar, ordenar e interpretar algunhas fontes históricas.
Coñecer e interpretar a historia medieval como unha disciplina en construción.
Coñecer e analizar os principais debates historiográficos existentes nesta disciplina.
Traballar de xeito autónomo con responsabilidade e iniciativa.
Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva en público.
Aulas expositivas: Exposición teórica dos contidos nos que se estrutura o temario da materia, co apoio de medios audiovisuais.
Aulas interactivas: Ao longo do curso que inclúe a materia, realizarase un conxunto de 9 prácticas, que abordarán diferentes aspectos tratados nas aulas expositivas, pero desde unha perspectiva máis específica. Introduciranse tamén aspectos propios do debate historiográfico actual, para coñecer as diferentes escolas e enfoques cos que se escribe a Historia Medieval.
Preténdese estimular o debate na aula e fomentar o uso das ferramentas propias do historiador. É dicir, ofrecer instrumentos que sexan útiles máis alá da Historia Medieval e que poidan ser aplicados en futuros traballos de investigación, desde os diferentes campos do estudo historiográfico. Preténdese, en definitiva, inculcar o espírito crítico no tratamento da información historiográfica.
Parte expositiva
Realización dun exame de tipo teórico baseado no programa da materia desenvolvido nas aulas expositivas, que constará de dúas partes:
a. Varias preguntas breves sobre aspectos concretos do temario.
b. Elección e resposta dun tema a desenvolver entre dúas opcións (comentario de texto, tema de tipo diacrónico…).
Parte interactiva
- Participación no desenvolvemento das prácticas e entrega dos traballos asociados a cada unha delas.
- Uso do libro de lectura obligatoria tanto nas clases interactivas como, a ser posible, nalgún dos traballos asociados ás mesmas. O libro de lectura obrigatoria será: Le Goff, Jacques, Lo maravilloso y lo cotidiano en el Occidente Medieval, Gedisa, 1986.
- Participación significativa na aula (serán valoradas a asistencia, o interese e o nivel de recepción dos contidos obxecto de explicación).
A nota final obterase da suma das notas obtidas na parte expositiva (60% da cualificación final), na realización de cuestionarios de seguimento dos temas expositivos (10% da cualificación final) e na interactiva (30% realización dun ensaio).
Para poder facer media coa cualificación do exame, o alumno debe ter entregados todos os traballos requiridos, sen excepción, e obter unha cualificación media na proba escrita de 4 sobre 10.
Para convocatorias posteriores terase en conta o seguinte: os alumnos que tiveran entregados todos os traballos prácticos e obtiveran unha cualificación media global de 4 sobre 10, non teñen a obriga de volver a presentar os anteditos traballos, tendo que superar, unicamente, o exame da convocatoria correspondente.
Aqueles alumnos que, polo contrario, non tiveran entregado os traballos prácticos ou non acadaran a nota mínima ao longo do curso ordinario, teñen que entregar, no momento do exame da segunda convocatoria (ou sucesivas), un mínimo da metade das prácticas desenvolvidas durante o curso. No caso de que non as entreguen, non será avaliado o seu exame.
Para aquelas persoas ás que se lle concedese a dispensa de asistencia ás aulas, establecerase un sistema de cualificación mediante exame e, no seu caso, a entrega dos exercicios prácticos que se consideren necesarios. Estes deberán ser entregados, como moi tarde, o día no que se presenten ao examen da materia.
Cada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno (en forma de lecturas e fixación do exposto en clase) dunhas dúas horas.
Paralelamente estímase que para resolver cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno debería empregar, como mínimo, unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da materia e as previsións antes indicadas, considérase que o tempo de traballo persoal de cada alumno debería ser dunhas 150 horas.
- Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grado en Historia en xeral e a matrícula nesta materia en particular, é recomendable que a formación do alumno sexa de perfil humanístico (R.D. 1467/2007, BOE do 6 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato y quedan fixadas as ensinanzas mínimas).
- Recoméndase ter a capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica no ámbito dos estudos medievais
Carla Trincado Rodriguez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carla.trincado.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Diana Pelaz Flores
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812622
- Correo electrónico
- diana.pelaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
27.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
27.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
04.07.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |