Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Poñer ao alcance dos alumnos os avances máis salientabeis da demografía, economía, sociedade, mentalidade, cultura, política e administración acadados pola investigación levada a cabo nos derradeiros anos en Historia Moderna de España. Xunto a isto, trátase tamén de proporcionarlles aqueles coñecementos de natureza formativa e informativa e as competencias necesarias para a adquisición dos contidos que conforman a disciplina.
Estudaranse as principais características económicas, sociais, culturais e políticas da Historia de España durante a Idade Moderna —ss. XVI, XVII e XVIII—. A materia estructurarase en oito grandes unidades temáticas.
1. A poboación: evolución, modelos e comportamentos
2. A agricultura: tipos, réximes de propiedade, explotación e producción
3. A industria e o comercio
4. Estructura e grupos sociais
5. A dinámica social: mobilidade, cambio e revoltas
6. A cultura na España moderna
7. Goberno e administración no tempo dos Austrias
8. Goberno e administración no tempo dos Borbóns
Bibliografía básica:
MARCOS MARTÍN, A; España en los siglos XVI, XVII y XVIII; Barcelona, 2000.
MARTÍNEZ RUÍZ, E, y otros; España Moderna; Madrid, 1992.
MOLAS RIBALTA, P; Edad Moderna, 1478-1808; Madrid, 1988.
RODRÍGUEZ GARCÍA, J; y CASTILLA SOTO, J; Diccionario de términos de Historia de España. Edad Moderna; Barcelona, 1998.
Bibliografía complementaria:
ARTOLA; La Hacienda del Antiguo Régimen; Madrid, 1982.
BERNARDO ARES, J.M; y MARTÍNEZ RUÍZ (eds); El municipio en la España Moderna; Córdoba, 1996.
DOMÍNGUEZ ORTIZ, A; Sociedad y estado en el siglo XVIII español; Barcelona, 1976. -El Antiguo Régimen: Los Reyes Católicos y los Austrias; Madrid, 1988.
EIRAS ROEL, A; Estudios sobre agricultura y población en la España Moderna; Santiago de Compostela, 1990.
ELLIOT, J; España y su mundo, 1500-1700; Madrid, 1990.
GRICE-HUTCHINSON, M; El pensamiento económico en España (1177-1740); Barcelona, 1982.
KAGAN, R; Universidad y sociedad en la España Moderna; Madrid, 1981.
LOBO CABRERA, M, y SUÁREZ GRIMÓN (eds); El comercio en el Antiguo Régimen (Actas de la III Reunión Científica de la Asociación Española de Historia Moderna); Las Palmas, 1994.
LORENZO CADARSO, P.L; Los conflictos populares en Castilla (ss.XVI-XVII); Madrid, 1996.
LYNCH, J; Los Austrias; Barcelona, 1993. - El siglo XVIII; Barcelona, 1994.
MARCOS MARTÍN, A; España en los siglos XVI, XVII y XVIII; Barcelona, 2000.
MARTÍNEZ RUÍZ, E, y otros; España Moderna; Madrid, 1992.
MOLAS RIBALTA, P; Edad Moderna, 1478-1808; Madrid, 1988.-La burguesía mercantil en la España del Antiguo Régimen; Madrid, 1985.
NADAL, J; La población española. Siglos XVI al XX; Barcelona, 1984.
PEREIRA, J.L; El préstamo hipotecario en el Antiguo Régimen; Cádiz, 1995.
PÉREZ MOREDA, V; Las crisis de mortalidad en la España interior, siglos XVI-XIX; Madrid, 1980.
RIBOT, L.A. y DE ROSA, L. (eds); Ciudad y mundo urbano en la época moderna; Madrid, 1997.
RODRÍGUEZ GARCÍA, J. Y CASTILLA SOTO; Diccionario de términos de Historia de España. EdadModerna; Barcelona, 1998.
RUÍZ MARTÍN, F, y GARCÍA SANZ, A (eds); Ciudad y mundo urbano en la época moderna; Madrid, 1997.
SAAVEDRA, P. y VILLARES, R. (eds); Señores y campesinos en la Península Ibérica (siglos XVIII-XIX); Barcelona, 1991.
TOBOSO SÁNCHEZ, P; La deuda pública castellana durante el Antiguo Régimen (Juros); Madrid, 1987.
VÁZQUEZ DE PRADA, V; Historia económica y social de España. Siglos XVI-XVII; Madrid, 1978.
Capacitar o alumno para identificar os distintos períodos cronolóxicos da Idade Moderna en relación coas súas constantes políticas, económicas e sociais básicas.
Identificar e perfilar os principais protagonistas individuais e colectivos da Historia Moderna de España.
Desenvolver a capacidade de discriminar entre o accesorio ou erudito e o substrato histórico esencial que conforma as bases sociais, económicas e institucionais da época moderna.
Capacidade para analizar a historia en perspectiva, superando os marcos cronolóxicos estreitos e posibilitándolle ao alumno os útiles para interpretala dende unha óptica global.
Competencia para discernir as multiplicidades do tempo histórico, deslindando o puntual do permanente e estructural.
Favorecer e potenciar o traballo autónomo e a responsabilidade individual do alumno no proceso de adquisición de coñecemento a través da aplicación dun pensamento histórico analítico, crítico, lóxico e creativo.
As clases expositivas empregaranse para a explicación do temario da materia por parte do profesor co apoio daqueles recursos didácticos que posibiliten unha mellor comprensión.
Pola súa parte as clases interactivas dedicaranse á presentación e comentario de materiais históricos en forma de textos, mapas, gráficos ou cadros estatísticos, confíase que o alumno tome parte activa no desenvolvemento de ditas clases mediante a súa partipación con preguntas ou reflexións.
Asimesmo o alumno deberá realizar e entregar os traballos prácticos que lle serán oportunamente propostos.
As titorías personalizadas orientaranse a aclarar cuestións concretas en relación coas tarefas do curso, así como a tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
Faránse prácticas de campo sempre que se acaden recursos económicos.
A cualificación da materia resultará dos seguintes sumandos:
1) exame escrito a realizar logo de terminadas as clases,
2) traballos prácticos realizados e entregados ao longo do curso, e participación activa na aula.
De acordo coa normativa vixente, ao primeiro dos sumandos citados outórgaselle un valor do 70% dentro da cualificación global, en tanto que ao segundo o 30% restante.
En calquera caso, para acadar o aprobado da materia, será requisito imprescindible ter polo menos un 5 en ambos sumandos.
De cara ao exame de xullo, gardaranse os aprobados obtidos na primeira oportunidade, e no caso de que non se aprobe a parte práctica, haberán de presentarse tódolos traballos suspensos, ben entendido que todo traballo non presentado será cualificado cun cero no cálculo da cualificación.
Baixo ningún concepto gardaranse aprobados parciais para cursos sucesivos.
Os alumnos que obtiveran dispensa de asistencia a clase, deberá realizar o exame escrito e os traballos prácticos coas mesmas características xa sinaladas.
Considerarase como "non presentado" na cualificación final a todo aquel alumno que non se presente ao exame e non teña entregado os traballos prácticos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Cada hora de docencia expositiva debera ir acompañada dun traballo complementario por parte do alumno de aproximadamente unhas dúas horas, baixo a forma do estudio sistemático da materia e de lecturas que contribúan á fixación e ampliación do exposto na clase.
Estímase que para resolver cada unha das horas de docencia interactiva o alumno debera empregar, como mínimo, unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da materia e as previsións antes indicadas, consideráse que o tempo de traballo persoal de cada alumno debera rondar as 150 horas
Asistir e participar no desenrolo das clases expositivas e interactivas.
Procurar que o estudio e o traballo individual se fagan de xeito cotián.
Completar o explicado na clase coa lectura da bibliografía xeral ou especializada recomendada no programa da materia, pero tamén con aquela máis específica que se subministra en cada tema, para deste xeito facerse cunha visión máis ampla e completa da que é posible ofrecer durante o curso das clases expositivas.
Abordar de xeito persoal e individualizado a elaboración daqueles traballos que forman parte das clases interactivas, co obxectivo de facerse coas habilidades e competencias necesarias que faciliten o progreso no seu proceso de adquisición do coñecemento.
Asistir ás titorias para aclarar as dúbidas que poidan surxir durante o proceso de apredizaxe.
Roberto Javier Lopez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812612
- Correo electrónico
- robertojavier.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mónica Fernández Armesto
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- monica.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Tomas Manso Fraga
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812613
- Correo electrónico
- tomas.manso.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 05 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 05 |
03.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
03.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
09.07.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |