Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A asignatura está orientada a dar a coñecer as grandes liñas evolutivas e os problemas históricos centrais das distintas áreas dende unha perspectiva que supere o tradicional eurocentrismo e que combine a análise xeral cos estudos de caso de maior trascendencia histórica.
De igual modo, búscase profundizar nos acontecementos históricos principais incorporando as claves conceptuais e interpretativas necesarias para forxar unha imaxe da traxectoria histórica da zona na longa duración, igual que do seu lugar no mundo actual, dende una perspectiva crítica e de conxunto.
A partir de aí, os obxectivos especificamente marcados para o alumnado son:
(1) Coñecer os diferentes modelos de evolución que seguiron as sociedades e Estados da zona no marco dos procesos de colonización, descolonización e globalización actual.
(2) Poder explicar en termos históricos, de forma relacionada, e co rigor analítico e conceptual preciso tanto os avatares e conflictos históricos da zona como a súa evolución no mundo actual.
(3) Desenvolvemer unha visión analítica crítica que permita trascender visións tópicas e leer de forma crítica a publicística e prensa actuais sobre o sucedido nas distintas áreas da zona. A análise histórica rigurosa como antídoto contra explicacións simplistas e maniqueas.
(4) Familiarizarse cos principais debates históricos en torno á zona.
.
A asignatura se organizará como un monográfico centrado na macro-área do Extremo Oriente entendido nun sentido amplo, e por conseguinte coincidente co novo espacio xeopolítico do Indo-Pacífico cara o que se ven desprazando dende fai xa algunhas décadas o centro de gravedade ecconómico e político a nivel mundial, cunha China xa consagrada como novo pivote do orden internacional, e cunha India como nova locomotora no contexto actual de crise.
O temario se organizará en torno a IV Bloques. Os tres primeiros se corresponden con cada unha das grandes etapas nas que se suele dividir a Idade Contemporánea: Longo Século XIX; Entreguerras; e Mundo Actual. O cuarto e último está focalizado no fenómeno particular da converxencia socio-económica que os países da zona foron protagonizando en sucesivas oleadas dende o final da II Guerra Mundial.
1.- A ofensiva imperialista occidental: unha evolución dispar. Loita política, efectos económicos e conflictos sociais.
2.- Nacionalismo anticolonial e novos desafíos políticos do período de Entreguerras.
3.- O novo Indo-Pacífico das Nacións: da construcción dos novos Estados, á crise da orde poscolonial en Entreséculos.
4.- A converxencia económica do Indo-Pacífico no Mundo Actual: vellas e novas potencias asiáticas.
¨
SELLIER, J., Atlas de los pueblos del Asia meridional y oriental, Madrid, Tecnos, 2003.
HOLCOMBE, Ch., Una historia de Asia Oriental..., México, Fondo de Cultura Económica, 2016 => Ebook.
RAMÍREZ RUIZ, Raúl, Historia de Asia contemporánea y actual, Madrid, Universitas, 2017.
MISHRA, P., De las ruinas de los Imperios..., Barcelona, Galaxia, 2014 => Ebook.
MORENO GARCÍA, J., El Extremo Oriente. Siglo XX, Madrid, Síntesis, 1992.
GINE DAVI, J., Asia marca el rumbo. Las claves estratégicas y económicas del siglo XXI, Barcelona, 2012.
KAPLAN, Robert, Monzón: un viaje por el futuro del océano Índico, Barcelona, 2012 => Ebook.
METCALF, B., Historia de la India, Madrid, Cambridge, 2003.
DEVILLERS, P., De Indochina a Vietnam, Madrid, 1985.
BEASLEY, W.G., Historia contemporánea del Japón, Madrid, Alianza, 1995.
MADRID I MORALES, Daniel et alii, Historia de Japón. Economía, política y sociedad, Barcelona, UOC, 2012 => Ebook.
YOSHIO, S., Una introducción a la sociedad japonesa, Barcelona, Bellaterra, 2016.
FAIRBANK, J., Historia de la China. Siglos XIX y XX, Madrid, Tecnos, 1990.
BAYLEY, P.J., China en el siglo XX, Barcelona, Crítica, 2002.
RÍOS, Xulio, China moderna. Una inmersión rápida, Barcelona, Tibidabo, 2017 => Ebook.
MAHBUBANI, K., El nuevo hemisferio asiático: el irresistible desplazamiento del poder global hacia el Oriente, México, Siglo XXI, 2014 => Ebook
BUSTELO, P., Estructura económica de Asia Oriental, Barcelona, Akal, 2004.
SUKUP, V., Asia frente al siglo XXi: ¿De los 'milagros' a las 'debacles'?, Buenos Aires, Corregidor, 2000.
¨
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
---------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CE-1) Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural das distintas áreas da zona.
(CE-2) Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes da zona.
(CE-3) Explicar en termos históricos a diversidade que presentan territorialmente falando os distintos Estados e sociedades da zona.
(CE-4) Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que presentan os procesos evolutivos.
(CE-5) Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos que conformaron a traxectoria contemporánea e actual dos países da zona.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
------------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CT-1) Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas.
(CT-2) Elaborar con rigor traballos de síntese histórica, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais dispoñibles.
(CT-3) Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
(CT-4) Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información dispoñible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
.
¨
1.- CLASES EXPOSITIVAS
-----------------------------
Dedicadas á explicación de contidos teóricos: véxase temario.
2.- CLASES INTERACTIVAS
-------------------------------
Dedicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos, orientaranse tanto a profundizar en aspectos concretos do abordado nas clases expositivas como a seguir avanzando no desenvolvemento das destrezas contempladas no apartado sobre competencias -en especial as específicas-:
2.1.- Comentario de textos, gráficos, etc.
2.2.- Proxección de documentais.
2.3.- Seminarios sobre as lecturas a realizar.
3.- ACTIVIDADE ACADEMICAMENTE DIRIXIDA (A.A.D)
-------------------------------------------------------------
Actividade obrigatoria => Lectura e elaboración por escrito para entregar nas datas estipuladas de varios artigos sobre algunha cuestión concreta do temario, que poderá ser obxecto de seminario nalgunha das clases interactivas.
Actividade optativa => A lectura e comentario dalgunha das obras monográficas que se proporán na Guía Docente en atención á complementariedade da temática abordada e máis ao carácter novidoso das mesmas.
4.- TITORIZACIÓN PERSONALIZADA
----------------------------------------
Dedicada a orientar a elaboración dos exercicios e a comentar o resultado dos mesmos.
(*) Non se contempla saída de campo.
.
¨
A AVALIACIÓN CONSTARÁ DE DÚAS PARTES
--------------------------------------------------
1) O 40% da calificación procederá da avaliación continua, computando a partes iguais tanto os traballos a entregar con cargo á AAD. como os exercicios presenciais que se poidan realizar nas clases interactivas.
2) O 60% da avaliación procederá dunha proba escrita sobre as cuestións impartidas na aula. Contémplase tamén a realización dalgunha pregunta relativa á materia da AAD.
AS CONDICIÓNS DA AVALIACIÓN
-------------------------------------
(1) A asistencia presencial é obrigatoria, tanto nas clases expositivas como nas interactivas. A non asistencia ao mínimo do 80% das clases conlevará a perda do dereito a avaliarse na I Oportunidade -maio-. o que implica igualmente non poder acollerse ao sistema de avaliación continua.
(2) A realización de todas e cada unha das prácticas é condición obrigada para poder presentarse ó exame.
(3) As prácticas entregadas fóra de prazo serán penalizadas cunha rebaixa da calificación obtida en función do prazo transcorido.
(4) Cando a calificación do exame ou das prácticas sexa inferior a 5, non se fará media coa parte aprobada, tendo que examinarse o alumno da parte suspensa -materia ou prácticas- na II Oportunidade -xullo-.
(5) Os alumnos con dispensa de asistencia deberán realizar os mesmos traballos de AAD., seguíndose para a súa avaliación o mesmo sistema que para os demais alumnos.
(6) Os alumnos sen dispensa que non cumplan co requisito de asistencia estipulado polo Plan Bologna só poderán avaliarse no exame do conxunto da materia -clases expositivas e prácticas- na II Oportunidade.
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN
---------------------------------
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de análise, de razonamento interpretativo, e de crítica.
4.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
5.- Capacidade para disertar argumentando de forma razonada en termos históricos.
6.- Capacidade de relación e/ou comparación, ssegundo proceda, á hora de elaborar un tema.
7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal de todo traballo académico.
.
¨
DISTRIBUCIÓN DAS HORAS
--------------------------------
32 horas presenciais de clases expositivas en grupo completo
12 horas presenciais de clases interactivas
------------------------------------------------
60 horas de estudio
44 horas de lecturas, elaboración de traballos (AAD.) e preparación de seminarios
--------------------------------------------------------------------------------------------
2 horas de exame
---------------------
TOTAL: 150 horas
--------------------
.
¨
1) Ter cursado as materias de "Historia Contemporánea Universal I" e "Historia contemporánea Universal II".
2) Consulta habitual dos atlas e manuais recomendados.
3) Seguimento de revistas históricas, prensa de calidade e webs sobre a zona.
4) Realización de cursos ofertados pola Biblioteca da Facultade.
.
¨
CASOS DE FRAUDE ACADÉMICA =>
Segundo se establece no artigo 42 da "Lei de Convivencia" da USC, de marzo de 2023, aplicaranse as sancións previstas
no Artigo 11 tanto para as prácticas de plaxio en traballos académicos ou exames, como para os casos igualmente de
emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Maria Jesus Baz Vicente
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812718
- Correo electrónico
- mjesus.baz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Enrique Clemente Yanes
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- enrique.clemente [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 13 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 13 |
26.05.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
03.07.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |