Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
-Introducir aos e ás alumnas no coñecemento dos principais procesos demográficos, económicos, sociais, políticos e culturais da Europa do séculos XVI y primeira metade do XVII.
-Adquirir conciencia crítica das coordenadas espacio-temporais.
O programa da materia estruturase en tres bloques, que comprenden: a) as bases socioeconómicas; b) o pensamento e a cultura e c) o goberno, a política interior e as relacións internacionais. Cada un dos bloques temáticos inclúe catro temas.
A- As bases socioeconómicas:
-1. O réxime demográfico do Antigo Réxime e evolución da poboación nos séculos XVI e XVII
-2. Economía. Agricultura e industria nos séculos XVI e XVII
-3. Comercio e técnicas capitalistas. O Mercantilismo
-4. A sociedade europea da Idade Moderna. Estructura e evolución
-
B- O pensamento e a cultura:
-5. Os conductos difusores da cultura
-6. Renacemento e Humanismo: as bases intelectuais e culturais do mundo moderno
-7. As reformas relixiosas
-8. Oríxes da Ciencia Moderna
C-O goberno, a política interior e as relacións internacionais
-9. Os oríxes do Estado Moderno
-10.O nacemento das novas monarquías e a pluralidade de formas políticas en Europa
-11. O avance do absolutismo no s. XVII. O Reino de Inglaterra e a República Holandesa
-12. As relacións internacionais (1500-1650)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
EIRAS ROEL, A., Historia Universal, 12. Siglo XVII, Barcelona, 1994.
FLORISTÁN IMIZCOZ, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, Ariel, 2015.
FORTEA PÉREZ, J.I., Historia Universal. 11. Siglo XVI, Barcelona, 1994.
HINRICHS, E., Introducción a la Historia de la Edad Moderna, Barcelona, Ariel, 2001.
MOLAS RIBALTA, P. et al., Manual de historia moderna, Barcelona, Ariel, 1993.
TENENTI, A., La Edad Moderna: siglos XVI-VIII, Barcelona, Crítica, 2000.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BARDET, J.-P. y DUPÂQUIER, J. (dirs), Historia de las poblaciones de Europa, Síntesis, Madrid, 2001.
BÉLY, L., Lárt de la paix en Europe. Naissance de la diplomatie moderne XVIIe-XVIIIe siècle, Paris, 2007.
BURKE, P., El Renacimiento europeo, Crítica, Barcelona, 2000.
DEWALD, J., La nobleza europea, 1400-1800, Valencia, 2004.
DUPLESSIS, R.S., Transiciones al capitalismo en Europa durante la Edad Moderna, Zaragoza, 2001.
ELLIOT, J.H., Europa en la época de Felipe II (1559-1598), Crítica, Barcelona, 2000.
GONZÁLEZ ENCISO, A., El nacimiento del Capitalismo en Europa, Ed. Eunate, Madrid, 2011.
KAMEN, H., La sociedad europea, 1500-1700, Madrid, 1986.
LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma: Europa entre 1520 y 1648, Alianza, Madrid, 2009.
MACKENNEY, R., La Europa del siglo XVI. Expansión y conflicto, Akal, Madrid, 1996.
MARAVALL, J.A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
MARTÍNEZ MILLÁN, J.; CARLOS MORALES, J., Religión, política y tolerancia en la Europa Moderna, Polifermo, Madrid, 2011.
REINHARD, W. (ed.), Las élites de poder y la construcción del Estado, Madrid, 1996.
RIVERO RODRÍGUEZ, M., Diplomacia y relaciones exteriores en la Edad Moderna. De la cristiandad al sistema europeo, 1453-1794, Madrid, 2000.
ROSSI, P., El nacimiento de la Ciencia Moderna en Europa, Crítica, Barcelona, 1997.
SCHULTZ, H., Historia económica de Europa (1500-1800). Artesanos, mercaderes y banqueros, Siglo XXI de España, Madrid, 2001.
Competencias específicas:
-Coñecer e analizar as principais claves explicativas da Historia Moderna Universal desde o século XVI ata a primeira metade do XVII.
-Comprender e interpretar mapas, gráficos, textos e fontes históricas.
Competencias transversais:
-Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa, desenrolando capacidades de xestión da información, organización e planificación.
-Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
A materia non se impartirá presencialmente por estar nun plan que se atopa en vías de extinción.
A avaliación derivará da realización dun exame que terá lugar no día e hora indicada polas autoridades do centro.
Considerase que o tempo de traballo persoal de cada alumno debería rondar as 150 horas.
- A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
- Aclarar nas titorías as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Isidro Dubert García
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812617
- Correo electrónico
- isidro.dubert [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade